Cariño - PREZO PÚBLICO PARA O CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN, CONCILIA CARIÑO TODO O ANO 2023

Publicación provisional: 01/03/2023 BOP Nº: 41
Publicación definitiva: 01/03/2023 BOP Nº: 41
Aplicable dende: 01/03/2023

Feito impoñible

Prezo público pola prestación do servizo da actividade de campamento Concilia Cariño todo o ano ( Semana Santa e Verán 2023, e Nadal 2023-2024), que se realizará no Concello nas seguintes datas: Semana Santa ( 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023), Verán (entre os días 03/07/2023 e 02/09/2023) e Nadal (entre os días 26/12/2023 e 05/01/2024).

O feito do que deriva a obriga do pagamento é a asistencia dun menor ao citado campamento, e os suxeitos pasivos do prezo público son os pais/nais ou titores legais.

Tarifas

 O prezo por asistencia ao Campamento é de:

*Para Semana Santa (cota por todo o campamento): 1º membro da unidade familiar: 16 €; 2º membro da unidade familiar (12 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (9 €).

*Para o verán (cota semanal): 1º membro da unidade familiar: 20 €; 2º membro da unidade familiar (15 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (12 €),

*Para o Nadal (cota por todo o campamento): 1º membro da unidade familiar: 25 €; 2º membro da unidade familiar (19 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (15 €).

Exención

Exención do pago do prezo previa recomendación polo Departamento de Servizos Sociais, trala acreditación da situación de asistencia aos campamentos e da imposibilidade de asumir a cota por parte da familia.