Curtis - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS CULTURAIS, EDUCATIVAS, SOCIAIS, DEPORTIVAS E ANÁLOGAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL

Publicación provisional: 03/11/2010 BOP Nº: 209
Publicación definitiva: 23/12/2010 BOP Nº: 243
Aplicable dende: 24/12/2012

ARTIGO 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

No exercicio das competencias recoñecidas polos artigos 13.2 e 142 da Constitución Española, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 do Real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións culturais, educativas, sociais, deportivas e análogas de titularidade municipal.

ARTIGO 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial das instalacións deportivas, educativas, sociais culturais e análogas de titularidade pública municipal.

ARTIGO 3.º.-SUXEITOS PASIVOS.

Terán a consideración de suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a utilización privativa ou o aproveitamento especial das instalacións contempladas na presente ordenanza.

ARTIGO 4.º.-RESPONSABLES.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias adquiridas polo suxeito pasivo todas as persoas físicas que sexan causantes ou colaboren na comisión dunha infracción tributaria.

2.-Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 33 da mencionada Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias adquiridas por ditas entidades.

3.-Os administradores de persoas xurídicas que non realizaran os actos da súa incumbencia para dar cumprimento ás obrigas tributarias adquiridas por aquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) Cando se cometeu unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) Cando se cometeu unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) En supostos de cese de actividades da sociedade, do importe das obrigas pendentes de cumprimento na data de cese.

4.-As responsabilidades enunciadas neste artigo esixiranse en todo caso nos termos e con arranxo ó procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5.º.-PREZO.

O prezo ven determinado pola cantidade resultante de aplicar as seguintes tarifas:

1.-Utilización dos pavillóns polideportivos municipais e outros locais de titularidade municipal.

1.a) Competicións, adestramentos e outros: por cada fracción mínima (1 hora) de utilización:

1.a.1) Por hora de utilización sen iluminación artificial: por cada fracción mínima (1 hora) de utilización: 9,51 euros. No caso de prorrogarse o uso, a partires da fracción mínima, cobraranse 4,76 euros por media fracción (30 minutos).

1.a.2) Por hora de utilización con iluminación artificial: por cada fracción mínima (1 hora) de utilización: 13,96 euros. No caso de prorrogarse o uso, a partires da fracción mínima, cobraranse 6,98 euros por media fracción (30 minutos).

1.b) Festivais e espectáculos recreativos de carácter profesional, congresos, charlas e similares: 160 euros por cada acto.

1.c) Festivais e espectáculos recreativos de carácter non profesional, congresos, charlas e similares: 80 euros por cada acto.

1.d) Utilización como albergue: 2,07 euros por persoa cada 24 horas.

A contía establecida nos apartados 1.b e 1.c increméntase nun 50 por 100 por cada día de utilización da instalación, con anterioridade ou posterioridade á celebración do acto que da lugar á realización do feito impoñible, para a preparación ou arranxo deste.

2.-Utilización dos ximnasios municipais de Curtis e Teixeiro.

2.a1) Prezo por día: 3,62 euros.

2.b1) Abono mensual individual: 31,02 euros.

2.c1) Abono mensual familiar:

¿ 31,02 euros polo usuario titular do abono.

¿ 15,51 euros por cada membro da unidade familiar.

Para os veciños empadroados no municipio de Curtis será aplicable un desconto nas tarifas anteriores, resultando as seguintes:

2.a2) Abono mensual individual: 20,68 euros.

2.c2) Abono mensual familiar:

¿ 20,68 euros polo usuario titular do abono.

¿ 8,27 euros po cada membro da unidade familiar.

O pago da cota mensual confire o dereito á utilización dos ximnasios municipais dentro do seu horario de apertura.

3.-Utilización do campo de fútbol herba artificial:

Por hora de utilización sen iluminación artificial: por cada fracción mínima (1 hora) de utilización: 39,29 euros. No caso de prorrogarse o uso, a partires da fracción mínima, cobraranse 19,65 euros por media fracción (30 minutos).

Por hora de utilización con iluminación artificial: por cada fracción mínima (1 hora) de utilización: 54,80 euros. No caso de prorrogarse o uso, a partires da fracción mínima, cobraranse 27,40 euros por media fracción (30 minutos).

4.- Utilización pistas de padel e tenis:

Por hora de utilización sen iluminación artificial: por cada fracción mínima (1 hora) de utilización: 7,24 euros. No caso de prorrogarse o uso, a partires da fracción mínima, cobraranse 3,62 euros por media fracción (30 minutos).

Por hora de utilización con iluminación artificial: por cada fracción mínima (1 hora) de utilización: 9,31 euros. No caso de prorrogarse o uso, a partires da fracción mínima, cobraranse 4,65 euros por media fracción (30 minutos).

ARTIGO 6.º.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

6.1.-Festivais e espectáculos recreativos e artísticos de carácter benéfico, didáctico, escolar ou outros organizados por comisións de festas ou asociacións non lucrativas para recadar fondos para o cumprimento dos seus finas: exentos.

6.2.-Actos e cursos organizados, promovidos ou patrocinados polo concello, os que sexan consecuencia de intercambios ou convenios con outras institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que se rexerán polo respectivo convenio, e os que sexan declarados de interese social, educativo ou cultural por acordo da xunta de goberno local: exentos.

6.3.-Actos de carácter político e social nos que os solicitantes da correspondente autorización para a utilización das instalacións municipais sexan partidos políticos con representación na Corporación Municipal deste concello: exentos

6.4.-A taxa pola utilización dos ximnasios municipais poderá reducirse por aplicación das seguintes bonificacións:

a) Ás persoas que acrediten formar familia numerosa seralles de aplicación unha bonificación do 50 por 100 do importe correspondente ó cónxuxe e fillos.

b) Ás persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe emitido polos servizos sociais do Concello de Curtis seralles de aplicación unha bonificación do 100 por 100 sobre a cota liquidable.

Estas bonificacións só serán de aplicación ós usuarios que figuren empadroados no municipio de Curtis.

As persoas ou entidades que pretendan a aplicación dunha exención ou dunha bonificación sobre a taxa correspondente deberán solicitalo cando menos con dúas semanas de antelación ó día en que vaia ter lugar a realización do feito impoñible, debendo acreditar as circunstancias que xustifiquen tal aplicación.

c).- As persoas inscritas no programa de voluntariado municipal estarán exentas do pago de esta taxa

6.5.- A taxa pola utilización das pistas de tenis e pádel estará exenta de pago para as persoas inscritas no programa de voluntariado municipal

ARTIGO 7.º.-NORMAS DE XESTIÓN.

1.-As solicitudes para a utilización das instalacións deportivas, educativas, sociais e culturais de propiedade municipal serán realizadas nun escrito dirixido á Alcaldía polos interesados, cunha antelación mínima de 3 días hábiles en relación ó momento en que se pretenda a súa utilización, concretando a data, hora, actividade a desenvolver e demais circunstancias de interese.

2.-O devengo da taxa orixinarase no momento en que se autorice a utilización das instalacións deportivas e culturais. A autorización corresponderá á Alcaldía. O persoal encargado das instalacións non permitirá a súa utilización sen a presentación da autorización municipal e do xustificante de ter ingresado a correspondente taxa.

3.-A liquidación da taxa realizarase pola Administración municipal e o ingreso farase polo usuario en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta, unha vez sexa autorizada a utilización das correspondentes instalacións.

4.-Cando por causas imputables ó concello, a utilización non teña lugar, procederá a devolución do importe correspondente.

5.-No caso de existir varias solicitudes coincidentes, darase preferencia, no caso dos particulares, ós empadroados no Concello de Curtis e, no caso das entidades, ás que teñan a súa sede social neste municipio. En calquera caso, prevalecerán as actividades non lucrativas sobre as lucrativas, as actividades de competición oficial ou programada sobre as puntuais, e as organizadas ou patrocinadas polo Concello de Curtis sobre calquera outra.

6.-Para o suposto dos ximnasios municipais, rexerán as seguintes normas de xestión:

O devengo da taxa nace desde que teña lugar a correspondente inscrición como abonado ou desde que se preste ou realice calquera dos servizos ou actividades programados nos ximnasios municipais.

O ingreso da taxa farase efectivo nalgún dos xeitos seguintes:

Abonos.-Pagamento mensual mediante domiciliación bancaria.

Acceso libre ó ximnasio e servizos puntuais.-Ó entrar ó recinto ou ó solicitar o aluguer ou calquera dos servizos puntuais ós que se refire o artigo anterior.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

A presente ordenanza regula a Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por prestación de servicios e utilización de instalacións culturais, educativas, sociais, deportivas e análogas de titularidade municipal vixente ata o de agora no Concello de Curtis.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.