Aranga - ORDENANZA FISCAL Nº 18, REGULADORA DA TAXA DE INSCRIPCIÓN EN PROBAS SELECTIVAS NO CONCELLO DE ARANGA
ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
En exercicio da potestade tributaria prevista no artigo 133.2 da Constitución e de conformidade co artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e o artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Aranga establece a taxa por concorrencia as probas selectivas que organice este Concello.
ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade técnica e administrativa tendente á selección de persoal funcionario e laboral, entre os que soliciten participar nos procesos selectivos que convoque o Concello de Aranga, para o acceso aos corpos ou escalas de funcionarios, de carreira ou interinos, ou as diferentes categorías de persoal laboral fixo ou temporal.
ARTIGO 3.-SUXEITO PASIVO.
Será suxeito pasivo da taxa quen solicite a inscrición en probas selectivas.
ARTIGO 4.-DEVENGO.
1. A taxa devéngase no momento de solicitar a inscrición como aspirante nas probas selectivas.
2. Dita solicititude de inscrición non se tramitará en tanto non se faga efectivo o importe da taxa, segundo o establecido no artigo 7 da presente ordenanza.
ARTIGO 5.-CUOTA TRIBUTARIA.
As tarifas que corresponde satisfacer, que se determinan segundo o grupo a que corresponde a praza,son as seguintes:
| IMPORTE (€) |
Grupo A1 e asimilados | 40 |
Grupo A2 e asimilados | 35 |
Grupo C1 e asimilados | 25 |
Grupo C2 e asimilados | 20 |
Agrupacións profesionais e asimilados | 10 |
ARTIGO 6.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.
1. Gozarán dunha bonificación do 50% no pago da taxa aqueles suxeitos pasivos que figuren como demandantes de emprpego, cunha antigüedade mínima de dous anos, referida á data de publicación da convocatoria das probas selectivas, e teñan agotado ou non perciban prestacións económicas de subsidio de desmprego. Para a aplicación desta bonificación o suxeito pasivo deberá presentar certificación do Instituto Nacional de Emprego ou Servizo Rexional de emprego, expedido cunha antiguedade máxima dun mes.
2. Terán dereito a unha bonificación do 50% da taxa, os membros de familia numerosa, presentando o documento oficial acreditativo da dita circunstancia.
3. Aplicaránse ademáis as exencións e bonificacións que veñan establecidas en normas con rango de lei ou deriven de tratados o acordos internacionais.
4. Estas bonificacións non serán acumulables.
ARTIGO 7.-NORMAS DE XESTIÓN.
1. A taxa regulada nesta ordenanza esixirase en réxime de autoliquidación.
2. O pago da taxa efectuarase dentro do prazo de presentación de solicitudes, mediante ingreso na conta corrente municipal que se determine nas bases que rixan a convocatoria correspondente. Os interesados deberán achegar o xustificante bancario do ingreso da cuota no momento de presentar a solicitude de inscrición nas probas.
3. A falta de pago da taxa no prazo sinalado no punto anterior, determinará a inadmisión do aspirante.
4. Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo non se realice a actividade que constitúe o feito impoñible da taxa, procederá a devolución do importe correspondente.
ARTIGO 8.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e das sancións que corresponda as mesmas, estarase ao disposto na vixente Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza entrará en vigor a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia do acordo de aprobación definitiva e o seu texto íntegro, e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.