Santa Comba - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos ou a realización de actividades culturais
ARTIGO 1.-FUNDAMENTO LEGAL.
En uso das atribucións conferidas nos artigos 41 ao 47 e 127 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (en adiante TRLRFL), este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo ou a realización de actividades de índole cultural.
ARTIGO 2.-CONCEPTO.
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten a prestación dos servizos ou a realización das actividades de índole cultural.
1. Se con posterioridade ao establecemento do presente prezo público, cesasen na prestación do servizo as entidades culturais privadas que actualmente concorren na realización de actividades similares ás que se desenvolven nas instalación municipais ou se prestan polos servizos municipais, o prezo público transformarase en taxa.
2. En caso de resultar preceptiva a transformación anterior, o Concello aprobará a Ordenanza fiscal correspondente reguladora da taxa pola prestación de servizos ou a realización de actividades culturais.
3. Cando os prezos públicos por servizos ou actividades de índole cultural, de carácter periódico teñan que transformarse en taxa pola causa prevista no apartado 2.º, non será preciso realizar a notificación individual á que se refire o art. 102.3 da lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, sempre que o suxeito pasivo e a cota da taxa coincidan co obrigado ó pago e o importe do prezo público ó que substitúe.
ARTIGO 3.-NACEMENTO DA OBRIGACIÓN.
1.-A obrigación de pagar o prezo público nace desde que se inicie a prestación do servizo ou a realización da actividade, aínda que a Corporación poderá esixir o depósito previo do seu importe total ou parcial, conforme ao artigo 46 do TRLRFL.
2.-Cando por causas non imputables ao obrigado ao pago, o servizo público ou actividade administrativa non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.
ARTIGO 4.-OBRIGADOS AO PAGO.
Estarán obrigados ao pago do prezo público os que soliciten ou se beneficien da prestación de servizos ou actividades de índole cultural prestados polo Concello.
ARTIGO 5.-TARIFAS/PRECIOS.
1.-O importe dos recibos deberá cubrir como mínimo, o custo do servizo prestado ou da actividade realizada.
2.-Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes casos, deberán consignarse nos presupostos da entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante, se ha houbese.
3.-A contía dos dereitos a percibir polo prezo público para as actividades culturais será a seguinte:
TÍTULO: ACTIVIDADES CULTURAIS MUNICIPAIS | ||||
| DURACIÓN | GRUPO MÍNIMO (De ser o caso) | PERÍODO DE COBRO | PREZO PÚBLICO/USUARIO |
ENSINAZAS E ACTIVIDADES MUSICAIS: | ||||
MÚSICA E MOVEMENTO (3 a 6 anos) | 9 MESES | 8 | TRIMESTRAL | 30 €
|
SOLFEO + INSTRUMENTO (máis de 6 anos) | 9 MESES | 8 | TRIMESTRAL | 60 € |
SOLFEO + INSTRUMENTO BANDA MUNICIPAL | 9 MESES | 8 | TRIMESTRAL | 45 € |
TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
ANIMACIÓN Á LECTURA | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
BAILES DE SALÓN | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
INFORMÁTICA | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
DEBUXO E PINTURA | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
INGLÉS | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
OBRADOIRO MATEMÁTICAS | TRIMESTRE |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
TÉCNICAS ESTUDO | TRIMESTRE |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
OBRADOIRO EXPRESIÓN ESCRITA | TRIMESTRE |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
MECANOGRAFÍA POR ORDENADOR | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
OUTRAS ACTIVIDADES | 9 MESES |
| TRIMESTRAL | 24 €/menores 30 €/adultos |
- Viaxes e excursións.-O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total da viaxe ou excursión, segundo o estudo de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta. Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferenza existente.
- Campamentos e actividades de tempo libre.-O prezo público será fixado pola Xunta de Goberno Local, de xeito, que polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do campamento, segundo o estudo de custos presentado polo departamento correspondente na súa proposta. Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferenza existente.
ARTIGO 6.-NORMAS DE XESTIÓN E PAGAMENTO.
1.-O pago do prezo público efectuarase con carácter previo á prestación do servizo ou realización da actividade, emitíndose polo Concello de Santa Comba o correspondente documento cobratorio.
2.-As persoas ou entidades interesadas na prestación do servizo ou actividade presentarán a oportuna solicitude de alta no departamento municipal correspondente.
3.-Os prezos públicos que teñan dereito a percibirse esixiranse mediante cargo na conta bancaria designada ao efecto polo obrigado ao pago, unha vez formalizada a solicitude de prestación correspondente que habilite a súa inclusión no censo de obrigados ao pago.
4.-As débedas por prezo público poderán esixirse mediante o procedemento administrativo de constrinximento cando se produza o seu vencemento sen que se teña conseguido o cobro a pesar de terse realizado as xestións oportunas.
Ó remate de dito período o departamento xestor do prezo público elevará o expediente á intervención ou tesourería municipal para a súa inclusión na vía de constrinximento.
5.-Unha vez que exista un número mínimo de persoas preinscritas, que faga posible e viable a realización de calquera actividade obxecto da presente ordenanza, os interesados en participar deberán aportar para a súa inscrición definitiva o documento acreditativo do pago do prezo público correspondente.
6.-No caso de existir varias solicitudes coincidentes e estas superen o número de prazas existentes para cada actividade darase preferencia aos particulares empadroados no Concello de Santa Comba.
7.-Os prazos específicos de pagamento para as actividades culturais serán:
- O pago será trimestral e efectuarase nos primeiros dous meses de cada trimestre.
8.-A baixa da actividade deberá ser solicitada polos interesados por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos ao trimestre seguinte.
Se se produce unha baixa coa conseguinte alta no medio do trimestre, á alta aplicaráselle a parte correspondente proporcional ó importe do trimestre, de xeito que:
- Si a data da alta está dentro do 1.º mes do período trimestral, aboarase a tarifa trimestral completa.
- Si a data da alta está dentro do 2.º mes trimestral, aboarase 2/3 da tarifa trimestral.
- Si a data da alta está dentro do 3.º mes trimestral, aboarase 1/3 da tarifa trimestral.
9.-No caso de que por causas non imputables ao interesado, este non poida asistir á actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público previa solicitude e documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de asistir (motivos laborais, de saúde...), non será suficiente unha declaración sen aportar xustificación.
Serán causas de baixa:
- Renuncia da persoa usuaria, con indicación de data de baixa prevista.
- Perda das capacidades necesarias para a participación na actividade, ou manifestación reiterada de comportamentos antisociais ou incompatibles coa boa marcha desta, valorado polo monitor responsable do desenvolvemento e co visto bo do técnico municipal.
- Impago das cotas correspondentes no prazo estipulado, salvo xustificación técnica da situación que provoca o impago.
- Ausencia non xustificada ou non comunicada, superior ó 20% das horas totais da duración prevista da actividade. A estes efectos establécese a obligatoriedade de control de asistencia nas actividades.
- Ceses na prestación do servizo ou actividade por parte do Concello.
As baixas causarán efecto na data indicada na correspondente solicitude, podendo disporse da súa cobertura a través da lista de espera de forma inmediata.
ARTIGO 7.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.
Ao abeiro do artigo 9 do TRLRFL, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.
Exencións
Non se concederán outras exencións que as previstas legalmente.
Non obstante, de acordo co sinalado no artigo 44.2 do referido TRLRFL, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes exencións:
- Estarán exentos do pagamento deste prezo público, os escolares dos centros de ensino do municipio que participen nas actividades escolares organizadas polo Concello de forma específica para os mesmos.
- Estarán exentas as persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe de servizos sociais do Concello, ata un máximo de 2 actividades por usuario.
Bonificacións
Ao abeiro do artigo 44.2 do referido texto refundido, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes bonificacións:
- No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das actividades restantes.
- Dous ou mais membros da mesma unidade familiar en 1.º grado, aplicaraselle unha bonificación do 50% ó 2.º membro e seguintes da unidade familiar na tarifa de cada unha das actividades nas que se inscriba.
Entenderase por unidade familiar a integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbera:
Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independientemente destos.
Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada)
- A persoas que acreditan formar parte de familia numerosa terán unha bonificación do 60% na tarifa de cada cada unha das actividades nas que se inscriban.
- Posuidores do carnet xove, terceira idade, e discapacitados cun 33% de minusvalía, terán unha bonificación do 20% no total do pago, unha vez aplicados os descontos anteriores aos que se tivera dereito.
- Aos efectos de aplicar as bonificacións previstas partirase sempre da tarifa de importe máis elevado.
Ditas bonificacións quedarán suspendidas no caso de alteración das circunstancias persoais con posterioridade ao comezo das clases, quedando obrigados os usuarios a comunicarlle ao Concello a variación de ditas circunstancias.
- O Concello de Santa Comba reservarase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto.
En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
Para o non previsto na presente Ordenanza estarase ao disposto no TRLRFL, a Lei 8/1989, de taxas e prezos públicos, a ordenanza de recadación e a Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais, aprobada polo Pleno da Corporación municipal en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de novembro de 2006 (publicada no BOP n.º 8, do 11/01/2007) e outros ingresos de dereito público deste Concello.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza fiscal, reguladora do prezo público pola prestación de servizos ou realización de actividades culturais, entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia.