Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 11, reguladora da taxa por utilización da piscina municipal

Publicación provisional: 29/12/1998 BOP Nº: 297
Publicación definitiva: 29/12/1998 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 30/12/1998

Artigo 1.º .-Concepto

De acordo co previsto no artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na nova redacción dada polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 31 de xullo, este concello establece a taxa pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2.º .-Feito impoñible

Está constituído pola participación nas seguintes actividades:

- Uso das instalacións incluídas dentro do recinto da piscina municipal.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo

Os obrigados ao pago serán as persoas que entren dentro do recinto da piscina.

Artigo 4.º .-Tarifas

"Establécense dúas modalidades de pago:

Abono. Dará dereito á utilización da piscina durante a totalidade da temporada anual. A tarifa é de 1.500 pesetas para os non empadroados no concello e de 500 pesetas para os empadroados cando menos dende tres meses antes da solicitude".

Entrada: Dá dereito á utilización da piscina durante a xornada en que se efectúe o pago. A tarifa será de 300 pesetas.

Establécese coma idade mínima de pago ós 6 anos.

Artigo 5.º .-Xestión e cobranza

- Sistema de abono: Terá carácter persoal e intransferible, permitindo a entrada na piscina mediante a presentación dun carné que se expedirá nas oficinas municipais. O pago da taxa neste sistema efectuarase nas entidades financeiras colaboradoras do concello, con carácter previo á súa concesión.

- Sistema de entrada: O pago da taxa neste sistema efectuarase na propia porta do recinto da piscina.

Artigo 6.º .-Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza reguladora, que consta de 6 artigos e unha disposición final, comezará a rexer despois de aprobada polo pleno e publicada integramente no BOP. A entrada en vigor producirase o día seguinte da publicación mantendo a vixencia ata que sexa derrogada ou modificada por acordo municipal ou por disposicións legais de rango superior.