Brión - Prezo público pola asistencia ás actividade de conciliación de verán do ano 2023
Tarifas
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 09.05.2023 acordou establecer o prezo público pola asistencia ás actividades de conciliación de verán do ano 2023.
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 06.06.2023 a teor do establecido na ordenanza fiscal núm. 20 PP, reguladora de prezos públicos pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio, modificou o prezo público, que se concreta na seguinte tarifa:
1º) Prezo público pola asistencia ás actividades de conciliación de verán do ano 2023, de acordo coas seguintes tarifas:
.- Prezo público por participarte por quincena ........................ 35,00 €
.- Prezo público segundo irmán por quincena ........................ 17,50 €
.- Prezo público terceiro irmán e seguintes por quincena ......... 0,00 €