Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL Nº 4 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1. Fundamento e réxime
1. No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.
2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2. Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtívose ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao concello da imposición.
2. Son actos suxeitos a previa licenza, sen prexuízo das demais autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ó caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
a. Obras de construción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b. Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c. Obras de modificación ou reforma que afecten á estrutura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d. Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
e. Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
f. Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
g. Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servizos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licenza outorgada.
h. A demolición das construcións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
i. As instalacións subterráneas dedicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servizos públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
j. As obras de construción de infraestrutura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
k. As construcións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
l. A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
m. A instalación de invernadoiros.
n. A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
o. Os cerramentos e valados de predios.
p. As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
q. Aliñacións e rasantes.
r. Obras de fontanería e sumidoiros.
s. Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc, de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.
t. Obras nos cemiterios.
u. Calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.
Artigo 3. Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, quen sexa dono da construción , instalación ou obra , sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
2. Os efectos previstos no punto anterior terán a consideración de donos da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou custes que impliquen a súa realización.
3. Terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen solicite as correspondentes licencias ou realicen as construcións, instalacións ou obras, no suposto de que as construcións, instalacións ou obras non sexan realizadas polo suxeito pasivo contribuínte; podendo o substituto esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
Artigo 4. Exencións
Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeita ao imposto, vaia a ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión leve a cabo por organismos autónomos, tanto se trata de obras de investimento novo como de conservación.
Artigo 5. Base impoñible
A base impoñible do imposto está constituída polo custe real e efectivo da construción, instalación ou obra, entendéndose por tal, o custe de execución material de aquela non que non se incluirán polo tanto os gastos xerais, o beneficio industrial, os honorarios de redacción de proxecto, o Imposto sobre o Valor Engadido, os impostos análogos propios de réximes especiais, taxas , prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construción, instalación ou obra.
A base impoñible determinarase:
a) En función do orzamento de execución material integrante do proxecto técnico a presentar polos interesados, sempre que tivese sido visado polo colexio oficial correspondente nos supostos de construcións, instalacións ou obras para os cales sexa preceptivo proxecto técnico, e en todo caso as construcións, instalacións ou obras de locais comerciais con superficie proxectada superior os 70 m2 e as construcións, instalacións ou obras de naves e galpóns con superficie proxectada superior os 50 m2
b) En función da memoria e orzamento a presentar coa solicitude de licenza, subscrita por técnico competente, para supostos de construcións, instalacións ou obras de locais comerciais con superficie proxectada superior os 30 m2 e inferior ós 70 m2 así como as construcións, instalacións ou obras de naves e galpóns con superficie proxectada superior os 30 m2 e inferior ós 50 m2
c) En función do memoria e orzamento resultante da aplicación dos índices ou módulos que figuran como Anexo I da presente ordenanza, estruturados considerando a tipoloxía dos feitos impoñibles e superficie total a construír, segundo as unidades de obra que figuren na memoria e no orzamento presentados coa solicitude de licenza para os casos construcións, instalacións ou obras non incluídos nos apartados anteriores para os que non se precise proxecto técnico nin memoria valorada. Anualmente actualizaranse de xeito automático ós módulos de valoración das obras contidas no Anexo I (aprobación do Instituto Tecnolóxico de Galicia).
d) En función do informe emitido polo Servizos Técnicos Municipais comprensivo dos conceptos e partidas necesarios para efectua-la liquidación, no caso de construcións, instalacións e obras iniciadas sen a preceptiva licenza e das que non se dispoña de proxecto.
Artigo 6. Cota tributaria íntegra e líquida
1. A cota tributaria íntegra virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible. O tipo de gravame queda fixado no 2,8 por cento.
2. A cota tributaria líquida será o resultado de practicar, no seu caso, sobre da cota tributaria íntegra, a bonificación prevista no artigo seguinte, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.
Artigo 7. Bonificacións
1. As bonificacións establecidas neste artigo son de natureza regrada e teñen carácter rogado, debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante este Concello, no mesmo momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licenza, .
2. Establécense as bonificacións que se determinan no seguinte cadro:
Construcións, obras e instalacións obxecto de bonificación | Porcentaxe de bonificación |
1.1 Construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno da Corporación, por concorrer circunstancias do fomento do emprego que supoñan a creación de ate 10 postos de traballo | 50% |
1.2 Construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno do fomento do emprego que supoñan a creación de entre 11 e 20 postos de traballo. | 75% |
1.3 Construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno do fomento do emprego que supoñan a creación de máis de 20 postos de traballo. | 95 % |
1.4 Construcións e instalacións e obras correspondentes a primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais que xeren de dous a cinco postos de traballo de carácter fixo | 55% |
1.5 Construcións e instalacións e obras correspondentes a primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais que xeren de seis a dez postos de traballo de carácter fixo. | 60% |
1.6 Construcións e instalacións e obras correspondentes a primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais que xeren máis de dez postos de traballo de carácter fixo. | 70% |
1.7 Construcións e instalacións e obras promovidas polas Administracións Públicas para a implantación de servizos públicos ou servizos de interese comunitario | 75% |
1.8 Construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados | 90% |
1.9 Construcións e instalacións que constitúan e establecemento ou sede de actividades comerciais e industriais de cooperativas e sociedades anónimas laborais. | 90% |
1.10 Construcións, rehabilitación ou reparación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social | 95% |
1.11 Construcións destinadas ao primeiro establecemento ou á implantación de empresas no Polígono Industrial de Malpica que soliciten a licenza de construción instalación ou obra durante os exercicios de 2022, 2023, 2024 e 2025 | 95% |
2. No caso de instar pertinencia da declaración de especial interese ou utilidade municipal, deberá aportarse o orzamento desagregado das construcións, instalacións e obras para as que se solicita a declaracións do seu especial interese ou utilidade municipal e xustificantes de estar ó corrente no pagamento do Imposto sobre Actividades Económicas. Así mesmo e para o caso de instarse a declaración de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno da Corporación, por concorrer circunstancias do fomento do emprego ou instarse a bonificación pola creación de postos de traballo de carácter fixo, o interesado/a deberá achegar compromiso de creación do número de postos de nova creación que vai a xerar.
A declaración de especial interese ou utilidade municipal deberá ser apreciada polo Pleno do concello polo voto da maioría simple do seus membros.
3. Unicamente será deducible sobre da cota bonificada do imposto o importe satisfeito ou que deban satisfacer os suxeito pasivos en concepto de taxa polo outorgamento da licenza urbanística correspondente á construción, instalación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social.
4. As bonificacións establecidas no anterior recadro poderán revogarse pola Administración de non acreditarse ó mantemento das condicións ou obxecto que supuxeron o outorgamento da correspondente durante os prazos que de seguido se sinalan.
Construcións, obras e instalacións obxecto de bonificación | Causa da perda da bonificación |
1.1-1.2-1.3 Construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno da Corporación, por concorrer circunstancias u do fomento do emprego | Demora na execución das construcións, instalacións e obras en máis dun ano contado a partires da data seguinte á data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.4 Construcións e instalacións e obras correspondentes a primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais que xeren de dous a cinco postos de traballo de carácter fixo | Inactividade por prazo de 12 meses imputable ó solicitante dentro dos catro anos seguintes á data notificación de outorgamento data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.5 Construcións e instalacións e obras correspondentes a primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais que xeren de seis a dez postos de traballo de carácter fixo. | Inactividade por prazo de 12 meses imputable ó solicitante dentro dos catro anos seguintes á data notificación de outorgamento data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.6 Construcións e instalacións e obras correspondentes a primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais que xeren máis de dez postos de traballo de carácter fixo. | Inactividade por prazo de 12 meses imputable ó solicitante dentro dos catro anos seguintes á data notificación de outorgamento data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.7 Construcións e instalacións e obras promovidas polas Administracións Públicas para a implantación de servizos públicos ou servizos de interese comunitario. | Demora na execución das construcións, instalacións e obras en máis dun ano contado a partires da data seguinte á data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.8 Construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. | Demora na execución das construcións, instalacións e obras en máis seis meses contados a partires da data seguinte á data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.9 Construcións e instalacións que constitúan e establecemento ou sede de actividades comerciais e industriais de cooperativas e sociedades anónimas laborais. | Inactividade por prazo de 12 meses imputable ó solicitante dentro dos catro anos seguintes á data notificación de outorgamento data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.10 Construcións, rehabilitación ou reparación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social. | Demora na execución das construcións, instalacións e obras en máis dun ano contados a partires da data seguinte á data de notificación de outorgamento da bonificación. |
1.11 Construcións destinadas ao primeiro establecemento ou á implantación de empresas no Polígono Industrial de Malpica que soliciten a licenza de construción instalación ou obra durante os exercicios de 2022, 2023, 2024 e 2025 | Demora na execución das construcións, instalacións e obras en máis seis meses contados a partires da data seguinte á data de notificación de outorgamento da bonificación. |
Artigo 8ª .- Normas de xestión das bonificacións
A bonificacións terán carácter rogado, debendo ser presentada polo suxeito pasivo.
Para o caso das bonificacións pola creación de emprego, deberán presenta-la correspondente solicitude dirixida ó alcalde do concello no prazo de 15 días dende o outorgamento de licenza de actividade ou primeira ocupación. Xuntamente co escrito deberase achega-la seguinte documentación:
· Certificado do acordo plenario de declaración de especial interese ou de utilidade municipal se é o caso.
¿ Certificado de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local; nin coa Seguridade Social.
Acreditación das novas contratacións realizadas mediante a presentación dos contratos de traballo dos novos empregados/empregados e copia das comunicacións das contratacións ó Servizo Publico de Emprego Estatal (SEPE), resolucións de altas na Seguridade Social (TA) e Informes de datos de cotización (IDC) da Tesourería Xeral da Seguridade Social referidos ós novos traballadores contratados.
Artigo 8. Retribución
O imposto retribuirase no momento de comezar a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.
Artigo 9. Normas de xestión
9.1. Competencias de xestión e liquidación.
O Concello de Malpica terá a competencia para a xestión do Imposto que se devengue por tódalas construcións, instalacións e obras que se realicen dentro do seu termo municipal.
As liquidacións deste Imposto, calquera que sexa a súa natureza, aprobaranse por resolución da alcaldía u órgano en quen delegue.
9.2. Obriga de declarar e liquidacións.
Os suxeitos pasivos determinarán a débeda tributaria mediante declaración-autoliquidación que se practicará no modelo de impreso establecido ó efecto, presentándose ante os Servizos Económicos do Concello xestor del imposto, para o seu visado, con carácter previo ó ingreso en calquera entidade colaboradora autorizada, previamente á retirada da licenza concedida e, en todo caso, dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento en que se inicie a construción, instalación ou obra, incluso cando non se tivera solicitado, concedido ou denegado aínda dita licenza, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor de aqueles.
O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematada a construción, instalación ou obra. Á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa a estas construcións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas así coma do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible estimada anteriormente, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións que sexan aplicables, de acordo co establecido na normativa reguladora ó respecto.
Cando se modifique o proxecto da construción, instalación ou obra e tivera un incremento no orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o orzamento inicial e o modificado, con suxeición ós prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
9.3 Declaración del custe final e comprobación.
Os suxeitos pasivos deberán presentar declaración do custe final, efectivo e real das construcións instalacións e obras, no prazo dos 30 días seguintes á finalización das mesmas.
No caso de que a Administración Municipal non considere conforme a declaración-liquidación. practicará liquidación complementaria rectificando os elementos ou datos mal aplicados e os erros aritméticos, calculará os xuros de demora e imporá as sancións procedentes no seu caso.
Os expedientes que se tramiten para a aprobación de liquidacións complementarias poranse de manifesto ós interesados ou os seus representantes por un prazo de quince días, durante os que poderá presentar os documentos e xustificantes que estimen convenientes. En todo caso, as autoliquidacións presentadas polos interesados ó finalizar o feito impoñible serán aprobadas por la alcaldía ou órgano en quen delegue, con indicación de se a liquidación aprobada ten o carácter de provisional ou de definitiva. Atendendo a esta finalidade, o Concello designará a un técnico municipal competente na materia para que emita os informes correspondentes.
9.4 Comprobación administrativa.
Terminada as construcións, instalacións u obras, o Concello poderá comprobar de acordo cos medios previstos no artigo 57 de la L.X.T., o custe real e efectivo das obras, practicando a correspondente liquidación definitiva.
9.5 Período executivo. Réxime de recargas e xuros de demora.
O período executivo se inicia o día seguinte ó do vencemento dos prazos sinalados no punto 2 deste artigo ou se este tivese concluído ao día seguinte o da presentación da autoliquidación.
Cando se trate de declaracións-liquidacións ingresadas fora dos prazos sinalados no punto 9.2) dentro dos tres, seis ou doce meses seguintes o remate do período de presentación e ingreso, aplicarase un recargo do 5, 10 ó 15 por 100, respectivamente, dito recargo calcularase sobre o importe a ingresar resultante das declaracións-liquidacións (autoliquidacións) e excluirá as sancións esixibles e os xuros de demora devindicados ata a presentación da autoliquidación . Estes recargas serán compatibles, cando os obrigados tributarios non efectúen o ingreso ó tempo da presentación da declaración-liquidación ou autoliquidación extemporánea, co recargo de constrinximento previsto no artigo 28 da Lei Xeral Tributaria. O procedemento de constrinximento iniciarase mediante providencia notificada ó debedor , no que se identificará a débeda pendente e se lle requirirá para que efectúe o pagamento cos recargas correspondentes, incluso os xuros de demora e as costas do procedemento.
As presentación da declaracións-liquidacións efectuadas transcorridos 12 meses dende o remate do prazo para a presentación establecidos no apartado 8 A) do presente artigo sufrirán un recargo único del 20 por cento, e se devindicarán os xuros e demora devindicados dende o día seguinte ó último do prazo sinalado ata o día no que se efectúe o pagamento da débeda.
Artigo 10. Impugnación das declaracións-liquidacións
Os suxeitos pasivos poderán instar á Administración Municipal a rectificación da declaración-liquidación, e, no seu caso, a restitución do indebidamente ingresado, unha vez presentada a mesma e antes de ter practicado a Administración a liquidación definitiva, ou, no seu defecto , de ter prescrito o dereito da Administración para determinar a débeda tributaria mediante liquidación definitiva, ou o dereito á devolución do ingreso indebido. Se a Administración non contestara no prazo de tres meses o interesado poderá esperar á resolución expresa, ou, sen necesidade de denunciar a mora, considerara confirmada por silencio administrativo e, neste caso, interpoñer no prazo dun mes, diante do Concello, o recurso de reposición.
Artigo 11. Recurso de reposición
Contra os actos de xestión tributaria, ditados pola Administración Municipal, os suxeitos pasivos poderán formular recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a notificación expresa da liquidación. A interposición do recurso non paralizará a acción administrativa para a cobranza, a menos que o interesado solicite, dentro do prazo de interposición do recurso, a suspensión da execución do acto impugnado e acompañe garantía que cubra o total da débeda tributaria, nalgunha das formas establecidas no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto refundido la lei reguladora das facendas locais.
Non obstante o anterior, en casos excepcionais, a alcaldía poderá acorda-la suspensión do procedemento sen prestación de garantía algunha, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de prestala ou demostre fehacentemente a existencia de erros materiais na liquidación que se impugne, e elo sen prexuízo do establecido na Bases de Execución do Orzamento Municipal a estes efectos. No relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como na determinación das sancións que correspondan, aplicarase o réxime regulado en la L.X.T. e nas disposicións complementarias.
Disposición final.
1. A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
2. A súa entrada en vigor suporá a derrogación da ordenanza fiscal vixente.
ANEXO I
1) Cerramentos de fincas.
- Executados con pedra, totalmente macizos: 49,82 euros/m2
- Executados con bloque de formigón ou semellante, totalmente macizos: 90,04 euros/m2
- Executados con malla plástica, celosía, ou semellante exclusivamente: 2,71 euros/m2
- Executados con baseamento macizo e celosía, malla plástica ou semellante: 49,57 euros/m2
- Executados con postes e arame exclusivamente: 6,45 euros/m2
- Executados con elementos vexetais: 32,97 euros/m2
- Muros de contención de formigón armado (de 30 cm. de espesor o máis): 201,62 euros/m2.
2) Cubertas (Medición na súa proxección)
- Material de cubrición de cuberta con tella o lousa: 17,65 euros/m2
- Material de cubrición de cuberta con fibrocemento (so naves industriais): 39,28 euros/m2
- Material de cubrición de cuberta con materiais de aleacións metálicas ou p.v.c.: 23,20 euros/m2
- Cano vertical de pluviais de PVC ou outro material: 18,47 euros/m
- Cano horizontal de pluviais de PVC ou outro material: 15,22 euros/m
3) Remates de fachada
- Pintura impermeable en fachadas, descontando os ocos de portas e ventás: 5,93 euros/m2
- Enfoscado, mestreado, alisado e pintado en paramentos verticais exteriores: 14,41 euros/m2
- Revocadura das fachadas con morteiro monocapa: 15,55 euros/m2
- Chapado das fachadas con material pétreo: 77,90 euros/m2
- Limpeza de fachadas de pedra con auga ou con area a presión: 14,03 euros/m2
- Repicado de enfoscados en fachadas: 4,44 euros/m2
P.D. Entenderanse sempre descontados os ocos de portas e ventás.
4) Carpintería exterior.
- Pintura e/ou restauración de carpintería exterior: 14,04 euros/m2
- Substitución/ou colocación de carpinterías e/ou cerramento de madeira para pintar ou vernizar, incluso o acristalamento: 107,03 euros/m2
- Substitución de carpinterías e/o cerramento de aluminio lacado ou PVC, incluído acristalamento: 166,11 euros/m2
- Apertura de ocos en paramentos para colocación de ventás: 59,23 euros/m2
5) Remates interiores.
- Porta de paso en madeira pintada ou vernizada, incluídas ferraxes de colgar e seguridade: 120,67 euros/un.
- Chan con pavimento cerámico, sintético ou terrazo pulido e abrillantado: 29,82 euros/m2
- Revestimento de paredes con azulexo (descontaranse os ocos): 22,16 euros/m2
- Chan con madeira incluído rodapé: 46,79 euros/m2
- División interior de ladrillo enfoscado e superficie ext. totalmente acabada: 34.72 euros/m2
6) Obras dirixidas a garantir as condicións hixiénico-sanitarias e de habitabilidade
- Instalación da rede de saneamento de baño completo: 105,51 euros
- Instalación da rede de saneamento de cociña completa: 132,32 euros
- Arqueta de rexistro: 118,19 euros/un.
- Tubo de formigón: 3,96 euros/ml
- Fosa séptica con capacidade para unhas cinco persoas: 484,70 euros/un.
- Instalación interior da rede de auga fría e quente: 23,00 euros/m2 construído vivenda.
- Aparato sanitario (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro): 318,54 euros/un.
- Quentador de auga, por cada 10 litros: 312,57 euros/un.
- Depósito de auga, por cada metro cúbico de capacidade: 252,09 euros/un.
7) Varios
- Roce e limpeza manual de terreo: 4,98 euros/m2
- Movemento de terras: 2,49 euros/m3
- Soleira de formigón e encachado de pedra: 18,03 euros/m2
- Galpón para garaxe ou outros usos agrícolas 100 euros/m2
- Demolición de tabiquería interior: 3,16 euros/m2
Nota: No caso de que unha construción, instalación ou obra non atope un encadre directo nas anteriormente tipificadas, aplicaráselle o prezo medio que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados na Base de Datos da Construción de Galicia aprobada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia.