Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS URBANÍSTICOS NO CONCELLO DE TOQUES

Publicación provisional: 17/02/2022 BOP Nº: 33
Publicación definitiva: 07/04/2022 BOP Nº: 67
Aplicable dende: 08/04/2022

Artigo 1.º.–FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución e polo Artigo 106 da Ley 7 de 1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do TR 2/2004 da lei, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Toques estabrece a “taxa por prestación de servicios urbanísticos”, que rexiráse pola presente Ordenanza fiscal, cuias normas atenden ó previsto no Artigo 57 e da citada Lei.

Artigo 2.º.–FEITO IMPOÑIBLE.

Constitue o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, desenvolvida para a prestación dos seguintes servicios urbanísticos:

a) A destinada a verificar se os actos de edificación e uso do solo e subsolo que teñan que realizarse no termo municipal, axustanse á lei 2/2016, do 10 de febreiro, de Solo de Galicia , disposicións de desenrolo e as normas urbanísticas específicas do Concello de Toques de cara á obtención da preceptiva licencia urbanística, xa sexa de obras, primeira ocupación, segregación ou calesquera outras que esixa a normativa urbanística en vigor.

b) A realización a instancia de parte de informes, consultas, certificados e cédulas urbanísticas.

Artigo 3.º.–SUXEITO PASIVO.

1.–Son suxeitos pasivos contribuintes as personas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refiere o Artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunden as prestacións ás que se refire a presente Ordenanza.

2.–En todo caso, terán a condición de sustituto do contribuinte na concesión de licencias urbanísticas, os constructores ou contratistas das obras.

Artigo 4.º.–DEVENGO.

1.–Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitue o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude polo suxeito pasivo se formulase expresamente ésta.

2.–Cando as obras se iniciaranse ou executaranse sen haber obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización de esas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.

Artigo 5.º.–COTA TRIBUTARIA.

1.–A cota tributaria ven determinada pola aplicación de unha tarifa segundo a natureza do expediente a tramitar:

A) Licencias de obras: aplicación do 1% sobre a execución material do proxecto técnico.

Tarifa mínima: 60,00 €.

B) Toma de coñecemento de comunicación previa para a realización de obras menores: Aplicación do 1% sobre a execución material do presuposto entregado coa solicitude.

Tarifa mínima: 6,00 €.

C) Licencias de primeira ocupación para vivendas unifamiliares, para edificios de vivendas, para calquera tipo de nave ou instalación agrícola, agropecuaria, industrial, empresarial ou comercial que tivera que solicitar a correspondente licencia urbanística ou para calquera outra edificación análoga a calqueira das anteriores: Aplicación do 1% sobre a execución material do proxecto técnico.

Tarifa mínima: 60,00 €.

D) Solicitude de información urbanística sobre calqueira tipo de fincas ou parcelas sitas no Concello de Toques.

Tarifa: 6,00 €.

E) Solicitude ou calqueira outro tipo de escrito que non esté especificado en outros apartados deste artigo e que xenere actividade administrativa por parte dos servizos xurídicos ou técnicos e que verse sobre un expediente de naturaleza urbanística.

Tarifa: 30,00 €.

F) Licencias de segregación, de segregación e agrupación no mesmo acto ou parcelación.

En función do número de parcelas resultantes:

– Para dos parcelas resultantes: 20,00 € por parcela.

– Para tres parcelas resultantes: 30,00 € por parcela.

– Para cuatro parcelas resultantes: 40,00 € por parcela.

– Para cinco o más parcelas resultantes: 50,00 € por parcela.

Artigo 6.º.–NORMAS DE XESTIÓN.

1.–As taxas por prestación de servicios urbanísticos esixiranse en réxime de liquidación practicada pola administración municipal, tanto se inicie de oficio ou a instancia de parte o expediente urbanístico.

2.–Os suxeitos pasivos están obrigados ó pago da liquidación practicada polo Concello de Toques na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar ante o propio Concello achegando o xustificante bancario do pago. Non se iniciará a tramitación do correspondente expediente urbanístico ata que quede acreditado o pago íntegro da taxa.

3.–Cando os servicios municipais comproben que se realizou unha construcción ou obra, ou se está exercitando calquera actividade sen obter a previa licencia preceptiva, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do trámite de esta última, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen perxuicio da imposición da sanción que corresponda pola infracción urbanística cometida ou da adopción das medidas necesarias para o adecuado desenvolvemento das normas urbanísticas.

4.–O pago da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.

Artigo 7.º.–EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

De conformidade co disposto no artigo 9 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por RDL 2/2004, non se concederán máis exencións ou bonificacións que as que expresamente se prevean nas leis ou as que se deriven da aplicación dos Tratados Internacionales.

Artigo 8.º.–INFRACCIÓNS OU SANCIÓNS.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, se estará ó disposto nos artígos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Quedan derrogadas calesquera outras normas sobre os feitos impoñibles.