Fisterra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA VENDA AMBULANTE DE FISTERRA

Publicación provisional: 13/12/2021 BOP Nº: 235
Publicación definitiva: 02/02/2022 BOP Nº: 22
Aplicable dende: 03/02/2022

Artigo 1º - Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Fisterra, establece a taxa pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial do dominio público local con postos de venda ambulante, que se rexerán pola presenta ordenanza fiscal.

Artigo 2º - Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a instalación, desmontable ou transportable, incluíndo camións tenda, de postos de venda ambulante en todas as súas modalidades, que de forma habitual, ocasional, periódica ou continuada, nos perímetros ou lugares debidamente autorizados, realicen unha actividade comercial, de conformidade co disposto no artigo 20.3.n) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 3º - Suxeito Pasivo.

1. Son suxeitos pasivos da presente Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que desfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, coa conseguinte licenza ou autorización concedida por este concello.

Artigo 4º - Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, Sociedades e Entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5º - Base Impoñible

Tomarase como base para determinar o importe a pagar, o número de metros cadrados de vía pública delimitada, para realizar a actividade comercial.

A superficie resultante conforme ao paragrafo anterior, hai que engadirlle un metro de ancho en toda a súa lonxitude, que estará a disposición do titular da licenza e da clientela do posto.

Artigo 6º - Cota Tributaria.

1. A cota tributaria correspondente á Taxa reguladora na presente Ordenanza será a seguinte:

Polas licenzas que se concedan para a ocupación de terreos destinados a realización das actividades que de seguido se indican, establecerase unha taxa de 0,27692 € / metro cadrado ou fracción / día:

a) Venda de textil, calzado, mercadorías en xeral, etc.

b) Froitería, hortalizas e produtos para alimentación ao estilo de queixos, xamón, embutidos, ovos, bacallau, etc.

c) Venda de bocadillos, hamburguesas, masas fritas, bebidas, panaderías, pastelarías, xeados, e similares.

d) Realización de actividades consecuencia da existencia de festexos, ao estilo de aparatos automáticos accionados por moedas para entretemento, recreo ou venda de produtos, tómbolas, bambáns, casetas de tiro, tio-vivo, coches de choque, incluídas de ser o caso, as taquillas para a venda de entradas.

e) Calquera outra clase de artigos, non incluídos nos apartados anteriores.

2. Normas de aplicación das tarefas:

a) As contías esixibles de acordo coa tarifa, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou efectivamente realizado.

b) As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza fiscal, deberán solicitar previamente a correspondente licenza e realizar o depósito previo a que se refire o artigo 26.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

c) As licenzas para os aproveitamentos regulados na presente Ordenanza, concederanse inicialmente polo prazo indicado na solicitude de licencia; unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada por días naturais, mentres non se presente a declaración de baixa.

d) A presentación da baixa surtirá efectos a partires do día seguinte ó da súa presentación. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contra, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a Taxa

Artigo 7º - Exencións e bonificacións.

Non se concederá ningunha exención nin bonificación na exacción da presente taxa.

Artigo 8º - Devengo e período impositivo.

O devengo da presente taxa prodúcese:

a) Tratándose de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de iniciar o aproveitamento do dominio público local, previa solicitude e concesión da correspondente licencia.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, dentro do primeiro trimestre do ano natural e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, nos que o período impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por meses naturais.

Artigo 9º - Normas de xestión.

1. De conformidade co previsto no artigo 24.5 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, cando a utilización privativa ou aproveitamento especial regulados na presente Ordenanza leven aparelladas a destrución ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbese lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrución ou separación e ó depósito previo do seu importe.

Se os danos fosen irreparables, o Concello será indemnizado en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danos.

O Concello non poderá condonar total nin parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.

2. As cantidades esixibles con arranxo ás Tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado.

3. As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia.

4. Non se consentirá ningunha ocupación de terreos de uso público ata que non se teña aboado e obtido polos interesados a licencia correspondente, de conformidade co previsto no artigo 26.1.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 10º - Xestión, Liquidación, Inspección e Recadación.

1. A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos ditados na vía de xestión tributaria correspondente ao Concello de Fisterra, de conformidade co disposto na Lei Xeral Tributaria e demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións ditadas para o seu desenrolo, consonte co disposto no artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

2. As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario, faranse efectivas pola vía de prema, consonte coas normas do regulamento Xeral de Recadación.

3. Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se teña aboado e obtido polos interesados a licenza correspondente. As autorizacións terán carácter persoal e non se poderán ceder ou subarrendar a terceiros. O incumprimento desde mandato dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.

Artigo11º - Infraccións e Sancións.

No relativo a calificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan no seu caso, estarase a o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, conforme ordena o artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Disposición Derogatoria.

Déixanse sen efecto os acordos plenarios sobre esta materia.

En aquelo que non estea expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Sección 3ª, do Capítulo III, Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Disposición Final.

A presente ordenanza comezará a aplicarse, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derogación expresa.