Miño - ORDENANZA MUNICIPAL DE AXUDAS DE EMERXENCIA E PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN SOCIAL

Publicación provisional: 17/10/2016 BOP Nº: 196
Publicación definitiva: 09/12/2016 BOP Nº: 232
Aplicable dende: 22/07/2021

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

I.-A Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, no artigo 25.2 k atribúelles aos municipios competencias en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e inserción social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, nos artigos 4, 8 e 21, establece a regulamentación básica das prestacións para a inserción social - emerxencias sociais destinadas a persoas ou familias que estean en situación de carencias.

O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios, establece que estes terán entre as súas funcións o desenvolvemento dun programa básico de inserción social.

A Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, establece como competencia propia dos municipios o labor de avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Seralle de aplicación á presente ordenanza o disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e regulamento de desenvolvemento, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e regulamento de desenvolvemento.

II.-A presente ordenanza articula o réxime regulador das diferentes prestacións económicas que o erario público municipal destina ás persoas que están en grave situación económica e en risco de exclusión social. Serán achegas económicas municipais de carácter excepcional que teñen como finalidade previr, evitar ou paliar situacións de exclusión social, favorecer a integración das persoas ou cubrir necesidades básicas.

Estarán dirixidas a persoas físicas ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concorran factores de risco social, necesariamente vinculadas a un proceso de intervención social ou familiar que inclúa unha análise completa da situación individual ou familiar.

Para iso, optouse por elaborar unha ordenanza reguladora para que o persoal técnico dos servizos sociais dispoña dunha ferramenta específica para a xestión destas. Asemade, a ordenanza regula as condicións, requisitos e características das axudas sociais contidas na presente disposición de carácter xeral.

Artigo 1.-Obxecto e finalidade desta ordenanza.

1) A presente ordenanza ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ás axudas económicas de carácter social previstas nela, que se outorguen por esta administración para a atención inmediata de persoas en situación de risco de exclusión social.

2) Para os efectos desta ordenanza, enténdese por axuda social calquera prestación non periódica de carácter económico que se concede por parte do Concello de Miño sen contraprestación directa das persoas usuarias, que vai destinada a previr ou mitigar situacións de risco de exclusión social de persoas en grave situación económica.

3) As prestacións económicas reguladas nesta ordenanza teñen por finalidade dar resposta a unha situación de necesidade que se produza con carácter urxente, puntual, transitorio e previsiblemente irrepetible, sempre que a persoa non poida atendela por si mesma, a súa familia ou que tampouco sexa atendida por outras administracións públicas ou institucións públicas ou privadas.

4) Con carácter xeral, as axudas sociais relativas a esta ordenanza serán consideradas como un instrumento, non como un fin en si mesmas, e serán parte dun proceso de intervención social, que incluirá unha avaliación da situación individual e familiar das persoas interesadas. Quen sexa beneficiario contará co apoio e asesoramento do persoal técnico dos servizos sociais municipais para axudalos a superar as dificultades que dan lugar á concesión da axuda.

Artigo 2.-Tipos de axudas.

Estas prestacións tenderán a cubrir o financiamento total ou parcial das seguintes continxencias:

a) Situacións de ingresos insuficientes, caracterizados por unha situación temporal e puntual de insuficiencia de recursos económicos para cubrir necesidades básicas, previsiblemente superable a curto prazo.

b) Situacións de necesidade provocadas por un acontecemento de carácter imprevisto e excepcional que impida cubrir as atencións primarias.

Establécense os seguintes tipos de axudas en función da necesidade presentada e valoración realizada polo/a traballador/a social dos servizos sociais municipais, cuxa concesión estará sempre condicionada á existencia de dispoñibilidade orzamentaria, así como ao cumprimento dos requisitos xerais de acceso e específicos de cada axuda de acordo co establecido na presente ordenanza.

1.-Cobertura de necesidades básicas de carácter persoal, principalmente alimentación, así como gastos derivados da manutención e o coidado dos/as fillos/as menores a cargo: cueiros, leite, alimentación específica infantil¿

2.-Débedas contraídas de gastos derivados do pagamento de alugueiros ou hipotecas, cando exista garantía de continuidade na vivenda e/ou para evitar desafiuzamentos.

3.-Débedas derivadas de pagamentos de uso básico da vivenda habitual: luz, gas...

4.-Pagamento dun lugar alternativo de aloxamento, cando sexa inviable a permanencia da persoa no seu domicilio habitual ou a carencia do mesmo, por situación sobrevida e urxente.

5.-Adquisición de equipamento básico para o fogar, cando concorran falta de medios económicos, criterios sociais e deficiente habitabilidade. Mobiliario e electrodomésticos de primeira necesidade.

6.-Gastos sanitarios non cubertos polo sistema de saúde.

7.-Gastos indispensables para favorecer a inclusión e normalización de individuos e familias.

8.-Outros gastos excepcionais non recollidos anteriormente logo dunha valoración técnica: desprazamentos de urxencia, limpezas extraordinarias en domicilio por risco sanitario, etc.

Artigo 3.-Persoas beneficiarias.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as persoas físicas, para si ou para a súa unidade familiar, que reúnan os requisitos que se mencionan no apartado seguinte. Enténdese por unidade familiar a formada por máis dunha persoa e cuxos membros convivan no mesmo domicilio.

Requisitos:

1.-Ser maior de idade, ou menor legalmente emancipado.

2.-Estar empadroado no Concello de Miño de forma ininterrompida cando menos con 6 meses de antigüidade. Excepcionalmente poderán ser beneficiarios/as, logo do informe da traballadora social, aquelas persoas que estando recentemente empadroadas no municipio, sexan derivadas doutro equipo de SS.SS. ou contan cunha intervención social aberta e aquelas cuxa situación de urxencia social, valorada polos SS.SS. e debidamente xustificada, faga necesaria esta axuda.

3.-Acreditar a situación de necesidade.

4.-Cumprir con algún criterio de exclusión.

5.-Entregar a documentación requirida en cada caso.

6.-Aceptación expresa do plan de traballo proposto desde SS.SS.

7.-Acreditar estar ao corrente das obrigas fiscais e tributarias.

8.-Non ser beneficiario ningún membro da unidade familiar, durante o ano natural en curso, doutra axuda municipal polo mesmo concepto das establecidas nesta ordenanza.

9.-Non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no Art. 13 e 3 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 4.-Criterios de valoración.

a) Indicador económico:

Carecer de ingresos familiares anuais superiores ao 80 % do IPREM que se fixe anualmente (actualmente 532,51, polo que o límite sería de 426 € mensuais), incrementando un 25 % por cada membro familiar a partir do segundo. E cun límite máximo de ingresos por unidade familiar de 1.200 € mensuais.

Para o cómputo de recursos familiares teranse en conta rendementos de traballo, retribucións, pensións percibidas, xuros bancarios, indemnizacións... obtidos nos 6 meses anteriores á data de solicitude.

Non serán computables os ingresos que, polo seu carácter finalista, estean destinados a sufragar obxectivos concretos, como por exemplo bolsas de estudos, axudas de transporte escolar, axudas de custo por asistencia a formación/cursos¿

Para o cálculo final de ingresos descontarase destes, como único concepto, o importe mensual de alugueiro ou hipoteca, no seu caso, cun límite máximo de 350 €/mes.

Límites actuais do ano en curso:

 

IPREM = 532,51

 

Unidade familiar 1 persoa, 80% IPREM = 426,01 €/mes

Unidade familiar 2 persoas, 426 + 25% = 532,51 €/mes

Unidade familiar 3 persoas, 532,51 + 25% = 665,64 €/mes

Unidade familiar 4 persoas, 665,64 + 25% = 832,05 €/mes

Unidade familiar 5 persoas, 832,05 + 25% = 1.040,06 €/mes

Límite máximo de ingresos = 1.200 € por unidade familiar.

Límite máximo que hai que descontar = alugueiro/hipoteca máximo 350 €.

 

Cálculo: ingresos ud. fam. (últimos 6 m x 2) / 12 = subtotal - alugueiro/hipoteca máximo 350 € = TOTAL CAPACIDADE ECON. FAMILIAR

 

Cálculo: ingresos ud. fam. últimos (6 m x 2) / 12 = subtotal - alugueiro/hipoteca máximo 350 € = TOTAL CAPACIDADE FAMILIAR

b) Indicadores de exclusión social:

Familia monoparental con menores a cargo.

Cargas familiares non compartidas.

Graves desaxustes convivenciais.

Parados de longa duración.

Escasa ou nula formación ocupacional e/ou académica.

Persoas con diversidade funcional.

Vítimas de violencia de xénero.

Estar en proceso de rehabilitación social como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas.

Inmigrantes ou emigrantes retornados.

Persoas sen vivenda ou con ameaza de desafiuzamento.

Existencia de desaxustes de saúde que poidan derivar en procesos de exclusión.

Hábitos de vida marxinal.

Sen rede de apoio familiar.

Situación sobrevida nunha unidade familiar que sen pertencer aos grupos anteriormente definidos, poida abocala a un proceso de exclusión.

Artigo 5.-Contías das axudas.

Só se poderá solicitar anualmente unha axuda económica de emerxencia social e prevención para a mesma finalidade por unidade familiar; non podendo exceder de dous conceptos distintos dentro do ano natural.

O importe máximo por todos os conceptos non superará 700 € anuais por unidade familiar.

As contías máximas das axudas serán:

1.-Necesidades básicas: contía máxima anual por unidade familiar de 120 €.

2.-Alugueiros ou hipotecas: límite 600 €.

3.-Subministros vivenda: límite 160 €.

4.-Lugar alternativo de aloxamento: 300 €.

5.-Equipamento básico do fogar: 300 €.

6.-Gastos sanitarios: 75 €.

7.-Favorecer a inclusión e a normalización: 400 €.

8.-Gastos excepcionais: 200 €.

Artigo 6.-Vales de alimentos.

Co fin de regular a necesidade de alimentación e hixiene básicas das familias que ante unha situación de emerxencia carezan de recursos abondos para cubrir estas, establécese un tipo de axuda específico consistente en vales de alimentos para tentar paliar estas necesidades.

O acceso a esta prestación será logo dunha valoración técnica, para aquelas persoas ou familias que carezan por completo de ingresos ou que estes sexan esporádicos ou tan mínimos que se poidan considerar como simples recursos de subsistencia.

O importe máximo que se concederá por este concepto é de 40 € mensuais, dependendo do número de integrantes da unidade familiar e da urxencia detectada.

Estes vales utilizaranse para a compra de produtos básicos de alimentación e hixiene, por cada vale utilizado é necesario xustificar o seu uso coa presentación do tícket de compra no que se detallen os produtos adquiridos no prazo correspondente.

As persoas usuarias terán que cumprir co resto das obrigas xerais detalladas para o resto de axudas reguladas nesta ordenanza.

Artigo 7.-Tíckets de transporte.

Trátase doutro tipo de axuda específica consistente en facilitar tíckets de transporte gratuítos cara á Coruña ou Ferrol, en dúas situacións diferentes:

Persoas e/ou familias do municipio sen recursos propios que necesiten acudir a realizar xestións administrativas de carácter obrigatorio.

Transeúntes por necesidade de mobilidade.

O acceso a este recurso realizarase logo dunha valoración técnica como idóneo, para aquelas persoas que carezan nese momento de recursos suficientes para cubrir a necesidade.

O límite máximo de tickets que se poden utilizar (ida e volta) por persoa e ano será de 4. En casos excepcionais e tras solicitude motivada, valorada e informada polo Equipo de Sevicios Sociales os tickets poderán ser utilizados por los usuarios na cantidade necesaria tendo e en conta as súas circunstancias particulares.

As persoas usuarias terán que cumprir coas obrigas xerais detalladas para o resto de axudas reguladas nesta ordenanza.

Artigo 8.-Solicitudes, prazos e documentación.

A persoa interesada en obter unha axuda das reguladas na presente ordenanza, deberá presentar a correspondente solicitude no Rexistro municipal.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto con carácter permanente durante todo o ano, condicionado en todo caso á existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ao custe das mesmas.

A solicitude deberá acompañarse da seguinte documentación de todos os membros da unidade familiar:

DNI da persoa solicitante e persoas maiores de 18 anos pertencentes á unidade familiar, ou tarxeta de residencia (NIE) ou pasaporte en caso de estranxeiros.

Libro de familia e/ou título de familia numerosa no caso de existencia de menores na unidade familiar.

Contrato de acollemento familiar, sentenza de incapacitación ou nomeamento de titor, de ser o caso.

Sentenza de separación ou divorcio e/ou convenio regulador, de ser o caso. Demanda ou sentenza de falta de pagamento de pensións alimenticias.

Certificado de discapacidade ou dependencia, de ser o caso.

Certificado médico, prescricións médicas, en caso de gasto sanitario.

Xustificante de ingresos da unidade familiar dos últimos 6 meses, calquera que sexa a súa natureza.

Contrato de alugueiro e últimos 6 recibos ou amortización de vivenda, de ser o caso.

Último recibo de IBI, se a vivenda é en propiedade.

Certificado de pensións da Seguridade Social.

Certificado de prestacións do SEPE.

Tarxeta de demandante de emprego.

Informe de vida laboral.

Movementos bancarios dos últimos 6 meses.

Declaración responsable de ingresos e de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Declaración responsable da totalidade de contas bancarias vinculadas á familia.

Orzamento do gasto que se solicita adaptado á situación de necesidade ou facturas da débeda pendente, segundo o caso.

N.º de conta bancaria ou documento para o pagamento delegado.

Volante de empadroamento, que será pedido de oficio.

Calquera outro documento que os SS.SS. estimen oportuno para acreditar o cumprimento dos requisitos para a percepción das axudas ou complementar ou actualizar a información.

Artigo 9.-Procedemento de concesión e resolución.

Unha vez presentada a solicitude e documentación esixida, realizarase un estudo pormenorizado da situación de necesidade formulada e a súa adecuación aos criterios de valoración establecidos na presente ordenanza.

Considerada esta, o/a técnico/a municipal deberá emitir un informe no que se concrete o resultado da valoración efectuada, e posteriormente resolverase o expediente logo do informe de fiscalización e sen prexuízo da delegación da dita competencia, de conformidade coa lexislación do réxime local.

No informe con proposta de resolución emitido polo/a traballador/a social deberá expresar a finalidade da subvención, o importe solicitado, a forma de pagamento e a forma de xustificación, de ser o caso.

Artigo 10.-Forma de pago.

A forma de pago das axudas concedidas serán as que se determine na resolución, podendo adoptar dúas formas:

1.-Axudas postpagables: aquelas en que o pagamento material ten lugar con posterioridade á presentación e aprobación da documentación xustificativa da realización do gasto. Estas axudas poderán materializarse a súa vez:

- En metálico: neste caso poderá ser directo, é dicir a favor do peticionario da axuda, por medio de transferencia bancaria ou cheque nominativo, ou indirecto, é dicir, a favor do provedor trala comprobación da factura correspondente, en cuxo caso o perceptor da axuda deberá firmar declaración xurada facendo constar a cesión de pago a favor do provedor.

- En especie: cando a xuízo dos servicios sociais non sexa convinte o pago en metálico, as axudas concedidas serán subministradas directamente polo Concello. A estes efectos, o beneficiario acudirá ao Departamento de Servicios Sociais a recoller unha autorización acompañada dun vale de compra que lle permita acudir ao establecemento que se lle indique na citada autorización. O abono da axuda se realizará polo Concello directamente ao establecemento, previa remisión da factura regulamentaria.

2.-Axudas prepagables: aquelas en que o pagamento material ten lugar con carácter previo á presentación e aprobación da documentación xustificativa da realización do gasto (os pagamentos efectuados terán a consideración de pagos a conta). O carácter prepagable deberá ser xustificado de xeito motivado no informe de servizos sociais e materializase mediante o sistema de pagos a xustificar que permitirá que o técnico de servizos sociais lle pague inmediatamente a axuda ao beneficiario empregando as cantidades percibidas en tal concepto.

Artigo 11.-Documentación xustificativa das subvencións concedidas.

A xustificación do gasto acreditarase mediante as facturas dos pagos e gastos realizados que deberán cumprir os requisitos regulamentarios establecidos, ou mediante outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil.

En todo caso, deberán quedar acreditados na xustificación os seguintes extremos:

- Nome ou razón social e NIF do provedor ou prestador dos bens e/ou servizos.

- Nome e NIF do perceptor da prestación, que deberá ser obrigatoriamente o perceptor da axuda.

- Concepto do subministro ou prestación de servizos e importe dos mesmos.

- Data ou período de entrega do subministro ou prestación do servizo.

Con carácter específico para as axudas en especie sinalar que o perceptor das mesmas está obrigado á sinatura do recibí das autorizacións outorgadas e dos vales entregados necesarios para a retirada dos produtos subvencionados, así como á entrega ao establecemento designado polo Concello dos vales contra a entrega dos produtos.

Artigo 12.-Obrigas das persoas usuarias.

As persoas beneficiarias destas axudas terán as seguintes obrigas:

Destinar as axudas para o fin para o que foron concedidas.

Permitir e facilitar o labor dos/as profesionais para verificar a súa situación familiar e económica.

Comunicar os cambios que se produzan en relación aos requisitos específicos establecidos.

Aceptación expresa por parte da persoa usuaria, cando así o valore o persoal técnico, da súa inclusión nun proxecto de intervención social.

Escolarizar aos/ás menores que estean en idade obrigatoria.

Reintegrar o importe das prestacións indebidamente percibidas ou que coincidan no tempo con outra prestación concedida para a mesma finalidade.

Xustificar con documentación e facturas oportunas a realización do gasto no prazo máximo de 30 días, a contar dende a notificación da concesión.

Artigo 13.-Perda do dereito ao cobro e reintegro.

1.-Producirase a perda do dereito ao cobro da subvención, cando concurra algunha das seguintes causas:

1) Defunción do beneficiario.

2) Desaparición dos requisitos que motivaron a concesión.

3) Falta de presentación da xustificación.

4) Calquera causa das previstas para o reintegro que lle sexa de aplicación.

2.-Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia dos intereses que en cada caso corresponden dende o momento do abono da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

- A obtención da axuda sen reunir os requisitos esixidos para a súa concesión.

- O incumprimento da finalidade ou as condicións impostas na concesión.

- O incumprimento do deber de xustificación do emprego dos fondos recibidos (prepagables).

- A percepción de idéntica axuda con posterioridade por outro organismo.

- O incumprimento das obrigas establecidas no artigo 12.

- Calquiera outra causa o circunstancia prevista na normativa xeral de subvenciones que lle sea de aplicación.

Artigo 15.-Réxime sancionador.

En canto ao réxime de infraccións e sancións estarase ao disposto na normativa xeral de subvencións que lle sexa de aplicación.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta ordenanza.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor conforme ao establecido no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril de Bases de Réxime Local, cando se teña publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da citada lei.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.