Santa Comba - ORDENANZA REGULADORA DE PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS OU A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO MARCO DA UTILIZACIÓN DOS SERVICIOS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, NOS PERÍODOS VACACIONAIS ESCOLARES DE VERÁN, ¿VERÁN LÚDICO¿ E NADAL, .....

Publicación provisional: 13/04/2022 BOP Nº: 71
Publicación definitiva: 28/06/2022 BOP Nº: 121
Aplicable dende: 28/06/2022

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Concello de Santa Comba quere contribuir ao fomento da conciliación da vida familiar e laboral con servicios que axuden a veciñanza no exercicio das súas actividades e no cumprimento das súas tarefas e obrigacións.

En conformidade co artigo 127, en relación co disposto no capítulo VI do Título I do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Santa Comba procede a regular mediante a presente ordenanza o establecemento dos prezos públicos, que constitúen a contraprestación económica pola utilización dos servicios de conciliación nos períodos vacacionais escolares.

ARTIGO 1º.- OBXECTO

Os servicios obxecto do presente prezo público están constituídos pola realización de actividades dirixidas a nenas/os de infantil e primaria do Concello de Santa Comba, que durante os períodos de vacacións escolares permitan ás nais e pais a conciliación da vida familiar e laboral, contribuíndo á educación e á ocupación do tempo libre e de lecer.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

O feito impoñible está constituido polo uso dos seguintes servicios:

1.- "Verán Lúdico":

Levarase a cabo durante as vacacións de verán, meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30h.

Consiste en actividades de lecer e tempo libre. Desenvolverase por quendas:

1ª quenda: do 1 ó 15 de xullo

2ª quenda: do 16 ó 31 de xullo

3ª quenda: do 1 ó 15 de agosto

4ª quenda: do 16 ó 31 de agosto.

2.- ¿Nadal Lúdico":

Realizarase durante as vacacións de nadal de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00h.

Consiste en actividades de lecer e tempo libre relacionadas coa época de Nadal.

Os días do calendario laboral marcados como festivos estatais, locais e autonómicos non se prestarán os servicios.

3.- ¿Outras actividades de conciliación"

ARTIGO 3º.- OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

Están obrigados ó pagamento dos prezos públicos quen se beneficie dos servicios municipais de conciliación. Entendéndose como tales os pais e nais ou no seu caso a titora/titor ou representante legal das/os menores que fagan uso dos servicios sinalados no artigo anterior.

ARTIGO 4º.- IMPORTE DOS PREZOS PÚBLICOS

As tarifas do prezo público para cada servicio son as seguintes:

¿ ¿Verán Lúdico": 30 € por quenda.

Os días do mes de setembro ata que comece o colexio inclúense dentro das quendas anteriores, polo que non se aboarán a maiores.

¿ ¿Nadal Lúdico": 30 €

¿ ¿Outras actividades de conciliación": 30 € por quincena, sendo rateable por días, se a actividade ten unha duración menor aos 15 días."

 

O prezo dos servicios para anos sucesivos poderá ser obxecto de revisión por parte do Concello seguindo o procedemento correspondente.

ARTIGO 5º.- EXENCIÓN E BONIFICACIÓNS

1. Exención:

A emisión dun Informe Social do departamento de Servicios Sociais que indique a necesidade do servicio sen que haxa posibilidades económicas para aboar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.

2. Bonificacións:

Cando asistan ao mesmo servicio varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto do 50%.

Terán dereito a unha bonificación do 50% do prezo as familias numerosas segundo a definición contemplada na Lei 40/2003 de 18 de novembro, de protección en concordancia coa Lei 3/2011 de 30 de xuño de apoio á familia e á convivencia de Galicia, para o cal deberán achegar copia cotexada do libro de familia e título acreditativo de familia numerosa ou documentación acreditativa.

A non presentación da documentación requerida dará lugar á denegación da exención ou bonificación.

Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditaiva das diferentes circunstancias.

A omisión ou falsidade dos datos ou dos documentos achegados serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

ARTIGO 6º.- OBRIGACIÓN DE PAGO

A obriga de pagamento dos prezos regulados nesta Ordenanza nace desde que se inicie a prestación dos servicios, se ben este concello poderá esixir o pago previo ao momento da inscrición segundo establezan as distintas convocatorias.

ARTIGO 7º.- NORMAS DE XESTIÓN E INGRESO DOS PREZOS PÚBLICOS

O ingreso do referido prezo efectuarase na semana anterior ao inicio da actividade segundo a liquidación correspondente, na conta que o Concello terá habilitada a estes efectos debendo achegar xustificante de dito ingreso ó departamento encargado da xestión do servicio ou actividade.

A falta de pago suporá a suspensión, mentres non se produza o pago efectivo non se xerará a percepción do servicio.

Non poderán ratearse os importes por períodos inferiores ós establecidos no artigo anterior.

ARTIGO 8º.- NOVAS INCORPORACIÓNS, AUSENCIAS E BAIXAS

Cando a solicitude de incorporación aos servicios, no caso de que queden prazas libres, se formule unha vez iniciados ditos servicios a cota a ingresar será polo importe total da quenda.

Cando se produzan faltas de asistencia ou ausencias, as mesmas non xerarán descontos ou deduccións da cota mensual.

No caso de causar baixa definitiva ou temporal, non terá dereito a ningunha devolución das cantidades aportadas ata ese momento.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente será publicada íntegramente no BOP e entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derogación ou modificación expresa.