Val do Dubra - ORDENANZA REGULADORA DA CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA

Publicación provisional: 07/01/2021 BOP Nº: 33
Publicación definitiva: 23/07/2021 BOP Nº: 138
Aplicable dende: 16/08/2021

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As Administracións públicas, atendendo a realidade socioeconómica actual, teñen que responder con celeridade e de forma urxente, para axudar a sufragar as necesidades básicas ou extraordinarias dos cidadáns. Neste sentido, compete á administración local ofrecer dita resposta, a cal materialízase na presente regulación de axudas ante unha emerxencia social.

A intervención da administración local ampárase na lexislación xeral e específica dos servizos sociais: Lei 13/2008, do 3 de decembro, dos servizos sociais de Galicia, a cal establece as competencias, actuacións e funcións dos servizos sociais comunitarios, respecto ó ámbito municipal; Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais e seu financiamento, que establece de forma máis ampla o contido de cada un dos programas e servizos sociais comunitarios básicos; Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, que regula un conxunto de dereitos e recursos específicos de exclusión social, atribuíndolle a competencia as entidades locais para o seu recoñecemento e desenvolvemento.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, modificada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, establece no seu artigo 25 apartado 1: ¿O municipio exercerá, en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: e) avaliación e información de situación de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social".

O Concello de Val do Dubra necesita contar cunha ordenanza que sexa rápida e eficaz, que estableza as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social dentro do municipio, de forma que quede contemplada unha axuda subsidiaria ás vixentes en Galicia conforme a toda a normativa que é aplicable.

TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

 

Artigo 1.-Ámbito de Aplicación.

A presente ordenanza ten por obxecto establecer unha regulación para a concesión das axudas de emerxencia social no Concello de Val do Dubra, destinadas a aquelas persoas ou núcleos familiares que estean e residan de forma efectiva.

Artigo 2.-Obxecto e definición.

1.-Entenderase por axudas de emerxencia social as prestacións económicas non periódicas destinadas a paliar ou solucionar, xa sexa como única medida ou de forma complementaria con outras, aquelas situacións de necesidades sobrevidas e con carácter temporal que foran ocasionadas por gastos de carácter extraordinario.

A finalidade destas axudas é dar unha resposta rápida e eficaz, a estas situacións de necesidade no momento de producirse e previr con elo, situacións de desamparo económico ou de exclusión social por non contar cos medios económicos suficientes para dar cobertura ás necesidades básicas.

2.-As axudas de emerxencia social caracterízanse por ter:

- Carácter finalista, tendo que destinarse exclusivamente a aquela necesidade que especificamente fora sinalada no acordo de concesión da axuda, a cal ten que quedar debidamente acreditada.

- Carácter complementario, respecto doutras axudas económicas.

- Carácter persoalísimo e intransferible.

- Carácter transitorio e non periódico.

Artigo 3.-Tipos de axudas.

As axudas poderán cubrir os seguintes tipos de gastos:

1.-Necesidades básicas de carácter persoal: alimentación básica, hixiene persoal, roupa e/ou calzado¿

2.-Gastos de atención sanitaria ou cubertos co sistema nacional de saúde: adquisición de medicinas naquela proporción que non está cuberta polo sistema, próteses¿

3.-Gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento: aluguer, hipoteca, gastos de subministro (auga, electricidade e gas), os gastos necesarios para a conservación do uso da vivenda ou aloxamento (situación de emerxencia ou sinistros, tales como incendios, inundación, ruína ou outras causas imprevisibles ou inevitables que obrigasen ó abandono da mesma.

4.-Habitabilidade e equipamento da vivenda: dotación de mobiliario esencial, instalacións de carácter básico que resulten imprescindibles para a subsistencia en condiciones mínimas de habitabilidade, reparacións extraordinarias e urxentes para manter a vivenda en condiciones de seguridade e hixiene¿

5.-Gastos de carácter básico relativos á educación de menores ou membros da unidade de convivencia en idade escolar, sempre e cando non fosen cubertos por outras axudas públicas e foran fundamentais para súa correcta inserción escolar.

6.-Outros gastos non relacionados cos anteriores, que sexan considerados de primeira e urxente necesidade e que sexan consideradas necesarias polos servicios sociais, sempre que esteen debidamente acreditados.

Artigo 4.-Persoas beneficiarias.

Beneficiaranse destas axudas aquelas persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de precariedade económica e nas que concorran factores de risco que dificulten ou imposibiliten a cobertura dalgunhas das súas necesidades básicas, de forma inmediata. A este respecto, só unha persoa da unidade familiar terá a condición de beneficiario, a pesar que se outorguen en beneficio da mesma.

Entenderase por unidade familiar ó conxunto de persoas que convivan no mesmo domicilio e se atopen vinculadas coa persoa solicitante por matrimonio ou por vínculo análogo ou conxugal, por adopción, acollemento ou parentesco, ata o cuarto grado por consanguinidade, ou ata o segundo grado por afinidade.

Artigo 5.-Requisitos xerais.

Serán requisitos imprescindibles e necesarios para o outorgamento desta axuda:

a) Ser maior de idade ou ser menor emancipado/a.

b) Acreditar empadroamento e residencia de forma efectiva no ámbito municipal de Val do Dubra, cunha antigüidade mínima de 6 meses á data de presentación da solicitude. Excepcionalmente, cando así poidan valoralo os servizos sociais por razón de necesidade, precariedade o urxencia, terán a condición de beneficiarias aquelas persoas que non reúnan este requisito.

c) Carecer de medios económicos para facer fronte á situación de necesidade, de acordo co baremo económico recollido.

d) Estar ó corrente das obrigacións tributarias ou fronte á seguridade social.

e) Non ter recibido outras axudas polo mesmo concepto por parte doutros organismo, entidades ou administracións públicas que cubran a totalidade da necesidade pola que se solicita a prestación.

f) Non ter concedidas outras axudas municipais de emerxencia social para a mesma finalidade por outro membro da mesma unidade familiar, nos últimos doce meses, salvo ca natureza da necesidade sobrevida así o esixa.

g) Presentar a solicitude no modelo normalizado e na forma establecida nesta ordenanza.

Artigo 6.-Indicador económico para a concesión da axuda.

Á hora de contemplar a carencia de medios económicos, atenderase ós ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar, sempre que non superen os porcentaxes do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) que indícase a continuación:

Membros da Unidade Familiar

Límite de Ingresos (% sobre el IPREM vixente)

1

Ata o 75% de IPREM

2

Ata o 85% de IPREM

3

Ata o 95% de IPREM

4

Ata o 105% de IPREM

5

Ata o 115% de IPREM

6 ou máis

Ata o 125% de IPREM

Tomarase como referencia a base impoñible xeral e de aforro da última declaración do IRPF, para os efectos de constatar a variación das circunstancias económicas con respecto ó momento de formular a solicitude.

Artigo 7.-O importe das axudas.

O importe das axudas establecerase para cada concepto en función do tipo de necesidade, das circunstancias socioeconómicas da persoa solicitante e das previsións de gasto que ocasione a situación de emerxencia. A axuda poderá cubrir o gasto total da necesidade cando así sexa considerado polo departamento de asuntos sociais, que así o fará constar no informe social.

Establécese en 1.000 € o importe máximo anual a conceder polo conxunto de axudas solicitadas. Sempre e cando non se supere o dito importe poderase solicitar unha axuda deste tipo en máis dunha ocasión. Excepcionalmente poderase superar o importe máximo anual establecido, sempre e cando concorran circunstancias excepcionais avaliadas tecnicamente e claramente motivadas no correspondente informe social.

Artigo 8.-Documentación.

Xunto á solicitude, conforme o modelo que consta no anexo 1, requírese a presentación da seguinte documentación:

- DNI ou documento de identificación persoal de cada uns dos integrantes da unidade familiar.

- Libro de familia ou, no seu defecto, documento acreditativo de garda, custodia ou tutela.

- Certificado de empadroamento e de convivencia, no caso que non se autorice ao Concello facer a consulta de oficio.

- Certificado de discapacidade, no seu caso.

- En caso de incapacitación, fotocopia da sentenza de incapacidade.

- Xustificación da situación económica de cada uns dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos:

 Fotocopia da última declaración do IRPF ou, no caso de non ter que presentala, certificado de imputación de rendas.

 No caso de estar traballando con conta allea: fotocopia do contrato e das últimas tres nóminas.

 Certificado acreditativo do INEM en caso de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestación.

 No caso de estar de alta no réxime de autónomos, fotocopia das dúas últimas declaración trimestrais a conta do IRPF.

 Se perciben algunha pensión ou prestación, certificado expedido polo organismo competente da contía mensual percibida.

 Declaración responsable (xurada) de ingresos nos caso en que estes non se poidan acreditar documentalmente por parte da unidade familiar.

 Extracto das contas bancarias de todos os membros da unidade familiar onde se reflictan os movementos dos últimos tres meses.

- Copia do contrato de aluguer ou amortización da vivenda habitual con xustificante de pagamento por este concepto.

- Declaración do interesado de estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, así como declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibira doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda que solicita.

- Documentos acreditativos da situación de necesidade determinantes da solicitude (reclamación de cantidades por aluguer, requirimentos de pago con aviso de suspensión de subministración de enerxía eléctrica ou de gas e similares), así como xustificante do seu custo e orzamento.

Artigo 9.-Obrigacións das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias da axuda estarán obrigadas a:

- Comunicar ós servicios sociais calquera cambio que se producira na situación socio familiar que puída ser obxecto de variación das condicións que deron lugar á axuda.

- Destinar a contía percibida á finalidade pola cal concedeuse.

- Reintegrar os importes indebidamente percibidos ou de contía indebida. Neste sentido, tamén será obxecto de reintegro aqueles importes concedidos que se destinaran a un fin distinto para o que foron outorgados.

- Comunicar o proxecto de iniciación social validamente asinado pola persoa beneficiaria e outros membros da unidade familiar de ser o caso.

CAPÍTULO II.-PROCEDEMENTO

 

Artigo 10.-Procedemento de tramitación.

A tramitación e resolución destas axudas realizaranse seguindo este procedemento:

1.-Presentación da solicitude conforme ó modelo oficial no Rexistro Xeral do Concello de Val do Dubra, ou por calquera dos medios indicados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, xunto coa documentación que se recolle na presente ordenanza, véxase artigo 8. A solicitude poderase iniciar de oficio, mediante informe técnico emitido polo propio departamento de servizo sociais.

2.-Revisión da solicitude e da documentación presentada por parte do departamento de servizos sociais. Se esta non reunise todos os datos ou documentos ós que se fixo referencia anteriormente, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de 10 días, complete ou axunte os documentos que sexan necesarios. No seu defecto, entenderase por desistido na súa petición, co conseguinte arquivo das súas actuacións, tal e como se reflexa na lei de procedemento común.

3.-Estudo e valoración da situación de necesidade por parte do Departamento de servizos sociais do Concello e elaboración dun informe social.

4.-Presentación da proposta técnica de valoración, á Xunta de Goberno Local para a emisión da resolución correspondente, en todo caso terá que motivarse.

5.-Notificación á persoa interesada, no prazo máximo de 10 días hábiles, da notificación

A concesión destas axudas dependerá do crédito orzamentario dispoñible nos orzamentos municipais de cada anualidade.

Artigo 11.-Abono das axudas.

A forma de concesión das axudas determinarase na propia resolución, e poderá ser:

a) Unha transferencia na conta bancaria designada pola persoa beneficiada, sempre que con posterioridade o xustifique coa aportación dos recibos pagados.

b) A través dun pago delegado ó provedor do servizo, en función das características de emerxencia, cando así se determine no informe social.

Se ben, procurarase efectuar o pago delegado ó provedor do servizo con carácter preferente, mediante a cesión de dereito que realiza o beneficiario mediante a correspondente autorización. Só cando isto non sexa posible, realizarase o pago á persoa solicitante.

Artigo 12.-Xustificación do gasto.

A xustificación do gasto acreditarase por medio das facturas aboadas e dos gastos realizados, que terán cumprir os requisitos regulamentarios establecidos na normativa vixente, ou a través doutros documentos de valor probatorio equivalente coa validez no tráfico xurídico mercantil.

Artigo 13.-Pérdida do dereito e reintegro do pago.

Procederase á declaración da pérdida do dereito ao cobro da axuda ou a seu reintegro total ou parcial da contía percibida, nos seguintes supostos:

- Incumprimento das obrigacións e requisitos establecidos na presente ordenanza e na resolución de concesión da axuda.

- Non xustificar ou xustificar fora dos prazos.

- Ocultar ou falsear datos coa finalidade de conservar ou de obter a axuda.

- Desaparición das circunstancias que deron lugar á axuda.

Disposición adicional

En todo aquilo que no este contemplado nesta ordenanza, estarase ó disposto na normativa vixente en dita materia.

Disposición final primeira

De conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, esta ordenanza entrará en vigor unha vez se publique o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e despois de transcorrer o prazo de 15 días hábiles ao que se refire o artigo 65.2 da mesma lei, permanecendo vixente ata que se acorde súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXOS

Anexo I. Impreso da solicitude

 

15482.png 

15515.png