Oroso - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS URBANÍSTICOS

Publicación provisional: 11/04/2023 BOP Nº: 68
Publicación definitiva: 13/06/2023 BOP Nº: 111
Aplicable dende: 13/06/2023

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

1.- En uso das facultades conferidas os artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 4 e 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4 h) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Oroso establece a Taxa por prestación de servicios urbanísticos que se rexera pola presente Ordenanza Fiscal.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible da Taxa a realización da actividade municipal técnica e administrativa que se refira, afecte ou beneficie de modo particular ó suxeito pasivo, necesaria para a prestación dos seguintes servicios urbanísticos:

a) Tramitación de consultas previas e informes urbanísticos e expedición de certificados urbanísticos.

b) Expedición de cédulas urbanísticas.

c) Sinalamento de aliñacións.

d) Servizos de control e comprobación, previa ou posterior, referentes ó outorgamento das licencias urbanísticas, cando así sexa esixible, así como das autorizacións e/ou comprobacións urbanísticas relativas ás actuacións suxeitas a declaración responsable ou comunicación previa.

e) Tramitación de expedientes contraditorios de ruína de edificios.

f) Tramitación de toma de razón de cambio de titularidade de licencias urbanísticas.

g) Tramitación expedientes estudos de detalles promovidos a instancia de particular.

h) Tramitación expedientes de plans especiais, plans parciais e plans de sectorización

ARTIGO 3.- SUXEITO PASIVO.

1.- Son suxeitos pasivos da taxa, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiarios ou afectados pola prestación deste servizo ou actividade municipal que constitúe o obxecto da presente taxa, xa sexan propietarios ou poseedores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras.

2.- En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuinte os constructores e contratistas das obras.

No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuinte quenes soliciten as correspondentes licencias ou presenten as correspondentes comunicacións previas ou quenes realicen as construccións, instalacións ou obras.

3.- O substituto podrá requerir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfecha.

ARTIGO 4.- RESPONSABLES.

1.- Son responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 41.1 e 42.1.a) e b) da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores de feito ou de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal, os liquidadores de sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 5. BASE IMPOÑIBLE.

1.- A base impoñible deste Imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela.

2.- Quedan excluídos da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais Impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos, prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construción, honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista, e calquera outro concepto que non integre estritamente, o custo de execución material.

ARTIGO 6.- COTA TRIBUTARIA.

1.- Con carácter xeral a cota tributaria resultará de aplicar á base impoñible o tipo de gravame de 0,01 euros por cada euro do presuposto de execución material cun mínimo de 50 euros.

2.- Non obstante establécese unha cota fixa segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar e/ou dos servizos técnicos e administrativos a prestar nos seguintes casos:

a) Consultas previas, informes, certificados ou cédulas urbanísticas:

- Para unha parcela: 20 euros

- Para cada dúas ou mais parcelas: 15 euros por parcela.

b) Comunicación previa de primeira ocupación e funcionamento.

- para vivendas unifamiliares:

- 80,00 euros para vivendas de menos de 200 m2

- 120,00 euros para vivendas de 200 m2 ou máis

- para edificios de vivendas:

- 20 euros por vivenda

- 16 euros por cada 100 m2 ou fracción comercial o industrial

- 12 euros por cada 100 m2 ou fracción de garaxe e trasteiros

- para naves e instalacións industriais e comerciais:

- 90 euros de cuota fixa por edificación

- 12 euros por cada 200 m2 o fracción

- para outras edificacións:

- Ata 200 m2: 0,30 €/m2

- De máis 200 m2 hasta 1000 m2: 1,50 €/m2 este tramo.

- De máis 1000 m2: 2,50 €/m2 este tramo

- Tarifa mínima: 20 euros

d) Licencias de segregación ou parcelación.

En función do número de parcelas resultantes:

- para dos parcelas resultantes: 80 € por parcela

- para tres parcelas resultantes: 60 € por parcela

- para cuatro parcelas resultantes: 50 € por parcela

- para cinco o más parcelas resultantes: 45 € por parcela

e) Sinalamento de aliñacións e rasantes

- una cuota fixa de 50 euros.

- 1,20 euros por cada metro lineal de aliñación

f) Tramitación prórroga de licencia, declaracións responsables ou comunicacións previas relativas a obra menor: 11,25 euros.

g) Tramitación de prórroga de licencia de obra maior:

- Se se trata de vivenda unifamiliar: 22,50 euros.

- Se se trata de edificación en réxime de propiedade horizontal: 22,50 euros por cada unidade susceptible de propiedade individual.

- Se se trata de edificios de carácter industrial ou comercial: 30 euros.

h) Tramitación toma de razón de cambio de titularidade de licenza, declaración responsable ou comunicación previa de obras: 11,25 euros.

i) Tramitación de expedientes contraditorios de ruína de edificios: 120 euros.

j) Tramitación expediente de estudos de detalle: 500,00 euros.

k) Tramitación expedientes de plans especiais, plans parciais e plans de sectorización: 820,00 euros.

ARTIGO 7.- BENEFICIOS FISCAIS.

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.

ARTIGO 8.- DEVEÑO.

1.- Deveñase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade coa incoación do oportuno expediente, a solicitude do interesado ou de oficio polo Concello de Oroso.

2.- A obriga de contribuir unha vez nacida non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

ARTIGO 9. LIQUIDACIÓN E INGRESO.

1.- As taxas por prestación de servizos urbanísticos esixiranse en réxime de autoliquidación, cando se realice a petición do interesado e, no suposto de que se preste de oficio, por liquidación practicada pola Administración municipal.

2.- No primeiro caso os suxeitos pasivos están obrigados a practicar a autoliquidación nos impresos habilitados ó efecto pola Administración Municipal e realizar o seu ingreso en calquera entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presentar a correspondente solicitude.

3.- Cando as obras se iniciasen ou executasen sen obter a oportuna licenza ou sen haberse presentado a comunicación previa ou declaración responsable , considerarase o acto de comprobación coma a iniciación do trámite das mesmas, coa obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida, sen prexuizo da sanción que corresponda pola infracción urbanística cometida.

4.- As licencias, declaracións responsables ou comunicacións previas que modifiquen outras concedidas anteriormente, consideraranse a efectos desta taxa como novas licencias, declaracións responsables ou comunicacións previas e tributarán polas tarifas correspondentes.

5.- O pago da autoliquidación presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada polo Concello terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda.

6.- O Concello de Oroso, unha vez realizadas as actuacións motivadoras polos servicios urbanísticos prestados, tras a comprobación de estos e das autoliquidacións presentadas ou aboadas, cando existan, practicará as correspondentes liquidacións definitivas.

7.- O pago da taxa non presupón nen outorga a autorización urbanística, ata ter obtido a correspondente resolución administrativa.

ARTIGO 10.- COMPROBACIÓN E INVESTIGACIÓN.

1.- A Administración Municipal poderá, por calquera dos medios previstos nos artigos 57 e 131 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, levar a cabo os procedementos de verificación de datos, comprobación de valores e comprobación limitada.

ARTIGO 11. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

1.- Nos casos de incumprimento das obrigacións establecidas na presente Ordenanza, aplicarase o réxime de infraccións e sancións regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Esta Ordenanza derroga expresamente a Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de servizos urbanísticos na súa redacción dada por acordo do Pleno da Corporación adoptado en sesión plenaria de data 30 de outubro de 2009 e cuxa aprobación definitiva foi obxecto de publicación no Boletín Oficial de Provincia número 273 de data 30 de decembro de 2009.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e, en todo caso, unha vez transcurridos os prazos a que se refire o artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.