Sada - Ordenanza fiscal número 29, Reguladora da taxa pola ocupación da vía pública con postos no feirón semanal no concello de Sada
Artigo 1. Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa pola ocupación da vía pública con postos para a feira semanal -feirón- no concello de Sada que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 38 do citado texto refundido.
Artigo 2. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da presente taxa a ocupación da vía pública con postos e barracas con motivo da celebración do feirón semanal no concello de Sada.
Artigo 3. Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refiren os artigos 35 e 36 da Lei xeral tributaria e 23 do Real decreto lexislativo 2/2004, a favor de quen se outorguen as autorizacións para realizar a utilización privativa ou aproveitamento especial ou quen se beneficie ou realice os aproveitamentos, se se procedeu sen a autorización oportuna.
Artigo 4. Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes ou colaboren en realizar unha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 35 da Lei xeral tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5. Base impoñible
Tomarase como base para determinar a cota tributaria da presente taxa a superficie da ocupación expresada en metros cadrados completos e, se é o caso, aplicarase o redondeo á alza.
Artigo 6. Cota tributaria
A cota tributaria establécese co seguinte detalle:
Postos de verduras, froitas e legumes: 1 euro mensual por cada metro cadrado de superficie ocupada.
Resto dos postos: 1,5 euros mensuais por cada metro cadrado de superficie ocupada.
Artigo 7. Devengo
A taxa devéngarase:
a) Para os postos con licenza municipal, devéngarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se outorgue a licenza municipal para a ocupación da vía pública con motivo do feirón semanal, liquidándose semestralmente.
b) Para os postos ocasionais, devéngarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se outorgue a autorización para o período solicitado e aboarase antes da retirada da autorización. A liquidación corresponderá a cota tributaria segundo o artigo 6 prorrateada polo período concedido.
Artigo 8. Normas de xestión
A xestión das licenzas municipais e autorizacións ocasionais para ocupación da vía pública con postos e barracas con motivo da celebración do feirón semanal no concello de Sada se rexerá polo establecido na Ordenanza Reguladora da venda ambulante do concello de Sada.
A taxa pagarase no primeiro mes do semestre correspondente para os postos con licenza municipal. No caso de autorizacións ocasionais o pago da taxa se efectuará previamente á entrega da autorización municipal.
Co obxecto do pago da taxa emitirase unha liquidación polo período correspondente, e o pago realizarase unicamente coa carta de pago facilitada a tal fin ou domiciliación bancaria a solicitude do interesado.
Artigo 9. Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso, haberá que aterse ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional
A tarifa anterior incrementarase anualmente no índice de prezos ao consumo (IPC).
Disposición final
A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno do concello, na sesión do 23/01/2023, e entrará en vigor logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia nos termos sinalados na normativa vixente. Permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.