Ponteceso - Ordenanza fiscal nº 12, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas

Publicación provisional: 18/01/2002 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 18/01/2002 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 01/01/2002

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó disposto na Lei 39/88.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local con ocasión da súa ocupación con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, a favor de quen se outorguen as licencias ou quen se beneficie do aproveitamento descrito no artigo anterior, se se procedeu sen a oportuna licencia.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos e sociedades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º .-Base impoñible.

Tomarase como base impoñible a dimensión e duración do aproveitamento, expresado en metros cadrados ou lineais, segundo o tipo de aproveitamento do que se trate, e en meses, segundo o disposto no artigo 6.º da presente ordenanza fiscal.

Artigo 6.º .-Cota tributaria.

É o resultado de aplica-las seguintes tarifas:

 

Tarifa primeira.-Ocupación da vía pública con mercadorías:  
1.  Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou productos da industria ou comercio a que dedique a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas nomeadas "containers", por mes e metro cadrado 1.20 euros
2.  Ocupación ou reserva especial da vía pública de modo transitorio, por mes e metro cadrado 0,90 euros
Tarifa segunda.-Ocupación con materiais de construcción:  
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público, con entullos, materiais de construcción, vagóns ou vagonetas metálicas nomeadas "containers", para recollida ou depósito destes, e outros aproveitamentos análogos, por metro cadrado ou fracción, ó mes:  
- En rúas de primeira categoría 1,50 euros
- En rúas de segunda categoría 1,20 euros
Tarifa terceira.-Valado, puntais, asnelos, andamios, etc.  
1.  Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con valados, caixóns de cerramento, sexan ou non para obras, e outras instalacións análogas, por metro cadrado ou fracción, ó mes:  
- En rúas de primeira categoría 1,50 euros
- En rúas de segunda categoría 1,20 euros
2.  Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con puntais, asnelos, andamios e outros elementos análogos, por cada elemento e mes:  
- En rúas de primeira categoría 0,30 euros
- En rúas de segunda categoría 0,18 euros

 

2.  Normas de aplicación das tarifas:

a)  Cando as obras se interrompesen durante un tempo superior a dous meses, sen causa xustificada, as contías resultantes por aplicación da segunda tarifa sufrirán un recargo do 5% a partir do terceiro mes. No caso de que, unha vez finalizadas as obras, continúen os aproveitamentos, as contías serán recargadas nun 10%.

b)  As contías resultantes por aplicación da terceira tarifa sufrirán os seguintes recargos a partir do terceiro mes dende a súa instalación ou concesión: durante o segundo trimestre un 5%, durante o terceiro trimestre un 7% e por cada trimestre a partir do terceiro un 10%.

c)  A taxa por ocupación con vagóns e vagonetas metálicas, denominadas "containers", para a recollida ou depósito de entullos e materiais de construcción, liquidarase polos dereitos fixados nas rúas de primeira categoría.

Categorías das rúas:

1.  Para os efectos previdos para a aplicación de algúns epígrafes da tarifa do apartado 1 do artigo 4.º seguinte, as vías públicas deste municipio clasifícanse en dúas categorías.

2.  Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste municipio, con expresión da categoría que corresponde a cada unha delas.

3. As vías públicas que non aparezan sinaladas no índice alfabético serán consideradas de última categoría, permanecendo cualificadas así ata o un de xaneiro do ano seguinte a aquel no que o pleno desta corporación aprobe a categoría correspondente e a súa inclusión no índice alfabético de vías públicas.

4. Cando o espacio afectado polo aproveitamento estea situado na confluencia de dúas ou máis vías públicas clasificadas en distinta categoría, aplicarase a tarifa que lle corresponda á vía de categoría superior.

Artigo 7.º .-Percepción e período impositivo.

A taxa percibirase no momento de outorgarse a autorización municipal ou no inicio do aproveitamento realizado sen obte-la oportuna licencia.

O período impositivo coincidirá co mes natural, independentemente de que a autorización fose concedida con posterioridade á data de inicio do mes natural.

Artigo 8.º .-Liquidación e ingreso.

Esixirase o depósito previo do importe da taxa regulada nesta ordenanza, que será liquidado considerando os datos aportados polo interesado. O depósito previo non xerará dereito ningún e non facultará para realizar ós aproveitamentos, que só poderán ser realizados cando se obteña a preceptiva licencia. Non se tramitará o expediente, nin se permitirá a realización das actividades definitorias do feito impoñible ata que se teña efectuado o pagamento do depósito previo.

O pagamento da taxa realizarase por transferencia bancaria nas entidades colaboradoras na xestión recadatoria que o Concello estableza para tal efecto.

Artigo 9.º .-Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza.

Artigo 10.º .-Normas de xestión.

1.  As licencias para realizar estes aproveitamentos solicitaranse por medio de instancia dirixida á Alcaldía, achegando os documentos necesarios para a estimación da solicitude. Tramitado o expediente, a Alcaldía dictará resolución, efectuando a comprobación da liquidación efectuada e, á vista do expediente, producindo os aboamentos ou a esixencia de ingreso complementario que proceda.

A resolución que se dicte notificarase ó interesado e ós servicios municipais a quen competa a execución do acordo.

2.  Se non se determinase con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa. A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa

3. Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados neste texto se produciran desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias estarán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales desperfectos ou a repara-los danos causados, que serán, en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.

Artigo 11.º .-Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

1.-A presente ordenanza, que consta de 11 artigos, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, comezará a rexe-lo 1 de xaneiro de 2002 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Dilixencia.-A presente ordenanza fiscal aprobouna o Pleno do Concello de Ponteceso na sesión celebrada o día 15 de novembro de 2001.

2.-Queda derrogada expresamente a Ordenanza fiscal número 10, reguladora do prezo público por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, entullos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas, aprobada polo Concello pleno na sesión do 13 de novembro de 1989 e publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia número 298 bis, do 30 de decembro de 1989, que quedará sen efectos no momento da entrada en vigor da presente ordenanza fiscal.

ANEXO

Rúas do Concello de Ponteceso

 

Corme Porto:
Atalaia 2ª categoría
Barreiro 2ª categoría
Campiño 2ª categoría
Candelago 2ª categoría
Caramanchón 2ª categoría
Carral 2ª categoría
Carreixo da man peluda 2ª categoría
Constitución (praza) 2ª categoría
Fontiña 2ª categoría
Gafote 2ª categoría
Hortas 2ª categoría
Mariña 2ª categoría
Nova 2ª categoría
Paxariña 2ª categoría
Ribeira 1ª categoría
Rúa Nova 2ª categoría
Santander 2ª categoría
Xeneral Mourelle 2ª categoría
Agra 2ª categoría
Agra de Rodríguez 2ª categoría
Alto da Costa 2ª categoría
Arnela 1ª categoría
Barrio Gross 2ª categoría
Condes 2ª categoría
Crego 2ª categoría
Cubeiro 2ª categoría
Osmo 2ª categoría
Praza do Pan 1ª categoría
Pedrasmiúdas 2ª categoría
Pondal 2ª categoría
Real 1ª categoría
Regadiña 2ª categoría
Riñote 2ª categoría
Río da Roda 1ª categoría
Río de Arriba 2ª categoría
Sol 2ª categoría
Vila de García 2ª categoría
Virxe dos Remedios 2ª categoría
Ponteceso (capital): pertence á parroquia de Cospindo
Aduana 1ª categoría
Concello 2ª categoría
Avenida Eduardo Pondal 1ª categoría
Paseo fluvial 1ª categoría
Praza do Relleno 1ª categoría
A Trabe (pertence á parroquia de Tella)
Avenida Anllóns 1ª categoría
Avenida Bergantiños 1ª categoría
Praza Campo da Feira 2ª categoría
Avenida Eduardo Pondal 1ª categoría

 

O resto das parroquias que non teñen rúas pódense considerar de segunda categoría.