Valdoviño - REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE PRESTAMO DE PRODUTOS DE APOIO A PERSOAS CON DEPENDENCIA OU PERSOAS CON DISCAPACIDADE DO CONCELLO DE VALDOVIÑO
INDICE
Exposición de motivos
Artigo 1. Fundamento e natureza xurídica.
Artigo 2. Concepto, finalidade e obxectivos.
Artigo 3. Catálogo de axudas técnicas en servizo de préstamo.
Artigo 4. Duración do préstamo.
Artigo 5. Requisitos para poder ser persoa beneficiaria do servizo.
Artigo 6. Prazo de presentación de solicitudes.
Artigo 7. Procedemento e tramitación das solicitudes.
Artigo 8. Organización e funcionamento do servizo.
Artigo 9. Fianza.
Artigo 10. Dereitos e deberes das persoas beneficiarias.
Artigo 11. Causas de extinción do servizo de préstamo.
Artigo 12. Seguimento e revisión das axudas concedidas
Artigo 13. Réxime de incompatibilidades.
Artigo 14. Infraccións e sancións.
Disposicións finais
Anexos
Anexo 1. Modelo de solicitude
Anexo 2. Declaración responsable
Anexo 3. Modelo de informe médico.
Anexo 4. Baremo de valoración
Anexo 5. Documento de formalización do préstamo
EXPOSICION DE MOTIVOS
A lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, establece que a atención ás persoas en situación de dependencia e a promoción da súa autonomía persoal constitúe un dos principais retos da política social dos países desenvoltos.
O reto non é outro que atender as necesidades daquelas persoas que, por atoparse en situación de especial vulnerabilidade derivada do seu estado de saúde, requiren de apoios para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria, acadar unha maior autonomía persoal e poder exercer plenamente os seus dereitos de cidadanía.
Para estes efectos, o artigo 12.1 da citada Lei establece que as entidades locais participarán na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia, segundo a normativa das súas respectivas Comunidades Autónomas e dentro das competencias que a lexislación vixente lles atribúe.
No concello de Valdoviño, segundo datos do INE a 01 de xaneiro de 2022, o número total de habitantes é de 6.924. O 32,03% da poboación ten 65 anos ou máis, o que implica que se produza unha alta demanda de servizos e recursos vinculados ao envellecemento e á de dependencia.
A atención a persoas en situación de dependencia e persoas con discapacidade, así como o apoio á rede familiar de coidados constitúe un dos eixos fundamentais e prioritarios das políticas sociais do Concello de Valdoviño. O aumento da esperanza de vida, consecuencia de circunstancias culturais, sociais e sanitarias, trae consigo o aumento do número de persoas en situación de dependencia que non poden realizar de forma autónoma as actividades básicas da vida diaria, tal e como son por exemplo o aseo persoal e hixiene, vestido, desprazamentos dentro do fogar, entre outros.
Nos últimos anos estase a producir, por parte da veciñanza do municipio, unha elevada demanda de solicitudes vinculadas ao Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), e en concreto unha elevada demanda de recursos vinculados á permanencia na contorna familiar de convivencia. O incremento na intensidade dos coidados destas persoas require, en moitas ocasións, o concurso de produtos de apoio e material ortoprotésico para favorecer uns coidados adecuados e facilitar así o labor da rede de coidados familiares e/ou formais.
O servizo de préstamo de produtos de apoio a persoas dependentes e/ou con discapacidade súmase, xunto co servizo de axuda no fogar, a ese grupo de recursos favorecedores da permanencia da persoa no seu entorno habitual de convivencia.
Recentemente, grazas ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ADICIONAL 1/2022, o Concello de Valdoviño adquiriu dúas camas articuladas e dúas grúas eléctricas de transferencia, con previsión de aumentar o número de produtos para beneficiar ao maior número de persoas posible.
Artigo 1. Fundamento e natureza xurídica
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local establece no artigo 25.2 que o municipio exercera en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: e) Avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.
A lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, establece no artigo 12.1 que as entidades locais participarán na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia, de acordo coa normativa das súas respectivas Comunidades Autónomas e dentro das competencias que a lexislación vixente lles atribúe.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia di no seu artigo 3 que son obxectivos, entre outros, do sistema galego de servizos sociais: g) Garantir a vida independente e a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia integrando, a estos efectos, o catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia di no seu artigo 3 que son funcións dos servizos sociais comunitarios básicos: 1.f) A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións dirixidas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte de aplicación.
Artigo 2. Concepto, finalidade e obxectivos
O obxecto do presente Regulamento é o de regular o servizo de préstamo de produtos de apoio a persoas en situación de dependencia e/ou persoas con discapacidade do Concello de Valdoviño, como servizo social de carácter municipal e que depende xurídicamente do Concello de Valdoviño. Configúrase como un servizo enmarcado dentro das prestacións básicas dos servizos sociais comunitarios, de apoio á familia e ás diferentes unidades de convivencia do municipio.
Produto de apoio defínese como calquera produto, incluindo dispositivos, equipos, instrumentos, tecnoloxía e software, fabricado especialmente ou disponible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias, limitacións na actividade e restricións na participación.
Este servizo ten como obxectivos:
- Favorecer ás persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a autonomía persoal e a accesibilidade no desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria.
- Apoiar a tarefa de coidados a persoas en situación de dependencia ou con discapacidade, levada a cabo por coidadores profesionais, non profesionais e familiares.
- Lograr a permanencia no entorno habitual de convivencia das persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade que, con un produto de apoio, verían mellorada a súa situación persoal.
- Facilitar e posibilitar a atención de calquera situación sobrevida que requira de este servizo.
O ámbito de aplicación das prestacións establecidas no presente Regulamento será o do termo municipal de Valdoviño.
Artigo 3. Catálogo de axudas técnicas en servizo de préstamo.
a) Inicialmente, o servizo de préstamo de produtos de apoio do Concello de Valdoviño inclúe no seu catalogo os seguintes produtos:
Catálogo inicial de produtos de apoio | |
Unidades | Artigo |
2 | Cama articulada con varandas de suxeición |
2 | Colchón viscoelástico |
2 | Grúa de movilidade ata 150 kg |
b) Incorporarase ao servizo todo aquel produto de apoio que no seu momento o Concello de Valdoviño considere adecuado por novas adqusicións, previa valoración e proposta técnica do departamento de servizos sociais municipais.
c) Admitiranse doazóns ao servizo de préstamo, as cales se formalizarán por escrito mediante o correspondente documento. O feito de que unha persoa formalizase unha doazón, non lle da prioridade no caso de solicitar con posterioridade á doazón un produto de apoio. En ningún caso o material entregado nas doazóns poderá ser recuperado pola persoa doante das mesmas.
Artigo 5. Requisitos para poder ser persoa beneficiaria do servizo.
1. Aos efectos da valoración:
a. Enténdese por unidade económica de convivencia a formada pola persoa solicitante do servizo e, no seu caso, cónxuxe ou análoga relación estable, así como os seus ascendentes e descendentes e demáis parentes de un ou outro, por consanguinidade e afinidade ata o segundo grao inclusive, así como por adopción, tutela ou acollemento familiar constituído por resolución xudicial ou administrativa, sempre que convivan coa persoa solicitante no mesmo domicilio.
b. Enténdese por patrimonio os bens patrimoniais de que dispón a UC, os depósitos bancarios e contas correntes ou de aforro. Bens mobles ou inmobles sobre os cales se posúa un dereito de propiedade, posesión, usufruto ou calquera outro de análoga natureza, con excepción da vivenda habitual destinada ao seu uso.
c. Salario Mínimo Interprofesional (SM): o establecido en computo mensual incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
2. Poderán ser persoas beneficiarias do servizo de préstamo de produtos de apoio do Concello de Valdoviño as que cumpran os seguintes requisitos:
a. Estar empadroados e empadroadas e ter residencia efectiva no Concello de Valdoviño cunha antigüedade de 6 meses de antigüedade, a contar dende a data de solicitude do servizo.
b. Atoparse en situación de dependencia e/ou discapacidade á data de solicitude do servizo, ou que sen estar valorada a súa dependencia ou discapacidade teña presentado solicitude de valoración da mesma e presente necesidades de asistencia ou coidados por parte de terceira persoa ou de produtos de apoio importantes.
c. Ter importantes dificultades para poder realizar as actividades básicas da vida diaria.
d. Que os ingresos de calquera natureza da unidade de convivencia, calculada en renda per cápita, non superen os seguintes límites:
i. 1 persoa: máximo o 150% do SMI mensual vixente, incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
ii. 2 persoas: máximo o 200% do SMI mensual vixente, incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
iii. 3 persoas: máximo o 250% do SMI mensual vixente, incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
iv. 4 persoas ou máis: máximo o 300% do SMI mensual vixente, incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
A efectos de determinar a capacidade económica da unidade económica de convivencia na que a persoa beneficiaria do servizo se integra, tomarase como referencia a suma dos ingresos netos mensuais totais da unidade de convivencia, referentes ao mes anterior á solicitude, procedentes de rendementos do traballo ou de actividades económicas, como retribucións, rendas, prestacións periódicas, axudas, subsidios, prestacións de pagamento único ou por calquera outro concepto; así mesmo, as cantidades percibidas en concepto de rendementos do capital mobiliario e inmobiliario, alugamentos ou similares, así como rendementos do patrimonio
Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo mensual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar. Cando se trate de persoas que vivan soas, os ingresos dividiranse po 1,5 en compensación de gastos xerais.
Non serán ingresos computables:
- Os ingresos non regulares de escasa contía que únicamente resulten un complemento de supervivencia e que non procedan de actividades laborais, sempre que a súa contía non supere ao longo do ano o 25% do IPREM anual.
- Axudas en especie dirixidas á adquisición de produtos básicos para o/a neno/a que acaba de nacer.
- Os ingresos de carácter finalista dirixidos a paliar situación derivadas de emerxencia social.
- Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada.
- As prestacións familiares por fillo ou filla menor a cargo xeradas polas persoas integrantes da unidade de convivencia ou as de natureza similar dirixidas a facilitar a protección das persoas menores. Equipararanse a estas prestacións as de acollemento familiar en familia extensa. Tamén se poderán incluir neste punto, por proposta do persoal técnico dos servizos sociais municipais, as prestacións familiares por fillo/a a cargo maior de dezaoito anos e cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, cando a persoa causante non resida no mesmo domicilio que a persoa solicitante e se acredite a realización de gastos xustificados ocasionados polo aloxamento, alimentación, medicación ou conceptos similares.
3. Situacións de urxencia social: excepcionalmente, e previo informe dos servizos sociais municipais do Concello de Valdoviño, poderase outorgar a condición de persoa beneficiaria do servizo de préstamo de produtos de apoio a persoas que por necesidade de urxencia persoal, social, de saude e/ou familiar, non cumpran algúns dos requisitos anteriormente citados.
Para elo, será necesario a emisión dun informe social por parte do persoal técnico responsable da área de dependencia e discapacidade do Concello de Valdoviño no que se fundementen as causas da excepción. Este informe terá carácter vinculante.
Artigo 6. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto, e de xeito indefinido, dende o día seguinte ao da publicación da aprobación definitiva deste Regulamento no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP).
Artigo 7. Procedemento e tramitación das solicitudes.
INICIACIÓN DO PROCEDEMENTO
O procedemento poderá iniciarse de oficio ou a instancia de parte. As solicitudes deberán ir asinadas pola posible persoa beneficiaria ou polo seu representante legal ou gardador de feito, e nas mesmas indicarase que prestación solicita e o motivo polo cal a realiza.
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación, salvo que algunha dela xa obre en poder da Administración local:
- Modelo de solicitude asinada e correctamente cuberta (anexo 1).
- Declaración responsable de que non se solicitaron nin se concederon outras axudas similares para a mesma finalidade (anexo 2).
- Modelo de informe médico (anexo 3).
- Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade de convivencia.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante e posible beneficiaria.
- Fotocopia da resolución do grao de dependencia e/ou da discapacidade.
- Informe médico que acredite a necesidade do servizo, tipo de axuda necesaria, así como o prazo previsto da necesidade.
- Xustificación da capacidade económica:
- Fotocopia dos xustificantes dos ingresos económicos da unidade económica de convivencia maiores de idade.
- Xustificación do valor catastral de todas as propiedades dos membros da unidade de convivencia maiores de idade, salvo a vivenda habitual, das que sexan propietarios ou co-propietarios.
- Certificación bancaria de saldo en conta de todas as contas das que sexan titulares ou co-titulares todos os membros da unidade de convivencia maiores de idade.
Unha vez recibidas as solicitudes comprobarase que reúnen os requisitos sinalados e no caso de non ser así, requerirase á persoa interesada para que no prazo de 10 días subsane a falla ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se non o fai así terase por desestimada a súa petición, procedendo ao arquivo da mesma.
VALORACION DA SOLICITUDE
Unha vez completada a solicitude será valorada por parte dos servizos sociais do Concello de Valdoviño, aplicando para o caso o baremo incluido en anexo, e sendo necesario realizar unha visita domiciliaria para a valoración da idoneidade da prestación. Valorada a solicitude, emitirase informe-proposta de resolución que se elevará á Alcaldía para a súa resolución e notificación á persoa interesada.
Orden de prioridade da axuda:
Ademáis da aplicación do baremo incluido en anexo, daráselle prioridade na concesión da axuda:
a) Persoas beneficiarias do servizo de axuda no fogar do Concello de Valdoviño, ou que se atopen en lista de agarda para o acceso efectivo ao mesmo.
b) Persoas que, de xeito temporal, debido a postoperatorios ou que por accidentes ou similares, precisen de este servizo, concedéndose por un prazo non superior a seis meses. Aos seis meses teranse que revisar as condicións de concesión e volver a valorar a solicitude para determinar en que suposto queda esta nova solicitude.
c) Persoas con enfermidades crónicas que teñan recoñecido un grao de dependencia, segundo graos.
d) Persoas con pronóstico vital de gravidade.
e) Menores de idade con dependencia e/ou discapacidade de gravidade e que teñan afectada a súa mobilidade.
RESOLUCION
Por Alcaldía-Presidencia dictarase resolución, indicando no suposto de concesión: datos persoais da persoa beneficiaria, dirección, descrición da axuda técnica prestada, data de inicio e fin do servizo.
O prazo máximo de resolución de este procedemento e para a notificación do acto que lle poña término é de 3 meses; transcorrido o prazo sinalado sen que se dictase e notificase polo Concello a resolución correspondente, o efecto do silencio administrativo será positivo. Non obstante, o citado prazo máximo legal para resolver o procedemento e notificar a resolución poderase suspender nos casos previstos no artigo 22 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. No caso de que a resolución sexa desestimatoria, éste debe ser motivada.
Todas aquelas persoas que cumprindo o requisito para o acceso á prestación non poidan ser atendidas de xeito inmediato debido a falla de disposición de produtos de apoio, incluiranse nunha lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate, teranse en conta os supostos de prioridade indicados máis arriba no apartado de valoración, e no caso de persistir o empate, por orde temporal da demanda.
Nos casos de urxente necesidade procederase á inmediata concesión da prestación, sempre en cando esté dispoñible, previa valoración e proposta de Servizos Sociais, tramitándose posteriormente a solicitude segundo o procedemento establecido ao respecto.
No caso das resolucións de concesión, o persoal técnico de servizos sociais responsable da área de dependencia e discapacidade porase en contacto coa persoa interesada para a entrega no seu domicilio do produto de apoio, por parte de persoal do Concello, establecendo o día da mesma.
O produto de apoio obxecto de préstamo, e persoal e intransferible a favor da persoa beneficiaria; sen que poida ser arrendada ou cedida a terceiras persoas.
Antes da entrega, a persoa interesada deberá acreditar o ingreso na Tesourería municipal do importe correspondente á fianza establecida. No caso de non ter feito o ingreso da fianza ou non recoller ou recibir a axuda concedida no prazo fixado, entenderase que a persoa renuncia á prestación e archivarase o expediente sen máis trámite.
Artigo 8. Organización e funcionamento do servizo.
O servizo de préstamo de produtos de apoio dependerá xurídicamente na súa xestión do Concello de Valdoviño e, da súa organización e funcionamento dos Servizos Sociais do Concello de Valdoviño.
Asignación de funcións:
- Persoal técnico de servizos sociais responsable da área de dependencia e discapacidade: recepción de casos, estudo, valoración, seguimento e avaliación de caso.
- Persoal de Servizos Municipais: Almacenamento e mantemento das axudas técnicas, así como a distribución e recollida dos produtos de apoio prestados no domicilio da persoa beneficiaria.
- Réximen económico: o servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas dependentes e/ou con discapacidade, disporá para a seu financiamento dos seguintes recursos:
- Presupostos do Concello de Valdoviño.
- Aportacións e doazóns de persoas físicas e xurídicas.
- Subvencións de outras Administracións Públicas.
No momento da devolución dos produtos de apoio, procederase a realizar unha proba técnica en presenza da persoa interesada, co obxecto de verificar o seu estado, e/ou funcionamento. A mesma proba realizarase con anterioridade á realización do préstamo a unha nova persoa beneficiaria.
O Concello de Valdoviño, realizará o traslado dos artigos obxecto de préstamo.
Artigo 9. Fianza.
Contías a depositar segundo a tipoloxía de produtos de apoio:
Fianza, importe en euros (€) | Produto de apoio |
70 € | Cama articulada con varandas e colchón viscoelástico |
60 € | Grúa eléctrica de mobilidade ata 150 kg con arnes |
60 € | Grúa de bipedestación |
25 € | Cadeira de rodas |
25 € | Cadeira de baño, ducha e WC |
15 € | Colchón viscoelástico |
5 € | Colchón anti escaras |
5 € | Andador |
5 € | Par de muletas |
Importe que más se asemelle | En caso de novos produtos de apoio incorporadas ao inventario e non previstas |
O importe da fianza será devolta á persoa beneficiaria, unha vez acreditada a entrega do produto de apoio ao Concello, así como o seu correcto estado, mediante transferencia ao número de conta especificado na solicitude.
Excepcionalmente, e en todo caso sempre, mediante informe social por parte do persoal técnico dos servizos sociais municipais responsable da área de dependencia e discapacidade, que terá carácter vinculante, poderase eximir do pago da fianza ás persoas que non conten con recursos económicos suficientes.
Artigo 10. Dereitos e deberes das persoas beneficiarias.
Son DEREITOS das persoas beneficiarias do servizo, os seguintes:
a) Recibir en condiciones óptimas e en bo estado o produto de apoio que se solicita, incluidos no catálogo.
b) Ser informados previamente de calquera modificación nas condicións do servizo.
c) Á devolución da fianza depositada á finalización do préstamo, sempre e cando dita devolución se realice nas mesmas condicions nas que se prestou.
d) Ser tratadas con respecto e confidencialidade por parte do persoal, que directa ou indirectamente, está relacionado con este servizo.
e) Á intimidade e dignidade, non revelándose dende os Servizos Sociais información algunha procedente da prestación do servicio de préstamo, mantendo sempre o segredo profesional.
f) A exercer o seu dereito de reclamación conforme as disposicións vixentes.
Son DEBERES e OBRIGAS das persoas beneficiarias do servizo os seguintes:
a) Aceptar as condicións da prestación asignada.
b) A destinar a prestación á finalidade para a que se concede.
c) O produto de apoio deberá ser destinado exclusivamente á persoa beneficiaria, sen que poida ser alugada ou cedida a terceiras persoas.
d) Tratar con respecto ao persoal vinculado directa ou indirectamente coa prestación de este Servizo.
e) A permitir e facilitar a labor dos Servizos Sociais Municipais, para verificar a súa situación de dependencia ou discapacidade e familiar.
f) A informar aos Servizos Sociais Municipales dos posibles cambios ou variacións que se den na situación persoal e/ou familiar da persoa beneficiaria; comunicando calquera incidencia ou variación das circunstancias persoais, sanitarias, familiares, económicas etc.
g) Ingresar o importe da fianza que lle puidese corresponder, en función da tipoloxía do produto de apoio, en tempo e forma, unha vez notificada a resolución de concesión.
h) Velar polo bo funcionamento e conservación do produto de apoio obxecto de préstamo.
i) Devolver a axuda técnica en perfecto estado de uso/funcionamento unha vez finalizado o prazo de préstamo, no lugar que se lle indique.
j) Comunicar, en prazo non superior a dez días, a innecesariedade do produto de apoio no seu caso, pola causa que fose.
k) Devolver o artigo, no caso que o requiran os Servizos Sociais Municipais, por causa xustificada, previo informe evacuado ao efecto e notificación da resolución.
l) En caso de que, no momento da devolución do produto de apoio, este non esté en boas condicións hixiénicas ou estruturais por desuso, mal uso ou neglixencia, ou por non ter realizado o mantemento necesario; o coste de reparación, reposición ou posta en uso, detraerase da fianza depositada, debendo aboar a persoa beneficiaria a diferenza en caso de resultar esta fianza insuficiente para facer fronte ao custo da reparación, limpeza ou reposición.
m) En caso de producirse una avaria, ou necesidade de mantemento, deberá comunicarse ao Concello de Valdoviño, a fin de que sexa o Concello, quen determine a xestión do arranxo do mesmo e se procede ou non o pago por parte da persoa beneficiaria.
Artigo 11. Causas de extinción do servizo de préstamo.
Son causa de extinción do servizo, coa obriga de facer entrega do produto de apoio obxecto de préstamo:
a) Causar baixa no padrón municipal de habitantes do Concello de Valdoviño.
b) O cumprimento do prazo de préstamo outorgado para o uso de tal servizo.
c) No caso de necesidade a demanda dos Servizos Sociais Municipais, por causa xustificada, previo informe realizado ao efecto e notificación da resolución.
d) No caso de que a persoa beneficiaria xa non precise o artigo obxecto de préstamo.
e) No caso de ausencia por un tempo superior a un mes fora do termo municipal de Valdoviño (a excepción de hospitalizacións), a persoa estará obrigada a devolver o produto de apoio prestado.
f) No caso de non destinar o produto de apoio, obxecto de préstamo conforme aos fins establecidos neste Regulamento.
g) No caso de incorrer en infracción tipificada como grave ou moi grave non se poderá recuperar a fianza depositada inicialmente.
Artigo 12. Seguimento e revisión das axudas concedidas
Será o persoal técnico dos servizos sociais municipais responsable da área de dependencia e discapacidade que realice o seguimento das situacións de necesidade, do destino dado á prestación así como a valoración do nivel de cumprimento por parte das persoas beneficiarias das obrigas establecidas.
Artigo 13. Réxime de incompatibilidades.
Ninguén poderá beneficiarse de forma simultánea de máis de unha prestación para a mesma finalidade, calquera que sexa a entidade que a conceda.
En xeral será compatible o disfrute pola mesma persoa beneficiaria de varios produtos de apoio, e o uso por esta, cando teñan distinta finalidade e atendan diferentes necesidades.
Artigo 14. Infraccións e sancións.
As infraccións se tipificarán en leves, graves e moi graves.
LEVES. Consideraranse como tales as seguintes:
a) Non comunicar a ausencia ou cambio de domicilio onde está instalado o produto de apoio.
b) Non facilitar aos Servizos Sociais Municipais o acceso á vivenda para realizar o seguimento do produto de apoio prestado.
Por infracción leve amoestarase á persoa beneficiaria por escrito. Dúas ou máis amoestacións poderá dar lugar á retirada do produto.
GRAVES. Consideraranse como tales as seguintes:
a) Comportamento incorrecto, tanto físico como verbal, cara as persoas traballadoras do servizo. Dita situación será documentada como corresponda.
b) Incumprimento reiterado das obrigas da persoa titular.
c) Reiteración de calquera infracción leve.
MOI GRAVES. Considerarase infracción moi grave a seguinte:
a) A reiteración de calquera infracción grave.
As sancions graves ou moi graves, consistirán na baixa de oficio e retirada do produto de apoio concedido por este servizo.
Disposicións finais
Primeira: Facúltase á Alcaldía-Presidencia para ditar cantas ordes ou instrucións resulten necesarias para a adecuada interpretación, desenvolvemento e aplicación de este Regulamento. En ningún caso dita potestade municipal poderá reducir os niveis de protección aprobados pola Xunta de Galicia, que terán sempre carácter de mínimos.
Segunda: En todo o non previsto no presente Regulamento, rexirá o resto da normativa de aplicación.
Terceira: De acordo co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, o presente Regulamento entrará en vigor una vez se publique completamente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e sempre que transcorrese o prazo de quince días previsto no artigo 65.2 da mesma Lei.
Anexos
Anexo 1. MODELO DE SOLICITUDE DE PRODUTO DE APOIO
Anexo 2. DECLARACION RESPONSABLE
Anexo 3. MODELO DE INFORME MEDICO
Anexo 4. BAREMO DE VALORACION SERVIZO DE PRESTAMO DE PRODUTOS DE APOIO A PERSOAS DEPENDENTES E/OU CON DISCAPACIDADE DO CONCELLO DE VALDOVIÑO
Anexo 5. DOCUMENTACION DE FORMALIZACION DO PRESTAMO
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El
requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime
vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la
recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.