Rianxo - Prezo público do servizo Plan Madruga 2023
Tarifas
A Xunta de Goberno do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o día 04.05.2023, acordou a aprobación de prezos públicos para o servizo Plan Madruga Rianxo 2023 tal e como se indica a continuación:
1 Aprobar a cota por persoa participante que será de 15 euros por participante.
2 Establecese a gratuidade de 4 prazas para aquelas familias derivadas do departamento dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo.
3 As condicións para a xestión recadadora do evento serán as que establece a normativa municipal sobre prezos públicos; en todo caso, o ingreso do prezo público polo usuario realizarase con carta de pago emitida pola Recadación municipal a partir dos datos emitidos polo departamento xestor unha vez pechado o período de pre-inscrición, e en todo caso sometidas ao criterio da Tesourería municipal.