Fisterra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, ENTULLOS, BARREIRAS, PUNTAIS, ASNELOS, ANDAMIOS E OUTRAS INSTALACIÓNS SEMELLANTES
Artigo 1.º .-Concepto
Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa reguladora nesta Ordenanza, as persoas ou entidades a favor de quen se outorguen as licencias, ou de quen se beneficie do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 3.º .-Categorías das rúas.
Ós efectos previstos para a aplicación dalgúns epígrafes da tarifa do apartado 1 do art. 4.º seguinte, ás vías públicas deste Concello, clasifícanse en dúas categorías segundo estean dotadas de beirarrúas pavimentadas ou non.
Artigo 4.º .-Contía.
a) A contía da taxa regulada nesta ordenanza, será a fixada nas tarifas que de seguido se detallan:
EPÍGRAFE | PTAS. | |
Tarifa 1.ª | Ocupación da vía pública con mercadorías | |
1.-Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou productos da industria ou comercio a que adiquen a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers" por mes e m2 ou fracción. | 225 | |
2.-Ocupación ou reserva especial da vía pública de xeito temporal, por mes e m2 ou fracción | 300 | |
Tarifa 2.ª | Ocupación con materiais da construcción | |
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público, con entullos, materiais da construcción, vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers", para a recollida ou deposito destes, e outros aproveitamentos análogos por mes e m2 ou fracción: | ||
En rúas de 1.ª categoría (pavimentadas) | 225 | |
En rúas de 2.ª categoría (sen pavimentar) | 175 | |
Tarifa 3.ª | Barreiras, puntais, asnelos, andamios, etc. | |
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con barreiras, caixóns de pechamento, sexan ou non para obras, e outras instalacións semellantes, por mes e m2 ou fracción: | ||
En rúas de 1.ª categoría (asfaltadas) | 225 | |
En rúas de 2.ª categoría (sen asfaltar) | 175 |
1.-Reparación do pavimento.-O concesionario está obrigado a deixar o pavimento nas mesmas condicións nas que se atopaba antes da ocupación. Para responder desta obriga depositará no momento de efectuar a solicitude, a cantidade de catro mil pesetas (4.000 ptas.) por metro cadrado e que lle serán devoltas unha vez rematada a ocupación previo informe favorable do Técnico Municipal. No caso contrario o Concello efectuará a reparación con cargo a fianza e devolverá o sobrante ó interesado, unha vez efectuada a liquidación.
b) Normas de aplicación das tarifas:
b.1) Cando as obras se interromperan durante un tempo superior a dous meses, sen causa xustificada, as contías resultantes por aplicación da tarifa segunda sufrirán un recargo do 50%, a partir do terceiro mes, e, no caso de que unha vez rematadas as obras continúen os aproveitamentos, as contías serán recargadas nun 100%.
b.2) As contías resultantes por aplicación da tarifa terceira sufrirán os seguintes recargos a partir do terceiro mes desde a súa instalación ou concesión. durante o segundo trimestre un 25%, durante o terceiro trimestre un 50%; e por cada trimestre, a partires do terceiro, un 100%.
b.3) A taxa por ocupación con vagóns ou vagonetas metálicas, denominadas "containers", para a recollida ou deposito de entullo e materiais de construcción liquidaranse polos dereitos fixados nas rúas de primeira categoría.
Artigo 6.º .-Normas de Xestión.
a) Consonte ó previsto no art. 24.5 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificado pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, cando con ocasión dos proveitamentos regulados nesta ordenanza produciranse desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias ou os obrigados ó pago estarán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación deses desperfectos ou a reparar os danos causados, que serán en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.
b) As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
c) As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, solicitarán antes a correspondente licencia.
d) Se non se determina con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa.
e) A presentación da baixa terá efectos a partires do primeiro período natural de tempo seguinte o sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda.sexa cal sexa a causa que alegue no contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar o aboamento da taxa.
Artigo 6.º .-Obriga do pagamento.
a) A obriga do pagamento da taxa regulada neste ordenanza, nace:
a.1) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicitar a correspondente licencia.
a.2) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogadas, o primeiro día de cada semestre natural.
b) O pagamento da taxa realizarase:
b.1) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada, ingresando directamente na Tesourería municipal ou onde o Concello estableza, pero sempre antes de retirar a correspondente licencia.
b.2) Tratándose de autorizacións a concedidas e sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas desta taxa, por semestres naturais, nas oficinas da Recadación municipal ou onde o Concello estableza, desde o día 16 do primeiro mes do semestre ata o día 15 do segundo.
Disposición final
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, e transcorrido o prazo a que se refire o art. 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, aplicándose a partires do 1/1/1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.