Pontedeume - Ordenanza municipal reguladora da expedición de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con minusvalía

Publicación provisional: 17/10/2002 BOP Nº: 238
Publicación definitiva: 21/12/2002 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 08/01/2003

TARXETAS DE ESTACIONAMENTO

1.º .-Obxectivo.

Facilita-lo aparcamento a tódolos minusválidos do municipio que teñan dificultades graves de mobilidade, a través da concesión dunha tarxeta municipal, de carácter persoal e intransferible, que autorice a estacionar en lugares sinalados como "reservado para minusválidos", nas zoas de aparcamento restrinxido (gratuitamente e sen limite de tempo) e nas zoas de carga e descarga polo tempo imprescindible; nos termos establecidos na Lei 8/97, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade autónoma de Galicia.

1.1.-Titulares da tarxeta.

a) Terán dereito a solicita-la tarxeta todas aquelas persoas empadroadas neste Concello, que padezan e/ou teñan recoñecida algún tipo de minusvalidez con graves problemas de mobilidade.

b) Persoas minusválidas con mobilidade reducida, que sexan transportados por terceiras persoas. Só se poderá facer uso da tarxeta cando se transporte ó minusválido.

1.2.-Documentación.

Para obte-la tarxeta, deberá presentarse no Concello a seguinte documentación:

a) Solicitude debidamente cumprimentada, conforme a impreso normalizado que será facilitado polo Departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria do Concello, segundo o modelo que se achega como anexo I.

b) Fotocopia do DNI do peticionario da tarxeta.

c) Certificado de empadroamento.

d) Dúas fotografías tamaño carné.

e) Cualificación da minusvalía emitida pola Xunta de Galicia ou polos equipos autorizados noutras CC AA; si nesta non constase a valoración da imposibilidade ou dificultade do seu titular para uso do transporte público, remitirase a devandita cualificación á EVO para a súa oportuna estimación.

1.3.-Procedemento.

- Presentada a solicitude no rexistro xeral do Concello, coa documentación pertinente, remitirase ó departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria do Concello para a emisión do informe-proposta correspondente. Posteriormente, este informe elevarase á Alcaldía, para que dicte a resolución correspondente, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.

- Esta resolución será notificada ó interesado de acordo co establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

- A tarxeta, unha vez concedida, será asinada polo titular e plastificada.

- Cando se utilice colocarase na parte dianteira do vehículo, de xeito que unicamente o anverso da tarxeta sexa claramente visible para o seu control.

1.4.-Caducidade das tarxetas.

O período de validez desta tarxeta, estará vinculado ó período de validez da cualificación da minusvalía emitida pola EVO; si esta cualificación fose definitiva ou permanente, a tarxeta caducará ós dez anos da concesión, e no caso de que esta sexa provisional caducará cando transcorrese o prazo que esta indique. Para a renovación débese segui-lo mesmo procedemento que para o outorgamento da tarxeta inicial.

O Concello terá dereito de controlar que as condicións que deron orixe á expedición da tarxeta continúan vixentes, polo que poderá requirir ós solicitantes/titulares, en calquera intre para que acheguen probas actualizadas das devanditas condicións.

Calquera variación das condicións que deron orixe á expedición da tarxeta deberá ser comunicada ó departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria municipal, no prazo máximo dun mes; de non ser así, o Concello poderá anula-la súa vixencia.

Para a renovación deberase segui-lo mesmo procedemento que se seguise para o outorgamento da tarxeta inicial para tal efecto un mes antes de que caduque a tarxeta o titular deberá solicitar unha nova tarxeta, tendo a obriga de entrega-la anterior no momento de retira-la actualizada.

1.5.-Uso da tarxeta.

As tarxetas concedidas terán unha validez en toda a Comunidade Europea. Non obstante, no caso de cambio de domicilio do beneficiario da tarxeta, este deberá solicita-lo traslado do expediente ó novo municipio de residencia.

No suposto de que se detecte o uso indebido da tarxeta de xeito reiterado e debidamente probado, con independencia da sanción pecuniaria que no seu caso puidese recaer no procedemento sancionador incoado para tal efecto, a citada tarxeta será retirada durante un prazo de dous anos polo órgano que a outorgase.

TARXETAS DE ACCESIBILIDADE

2.-Obxectivo.

Favorece-lo uso e aproveitamento dos transportes públicos a tódolos minusválidos do municipio que teñan algunha limitación, a través da concesión dunha tarxeta municipal, de carácter persoal e intransferible, como documento acreditativo da súa discapacidade.

2.1.-Titulares da tarxeta.

Todos aqueles interesados ós que se lles recoñeza a condición de minusválidos polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO), dependentes das seccións de cualificación e valoración de minusvalidez.

2.2.-Documentación.

Para obte-la tarxeta, deberá presentarse no Concello a seguinte documentación:

a) Solicitude debidamente cumprimentada, conforme a impreso normalizado que será facilitado polo departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria do Concello, segundo o modelo que se achega como anexo I.

b) Fotocopia do DNI do peticionario da tarxeta.

c) Dúas fotografías actuais tamaño carné.

d) Cualificación da minusvalía emitida pola Xunta de Galicia ou polos equipos autorizados noutras CC AA.

2.3.-Procedemento.

- Presentada a solicitude no rexistro xeral do Concello, coa documentación pertinente, remitirase ó departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria para a emisión do informe-proposta correspondente. Posteriormente, este informe elevarase á Alcaldía, para que dicte a resolución pertinente, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.

- Este resolución será notificada ó interesado de acordo co establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

- A tarxeta, unha vez concedida, será asinada polo titular e plastificada.

2.4.-Caducidade das tarxetas.

As tarxetas concedidas polo Concello, de conformidade co disposto no procedemento regulado no punto 4.º , terán validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, no caso de cambio de domicilio do beneficiario dunha tarxeta de estacionamento, este deberá solicita-lo traslado do expediente ó novo municipio de residencia.

O período de validez desta tarxeta, estará vinculado ó período de validez da cualificación da minusvalía emitida pola EVO; si esta cualificación fose definitiva ou permanente a tarxeta caducará ós dez anos da concesión, e no caso de que esta sexa provisional caducará cando transcorrese o prazo que esta indique. Para a renovación débese segui-lo mesmo procedemento que para o outorgamento da tarxeta inicial.

O Concello terá dereito a controlar que as condicións que deron orixe á expedición da tarxeta continúan vixentes, polo que poderá requirir ós solicitantes/titulares, en calquera intre para que acheguen probas actualizadas das devanditas condicións.

Calquera variación das condicións que deron orixe á expedición da tarxeta deberá ser comunicada ó departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria municipal, no prazo máximo dun mes; de non ser así, o Concello poderá anula-la súa vixencia.

Para a renovación deberase segui-lo mesmo procedemento que se seguise para o outorgamento da tarxeta inicial para tal efecto un mes antes de que caduque a tarxeta o titular deberá solicitar unha nova tarxeta, tendo a obriga de entrega-la anterior no momento de retira-la actualizada.

2.5.-Medidas que garanten a accesibilidade.

a) Reserva de un mínimo de dúas prazas nos transportes colectivos.

b) Bonificación do 100% para residentes e de 50% para transeúntes nas tarifas para as persoas que dispoñen de tarxeta.

c) Reserva de prazas nos centros de servicio de transporte público.

2.6.-Uso da tarxeta.

As tarxetas concedidas terán unha validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, no caso de cambio de domicilio do beneficiario da tarxeta, este deberá solicita-lo traslado do expediente ó novo municipio de residencia.

No suposto de que se detecte o uso indebido da tarxeta de xeito reiterado e debidamente probado, con independencia da sanción pecuniaria que no seu caso puidese recaer no procedemento sancionador incoado para tal efecto, a citada tarxeta será retirada durante un prazo de dous anos polo órgano que a outorgase.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e transcorra o prazo de 15 días hábiles previsto no artigo 65.2 da devandita lei, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.