Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Publicación provisional: 14/01/2021 BOP Nº: 8
Publicación definitiva: 09/03/2021 BOP Nº: 45
Aplicable dende: 25/08/2021

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

En virtude do artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Teo impón o prezo público por servizos de conciliación da vida familiar e laboral. O citado prezo é un recurso público de titularidade municipal e se regulará pola presente Ordenanza Reguladora, polo citado RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, Regulamento Xeral de Recadación, e demais normas concordantes.

Artigo 2º.-Servizos que grava o prezo público

O prezo público que regula a presente Ordenanza esíxese pola utilización do servizos de conciliación da vida familiar e laboral do concello de Teo. As condicións nas que se prestan estes servizos recóllense no correspondente regulamento, e son:

1.- Conciliación durante os períodos lectivos.

· Teo madruga

Programa de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolver dende ás 07.30 horas ate o comezo das aulas, durante todos os días do período lectivo do ensino infantil e de primaria. Este servizo consiste:

· Servizo de gardería

· Servizo de almorzo para o alumnado interesado.

· Teo coida

Programa de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolver a partir do remate das aulas, durante a tarde, durante todos os días do período lectivo do ensino infantil e de primaria. Este servizo consiste:

- Servizo de gardería

- Servizo de merenda para o alumnado interesado.

2. Conciliación durante os períodos non lectivos. Diverteo

Os servizos de conciliación teñen un importante cometido durante os períodos non lectivos, xa que deben dar resposta a necesidade de atención que nenos e nenas teñen satisfeita durante o seu período escolar.

Horario entre ás 07.30 horas e as 15.30.

Servizos:

· Atención lúdica

· Servizo de alimentación:

- Almorzo

- Xantar

Programa de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolvera nos seguintes períodos:

· Dende o 1 de setembro ate o inicio das curso escolar

· Durante as vacacións do nadal

· Durante as vacacións de semana santa

· Dende o remate do curso escolar ate o 30 de xuño.

· Do 1 ao 15 de xullo

· Do 16 ao 31 de xullo

· Do 1 ao 15 de agosto

· Do 16 a 31 de agosto

Artigo 3º.- Obrigados ao pagamento

Están obrigados ao pagamento das cantidades que se establecen como prezo as/os nais/pais dos nenos e das nenas que fagan uso dos servizos sinalados no artigo anterior, no seu defecto, os/as familiares ou titores/as legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.

Artigo 4º. - Criterios e variables para a determinación do importe do prezo público

Para a determinación do importe mensual do prezo público mensual que recolle o artigo 5, teranse en conta os seguintes criterios e variables:

1.- A renda per cápita mensual da unidade familiar, que se computará segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos proxenitores convivintes e:

1. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

2. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada, e os que convivan na vivenda familiar e non teñan ingresos.

3. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

4.- Os nenos e nenas en acollemento familiar, serán considerados como fillos ou fillas da unidade familiar das persoa ou persoas acolledoras.

b) A renda serán os ingresos totais da unidade familiar do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar no que se pretenda que produza efectos. Calcularase como a suma das rendas de cada membro da unidade, e para elo se terán en conta a base impoñible xeral e a base impoñible de aforro da declaración do IRPF correspondente.

Polo tanto, os ingresos totais anuais se acreditarán mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.

c) A renda per cápita anual calculase dividindo os ingresos totais polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por 12.

Artigo 5º.-Importe do prezo público.

As tarifas do prezo público para cada servizo , son as que se expoñen de seguido:

1) Conciliación durante os períodos lectivos:

l Teo madruga

Usuarios/as fixos/as:

· O prezo mensual polo servizo de gardería e almorzo é de 50 € por cada usuario ou usuaria ao mes.

· A utilización do servizo de gardería sen almorzo terá un prezo mensual de 40 €.

· No caso de utilización do servizo por días soltos o curso será do 25 %, para cada día, da cota que lle correspondería do prezo mensual para todos os días lectivos

Usuarios/as ocasionais:

O prezo pola prestacións do servizo de gardería e almorzo será de 4 € con almorzo e de 3.5 sen servizo de almorzo. Neste caso non se aplicarán as exencións e bonificacións excepto que servizos sociais de Teo, informe de xeito excepcional da incapacidade económica da unidade familiar.

l Teo coida

Usuarios/as fixos/as:

· A utilización do servizo de gardería terá un prezo mensual de 40 € .

· O prezo mensual polo servizo de gardería e merenda (no caso de necesitar este servizo) é de 50 € por cada usuario ou usuaria ao mes.

· No caso de utilización do servizo por días soltos o curso será do 25 %, para cada día, da cota que lle correspondería do prezo mensual para todos os días lectivos

Usuarios ocasionais:

O prezo pola prestacións do servizo de gardería será de 3.5 €, e se é con merenda 4 €. Neste caso non se aplicarán as exencións e bonificacións excepto que servizos sociais de Teo, informe de xeito excepcional da incapacidade económica da unidade familiar".

2) Conciliación durante os períodos non lectivos. Diverteo

O prezo do servizo de Diverteo, que incluíra atención educativa e de tempo libre, almorzo e xantar, será de 9 € diarios. O computo total será a multiplicación desta cifra polo número de días lectivos de cada unha das convocatorias.

A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8.5 € diarios

A utilización do servizo completo sen xantar 5.5 € ao día.

A utilización do servizo, sen comedor (so atención educativa), será de 5 € por día".

Artigo 6º.- Exencións e bonificacións.

Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exencións :

· A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do servizo, determinara a bonificación do 100% da cota.

2.- Bonificacións:

· Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 25% sobre a cota despois de aplicarlle os descontos correspondentes por razón de renda e por outras circunstancias familiares.

· Cando os usuarios ou usuarias pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM Anual terán dereito a unha bonificación do 50% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

· Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias numerosas segundo a definición da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas terán unha bonificación do 25% da cota resultante despois de aplicarlle os descontos correspondentes por razón de renda. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do correspondente título de familia numerosa.

· Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias monoparentais segundo a definición da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, establecida no apartado c) do artigo 4, terán unha bonificación do 25% da cota resultante despois de aplicarlle os descontos correspondentes por razón de renda. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do Libro de familia no que figuren un/ha proxenitor/a e os/as menores, así como o certificado de convivencia. No caso de falecemento dun/ha proxenitor/a, presentarase, ademais da documentación anterior, o certificado de defunción. De existires outro proxenitor ou proxenitora coa obriga do pagamento da pensión de alimentos que non contribúa economicamente ao sustento da descendencia común, requiriranse tamén o testemuño do convenio xudicialmente aprobado ou da resolución xudicial que declare o dereito de alimentos, o testemuño de ter instado a execución da resolución que declare aquel dereito e a certificación expedida polo/a secretario/a xudicial que acredite o resultado infrutuoso desa execución. Con carácter excepcional, por estar en curso o proceso xudicial correspondente, poderase eximir da entrega desta última documentación mediante informe do departamento de Servizos Sociais do concello de Teo.

· Cando os usuarios ou usuarias pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM Anual terán dereito a unha bonificación do 25% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF".

· Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias nas que estea acollido un/unha ou máis menores terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Xustificarase coa documentación acreditativa do acollemento.

Artigo 7º. Cálculo anual-.

A determinación da renda e demais factores que inflúan na cota, determinarase para a todas as actividades de conciliación unha soa vez e terán validez para todas as demais actividades. A primeira actividade do ano escolar será o Diverteo do mes de setembro. Ós usuarios e usuarias que participen nunha actividade determinaranse a renda e as bonificación para o resto ate o diverteo de agosto, incluído. De igual xeito a documentación necesaria para facer este procedemento será entregada so na primeira das actividades de conciliación nas que participe, e constituíran un expediente único para cada neno ou nena para ese curso.

Artigo 8º. Alteración das variables de cálculo do importe

O importe a pagar polos usuarios do servizo poderá modificarse ao longo do curso cando varíen as súas circunstancias familiares ou económicas, que determine unha variación no cálculo do prezo final e os descontos aplicables.

Artigo 9º. Período impositivo e nacemento da obriga de contribuír.

As matrículas do Teo madruga e Teo coida feitas no período ordinario poderán indicar unha data de alta no servizo distinta da prevista para o inicio do curso académico, que non poderá ser posterior ao 1 de outubro, aboando o servizo dende o día que se comece a utilizar o servizo .

Os usuarios/as fixos/as poderán variar a frecuencia de utilización do servizo sempre que a organización do servizo o permita e o soliciten mediante escrito motivado presentado no Rexistro xeral do Concello con antelación de sete días naturais. O Concello poderá negarse no caso de que as solicitudes de cambios na utilización do servizo supoñan problemas para a organización do mesmo, ou orixine problemas de compatibilidade no uso do servizo por parte dos/as outros/as usuarios/as. Para darse de baixa terá que comunicalo por escrito no Rexistro Xeral do Concello. A efectos do cobro, os cambios de frecuencia da utilización do servizo por parte dos/as usuarios/as fixos xurdirán efecto no mes seguinte sempre que se faga cunha antelación mínima de cinco días hábiles ao remate do mes anterior . No caso de cambios no medio dun mes en curso, os comunicadas entre o día 1 e 15, xurdirán efectos na segunda quincena do mes . Os comunicados con posterioridade ao día 15, xurdirán efectos ao mes seguinte.

A baixa provoca a extinción da obriga de pagamento sempre que se faga cunha antelación mínima de cinco días hábiles ao remate do mes anterior en que a Baixa xurdirá efectos. No caso de baixas no medio dun mes en curso, as comunicadas entre o día 1 e 15, darán lugar ao pagamento do 50% da mensualidade. Nas comunicadas con posterioridade ao día 15, o pagamento será da mensualidade completa.

As baixas de Diverteo unha vez comezada a actividade non darán lugar a devolución do pago realizado como matrícula. As que se produzan antes poderán dar lugar a devolución cando esta baixa estea xustificada por un motivo de forza maior ou de enfermidade de calquera persoa da unidade familiar. As baixas deberán presentarse por escrito no Rexistro xeral do Concello.

Artigo 10º. Réxime de pagamento e xestión.

Nos servizos de ¿Teo madruga" e ¿Teo Coida" a solicitude de matrícula ou solicitude de inscrición dos usuarios fixos dará lugar o alta no censo correspondente, emitíndose a mes vencido as correspondentes liquidacións que se xestionarán por padrón.

No servizo de ¿Diverteo" o prezo público xestionarase mediante autoliquidación. O pagamento das cotas de Diverteo farase no prazo que se indique na convocatoria, unha vez confirmada a praza. As persoas obrigada ao pago deberan entregar antes de rematado o mencionado prazo, o xustificante de telo realizado nas oficinas municipais.

A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, dará lugar á perda do dereito a dispoñer do servizo.

Disposicións

Disposición Derogatoria

Queda derogada a Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa por servizos de conciliación da vida persoal e familiar vixente ata hoxe no concello de Teo.

Disposición Transitoria

Os prezos públicos recollidos nesta ordenanza comezaran a aplicarse a partir da edición do Diverteo do mes de xuño.

Disposición Derradeira

A presente Ordenanza Reguladora entrará en vigor a partires do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e manterá a súa vixencia indefinidamente en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.