Sada - Prezo público polos servizos da Escola infantil municipal ¿Flora Ramos¿
Artigo 1. FUNDAMENTO E OBXECTO
De conformidade co disposto nos artigos 127 e 41 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facenda Locais, o Concello de Sada establece o prezo público por utilización dos servizos da Escola infantil municipal Flora Ramos.
Artigo.2. OBRIGADOS AO PAGO
Están obrigados ao pago do presente prezo público quen solicite a prestación dos servizos da Escola infantil municipal Flora Ramos
Artigo 3. BASE DE CÁLCULO
O Concello de Sada en base a ORDE do 22 de xullo de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2022/23, aplicará o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta de Galicia.
Artigo 4. PREZOS
Tramos de renda per cápita | Atención educativa | Comedor | Horario ampliado €/ hora | ||
Contías en función do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) (579,02€) | Desde | ata | |||
Inferior ao 30 % do IPREM | 0,00 € | 173,70 € | 0,00 € | 0,00 € | 21,16 € |
Entre o 30 % do IPREM e inferiores ao 50 % do IPREM | 173,71 € | 289,50 € | 0,00 € | 17,45 € | 21,16 € |
Entre o 50% do IPREM e inferiores ao 75% do IPREM | 289,51 € | 434,26 € | 0,00 € | 17,45 € | 21,16 € |
Entre o 75% do IPREM e inferiores ao 100% do IPREM | 434,27 € | 579,01 € | 0,00 € | 26,45 € | 21,16 € |
Entre o 100% do IPREM e inferiores ao 125% do IPREM | 579,02 € | 723,77 € | 0,00 € | 37,02 € | 21,16 € |
Entre o 125% do IPREM e inferiores ao 150% do IPREM | 723,78 € | 868,52 € | 0,00 € | 52,89 € | 21,16 € |
Entre o 150% do IPREM e o 200% do IPREM | 868,53 € | 1.158,03 € | 0,00 € | 63,47 € | 21,16 € |
Superiores ao 200 % do IPREM | Máis de | 1,158,04 € | 0,00 € | 74,05€ | 21,16 € |
Artigo 5. DESCONTOS E SUSPENSIÓN TEMPORAL DA COTA
DESCONTOS EN COMEDOR E HORARIO AMPLIADO (non acumulables) | |
Familia numerosa | 20% |
Familia monoparental | 20% |
Outros irmáns no centro | 20% o segundo e seguintes |
Ingreso despois do día 15 do mes | 50% da cota |
Familias con renda per cápita igual ou inferior a 7.500 € anuais exención da cota a partir do 2º fillo ou filla que acuda á mesma escola | Exención |
Familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda gozarán da exención total da cota | Exención |
SUSPENSIÓN TEMPORAL DA COTA | |
Situación | Período de suspensión |
Vacacións do neno ou da nena | O mes de vacacións anual |
Falta de asistencia por causa debidamente xustificada | Suspensión da cota do comedor: A partir do primeiro día do mes natural seguinte á data de ausencia. |
Duración da suspensión: ata o primeiro día do mes natural no que teña lugar a reincorporación. | |
Reincorporacións: a partir do día 15 do mes, 50 % da cota |
Artigo 6. NORMAS DE XESTIÓN
1. As solicitudes para acceder aos servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á Alcaldía e haberá que achegar a documentación sinalada no Regulamento interno da escola infantil vixente.
2. As mensualidade pagaranse por adiantado nos primeiros 10 días de cada mes, mediante domiciliación bancaria, segundo a liquidación practicada, que incluirá, ademais do importe da mensualidade, o resto dos servizos que se lle presta ao alumnado.
Artigo 7. REMISIÓN NORMATIVA
O presente prezo público se rexerá, en todo o non previsto na presente texto regulador, pola Ordenanza xeral de prezos públicos do concello de Sada, polo Regulamento do servizo da escola infantil municipal e supletoriamente a efectos interpretativos a regulación aplicable ao réxime de prezos nas escolas infantís dependentes da administración autonómica.
Artigo 8. ENTRADA EN VIGOR
O presente prezo público entrará en vigor o día seguinte da publicación do texto no Boletín oficial da Provincia, e continuará en vigor ata a sua modificación ou derogación.