Mazaricos - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DEREITOS DE EXAME

Publicación provisional: 27/05/2022 BOP Nº: 100
Publicación definitiva: 19/09/2022 BOP Nº: 136
Aplicable dende: 20/07/2022

Artigo1

No uso das facultades conferidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, 20.4 e 57 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, establécese a taxa por dereitos de exame.

I. FEITO IMPOÑIBLE - Artigo 2

Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade técnica e administrativa conducente á selección do persoal funcionario e laboral entre as persoas que soliciten participar nas correspondentes probas de acceso ou de promoción aos Corpos ou Escalas de funcionarios ou ás categorías de persoal laboral convocadas por este Concello.

II. SUXEITOS PASIVOS - Artigo 3

Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas físicas que soliciten a inscrición como aspirantes nas probas selectivas ás que se refire o artigo 2.

III.VINDICACIÓN - Artigo 4

4.1. A vindicación da taxa producirase no momento da solicitude de inscrición nas probas selectivas.

4.2.. A dita solicitude de inscrición non se tramitará mentres non se faga efectivo o importe da taxa, nos termos previstos no artigo 6 desta Ordenanza.

IV. BASE IMPOÑIBLE E COTA TRIBUTARIA - Artigo 5

5.1. As taxas que corresponde satisfacer polos servizos regulados nesta Ordenanza, serán as seguintes:

Pruebas selectivas para:

Precio

Subgrupo A1 ou persoal laboral equivalente

25,00 €

Subgrupo A2 ou persoal laboral equivalente

20,00 €

Grupo B ou persoal laboral equivalente

15,00 €

Subgrupo C1/C2 ou persoal laboral equivalente

10,00 €

Agrupacións profesionais ás que fai referencia a disposición adicional sétima do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ou persoal laboral equivalente

5,00 €

5.2. Ás taxas anteriores seralle de aplicación a seguinte redución: do 100 por cento naqueles supostos nos que o suxeito pasivo sexa unha persoa que figura como demandante de emprego, cunha antigüidade mínima de 6 meses, referida á data de publicación da convocatoria das probas selectivas de que se trate.

Para a aplicación desta redución, o suxeito pasivo deberá acreditar as circunstancias descritas no parágrafo anterior, mediante presentación de certificado de desemprego, emitido polo Instituto Nacional de Emprego ou, no seu caso, polo Servizo Rexional de Emprego que corresponda.

V. NORMAS DE XESTIÓN - Artigo 6

6.1 A taxa regulada nesta Ordenanza esixirase en réxime de autoliquidación. Os suxeitos pasivos deberán practicar autoliquidación, nos impresos habilitados ao efecto polo Concello e realizar o seu ingreso en calquera entidade bancaria autorizada, antes de presentar a correspondente solicitude de inscrición, non admitíndose o pagamento fora de dito prazo. A falla de pagamento da taxa no prazo sinalado no parágrafo anterior, determinará a inadmisión do aspirante nas probas selectivas.

6.2 Á solicitude de inscrición deberá acompañarse, en todo caso, copia da autoliquidación, debidamente ingresada. No caso de que o suxeito pasivo sexa unha das persoas ás que se refire o artigo 5.2 desta Ordenanza, deberá achegar a documentación que no mesmo se indica.

6.3 Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, a actividade técnica e/ou administrativa que constitúe o feito impoñible da taxa non se realice, procederá a devolución do importe correspondente. Polo tanto, non procederá devolución algunha dos dereitos de exame nos supostos de exclusión das probas selectivas por causas imputables ao interesado.

VI. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS - Artigo 7

Non se concederán máis exencións ou bonificación que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de Tratados Internacionais.

VI. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS - Artigo 8

En todo o relativo a infraccións e sancións tributarias e as súas distintas cualificacións, así como as sancións que ás mesmas corresponda, serán de aplicación as normas xerais establecidas na vixente Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.