Touro - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 05/10/2022 BOP Nº: 190
Publicación definitiva: 29/12/2022 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 30/12/2022

Artigo 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba a Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá polo disposto no devandito Real Decreto Lexislativo 2/2004 e pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2. Feito Impoñible

1 Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais .

2 Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3 Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos

Artigo 3. Suxeito Pasivo

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria que soliciten, ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4. Responsables

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 5. Exencións, bonificacións e supostos de non aplicación

De conformidade co disposto no artigo 9 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, non se aplicarán mais exencións ou bonificacións que as que expresamente se prevea nas leis ou as que deriven da aplicación de tratados ou acordos internacionais.

Os dereitos de exame non serán de aplicación aos procesos selectivos de persoal laboral temporal financiados na súa totalidade ou en parte con aportacións doutras administracións públicas.

Artigo 6. Cota tributaria

1 A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2 A cota da tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7. Tarifa

A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase da seguinte maneira:

Dereitos de exame:

Prazas encadradas no grupo A ou I ou asimilados

70,00 €

Prazas encadradas no grupo B ou II ou asimilados

65,00 €

Prazas encadradas no grupo C ou III ou asimilados

60,00 €

Prazas encadradas no grupo D ou IV ou asimilados

55,00 €

Prazas encadradas no grupo E ou V ou asimilados

50,00 €

Artigo 8. Devindico

1 A taxa devindícase, e nace a obriga de contribuír, cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2 Nos casos a que se refire o apartado 2 do artigo 2º, o devindico prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9. Normas de xestión das taxas polos dereitos de exame

1 A taxa xestionarase en réxime de autoliquidación e poderá integrarse no formulario da solicitude, como apartado do mesmo, coa denominación Autoliquidación taxa por dereitos de exame.

2 As persoas interesadas deberán practicar a autoliquidación incorporada, no seu caso, no documento da solicitude, pudendo efectuarse o pagamento dentro do prazo previsto para inscrición no proceso selectivo.

3 A falta de pago da taxa no prazo sinalado no parágrafo anterior, determinará a inadmisión no proceso selectivo.

4 Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo non se realice a actividade que constitúe o feito impoñible da taxa, procederá a devolución do importe correspondente.

6 Non procederá a devolución dos dereitos de exame nos supostos de exclusión das probas selectiva por causas imputables ao interesado.

Artigo 10. Declaración e ingreso.

1 A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento o expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.

2 Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselle curso sen que se emende a deficiencia, para esta finalidade requirirase ó interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados, e será arquivada a solicitude.

3 As certificacións ou documentos que expida a Administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se aboara a correspondente cota tributaria.

Artigo 11. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral Tributaria.

Disposición final

A ordenanza entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.