Camariñas - Prezo público polo servizo de tanatorio

Publicación provisional: 18/02/2014 BOP Nº: 33
Publicación definitiva: 18/02/2014 BOP Nº: 33
Aplicable dende: 01/08/2023

Artigo 1.-Concepto.

De conformidade co previsto nos artigos 41 a 47 e 127 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, establécese o prezo público por utilización do servizo de tanatorio. A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación dos servizos do tanatorio municipal, en canto establecemento funerario como lugar de etapa do cadáver, entre lugar de falecemento e o de inhumación ou cremación, debidamente acondicionado e disposto para a exposición e velorio de cadáveres, de conformidade co disposto no Regulamento regulador do servizo.

Artigo 2.-Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado neste acordo os/as usuarios dos servizos.

Tamén se considerará obrigado ao pagamento as entidades ou sociedades aseguradoras de riscos que motiven e soliciten a utilización do tanatorio municipal para depositar os cadáveres das persoas falecidas e aseguradas por ditas entidades.

Artigo 3.-Contía.

A contía do prezo público será a seguinte:

TARIFA IMPORTE

-Utilización por sala de velorio, por servizo día 400 € día

Na tarifa está incluída o importe do IVE.

En todo caso serán gratuítos os servizos a favor de persoas acollidas á beneficencia ou asistencia social pola súa carencia de recursos e aqueles outros que resulten necesarios para facer fronte a situacións de emerxencia, accidentes ou ordes de autoridades sanitarias ou xudiciais.

Artigo 4.-Cobro.

A obriga de pago do prezo público nace dende que se inicie a prestación do servizo, entendéndose como tal o momento no que conceda a autorización para utilizar o tanatorio municipal.

O pagamento realizarase unha vez emitido polos servizos municipais o xustificante oportuno, debendo estar ingresado, preferentemente, con anterioridade á utilización das instalacións.

O ingreso efectuarase mediante transferencia á conta designada ao efecto pola Tesourería municipal.

Artigo 5.-Establecemento e fixación.

1. A competencia para a modificación da contía do prezo público ao que se refire a presente ordenanza encoméndase á Xunta de Goberno Local, de conformidade coa facultade regulada no artigo 47.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

2. A modificación realizarase a proposta da alcaldía ou da concellería delegada que procedese, debendo constar, como mínimo:

- Unha memoria económico financeira da que se deduza que o importe do prezo público cubre, como mínimo, o custe do servizo ou, de ser o caso, a porcentaxe do mesmo que será asumido con cargo aos orzamentos municipais.

- O importe da tarifa modificada.

- A xustificación razoada das razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que, de ser o caso, aconsellen a fixación dos prezos públicos por debaixo do custe do servizo.

3. O acordo que resulte de tal modificación será exposto no taboleiro de anuncios da Concello a efectos da súa publicidade.

Artigo 6.-Procedemento de xestión.

1. Na exacción do prezo públicos, os recargos e xuros de mora esixiranse e determinaranse nos mesmos casos, forma e contía que na exacción de tributos locais.

2. As débedas por prezo público poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.

Artigo 7.-Devolución de ingresos.

1. Unicamente procederá a devolución do importe total ou parcial do prezo público ingresado, cando o servizo ou actividade non se preste ou desenvolva por causas non imputables ao interesado.

2. En caso ningún procederase á devolución dos ingresos realizados cando dita solicitude estea baseada na non asistencia do interesado por razóns alleas ao Concello de Camariñas. Tampouco procederá a devolución cando o obrigado ao pagamento non comunique ao Concello, de ser o caso, á baixa no servizo.

Disposición finais

Primeira.-Para o non previsto no presente acordo regulador estarase ao disposto no Real decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Segunda.-O presente acordo regulador será eficaz dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.