Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 10, REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E RESERVA DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADAS DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCANCÍAS DE CALQUERA CLASE

Publicación provisional: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Publicación definitiva: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento exclusivo, paradas de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 - apartado 1, letra A) e apartado 3, letra h), - e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa especial por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento exclusivo, paradas de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que resulten autorizadas para efectua-los aproveitamentos e as que resulten beneficiadas por ditos aproveitamentos, incluso cando non obtivesen previa autorización.

2.-Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, o propietario das fincas e locais a que dean acceso ditas entradas de vehículos, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios.

4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Bases de imposición e tipos de gravame.

As bases de imposición e tipos de gravame serán os fixados nas tarifas seguintes:

Epígrafes.-Contía anual.

Epígrafe 1.º .-Entrada de vehículos a través de beirarrúas.-550 ptas./metro lineal ou fracción.

Epígrafe 2.º .-Reserva de espacio para vao permanente.-800 ptas./metro lineal ou fracción.

Epígrafe 3.º .-Reserva de espacio para vao laboral.-1.000 ptas./ metro lineal ou fracción.

Artigo 6º . Exencións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei reguladora de Facendas Locais.

Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial.

2.-A taxa devéngase o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou o aproveitamento especial, suposto no que a taxa se prorrateará por semestres naturais.

3.-No caso de inicio no aproveitamento especial ou na utilización privativa en data distinta ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de semestres naturais que restan para remata-lo ano, incluído o do comenzo do aproveitamento ou utilización privativa.

4.-No caso de cese no aproveitamento especial ou na utilización privativa, as cotas serán prorrateables por semestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós semestres naturais nos que non se efectúa o aproveitamento.

5.-No suposto de cambio do suxeito pasivo, a obriga tributaria do pago do semestre natural corresponderá ó que figure como contribuínte no padrón da taxa.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar con anterioridade á correspondente licencia, xuntando un plano detallado no que sinale a extensión do aproveitamento e a súa situación dentro do municipio.

2.-Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licencias; se se deran diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias por aqueles e, no seu caso, efectuados os ingresos complementarios que procedan.

3.-Os aproveitamentos autorizaranse sempre discrecionalmente e sen prexuízo de terceiros.

4.-As obras de construcción, reforma ou supresión do aproveitamento serán realizadas polo titular do mesmo baixo a inspección técnica do Concello. O mantemento e a conservación serán igualmente a costa do titular.

5.-Establécense no término municipal as seguintes modalidades de vaos:

a) Vao permanente.

b) Vao laboral.

6.-O horario laboral establécese, con carácter xeral, de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, agás os domingos e festivos.

7.-O outorgamento da licencia de vao esixirá a instalación, no exterior do inmoble, da seguinte sinalización, que deberá ser adquirida polo titular da licencia, a súa custa:

a) Instalación na porta, fachada ou construcción de que se trate, dunha placa axustada ó modelo oficial que teña establecido este Concello.

b) A placa deberá conter obrigatoriamente as seguintes características:

- Denominación do vao: permanente ou laboral.

- Horario, se o vao é laboral.

- Metros de reserva autorizados.

- Número de licencia.

8.-No caso de denegarse as autorizacións ou cando por causas non imputables ó suxeito pasivo o dereito á utilización ou aproveitamento do dominio público con se realice, procederá a devolución do importe correspondente.

9.-Unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado. Non obstante, se o interese xeral esixise a supresión do aproveitamento, a Administración Municipal revogará a licencia concedida, requirindo ó titular para que suprima, a súa custa, o aproveitamento.

10.-As licencias poderán ser revogadas polo órgano que as concedeu, nos seguintes casos:

a) Por seren destinadas a fin distinto para o que foron outorgadas.

b) Por incumprir as condicións relativas ós horarios ou carecer da sinalización adecuada.

c) Por causas motivadas en relación co tráfico ou circunstancias da vía pública.

d) Por cese do uso ou da actividade da empresa.

e) Por non conservar en perfecto estado a placa oficial de vao, o badén ou a beirarrúa e, en xeral, por incumprimento de calquera das obrigas impostas nesta Ordenanza ou na Licencia de autorización.

11.-As altas solicitadas polos suxeitos pasivos dentro do exercicio serán aprobadas, previa liquidación formulada pola Secretaría-Intervención, pola comisión municipal de goberno, e seranlle notificadas ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo en arcas municipais, quedando aquel incorporado automaticamente ó padrón para os seguintes exercicios.

12.-As baixas solicitadas polos suxeitos pasivos dentro do exercicio serán aprobadas, previa liquidación formulada pola Secretaría-Intervención, pola comisión municipal de goberno.

Para a tramitación das baixas no padrón deberá retirarse previamente toda sinalización que determine a existencia de vao.

As baixas deberán cursarse antes do último día laborable do período impositivo para producir efectos a partir do seguinte. Quen incumpran tal obriga quedarán suxeitos ó pago da exacción.

13.-Os cambios de suxeitos pasivos dentro do exercicio serán aprobadas, previa liquidación practicada pola Secretaría-Intervención, pola comisión municipal de goberno.

14.-Contra os actos de xestión tributaria a que antes se fixo referencia, os interesados poderán formular ante o mesmo órgano que os dictou o recurso de reposición, previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes, a contar dende a notificación expresa ou da exposición pública dos padróns ou matrículas correspondentes.

A interposición do recurso non paraliza a acción administrativa de cobro, a menos que dentro do prazo para interpoñe-lo recurso o interesado solicite a suspensión da execución do acto impugnado e xunte garantía suficiente.

Non obstante, en casos excepcionais, a comisión de goberno pode acorda-la suspensión do procedemento sen presentación de garantía, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de prestala ou demostre fehacentemente a existencia de erros materiais na liquidación que se impugna.

15.-As liquidacións de ingreso directo serán satisfeitas nos períodos fixados polo Regulamento Xeral de Recadación, que son:

a) Para as notificacións efectuadas na primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.

b) Para as notificacións efectuadas na segunda quincena do mes, ata o día 20 do mes natural seguinte.

16.-Transcorrido o período voluntario de cobro sen terse efectuado o ingreso, o período executivo iníciase o día seguinte ó remate de aquel.

O inicio do período executivo determina o devengo dun recargo do 20 por 100 do importe da débeda non ingresada, así como o dos intereses de demora correspondente a ésta.

Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda tributaria non ingresada se satisfaga antes de que sexa notificada ó debedor a providencia de constrinximento, e non se esixirán os intereses de demora devengados dende o inicio do período executivo.

Artigo 9.º .-Gastos de reconstrucción e indemnizacións.

1.-Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial que se conceda leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o suxeito pasivo, sen prexuízo do pago da taxa a que houbese lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e do depósito previo do seu importe.

2.-Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruídos ou ó importe do deterioro dos danados.

3.-O Concello de Laxe non poderá condonar, total nin parcialmente, as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente artigo.

Artigo 10.º .-Infraccións e Sancións.-

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes de Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Artigo 11.º .-Normas supletorias.

En todo o non especialmente previsto nesta ordenanza estarase ó disposto no Convenio formalizado entre a Excma. Deputación Provincial e o Concello de Laxe, relativo á delegación de competencias municipais naquela, en materia de xestión tributaria e recadatoria.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Esta ordenanza foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número ..., de data ... de ... de ...