Camariñas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS OU COMUNICACIÓNS PREVIAS
Artigo 1º.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación cos artigos 20 e seguintes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a Taxa por prestación de servizos urbanísticos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2º. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa o outorgamento das licenzas urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e ordenación urbana ou realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.
En concreto, e sen que a enumeración teña carácter limitativo, quedan englobados no feito impoñible da presente taxa os seguintes servizos urbanísticos:
a) Tramitación de licenzas de parcelación.
b) Tramitación de licenzas de obras ou instalacións, comunicacións previas ou declaracións responsables.
Artigo 3º. Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4. da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunden as prestacións ás que se refire a presente ordenanza.
2. Son suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, nas taxas establecidas polo outorgamento de licenzas urbanísticas previstas na normativa sobre solo e ordenación urbana, os construtores e contratistas de obras.
Artigo 4º. Responsables.
1. Responderán solidariamente da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Responderán de forma subsidiaria da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 5º. Bases, tipos de gravame e cota.
As cotas tributarias que procede aboar polas taxas correspondentes a cada un dos servizos urbanísticos especificados no artigo 2º, determinaranse mediante a aplicación do seguinte cadro de tarifas:
Tramitación de licenzas de obra ou instalacións (ou realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa): Por cada licencias de parcelación , de obra ou comunicación previa :
P.E.M /TRAMOS | TASA A PAGAR |
100-10.000€ | 50€ |
10.001-100.000€ | 100€ |
100.001-200.000€ | 200€ |
200.001-300.000€ | 300€ |
300.001-400.000€ | 400€ |
400.001-500.000€ | 500€ |
500.001-600.000€ | 600€ |
600.001-700.000€ | 700€ |
700.001-800.000€ | 800€ |
800.001-900.000€ | 900€ |
900.001 o más | 1.000€ |
P.E.M = Presupuesto de execución material
Artigo 6º. Exencións e bonificacións.
Non se concederán máis exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados internacionais.
Artigo 7º. Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licenza, declaración responsable ou comunicación previa.
Artigo 8º. Normas de xestión.
1. As taxas por prestación de servizos urbanísticos esixiranse en réxime de autoliquidación, cando se realice a petición do interesado e, no suposto de que se preste de oficio, por liquidación practicada pola Administración municipal.
2. No primeiro caso, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar a autoliquidación mediante a cumprimentación dos impresos establecidos ao efecto e realizar o seu ingreso en calquera entidade bancaria autorizada, o cal se deberá acreditar no momento de presentar a correspondente solicitude, que non se tramitará ata constar dita circunstancia.
3. Cando os servizos municipais comproben que se realizou unha construcción ou obra sen obter a previa licenza preceptiva, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do trámite desta última, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida.
4. O pagamento da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda.
5. A cota da taxa a aboar será a que resulte da aplicación da suma das tarifas correspondentes a cada unha das actuacións autorizadas segundo esta Ordenanza, iniciarase a tramitación de oficio ou a solicitude do suxeito pasivo.
6. Unha vez devengada a taxa, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante con posterioridade a súa concesión.
No suposto de que o interesado desista da petición formulada antes de que se dicte a oportuna resolución ou de que se complete a actividade municipal requirida, reducirase a cantidade a aboar ao 50 por 100 da cota tributaria.
Entenderase que o interesado desistiu da súa solicitude, aínda que non o fixera expresamente, cando non aporte, en prazo, a documentación que, necesariamente, debe acompañar a aquela que lle fora requirida pola Administración Municipal, así como en todos aqueles casos nos que teña que ser arquivado o expediente por deficiencias na actuación de dito interesado.
Artigo 9º. Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo ás infraccións tributarias e a súa calificación, así como as sancións que ás mesmas corresponden, aplicaranse as normas da Ordenanza Fiscal Xeral, de conformidade coa lexislación xeral tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza foi aprobada provisionalmente polo Pleno do Concello de Camariñas en sesión celebrada o día 25 de novembro de 2022, elevándose a definitiva e surtirá efecto a partir do día seguinte á publicación do anuncio da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincial, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación