Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN

Publicación provisional: 02/10/2001 BOP Nº: 227
Publicación definitiva: 02/10/2001 BOP Nº: 227
Aplicable dende: 15/06/2023

Art. 1º .-Fundamento legal.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e ó abeiro do disposto no artigo 58 da Lei 39/88. Do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, establece a Taxa por servicios da rede de sumidoiros e depuración, que se regulará pola presenta Ordenanza, redactada conforme ó disposto nos artigos 20 a 27 da Lei 39/88.

Art. 2º .-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiros municipais, e a conseguinte depuración das devanditas augas.

2.-O servicio de evacuación de excreto, augas negras, residuais e pluviais será de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia tódolos inmobles situados a distancia menor de vintecinco metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros deberán estar dotadas do servicio, sempre que a pendente do terreo o permita, devengándose a taxa aínda cando os suxeitos pasivos non realicen a acometida da finca á rede xeral.

Art. 3º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Así mesmo, terá a consideración de substituto do contribuínte os propietarios dos inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas abonadas sobres os respectivos beneficiarios.

Art. 4º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas que son causantes ou colaboran na realización da infracción tributaria, as que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, ou liquidadores de quebras , concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Art. 5º .-Execcións, reducción e bonificacións.

De conformidade co disposto do artigo 18 da Lei 8/89, do 13 de abril, non se recoñece beneficio tributario algún, agás o propio Concello.

Art. 6º .-Base impoñible.

1.-Para abonados con servicio de abastecemento de auga, constará dunha cota fixa máis unha cantidade por m3 de auga facturada.

2.-Para abonados sen servicio de abastecemento de auga, constará dunha cota fixa o trimestre.

Art. 7º .-Cota tributaria.

A.- Tarifas do servizo de saneamento

A.1. Para abonados con servizo de abastecemento

Cota fixa mensual: 2,001 Eur/ab.mes

Para os m³. facturados. en abastec.: 0,202 Eur/m³

A.2. Para abonados sen servizo de abastecemento

Doméstico e comercial: 17,62 Eur/ab.trim.

Industrial e obras: 30,23 Eur/ab.trim.

A.3. Cota de conservación de acometidas de saneamento

Cota mensual: 0,408 Eur/ab.mes

A.4. Cota por baleirado de fosas sépticas

Por volume da fosa séptica baleirado na EDAR: 6,985 Eur/ab.mes

B.- REALIZACIÓN DE ACOMETIDAS E ENGANCHES

B.1. REALIZACIÓN DE ACOMETIDAS

1. Acometida normal

Ud. acometida de auga residual formada por arqueta de saída, tubo de P.V.C. Ø160/5 atm., incluída escavación, recheo, demolición e reposición de firme no seu caso, así como conexión a colector existente, para unha lonxitude máxima de 5 m.

GABIA EN TERRA: 319,38 Eur/ud.

GABIA EN ASFALTO: 365,01 Eur/ud.

GABIA EN BEIRARRÚA: 410,67 Eur/ud.

GABIA EN ROCHA: farase orzamento para cada caso

2. Acometida de maior lonxitude

Para las acometidas de máis de 5 metros terase un prezo por metro de exceso para lonxitudes non moi superiores aos 5 m. Para maiores distancias farase un orzamento en cada caso.

GABIA EN TERRA: 23,75 Eur/m.

GABIA EN ASFALTO: 40,92 Eur/m.

GABIA EN BEIRARRÚA: 48,41 Eur/m.

GABIA EN ROCHA: farase un orzamento para cada caso.

B.2. Taxa de enganche

- Por cada vivenda ou local: 91,24 Eur.

B.3. Cambio de titular e taxa de alta

- Por cambio do titular

Por cada cambio de titular, previa autorización do Concello: 54,77 Eur.

- Taxa de alta

Por taxas administrativas por todos os conceptos: 45,64 EUR.

Art 8º .-Devengo.

O devengo da presente taxa terá lugar cando naza a obriga de contribuír, segundo no establecido no artigo 2º .

A cota tributaria pola evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiros municipais e súa depuración, devéngase o primeiro día de cada trimestre natural. Nos casos de alta nace a obriga de contribuír igualmente no primeiro día do trimestre en que sexa realizada á acometida e o enganche.

Art. 9º .-Liquidación e recadación.

1.-As liquidacións pola evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais serán aprobadas polo órgano competente do Concello o remate de cada trimestre natural, unha vez confeccinado o padrón correspondente polo concesionario do servicio; as liquidacións serán expostas ó público por un período mínimo de quince días hábiles. Non será necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa declaración de alta, sen prexuízo da remisión do correspondente recibo con detalle da facturación.

O cobro dos recibos poderá ser:

a. Directamente das oficinas do concesionario do servicio.

b. Ou mediante xestión bancaria.

2.-A liquidación da cota tributaria pola acometida, será aprobada polo órgano competente do Concello simultaneamente ó outorgamento da licencia de enganche, baseándose do presuposto presentado pola empresa concesionaria do servicio, acorde cos prezos aprobados nesta ordenanza.

A recadación levarase a cabo pola empresa concesionario do servicio ó abeiro do disposto no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria. O prazo para o ingreso en voluntaria será o previsto no Regulamento Xeral de Recadación, artigo 20.

Dada a unidade de xestión e mantemento do servicio da auga e rede de sumidoiros e depuración, poderase expedir un único recibo que incorpore a facturación trimestral de ámbalas taxas.

Art. 10º .-Infraccións e sancións.

En materia de infracción e as súas correspondentes sancións estarase ó disposto da Lei Xeral Tributaria, artigos 77 e seguintes, e demais normativa aplicable.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 29 de decembro do 2000; entrará en vigor unha vez sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse có primeiro trimestre do ano 2001; permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Disposición derrogatoria.

A presente ordenanza derroga a aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 9 de novembro de 1999.