Índice

Rianxo - Prezo público do Campamento de Verán Rianxo 2023

Publicación provisional: 30/05/2023 BOP Nº: 101
Publicación definitiva: 30/05/2023 BOP Nº: 101
Aplicable dende: 30/05/2023

Tarifas

A Xunta de Goberno do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o día 04.05.2023, acordou a aprobación de prezos públicos para o Campamento de Verán Rianxo 2023, tal e como se indica a continuación:

1 Aprobar a cota por persoa participante por importe de 80 euros por participante, 70 euros por participante no caso de que participen 2 irmáns, e 60 euros por participante no caso de 3 ou máis irmáns ou familia numerosa.

2 Establecese a gratuidade de 12 prazas para aquelas familias derivadas do departamento dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo.

3 As condicións para a xestión recadadora do evento serán as que establece a normativa municipal sobre prezos públicos; en todo caso, o ingreso do prezo público polo usuario realizarase con carta de pago emitida pola Recadación municipal a partir dos datos emitidos polo departamento xestor unha vez pechado o período de pre-inscrición, e en todo caso sometidas ao criterio da Tesourería municipal.