Cee - Prezo público pola asistencia o Programa de Servizo de Madrugadores/as

Publicación provisional: 03/08/2023 BOP Nº: 147
Publicación definitiva: 03/08/2023 BOP Nº: 147
Aplicable dende: 04/08/2023

ARTIGO 1.–FUNDAMENTOS E NATUREZA.

De conformidade co previsto nos artigos 127 e do 41 ao 47 do Real Decreto Lexislativo, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola asistencia aos Programas de Madrugadores (Ceediño) que ten lugar nos meses escolares de 7.30 a 9.30h.

ARTIGO 2.- CONCEPTO.

O prezo público regulado neste acordo constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polas persoas usuarias que voluntariamente soliciten a participación nas actividades definidas no artigo 1.

ARTIGO 3.–OBRIGADAS/OS AO PAGO.

Están obrigadas/os ao pago do prezo público, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten nalgunha das actividades enumeradas no artigo 1.

ARTIGO 4.–CONTÍA.

Os prezos públicos rexeranse polo seguinte cadro de tarifas, tendo en conta a Renda per cápita mensual da unidade familiar:

RENDA PER CÁPITA MENSUAL PREZO

Inferiores ou igual a 200 € 5€/mes

Superior a 200 € ou Inferior ou igual a 500€ 20€/mes

Superior a 500€ e inferior ou igual a 1.000€ 30€/mes

Superior a 1.000€ e inferior ou igual a 2.000€ 40€/mes

Superior a 2.000€ 54,40€/mes

Precio por día solto: 5€

ARTIGO 5.–OBRIGA DE PAGO E PRAZOS DE PAGO.

1. A obriga de pago xurdirá con carácter xeral cando se inicie a prestación dos servizos correspondentes. Non obstante, cando por causas non imputables a persoa demandante do servizo, este non se prestase, procederase á devolución do importe efectivamente aboado.

2. O prezo público aboarase en réxime de autoliquidación e depósito previo do mesmo, que deberá ser aboado cando se realiza a solicitude do servizo. En todo caso, non se iniciará a prestación do mesmo se non se realizou o depósito previo.

ARTIGO 6.–PROCEDEMENTO DE APREMIO.

As débedas por impago dos prezos contemplados no artigo 4 esixiranse polo procedemento de constrinximento de acordo co disposto nos artigos 10.1 e 46.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

O presente acordo entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no BOP.