Cabana de Bergantiños - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público de escola infantil municipal de Cabana de Bergantiños

Publicación provisional: 30/09/2020 BOP Nº: 163
Publicación definitiva: 24/11/2020 BOP Nº: 200
Aplicable dende: 29/11/2022

Artigo 1.- Fundamento legal

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, o artigo 106 da Lei 7/1985, reguladoras das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20.4.ñ) do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), e así mesmo conforme o Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, este concello establece a taxa pola prestación do servizo público da Escola Infantil Municipal de Cabana de Bergantiños, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo da escola infantil municipal.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos nesta ordenanza os pais dos nenos en situación de alta na Escola Infantil Municipal de Cabana de Bergantiños e reciban ou resulten beneficiados ou afectados polos servizos prestados ou realizados no citado centro de atención á primeira infancia e dependente da Consellería Traballo e Benestar. Tendo en conta que os usuarios do servizo gravado por esta taxa son menores de idade, e non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome os seus pais, titores ou calquera outro representante legal.

Artigo 4.- Regras e definicións para a determinación do importe a pagar

Para os efectos da determinación das tarifas a pagar, a renda per cápita mensual da unidade familiar, computarase segundo as seguintes regras:

1.- Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

- os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

- os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de minusvalía superior ao 33 por cento.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente a 31 de decembro do ano ao que se refiran os datos económicos aos que se refiren as seguintes regras.

2.- Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar no cal se pretenda que produza efectos de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.

A documentación anterior poderá ser substituída pola correspondente autorización á administración con competencia en materia de escolas infantís 0-3 para obter os datos necesarios para determinar os ingresos totais para estes efectos a través das correspondentes administracións tributarias.

3.- O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar á que se refire a letra a) cando formara parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

4.- A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.

Artigo 5. Tarifas

5.1.- As taxas aplicables por tarifa, quedan como segue:

Matrícula: 30,00 euros para todos os usuarios.

Intervalo IPREM

Tarifa

Almorzo

Comedor

Merenda

H. extra

Atención educativa. Xornada completa.

Atención educativa. Media xornada

>200%

1

15,87 €

74,05 €

15,87 €

21,16 €

169,26 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

84,63 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

150%-200%

2

14,81 €

63,47 €

14,81 €

21,16 €

147,05 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

73,53 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

125%-150%

3

13,75 €

52,89 €

13,75 €

21,16 €

133,29 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

66,65 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

100%-125%

4

12,69 €

37,02 €

12,69 €

21,16 €

112,13 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

56,07 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

75%-100%

5

11,63 €

26,45 €

11,63 €

21,16 €

69,81 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

34,91 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

50%-75%

6

10,57 €

17,45 €

10,57 €

21,16 €

34,91 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

17,46 €

(0,00 € por bonificación ao 100%)

30%-50%

7

9,52 €

17,45 €

9,52 €

21,16 €

- €

- €

<30%

8

- €

- €

- €

21,16 €

- €

- €

5.2.- Servicios complementarios

- no caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 4,23 €/día.

- no caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de almorzo e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 1,17 €/día.

- no caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de merenda e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 1,17 €/día.

Estas tarifas por días soltos non está suxeito a ningunha redución.

Artigo 6.- Bonificacións e exencións de pagamento.

6.1.- Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre a taxa que resulte de aplicar o disposto na táboa anterior, aplicaranse os seguintes descontos:

a) Nenos pertencentes a familias numerosas, descontos do 20%

b) Nenos pertencentes a familias monoparentais, desconto do 20%

c) Cando asistan a EIM varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto do 20%.

Entenderase por familia numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancia concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias á data do devengo da declaración do IRPF.

6.2.- Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fora de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes, terá un desconto do 50 por cento.

6.3.- As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais gozarán da exención total da cota a partir da segunda filla ou fillo que acuda a EIM.

6.4.- As familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda gozarán, así mesmo, da exención total da cota.

6.5. Establécese unha bonificación do 100% da cota en concepto de atención educativa para todos os nenos.

Artigo 7.- Devengo e período impositivo

A obriga de contribuír nace dende o momento en que se preste o citado servicio público. O período impositivo será mensual, producíndose o devengo da taxa no primeiro día do período impositivo.

Artigo 8.- Normas de xestión

8.1.- As solicitudes para acceder aos servizos que se prestan na EIM formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas ao Sr. alcalde-presidente da corporación municipal, xuntando a documentación sinalada no Regulamento de Organización e Funcionamento da EIM de Cabana de Bergantiños. Así mesmo, o procedemento de admisión e os dereitos e obrigas dos usuarios serán os establecidos no citado regulamento.

8.2.- O pagamento das taxas realizarase mensualmente nos dez primeiros días naturais do mes ao que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ao día primeiro do mes, a taxa correspondente a dito mes ingresarase nos dez días naturais seguintes á data de ingreso.

8.3.- No caso de utilizar os servizos complementarios (almorzo, xantar, merenda) por días soltos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa taxa do mes seguinte.

8.4.- A falta de asistencia da nena ou do neno ao centro con carácter xeral non supón redución nin exención da taxa mentres non se formalice a baixa correspondente. Con carácter excepcional, a falta de asistencia por causa debidamente xustificada permitirá a suspensión da cota cas seguintes condicións:

- Suspensión da cota: A partir do primeiro día do mes natural seguinte á data de ausencia.

- Duración da suspensión: Ata o primeiro día do mes natural no que teña lugar a reincoporación.

- Reincorporación: A partir do día 15 do mes, 50% da cota.

- A causa da suspensión deberá acreditarse a través de informes médicos ou outros documentos de valor equivalente.

8.5.- A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa esixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.

8.6.- Os suxeitos pasivos aos que fai referencia o artigo 3, non terán a obriga de aboar a tarifa que corresponda durante os seguintes períodos:

- o mes de vacacións anual da/o nena/o.

Disposición derrogatoria

Quedarán derrogados aqueles artigos da Ordenanza Fiscal actualmente en vigor que se opoñan ao disposto na nova redacción da Ordenanza Fiscal da EIM.

Disposición final

A presente Modificación da Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada en data 29 de setembro de 2022, entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa."