Padrón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 29, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS DAS PISCINAS MUNICIPAIS DO CAMPO DO SOUTO E DE A ESCRAVITUDE

Publicación provisional: 15/02/2017 BOP Nº: 32
Publicación definitiva: 10/04/2017 BOP Nº: 68
Aplicable dende: 31/05/2022

ÍNDICE

- ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E RÉXIME XURÍDICO

- ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE

- ARTIGO 3.-DEVENGO

- ARTIGO 4.-OBRIGADOS TRIBUTARIOS

- ARTIGO 5.-BASE IMPOÑIBLE

- ARTIGO 6.-TARIFAS

- ARTIGO 7.-NORMAS DE XESTIÓN

- ARTIGO 8.-EXENCIÓNS, REDUCIÓNS E DEMÁIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

- DISPOSICIÓN DERROGATORIA

- DISPOSICIÓN FINAL

ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E RÉXIME XURÍDICO.

En uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Padrón establece a taxa pola prestación de servizos nas instalacións das piscinas municipais do Campo do Souto e de A Escravitude, cuxa regulación se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto nos artigos 20 e seguintes do citado real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación de servizos e a utilización das instalacións deportivas da piscina cuberta municipal do Campo do Souto e da piscina descuberta de A Escravitude.

ARTIGO 3.-DEVENGO.

A taxa considerarase devengada, nacendo a obriga de contribuír, coa iniciación da prestación do servizo, que será no momento no que se formalice a correspondente matrícula, ou no momento no que se solicite a utilización das instalacións deportivas das piscinas municipais.

ARTIGO 4.-OBRIGADOS TRIBUTARIOS.

1. Son obrigados tributarios, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten a utilización das instalacións ou a prestación dos servizos suxeitos á presente taxa, e quen as utilice aínda sen obter a preceptiva autorización.

2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5.-BASE IMPOÑIBLE.

A determinación da contía que hai que pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo seguinte.

ARTIGO 6.-TARIFAS.

PISCINA CUBERTA DO CAMPO DO SOUTO

ENTRADAS UNITARIAS

piscina adulto 4,50 € uso

piscina infantil 3,00 € uso

ximnasio 4,50 € uso

completa (piscina + ximnasio) 5,50 € uso

ABONADOS DE TEMPADA

matricula abonados 27,50 € unico

individuais 27,50 € MES

familiares 38,50 € MES

reducido 22,00 € MES

CURSOS ABONADOS

1/dia/semana 3,50 € MES

2/dias/semana 7,00 € MES

3/dias/semana 10,50 € MES

CURSOS NON ABONADOS

matricula 16,50 €

adultos 1/dia/semana 17,50 € mes

adultos 2/dias/semana 28,00 € mes

adultos 3/dias/semana 36,00 € mes

infantil1/dia/semana 17,50 € mes

infantil 2/dias/semana 28,00 € mes

infantil 3/dias/semana 36,00 € mes

nenos 1/dia/semana 14,50 € mes

nenos 2/dias/semana 21,50 € mes

nenos 3/dias/semana 28,00 € mes

colexios infantil 12,50 € mes

colexios primaria 10,50 € mes

OUTROS:

cambio de modalidade de abonado 3,00 €

expedición de novo carne por perda 5,00 €

suplemento abono familiar (18-24 anos) 10,00 €

 

PISCINA DESCUBERTA DE A ESCRAVITUDE

ENTRADAS UNITARIAS

PREZO

Adulto (a partir de 18 anos)

2,50 €

Reducida (rapaces de 14 a 17 anos; xubilados e pensionistas; familia numerosa)

1,00 €

BONOS DE 20 ENTRADAS

PREZO

Adulto (a partir de 18 anos)

30,00 €

Reducida (rapaces de 14 a 17 anos; xubilados e pensionistas; familia numerosa)

10,00 €

As tarifas deberá aplicárselle os coeficientes anuais de actualización, mantendo con elo o principio de equivalencia e actualizaranse cada anualidade na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo (IPC) para a Comunidade Autónoma de Galicia

ARTIGO 7. NORMAS DE XESTIÓN

A. DESCRICIÓN DAS TARIFAS

A.1. Descrición das tarifas da piscina cuberta do Campo do Souto:

- Aboados individuais: Acceso a todos os servizos da instalación (piscina, ximnasio e complementarios ou de nova creación) en todo o horario de apertura. Descontos nos cursos e actividades.

- Aboados familiares: idem que os abonados individuais para os membros da unidade familiar (familia, matrimonio ou parella de feito legalmente constituída e fillos ata 18 anos) ca excepción do acceso ós servizos por límite de idade (ximnasio). Descontos nos cursos e actividades.

- Aboados reducido: Modalidade reservada a discapacitados (grao de discapacidade igual ou superior ao 33%), maiores de 65 anos, e usuarios das actividades deportivas municipais, que gozan dos mesmos servizos e facilidades que os individuais.

- Matrícula abonados: Taxa a aboar a primeira vez que se realiza a alta en calquera dos tipos de aboado das instalacións.

- Entrada Piscina adultos: Acceso á piscina para usuarios de 15 anos ou máis. - Entrada Piscina nenos: Acceso á piscina para usuarios ata 14 anos (inclusive).

- Entrada Ximnasio: Acceso ao ximnasio para usuarios a partir dos 15 anos.

- Entrada Completa: Acceso libre á piscina e ximnasio para usuarios a partir dos 15 anos.

- Matrícula cursos: Tarifa a aboar a primeira vez que un usuario se da de alta como cursillista en unha temporada.

- Cursos adultos: Cursos ou actividades dirixidas para a aprendizaxe ou o mantemento en auga ou en seco para persoas de 15 anos ou máis.

- Curso nenos: Cursos ou actividades dirixidas en auga ou en seco para persoas de 7 a 14 anos.

- Curso infantil: Cursos ou actividades dirixidas en auga ou en seco para persoas de 3 a 6 anos. (Inclúe cursos para bebés de 6 a 35 meses. O bebé realiza a actividade acompañado polo pai/nai)

- Cursos aboados: Tarifa plana de cursos ou actividades en auga ou en seco para os beneficiarios de calquera tipo de abono.

- Colexios (Natación Escolar): Taxa reservada para os alumnos/as que participan na Campaña Municipal de Actividades Acuáticas para escolares, 1 día á semana segundo o calendario escolar, que asistan en grupo o día e hora ofertada ó seu centro escolar.

- Suplemento Abono Familiar: Taxa a engadir para cada membro da unidade familiar entre 18 e 24 anos que desexa seguir formando parte do abono familiar.

- Cambio de modalidade: Tarifa polo cambio dunha modalidade de abonado a outra.

ARTIGO 8.-EXENCIÓNS, REDUCIÓNS E DEMÁIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES.

De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

ARTIGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a elas corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A presente ordenanza fiscal número 29, reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións das piscinas municipais do Campo do Souto e da Escravitude derroga a ordenanza fiscal número 29, reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións das piscinas municipais do Campo do Souto e da Escravitude publicada no Boletín Oficial da Provincia n.º 73, do 21-04-2015.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza estará en vigor tras a preceptiva aprobación plenaria e exposición pública da mesma e será de aplicación de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo cal se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.