Negreira - ORDENANZA MUNICIPAL PARA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS DE SACA DE MADEIRA
Artigo 1. OBXECTO
A presente ordenanza ten por obxecto a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais fronte os danos e desperfectos que poden sufrir os mesmos como consecuencia das sacas de madeira de plantacións ou repoboacións forestais, dunha ou mais especies arbóreas, co fin de obter un rendemento económico, que se produzcan dentro do termo municipal de Negreira.
Artigo 2. FUNDAMENTO
A regulamentación por medio da presente ordenanza das operacións de saca de madeira fundaméntase no uso das competencias que lle atribúen ao Concello os artigos 25.2d) e 84 da lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, os artigos 6, 80.2d) e 286 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, e no Plan Municipal de Prevención e Defensa de Incendios Forestais (ano 2020), no Plan Xeral de Ordenación Municipal, e na lei 2/2016 de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Artigo 3. AMBITO DE APLICACIÓN.
Enténdese por operación de saca de madeira a totalidade das que se desenvolvan para a obtención de madeira de tala relacionadas co ámbito forestal , tanto as previas á corta de madeira (desplazamento de vehículos e/ou maquinaria, preparación dos terreos, accesos ás fincas) como as posteriores( preparación, depósito, carga e transporte).
Quedan excluidas do ámbito de aplicación:
as talas puntuais de árbores illadas.
as podas e refaldes en plantacións forestais.
clareo de rebrotes de cepa de menos de tres anos.
os traballos de desbroce e limpeza de predios.
as talas que teñan por finalidade os aproveitamentos para uso doméstico.
Cerramentos vexetais.
Tala de madeira como consecuencia dunha situación de emerxencia que cause perigo a persoas, animais¿.
Artigo 4. COMUNICACIÓN PREVIA.
1) Establecese a obrigatoriedade da comunicación previa da corta de plantacións forestais nas oficinas municipais, con 15 días hábiles de prazo, conforme o modelo contemplado no Anexo, sen perxuízo da obtención dos permisos ou autorizacións sectoriais que conforme á normativa vixente.
2) O escrito de comunicación previa deberá estar asinado polo madeireiro, no que constará os seguintes datos:
Datos de identificación do madeireiro e propietario: Nome, apelidos, NIF, enderezo e teléfono. (persoa xurídica, razón social, Nif, enderezo, teléfono , e identificación do responsable ou encargado da mesma empresa).
Datas previstas do inicio e remate dos traballos de saca de madeira.
Plano catastral da/s situación/s da parcela onde se van a desenvolver os traballos, así como lugar previsto para o depósito da madeira.
Itinerario das vías municipales ( que se poderan cambiar posteriormente, por causas xustificadas, previo informe da Policia Local).
Copia do seguro de responsabilidade civil.
Especie madeireira e toneladas a sacar de cada especie.
Documento xustificativo de merca de madeira e autorizacións administrativas necesarias para proceder á extracción.
Tipo de vehículo a utilizar para a extracción (marca, modelo, PMA)
Poderanse facer unha comunicación previa para varios montes ou parcelas si os traballos se realizan simultáneamente.
Artigo 5. TRANMITACIÓN DA SOLICITUDE
Os servizos técnicos emitirán un informe no prazo de 10 días hábiles dende a recepción da comunicación, unha vez que sexa adxuntado o informe da Policía Local que verifique como se atopan o estado físico de ditas vías, e si soportarían ou non os traballos de saca de madeira. Si este é favorable, o madeireiro deberá depositar a garantía na Tesourería Municipal, en calquera das formas establecidas, con anterioridade a data prevista para comezar os traballos. (necesario aportar xustificante).
ARTIGO 6. GARANTÍA OU AVAL
Os responsables das cortas establecerán unha garantía a favor do Concello, en calquera das formas establecidas na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, polo que se transponen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, co obxecto de responder dos posibles danos non reparados voluntariamente, por importe de 1.500 euros para vehículos cun peso máximo autorizado inferior a 16T, e de 3000 euros para vehículos cun peso máximo autorizado igual ou maior de 16T. En ningun caso poderán realizar ditas operación sen ter constituido unha garantía previa.
Artigo 7. EXECUCIÓN
Unha vez rematada a saca de madeira, deberán comunicar o Concello a finalización nun prazo máximo de 10 dias, sendo os servizos técnicos os que emitan un informe nos 10 días hábiles posteriores, adxuntando tamen a Policia Local un informe de estado das vías nese momento.
Si o informe é favorable, a empresa poderá optar por pedir a devolución da fianza por escrito, no Rexistro do Concello, ou ben deixala depositada para a posterior corta, evitando realizar dito trámite no momento de presentar a seguinte comunicación previa.
Si o informe da Policía Local é desfavorable, o Concello requirirá a empresa a repor o estado anterior as vías afectadas, e si no prazo de 15 días hábiles, non cumpre, actuará o mesmo Concello utilizando a garantía depositada. Si os danos foran superiores, o Concello elaborará un informe valorando o gasto total, esixindo a empresa que abone a diferencia, recaudándose en concepto de ingreso de dereito público. Todo elo sen prexuízo da imposición de sancións que correspondan polo incumprimento desta ordenanza.
Artigo 8. INFRACCIÓNS
Constitúen infraccións a esta ordenanza as acción ou omisión tipificadas como moi graves, graves e leves.
a) Son infraccións moi graves:
-Realizar calquera das actividades relacionadas coa saca de madeira sen o previo depósito da garantía no importe que corresponda.
-Non presentar o escrito de comunicación dentro do prazo establecido.
-Non achegar a documentación sinalada no artigo 4.2.
-Non realizar os traballos necesarios para que as infraestruturas, pistas, camiños e/ou espazos públicos municipais utilizados se manteñan en perfecto estado de conservación e limpeza unha vez rematados os traballos.
-Ocultar e/ou falsear calquera dos datos ou documentación a que se refire o artigo 4.
-Realizar os traballos de saca de madeira usando infraestructuras, pistas, camiños ou espazos públicos respecto dos cales se tivera denegado por parte do Concello a súa utlización.
-Deixar as vías públicas municipais nun estado que supoña unha situación de risco para a seguridade vial, segundo o informe municipal que se emita.
-A comisión, nun prazo dun ano, de dúas faltas graves que sexan firmes na vía administrativa.
b) Son infraccións graves:
- Presentar a comunicación previa fora de prazo.
- Deixar as vías municipais en deficiente estado, según o informe municipal.
- Non repor ao seu estado orixinal as ramplas ou accesos que se construiron ou abriron para entrar nos terreos.
- A comisión nun prazo dun ano, de duas faltas leves que sexan firmes na vía administrativa.
c) Son infraccións leves calquera outro incumprimento dos requisitos, non considerados graves nin moi graves.
Na valoración da gravidade das infraccións teranse en conta a existencia de intencionalidade, a natureza dos prexuízos causados, a reiteración dos feitos, a capacidade económica do infractor e a intensidade dos danos causados ás vías públicas e/ou aos usuarios das mesmas.
Artigo 9. RESPONSABLES
Serán responsables das infraccións sinaladas no artigo anterior, as persoas físicas e xurídicas que as cometan en calidade de madeireiros.
Os propietarios dos montes ou parcelas serán responsables das infraccións no caso de non identificar os madeireiros, unha vez sexan requeridos polo Concello, e transcurrido o prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte ao da recepción do requerimento.
Artigo 10. SANCIÓNS
- Infraccións leves. Multa de ata 750 euros.
- Infraccións graves. Multa de contía comprendida entre os 751 euros e os 1500 euros.
- Infraccións moi graves. Multa de contía comprendida entre 1.501 euros e 3.000 euros.
Na gradación das sancións deberase gardar a axeitada adecuación entre a gravidade da infracción cometida e a sanción aplicada.
A imposición das sancións que procedan non eximirá aos responsables de realizar os traballos de limpeza que sexan necesarios, da reparación dos danos causados e de indemnizar polos prexuízos e perdas a que houbese lugar.
Artigo 11. ÓRGANOS COMPETENTES.
Será órgano competente para iniciar o procedemento sancionador o alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.
A función instructora exercerase pola autoridade ou funcionario que designe o órgano competente para a incoación do procedemento.
Será órgano competente para resolver o procedemento sancionador a Xunta de Goberno Local.
Artigo 12. PROCEDEMENTO SANCIONADOR.
A imposición das sancións requirirá a tramitación do correspondente procedemento, de conformidad co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público
DISPOSICIÓNS FINAIS
Primeira. Habilitase a Alcaldía para dictar as disposicións ou instruccións que resulten necesarias para a interpretación, desenvolvemento e aplicación da presente ordenanza.
Segunda. En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora ds bases de réxime local, a presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada integramento no BOP.
ANEXO
SR/A ALCALDE/SA DE NEGREIRA
D/Dª
DOMICILIO
DNI
En representación de:
D/Dª
DOMICILIO
DNI
En conformidade co disposto no artigo 4 da ORDENANZA MUNICIPAL PARA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS DE SACA DE MADEIRA, en relación co 69 da Lei 39/2015 DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS, presento:
COMUNICACIÓN PREVIA DE CORTA DE PLANTACIÓNS FORESTAIS
Poño en coñecemento deste Concello que cumpro cos requisitos esixibles para desenvolver a actividade mencionada e para tal efecto comunico os seguintes datos:
1. Identificación do propietario/a:
2. Identificación do madeireiro/a:
3. Especie de madeira e toneladas a extraer:
4. Identificación da parcela e situación:
5. Data de comenzo e remate da actividade:
6. Tipo de vehículo a utilizar para a extracción (marca, modelo, PMA):
Acompañarase da seguinte documentación:
Copia seguro de responsabilidade civil.
Plano catastral da parcela así como ubicación do deposito.
Itinerario das vías públicas.
Documento xustificativo de merca de madeira así como as autorizacións administrativas necesarias para a extracción.
Xustificante da aportación da fianza.
Compromiso de realizar os traballos necesarios para que as infraestruturas, pistas, camiños e/ou espazos públicos municipais utilizados se manteñan en perfecto estado de conservación e limpeza unha vez rematados os traballos.
En , a de de
Asdo.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.