Mesía - ORDENANZA REGULADORA DE INCLUSIÓN E APOIO ÁS SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE MESÍA

Publicación provisional: 17/10/2022 BOP Nº: 196
Publicación definitiva: 05/12/2022 BOP Nº: 230
Aplicable dende: 05/12/2022

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os poderes públicos deberán asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, así como a protección das persoas en situación de necesidade, desamparo, circunstancias graves ou de urxente necesidade por carencias económicas e socio-familiares.

Sinala o artigo o artigo 25.1 da Declaración Universal dos Dereitos Humáns que ¿ toda persoa ten dereito a un nivel de ida adecuado que lle asegure , así como á súa familia, a saúde e o benestar, en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios".

O artigo 39 da Constitución establece a obriga dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

A Constitución española atribúe a competencia nesta materia a través do artigo 148.1.20 ás Comunidades autónomas e estas, no marco dos seus estatutos, promulgaron as leis de servizos sociais (en Galicia, a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia).

Pola súa banda, a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, establecen as competencias dos municipios na prestación de servizos sociais e de promoción e inserción social.

A Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia, establece como principio de responsabilidade pública, entre outros, dispensar especial atención ás familias con dificultades derivadas da súa estrutura ou das súas circunstancias e mais a aquelas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social.

En desenvolvemento dos principio e obrigas anteriores, servindo con obxectividade aos intereses xerais, e conforme á obriga a todas as Administracións Públicas que pauta o artigo 103.1 da Constitución Española, o Concello de Mesía ten o dereito e a responsabilidade de establecer e regular o conxunto de dereitos e recursos municipais específicos dirixidos a persoas en situación de risco ou exclusión social en seguimento da seguinte normativa:

A Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia indica no Art. 21 que son ¿prestacións económicas dos sistema galego de servizos sociais as achegas en diñeiro, de carácter periódico ou de pagamento único, que teñen como finalidade, entre outras, apoiar o coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social", entre elas: A) as rendas de inclusión social, B) as axudas de emerxencia e necesidade social e igualmente as axudas económicas de análoga ou similar natureza e finalidade.

O Decreto 99/2012 de 16 de marzo polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e o seu financiamento, contempla no artigo 9 como Programa Básico de Servizos Sociais no eido municipal o Programa de Inserción Social que ¿procure valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo ás persoas en situación de risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.

Por último e de acordo co artigo 84 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, son competencias dos concellos: ¿1. En cooperación coa Xunta de Galicia, implantar e desenvolver os servizos sociais comunitarios necesarios para a aplicación do disposto nesta lei, consonte o establecido na precitada Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia" e ¿3. Cantas outras competencias lles correspondan por norma de rango legal ou regulamentario".

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS:

ARTIGO 1. RÉXIME XURÍDICO

1. As axudas ás que se refire esta ordenanza rexeranse polos preceptos básicos establecidos na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, tendo en conta a disposición adicional terceira e a disposición transitoria segunda da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, así como a disposición adicional cuarta da Lei 5/2014 de 27 de maio de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013 de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da administración local

2. A concesión das prestacións municipais baixo a denominación de emerxencia social rexerase polo disposto na presente ordenanza e polas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento.

3. De conformidade co previsto no artigo 2.2.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado o seu carácter de prestación social, as axudas emerxencia social non teñen carácter de subvención.

ARTIGO 2.- OBXECTO:

1. Esta Ordenanza ten por obxecto establecer un conxunto de axudas de emerxencia social que teñen por finalidade atender situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social e estean destinadas a sufragar gastos extraordinarios e urxentes.

2. Igualmente regula as condicións de acceso da veciñanza de Mesía ás prestacións municipais contempladas nesta Ordenanza.

3. Estas axudas caracterízanse por:

a. O seu carácter finalista, debendo destinarse para satisfacer a necesidade especificamente sinalada no acordo de recoñecemento da axuda.

b. O seu carácter subsidiario, respecto doutras prestacións económicas recoñecidas ou recoñecibles segundo a lexislación vixente.

c. O seu carácter persoalísimo e intransferíbel.

d. O seu carácter transitorio e non periódico.

ARTIGO 3. ÁMBITO DE APLICACIÓN

1. O ámbito subxectivo de aplicación desta ordenanza ven determinado por aquelas persoas que acorde co Sistema Galego de Servizos Sociais sexan valoradas como persoas en situación ou risco de exclusión- social, de acordo a unha ausencia ou déficit grave de recursos económico e situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos seguintes factores de exclusión, cando supoñan unha especial dificultade de integración social ou laboral:

a. Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas, tanto de menores como de persoas maiores dependes ou afectadas de minusvalía.

b. Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.

c. Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.

d. Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.

e. Ter unha discapacidade recoñecida superior ao 33 %

f. Ser inmigrante ou emigrante retornado/a

g. Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

h. Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaría.

i. Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.

j. Pertencer a unha minoría étnica.

k. Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de tráfico de persoas.

l. Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de resignación sexual.

m. Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, valorado polo traballador/a social de referencia dos servizos sociais do Concello de Mesía, no contexto persoal e sociofamiliar da persoa, condicione negativamente e gravemente a súa inclusión sociolaboral.

ARTIGO 4. DEFINICIÓNS:

a) Prestacións: As prestacións recollidas nesta Ordenanza son prestacións económicas de pago único que teñen por obxecto atender situacións de carácter urxente, transitorio, puntual e previsiblemente non repetible. Estas situacións deberán estar incardinadas nun proceso de intervención social que inclúa unha análise da situación individual e familiar por parte da traballadora social de referencia.

b) Emerxencia social: Situación de necesidade económica grave e urxente, con afectación severa á saúde e/ou ao benestar dunha persoa ou dunha familia especialmente no que atinxe á alimentación, vestido, vivenda, asistencia médica e outras atencións básicas e urxentes.

c) Itinerario de inclusión activa: Ferramenta técnica de diagnose social individualizada de intervención social dirixida á inclusión social dunha persoa ou grupo. Valorará a situación ou risco de desemprego e/ou infraemprego, exclusión residencial ou infravivenda, así como de carácter persoal, familiar e/ou social ou que de calquera outra índole incidan na situación de risco ou exclusión e, conterá con actuacións para a inclusión sociolaboralda persoa solicitante e da súa unidade de convivencia.

d) Residencia efectiva: Residencia habitual, vivir habitualmente e de xeito ininterrompido.

e) Residencia colectiva: conxunto de persoas físicas que convivan nun mesmo enderezo sen manter os vínculos dunha unidade de convivencia.

f) Residente: persoa física que ten a súa residencia habitual no municipio de Mesía.

g) Situación ou risco de exclusión social: situación avaliada tecnicamente seguindo os criterios previstos na normativa estatal ou autonómica vixente en cada momento.

h) Transeúnte: persoa que se atopa no territorio do municipio de Mesía sen residir nel.

i) Unidade familiar de convivencia: conxunto de persoas físicas que convivan nun mesmo domicilio e manteñan con respecto á persoa solicitante un vínculo por matrimonio ou análogarelación estable, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o terceiro e segundo grao, respectivamente.

De xeito excepcional, a valoración da unidade de convivencia supeditarase ao criterio técnico nos seguintes casos:

- Edificios de titularidade familiar.

- Residencia colectiva: en instalacións colectiva de carácter sanitario, terapéutico ou social de titularidade publica ou entidades de iniciativa social coa debida acreditación e rexistro no Sistema Galego de Servizos Sociais.

- Establecementos de aloxamento hostaleiro en réxime de pensión, nas que medie contraprestación económica.

- En vivenda particulares nas que medie contraprestación económica coa persoa propietaria da vivenda.

- Vivendas compartidas por varias unidades familiares de convivencia sen vínculo de parentesco.

- IPREM: Indicador Público de Rendas de efectos múltiples.

ARTIGO 5. PERSOAS BENEFICIARIAS:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas individuais ou unidades familiares de convivencia empadroadas e residentes no concello de Mesía, que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco ou emerxencia social e precisen dunha axuda para satisfacer as súas necesidades básicas, sempre como un apoio á intervención social.

Cando, por causa de forza maior, accidente ou desafiuzamento, unha familia se vexa obrigada a residir con outra, non perderá a condición de unidade de convivencia independente

ARTIGO 6. REQUISITOS:

1. Ser maior de idade ou menor emancipado/a

2. Acreditar a situación de risco ou exclusión social. Ter sido avaliada en situación de risco ou exclusión social polos servizos sociais municipais.

3. A documentación acreditativa deste requisito será o informe dos servizos sociais municipais emitido pola traballadora social de referencia.

4. Estar empadroado ou ter residencia legal e efectiva de xeito ininterrumpido no termo municipal de Mesía cunha antigüidade mínima de seis meses inmediatamente anteriores e continuados á data de presentación da solicitude, agás as seguintes excepcións;

1. Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado Español, sexan beneficiarias do sistema de rendas mínimas na comunidade autónoma da cal proceden, sempre que na lexislación da citada comunidade autónoma se recolla a reciprocidade ou convenio específico para o efecto.

2. A vítimas de violencia doméstica ou de violencia de xénero que cambiou o seu domicilio por motivos de seguridade.

3. As persoas emigrantes galegas, nos termos sinalados no artigo 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, cando fixasen a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma galega.

4. As que teñan recoñecida a condición de persoa refuxiada polo organismo competente da Administración Xeral do Estado ou aquelas persoas cuxa solicitude de asilo se admitise a trámite ou, non admitíndose, teñan as persoas solicitantes autorizada a súa permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social, no marco da lexislación reguladora do dereito de asilo e a condición de persoa refuxiada e da normativa reguladora dos dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España e da súa integración social.

5. As persoas vítimas de tráfico de seres humano ou de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero que conten coa autorización de residencia ou cun traballo por circunstancias excepcionais nos termos que estableza a normativa de aplicación en materia de estranxeiría.

6. Persoas que se atopen nunha situación de necesidade, precariedade ou urxencia que provoque unha situación de desprotección e/ou de risco de exclusión no intre da solicitude, sendo necesario nestes casos un informe social motivado do persoal técnico de servizos sociais do Concello de Mesía.

5. Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude da axuda. En ningún caso os ingresos mensuais da unidade familiar de convivencia poderán superar o IPREM mensual (indicador público de renda de efectos múltiples) vixente, incrementado nun 10% por cada membro maior de idade. No suposto de formar parte da unidade familiar un menor de idade o incremento será dun 20 % por cada un deles.

6. Acreditar a situación de necesidade, situación que será valorada polo/a traballador/a social e , de ser o caso, integrada nun proceso de intervención social.

7. No caso de unidades familiares con menores, estes deberán estar escolarizados e non poderá estar activado ningún protocolo de absentismo.

8. Achegar a documentación requirida en cada caso.

9. Aceptación expresa por parte do/a solicitante das condicións que figuran no deseño da intervención social, se é o caso.

10. No caso de ter expediente aberto nos servizos sociais, que a unidade familiar cumprira co plan de traballo e/ou seguimento establecido polos servizos sociais comunitarios ,básicos ou polo servizo especializado.

11. Que a unidade familiar de convivencia non dispoña mais de 3.000,00 € en títulos, saldos en contas e valores ou calquera outro produtos financeiros.

12. No caso de ter expediente aberto nos servizos sociais, que a unidade familiar cumprira co plan de traballo e/ou seguimento establecido polos servizos sociais comunitarios ,básicos ou polo servizo especializado.

TÍTULO II. AS PRESTACIÓNS PARA AFRONTAR SITUACIÓNS EMERXENCIA SOCIAL. XESTIÓN E PROCEDEMENTO:

ARTIGO 7: FORMA, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. As solicitudes, acompañadas pola documentación especificada no artigo 8 , formalizaranse conforme aos modelos que se publicarán xunto con esta ordenanza e, presentaranse no rexistro municipal correspondente ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De forma excepcional, os expedientes poderán ser incoados de oficio, mediante informe social emitido polo persoal técnico de servizos sociais, cando concorran circunstancias extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen.

3. As solicitudes das axudas de emerxencia social poderán presentarse en calquera momento do ano.

ARTIGO 8. DOCUMENTACIÓN

1. A solicitude, segundo o modelo do anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) DNI/NIE de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade ou documento análogo de igual valor.

b) Libro de familia ou documentación equivalente e demostrativa da filiación.

c) Sentenza de separación ou divorcio ou do convenio regulador ou documento regulador das relacións paterno-filiais, de ser o caso, aí como constancia da contía da manutención.

d) Autorización de consulta de datos relativos a IRPF, Catastrais e Padrón de habitantes. Anexo III

e) Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.

f) Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade familiar que se atopen en idade laboral relativo aos últimos 6 meses anteriores á presentación da solicitude. Para esta xustificación compre presentar a seguinte documentación acreditativa:

i) Follas de salario de todos os membros da unidade familiar computables y que perciban haberes. No caso de autónomo, modelos 130 e 131 dos dous trimestres anteriores á solicitude, no caso de persoas traballadoras do réxime especial agrario deberán presentar os dous trimestres inmediatamente anteriores á solicitude do modelo 303.

ii) Certificacións bancarias, a 31 de decembro do ano anterior do saldo en contas, títulos, valores ou calquera outro produto financieino.

iii) Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego ou da Seguridade Social, así como a contía das mesmas de ser o caso.

iv) Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos bancarios existentes nos 6 meses anteriores á petición da axuda

v) Naqueles casos nos que non acheguen a documentación específica sinalada sobre os ingresos, solicitarase declaración responsable.

vi) Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas, segundo o anexo III.

vii) Vida laboral de tódolos membros da unidade familiar de convivencia maiores de 16 anos.

g) Orzamento do gasto a realizar

h) Informe médico de prescrición, de ser o caso, receitas e prescrición médicas da seguridade social.

i) Informe educativo, de ser o caso

j) Certificado de IBAN bancario onde se ingresaría a prestación económica.

k) Autorización de pago delegado, segundo anexo II

l) No caso de axudas vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual de alugueiro, autorización da persoa propietaria da vivenda para acometer as obras.

m) Certificado do recoñecemento do grao de discapacidade, de ser o caso.

n) Resolución do grao de dependencia, de ser o caso.

o) Documentación acreditativa de representante legal, de ser o caso.

p) Outros documentos específicos segundo a circunstancia da necesidade a pedimento dos servizos sociais.

As prestacións para afrontar situacións de risco social pretenden paliar situacións de emerxencia social relacionadas coa manutención, aloxamento e subministros básicos, incluíndo situacións de pobreza enerxética, mantemento da vivenda habitual, equipamento básico, prestacións para a promoción da autonomía persoal e outras situacións de extrema gravidade, de difícil previsión.

As prestacións para a prevención e inserción social van destinadas a minguar factores de risco social no colectivo infanto-xuvenil, apoiar e fomentar a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia ou con discapacidade recoñecida, e favorecer proxectos formativos cun fin laboral.

ARTIGO 9: DETERMINACIÓN DOS RECURSOS ECONÓMICOS

A Para determinar os ingresos teranse en conta os ingresos económicosde todos os ingresos económicos de todo a unidade familiar de convivencia.

Computaranse como recursos económicos os ingresos que se obteñan por rendementos do traballo, retribucións, rendas ou prestación ou calquera outro título, dos 6 meses anteriores á data da solicitude.

Non se considerarán como recursos económicos:

- Os ingresos non regulares de escasa contía que unicamente resulten un complemento da supervivencia.

- Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada.

- Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada, sempre que pola súa natureza e menor contía se deduza que só se remuneran os gastos de desprazamento ou incentivan a formación

- As prestacións familiares por fillo ou filla a cargo.

ARTIGO 10: CLASIFICACIÓN E CONTÍA DAS PRESTACIÓNS:

1. Atención de necesidades básicas.

Son axudas destinadas a adquisición de alimentos, vestiario e enxoval doméstico de carácter básico imprescindible para satisfacer as necesidades primarias das persoas que permitan o desenvolvemento normalizado da vida diaria.

1.a. Alimentación, produtos de hixiene persoal e do fogar: Alimentos perecedoiros e non perecedoiros, alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas polo facultativo: celíacos, intolerancias, diabetes¿.) así como os produtos de hixiene persoal e do fogar.

1.b. O vestiario básico englobará tanto a roupa e calzado da persoa solicitante e/ou familia como a roupa de fogar.

a) De carácter Xeral: Manutención: prestación destinada a cubrir as necesidades de alimentación diaria, vestido e coidados básicos das persoas da unidade de convivencia independente. A contía a percibir terá unha duración máxima de 3 mensualidades nun período dun ano . Baixo criterio técnico, podería ser ampliado ata un máximo de 6.

MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

CONTÍA MÁXIMA SUBVENCIONABLE

1

40% do IPREM mensual x 3 mensualidades

2

50% do IPREM mensual x 3 mensualidades

3

60% do IPREM mensual x 3 mensualidades

4

70% do IPREM mensual x 3 mensualidades

5 ou máis persoas membro da unidade familiar

Un 10% máis por cada persoa a maiores ata o máximo do 100% do IPREM x 3 mensualidades

2. Axudas de atención sanitaria, farmacéutica e sociosanitaria

Non cubertas polos sistemas públicos de saúde de servizos sociais, acreditando a súa prescrición polo persoal médico de referencia do sistema público de saúde. Igualmente cobertura de elementos protésicos, axudas técnicas, estancias en centros residencial xeriátrico.

Contía da axuda:

- 100% do custo ata un máximo do 100% do IPREM mensual. No caso de medicación poderanse solicitar ate 3 veces ao ano, sempre tendo como referencia un custo que non deberá superar o 100% do IPREM mensual no mesmo ano.

- No caso de axudas técnicas, poderase realizar unha solicitude única ao ano tendo como límite de gasto o mesmo do 100% do IPREM mensual no mesmo ano. Igualmente para solicitar unha axuda para o mesmo tipo de prótese ou axuda técnica, terán que transcorrer cando menos 2 anos, agás no caso de menores que terá que transcorrer cando menos 1 ano.

- No caso de ingreso en centro residencial xeriátrico ata 150 % IPREM mensual por mes , ata un máximo de 1 mes. A persoa beneficiaria deberá ter solicitado o ingreso en centro residencial público. A persoa beneficiaria deberá aportar ao centro residencia o 100 % do importe da pensión agás que teña cónxuxe a cargo, en tal caso, apartaría o 50 % da pensión.

- Gastos de funerais: cubriranse os gastos básicos de funeral, ata un máximo de 200 % do IPREM mensual.

1. Axudas vinculadas á vivenda

En todo caso a prestación solicitada deberá ser para a residencia habitual, real e efectiva de quen a solicita, sempre que estea situada dentro do termo municipal de Mesía.

a) Axudas vinculadas ao uso da vivenda, son as destinadas a posibilitar que se continúe habitando na vivenda habitual, comprende axudas de pago de alugueiro ou conceptos simulares que impidan o desafiuzamento e a perda de subministracións básicas, como a auga, e a luz e subministración para calefacción.

(1) Contía das axudas:

- Fianza do alugueiro da vivenda: Duración máxima da axuda: unha única vez. Contía da axuda: 100% do custo da fianza ata un máximo do 75% do IPREM mensual.

- Alugueiro da vivenda habitual. Duración máxima da axuda: 2 meses nun período de 12, sempre e cando existan garantías de continuidade da vivenda. A débeda deberá quedar acreditada con documentación e Declaración Xurada do Arrendador. Contemplaranse débedas contraídas por residentes que poidan vivir en vivendas colectivas. A contía da axuda será:

MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

CONTÍA MÁXIMA SUBVENCIONABLE

1 - 2 persoas membro

Contía do alugueiro ata un máximo do 40% do IPREM mensual x 2 mensualidades

3 - 4 persoas membro

Contía do alugueiro ata un máximo do 50% do IPREM mensual x 2 mensualidades

5 persoas ou máis

Contía do alugueiro ata un máximo do 60% do IPREM mensual x 2 mensualidades

- Débedas de subministro ( luz, gas, auga, calefacción), A contía máxima a financiar será ata o 100% dunha mensualidade do IPREM mensual para o pago de facturas no período dun ano. En todo caso a persoa solicitante tramitará o bono social eléctrico.

- Aloxamento de urxencia: Deberá estar motivado por cuestión de extrema gravidade así valorada pola Traballadora Social Municipal. O aloxamento alongarase ata a obtención dun aloxamento alternativo, e a contía máxima será valorada polo concello en base á gravidade, necesidade e número de persoas afectadas que se acreditará mediante informe social emitido pola traballadora social de referencia, non superando en ningún caso o 100 % do IPREM mensual.

a) Axudas vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual, son as destinadas á adecuación da vivenda sempre e cando os acondicionamentos sexan imprescindibles e que garanten o mantemento da habitabilidade así como a mellora da súa accesibilidade.

(1) A contía máxima da axuda non excederá o 100 % do IPREM mensual e só poderá ser solicitarse unha vez ao ano por unidade de convivencia.

b) Axudas destinadas ao equipamento mobiliario básico da vivenda, son axudas destinadas á adquisición de mobiliario e electrodomésticos básicos, entendendo como básicos os que sexan imprescindibles para satisfacer as necesidades primarias das persoas e permitan un desenvolvemento normalizado na vida diaria. Excepcionalmente pola existencia de menores ou de persoas convivintes con problemas de saúde ou discapacidade, previo informe social xustificativo, poderán concederse mobiliario ou electrodomésticos son básico, entendidos como aqueles que contribúen á mellora do benestar das persoas.

(1) A contía máxima da axuda non excederá o 100 % do IPREM mensual e só poderá ser solicitarse unha vez ao ano por unidade de convivencia.

2. Prestacións para afrontar situacións de risco social.

a) Fomento do dereito á educación e á participación da infancia: Concepto: Financiamento de cotas de Escolas Infantís, ludotecas, campamentos e outras actividades valoradas como idóneas con informe técnico emitido desde o Programa de Educación Familiar.

Igualmente poderanse sufragar gastos por mor de matrícula, materiais, desprazamentos, aloxamento, estudos ou outros destinadas a estudantes de formación profesional, nos seus ciclos de grao medio e superior, bacharelato ou universidade, sempre e cando se cotemplen a nivel técnico como necesarias, e non haxa outro programa municipal ou de outras administracións que acheguen financiamento ao mesmo concepto. No caso de existiren liñas de financiamento para o mesmo fin, as persoas usuarias deberán ter respota de denegación das mesmas para poder optar a esta liña de emerxencia.

Contía máxima: Sufragaranse os gastos educativos para os que se solicite a axuda ata un máximo de:

MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

CONTÍA MÁXIMA SUBVENCIONABLE

1 - 2 persoas

40% do IPREM mensual nun pagamento único

3 - 4 persoas membro

50 % do IPREM mensual nun pagamento único

5 persoas ou máis

60% do IPREM mensual nun pagamento único

b) Actividades de inserción-socio laboral (matrícula, material). Desenvolvemento de actividades de formación prelaboral ou de inserción socio-laboral e educación ou aprendizaxe para emprego. Duración da axuda: unha única vez nun período de 12 meses. Contía da axuda: 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual.

c) Gastos de Transporte. Poderanse cubrir gastos de transporte para acudir a actividades educativas, prelaborais, laborais ou de fomento da inserción. Igualmente se poderá financiar o transporte para acudir a tratamentos terapéuticos necesarios para garantir procesos de inserción social. Contía anual da axuda: 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual. Xuntarase como documentación: xustificantes de asistencia ás consultas médicas ou hospitalarias de ser o caso.

d) Reforzo educativo e aprendizaxe, para menores en idade escolar obrigatoria e previo informe favorable do equipo educativo. A contía da axuda será dun 100 % do custo ata un máximo dun 50 % do IPREM mensual.

e) Intervencións psico-sociais, requerirase de informe favorable do sistema sanitario público e/ou sistema educativo. A contía da axuda será dun 100 % do custo ata un máximo dun 100 % do IPREM mensual.

f) Concilación, este servizo prestarase ás familias nas que, por concorrer unha situación inesperada ou carecer de rede familiar de apoio, precisen dun apoio puntual para o coidado de fillos/as menores de 12 anos ou fillos/as ata 18 anos cunha minusvalía recoñecida mínimo dun 33%. A duración máxima será de 4 meses, debendo acreditarse a coincidencia da xornada laboral coa xornada extra-escolar do menor a cargo. A contía máxima será do 50 % do custo do servizo, ata un máximo do 50 % do IPREM mensual.

3. Outros gastos excepcionais non contemplados nos apartados anteriores. Poderá facilitarse o abono de axudas a individuos e familias na súa contorna de convivencia en situación non contempladas nesta ordenanza, cando a súa necesidade para un proceso de inclusión social sexa avalada por Informe Social emitido polos/as traballadores/as sociais de referencia e así o avale a Comisión Técnica, que tamén acordará a contía respectando os límites máximos que pauta a ordenanza, e sempre que haxa crédito dispoñiible na Partida Orzamentaria creada ao efecto.

4. Non serán susceptibles de prestacións de emerxencia social os seguintes gastos:

a) Os gastos derivados das obrigas tributarias e/ou débedas coa seguridade social

b) Os gastos derivados de multas e outras sancións pecuniarias debidas ao incumprimento de ordenanzas municipais.

c) Os gastos derivados do cumprimento dunha sentencia xudicial condenatoria.

2) Os diferentes conceptos financiables non serán incompatibles entre si. En todo caso, e de xeito combinado, a contía máxima a achegar en cómputo anual, non poderá exceder 4 veces o IPREM mensual .

ARTIGO 11. INTRUCCIÓN E VALORACIÓN DO EXPEDIENTE

Presentada a solicitude, ben a instancia de parte ou de oficio, conforme ao establecido nesta ordenanza e a documentación establecida no artigo 8, será o persoal técnico de servizos sociais os responsables da tramitación do mesmo e comprobación de que a solicitude estea completa.

No caso de que a solicitude estivera incompleta e non reúna os requisitos precisos para a súa tramitación, requirirase á persoa solicitante para que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo 10 días hábiles, emende os defectos e/ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo así, entenderase que desiste do seu pedimento, previa resolución nos termos previstos no artigo 21 de dito texto legal.

Dende o departamento de servizos sociais remitirán a solicitude ao departamento de intervención coa finalidade de verificar a existencia de crédito adecuado e suficiente en atención á natureza do gasto pretendido.

Os servizos sociais do concello e Mesía realizarán cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos presentados pola persoa solicitante, en virtude dos que debe pronunciarse para a resolución, precederán a valoración das solicitudes e emitirán un informe social e se é o caso, o proxecto de intervención social.

A proposta de concesión ou denegación, así como a proposta de pagamento, en base aos conceptos e contías establecidas na presente ordenanza, será elevada ao órgano competente para a posterior resolución, que deberá axustarse necesariamente ás características da presente ordenanza.

A concesión das prestacións reguladas na presente norma, está limitada pola dispoñibilidade orzamentaria establecida no Orzamentos do Concello de Mesía nos exercicios nos que se imputen os gastos. Polo tanto, as concesión da axudas ao abeiro da ordenanza supedítase en todo momento ao crédito dispoñible existente na aplicación orzamentaria de imputación de gasto.

ARTIGO 12. INCOMPATIBILIDADE

Ningunha persoa poderá ser beneficiaria simultaneamente de máis dunha prestación para a mesma finalidade, calquera que sexa a administración pública outorgante. Excepcionalmente poderán concederse axudas cando as prestacións económicas ou servizos que se reciban doutras administracións públicas non cubran a totalidade do importe da prestación para a que se solicitou a axuda.

TÍTULO III. XESTIÓN, ABONO E XUSTIFICACIÓN

ARTIGO 13PAGAMENTO DAS AXUDAS

1. En atención ao seu carácter social, o pagamento das axudas reguladas nesta Ordenanza requirirá unicamente da solicitude da persoa interesada e do previo informe de avaliación dos servizos sociais do Concello e do acordo da Comisión creada para a súa valoración.

2. A necesidade de resposta económica á situación de emerxencia pode esixir o pago urxente, sen cuxa realización inmediata resulte ineficaz a concesión. A apreciación ou non da urxencia constará de ser o caso no diagnóstico social emitido polos/as traballadores/as sociais de referencia e na proposta de resolución do expediente.

3. Nos procedementos ordinarios, o pagamento deberá efectuarse no prazo máximo dun mes dende a data de rexistro da solicitude. Non obstante, e sempre que o/a traballador/a social que informe a solicitude o considere de extrema urxencia, o pagamento efectuarase no prazo máximo de 3 días hábiles.

4. En ambos casos, o pagamento materializarase mediante transferencia bancaria ou, no seu defecto, mediante, á persoa ou entidade prestadora do servizo bonificado (modalidade de ¿pagamento delegado"). De entendelo útil e efectivo o concello poderá valorar outras modalidades como poderían ser a emisión de tarxetas moedeiro ou similares.

5. Os prazos de pagamento indicados neste artigo quedan supeditados ao seu reflexo no plan de disposición de fondos que aprobe o órgano municipal correspondente.

ARTIGO 14. XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

1. A xustificación das axudas deberá ter lugar no prazo máximo de 45 días dende a notificación da súa concesión ou, de se producir antes, do seu abono.

2. En ambos casos, a xustificación efectuarase mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente, con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

3. De non xustificarse a totalidade do importe concedido cando así se requira, no suposto de que sexan axudas periódicas, no mes seguinte descontaráselle a cantidade non xustificada. No caso de ser a última mensualidade ou axuda de pago único a persoa quedará obrigada a reintegrar o importe sen xustificar.

ARTIGO 14. OBRIGAS DA PERSOA BENEFICIARIA

4. Destinar a axuda á finalidade concedida

5. Acreditación ou xustificación da realización da actividade financiada, e do cumprimento dos requisitos e condicións que determinen a concesión da axuda

6. Permitir e facilitar a actuación dos Servizos Sociais para avaliar a situación e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que se concedeu

7. Comunicar ao Concello calquera variación que se produza na situación socio-económica e familiar no prazo de 10 días.

ARTIGO 15. REINTEGRO E RÉXIME SANCIONADOR.

1. A falsidade dos datos ou documentos achegados pola persoa perceptora da axuda, a non xustificación ou o feito de estinar a axuda a un fin distinto daquel para a que foi concedida, implicará o impedimento de presentar unha nova solicitude por un período de dous anos, sen prexuízo das responsabilidades que desta conduta se puideran derivar.

2. Procederá a revogación da axuda e o reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas máis o interese legal do diñeiro que resulte de aplicación, dende o momento de aboamento da axuda, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar ou da finalidade para á que foi concedida a axuda.

b) Ocultación ou falsidade de datos ou documentos que serviran de base para a concesión ou obtención da axuda sen reunir as condicións requiridas, ou o incumprimento das obrigas e requisitos establecidos con carácter xeral nestas bases.

c) Incumprimento das condicións impostas con motivo da concesión

3. Igualmente, procederá o reintegro do exceso nos supostos en que, por concesión de axudas doutras administracións públicas, a contía das axudas outorgadas supere o custo da actividade para o que se concedeu a mesma.

4. Serán causas da extinción da axuda concedida:

i) Cambio de residencia efectiva do Concello de Mesía.

ii) Falecemento da persoa beneficiaria. Non obstante, cando a axuda implique a varios membros da unidade familiar, valorarase a súa continuidade desta por outro/a familiar.

iii) Desaparición das circunstancias que deron lugar á concesión da axuda.

iv) Cumprimento do prazo máximo de duración da axuda.

v) Non colaborar coas accións contempladas no proxecto de intervención acordado.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

En todo aquelo non previsto nesta ordenanza estarase ao disposto na normativa vixente.

ANEXOS

16154.png

16162.png

16170.png

16178.png

16186.png


Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."