Teo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.

Publicación provisional: 20/11/2004 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 04/12/2023

Artigo 1.º . Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 de la Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de las bases do réxime local, e dos artigos 15.1 e 59.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construcións, instalacións e obras, que se rexerá polo disposto na devandita lei e pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.º . Feito impoñible

1.- Constitúe o feito impoñible do Imposto a realización no termo municipal de Teo, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non a devandita licenza, ou para a que se exixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao Concello de Teo

2.-Son construcións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas na que a execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior; e en particular as seguintes:

a) As obras da nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.

b) As obras de modificación ou de reforma que afecten a estrutura, o aspecto exterior ou a disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.

c) As obras provisionais.

d) A construción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.

e) As construcións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servicios públicos, que corresponderán tanto as obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrución ou amaño do estragado coas calas mencionadas.

f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, escavacións, terraplenados, salvo que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.

g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e dos valados, os andamios e as andamiaxes de precaución.

h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servicios públicos, calquera que sexa seu emprazamento.

i) Os usos e instalacións de carácter provisorio.

l) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valados que teñan publicidade ou propaganda.

ll) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, as actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.

m) A realización de calquera outra actuación establecida polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licenza municipais, sempre que se trate de construcións, instalacións ou obras.

n) Derrubamentos.

ñ) Aliñacións e rasantes.

o) As que se realicen en cemiterios.

p) Calquera outra construción, instalación ou obra que precise licenza de obra o urbanística.

3.-Quedan tamén incluídas no feito impoñible do imposto, as construcións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licenza aludida no apartado 1, considerarase outorgada unha vez ditada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo o interesado.

Artigo 3º . Supostos de non suxeición

Non estarán suxeitas ao imposto regulado na presente ordenanza:

a) As obras, construcións e instalacións que, debendo ser entregadas ao Patrimonio Municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude de convenio de colaboración ou cooperación co Concello.

b) as obras, construcións e instalacións realizadas por entidades de interese público ou asociacións veciñais en bens de uso ou servicio público municipal, coa autorización previa do órgano correspondente.

c) as obras que consistan en construción e reconstrución de muros, como consecuencia da necesidade de ensanche das vías públicas se efectuouse a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.

d) as obras, construcións e instalacións que promova dentro do termo municipal de Teo a Mancomunidade de Concellos de Compostela

e) A execución de obras de urbanización realizadas polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ao Patrimonio municipal.

f) as obras realizadas nos centros públicos e nos centros privados concertados sempre que estas se realicen nos niveis de educación obrigatoria.

Artigo 4º . Exencións

Imagen15290.PNGEsta exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeitas a este, sexan directamente destinadas a carreteiras, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.

Artigo 5.º . Suxeitos pasivos e substitutos do contribuínteImagen15297.PNG

1.-Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58 /2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos das construcións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realicen aquelas.

Os efectos deste punto terán a consideración de donos das construcións instalacións ou obras quenes soporten os gastos ou costos que comporten a súa realización.

2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, no caso de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, quenes soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras ou quenes presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas.

Para a aplicación deste apartado considerarase substituto de primeiro grao ao solicitante da licenza ou quen presente a declaración ou comunicación previa e contra este obrigado exercitarase a acción administrativa dirixida ao cobro do imposto. Cando non exista solicitude de licenza esixirase a presentación da declaración e o ingreso, á empresa que realice a construción, instalación ou obra

3.-O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo 6.º . Base impoñibleImagen15305.PNG

A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra; e se entende por tal, a estes efectos, o custo de execución material de aquela

Non formarán parte de dita base o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción, instalación ou obra, nin os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre o custo de execución material.

Artigo 7.º . Tipo de gravame e cota tributariaImagen15315.PNG

1.-A cota íntegra do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible os seguintes tipos de gravame:

a) Tipo xeral: 2 %.

b) Construcións, instalacións e obras en solo industrial: 2,5 %

c) Construción de edificacións plurifamiliares, vivendas colectivas ou promocións que na solicitude de licenza conteñan mais dunha vivenda unifamiliar: 3%

2.-A cota líquida do Imposto será, no seu caso, o resultado de aplicar a cota as bonificacións que establecesen no artigo 9.º desta ordenanza.

Artigo 8.º . Devindicación do impostoImagen15323.PNG

1.-A obriga de contribuír nace no intre de se comeza a construción, instalación ou obra, mesmo nos casos en que comece sen ter obtido a licenza que proceda.

2.-Os efectos deste imposto, entenderanse iniciadas as construcións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario, cando fora concedida a preceptiva licenza municipal; no momento no que sexa retirada a devandita licenza polo interesado ou o seu representante, ou noutro caso, ó mes da data do Decreto ou do acordo da Xunta de Goberno Local

Artigo 9.º . BonificaciónsImagen15330.PNG

1.– En base ao disposto no artigo 103.2a) do TRLRFL establécese unha bonificación a prol das construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal, por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración; que se concreta nas seguintes porcentaxes:

a) Establecese un beneficio fiscal do 90% da cota para instalacións, construcións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas e destinadas ao equipamento comunitario primario, sempre e cando non estea prevista a súa repercusión no prego de condicións que rexa para a contratación da obra.

b) Terán unha bonificación do 50% da cota ás construcións, instalacións e obras, realizadas por asociacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a asistencia e integración social ou desenvolvemento de actividades culturais de libre acceso e participación. Para acceder a esta bonificación será necesario acompañar á solicitude cos estatutos da asociación debidamente rexistrados, así como unha memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver no local. A inactividade por un prazo superior a 6 meses ou o cambio de actividade nos locais dentro dos cinco anos seguintes ao outorgamento do beneficio darán lugar á perda da bonificación e liquidaranse as cantidades bonificadas coa aplicación dos xuros de demora correspondentes.

c) Establécese ademais unha bonificación do 30% a favor doutras construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais ou histórico-artísticas. A concesión da mesma requirirá informe ou memoria motivadora do especial interese ou utilidade municipal.

d) Poderán ser bonificadas tamén, as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.

A bonificación da cota será:

Ata un 95% para aquelas construcións, instalacións ou obras nas que se desenvolva unha actividade económica ou empresarial por implantación dunha nova empresa no termo municipal de Teo, sempre e cando cree emprego.

Ata un 95% para aquelas construcións, instalacións ou obras nas que se desenvolva unha actividade económica ou empresarial pola ampliación dunha empresa que xa viña exercendo unha actividade económica ou empresarial en Teo, sempre e cando implique creación de emprego.

 

A porcentaxe de bonificación será a seguinte:

Creación de 1 a 10 postos de traballo 50%

Creación de 11 a 20 postos de traballo 75%

Creación de máis de 20 postos de traballo 95%

As contratacións deberán ser indefinidas.

O beneficiario da bonificación será a persoa física, xurídica ou entidade do artigo 33.4 da Lei Xeral Tributaria que sexa no IBI o suxeito pasivo do ben inmoble afecto, sempre que aquel coincida co titular da actividade económica ou empresarial creadora de emprego.

Quedan excluídos da bonificación os impostos sobre construcións, instalacións e obras que recaian sobre bens inmobles arrendados.

Non poderá ser beneficiario da bonificación a persoa xurídica ou entidade do artigo 33.4 LXT que tivera adoptado medidas de regulación do emprego nos 12 meses anteriores á formalización dos contratos de traballo.

A declaración de especial interese ou utilidade municipal, así como a porcentaxe de bonificación, corresponderá ao Pleno da Corporación, co voto favorable da maioría simple dos seus membros, previa solicitude do suxeito pasivo no modelo normalizado.

A declaración de interese ou utilidade municipal deberá producirse nun prazo que non excederá de catro meses, computables dende a súa solicitude, previo informe técnico-xurídico favorable. A resolución entenderase desestimatoria si non recae resolución en dito prazo.

1) Tramitación:

O prazo de presentación da solicitude será dun mes dende o día seguinte ao de obtención do título habilítante para a realización da construción, instalación ou obra, no caso de que fose precisa a realización de construción, instalación ou obra, con carácter previo ao inicio da actividade. Para a declaración do especial interese ou utilidade polo Pleno, xunto coa solicitude, achegará a seguinte documentación:

– Poder de representación, no seu caso.

– Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria no que conste a alta no municipio no epígrafe da actividade no Imposto sobre Actividades Económicas.

– Memoria xustificativa sobre o proxecto da actividade económica ou empresarial de nova creación ou de ampliación, na que constará a referencia catastral do inmoble afecto á actividade económica ou empresarial no que se realiza a construción, instalación ou obra; a creación de novos postos de traballo; o número de novos postos de traballo; a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.

– Declaración responsable sobre o emprego que creará, con indicación do número de novos postos de traballo, a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.

– Certificado de estar ao corrente coa Facenda Estatal, coa Facenda Autonómica, co Concello de Teo e coa Seguridade Social.

– Aqueloutra documentación que, motivadamente, sexa requirida polo Departamento de Emprego do Concello de Teo.

No prazo dun mes dende o remate da construción, instalación ou obra, que respectará o prazo concedido na licenza, o suxeito pasivo deberá comunicar ao Concello a finalización, achegando Certificado final de obra.

No prazo de dous meses dende a data mentada no parágrafo anterior, o suxeito pasivo deberá presentar a comunicación previa de inicio de actividade ou solicitude do título habilítante para o exercizo da actividade, coa seguinte xustificación documental da xeración de emprego:

– Informe de Vidal Laboral das contas de cotización dende o inicio ou ampliación da actividade.

– Relación dos traballadores contratados con expresión do seu nome e apelidos, NIF, número de afiliación á seguridade social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.

– Relacións Nominais de Traballadores e Recibos de Liquidación das Cotizacións.

– Copia dos contratos de traballo dos empregos creados.

– No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o período de proba.

Toda solicitude que se realice transcorrido o prazo sinalado, será considerada extemporánea.

O incumprimento dos requisitos esixidos suporá a perda da bonificación e a liquidación do importe deixado de ingresar, xunto cos xuros de mora correspondentes.

e) Establecese un beneficio fiscal do 95% da cota para instalacións, construcións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas e destinadas ao equipamento comunitario primario relacionados coa sanidade.

Para gozar da bonificación a que se refiren os apartados anteriores, será necesario que se solicite polo suxeito pasivo a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o que deberá facerse, mediante escrito separado axuntado unha memoria ao efecto. Esta solicitude presentarase ao tempo de presentar a comunicación previa ou a solicitude de licenza municipal que autorice a súa realización, ou en calquera momento anterior á concesión de licenza pola administración ou ao inicio das obras se estas estiveran suxeitas ao réxime de comunicación previa. A solicitude efectuada fora dos prazos establecidos anteriormente non surtirá efectos.

Unha vez informada a solicitude e a licenza municipal, ou efectuadas formularase proposta ao Pleno da Corporación aos efectos de determinar se concorren as circunstancias para a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o cal decidirá por maioría simple.

Outorgada se procede a declaración, notificarase ao suxeito pasivo ao mesmo tempo que se xira a correspondente liquidación provisional coa bonificación correspondente

2.–Establécese unha bonificación a favor das construcións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.

A bonificación establécese no 25% dos gastos de execución material dos sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a dedución poida exceder da porcentaxe do 50% da cota.

O suxeito pasivo deberá aportar, xunto coa solicitude da licenza, o proxecto técnico visado polo Colexio Oficial correspondente, acreditativo da incorporación á construción, instalación ou obra de instalacións de enerxía solar térmica ou de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo, así como da homologación dos colectores empregados para a produción de calor.

3.–Establécese unha bonificación do 30 % a favor das construcións, instalacións ou obras referentes a actuacións protexidas en materia de vivenda, de conformidade co disposto no Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño e demais normativa estatal i autonómica sobre a materia.

Para o goce da mesma, o suxeito pasivo deberá aportar, no momento previo á retirada da licenza, a cédula de cualificación provisional como VPO emitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou declaración ou visado emitido polo mesmo Instituto considerando protexida a actuación en que consiste a construción, instalación ou obra.

4.–Establécese unha bonificación a favor das construcións, instalacións e obras que, en edificacións e instalacións xa existentes, favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A bonificación establécese no 10% dos gastos de execución material das obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a dedución poida exceder da porcentaxe do 30% da cota.

5.– As bonificacións previstas neste artigo, esixirán:

a) Solicitude do interesado.

b) Informe dos Servicios municipais correspondentes (Urbanismo, Cultura, Emprego, Medio ambiente) e, en todo caso, informe do Servicio de xestión, recadación e inspección tributaria do Concello.

c) Acordo da Xunta de Goberno Local e, no seu caso, do Pleno.

6.–As solicitudes de bonificacións incluídas neste artigo deberán presentarse coincidindo coa solicitude das correspondentes licenzas ou en calquera momento anterior á concesión de licenza pola administración ou ao inicio das obras se estas estiveran suxeitas ao réxime de comunicación previa. A solicitude efectuada fora dos prazos establecidos anteriormente non surtirá efectos.

7.– As bonificacións aplicaranse de acordo ao previsto no artigo 103 do TRLRFL e serán compatibles, salvo as recollidas no apartado 1 deste artigo que serán incompatibles entre si, e a recollida no apartado 1 a), que será incompatible con ningunha outra. En todo caso as bonificacións aplicadas de forma acumulativa neste artigo en ningún caso poderán exceder do 75% da cota íntegra

 

Artigo 10 º. Normas de xestiónImagen15382.PNG

O procedemento de xestión do tributo será diferenciado en función do tipo de obra do que se trate:

10.1.- Construcións, instalacións e obras para cuxa realización se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

Establécese o réxime de autoliquidación do imposto para o suposto de realización de construcións, instalacións e obras para as que se esixa declaración responsable ou comunicación previa. Nestes supostos os suxeitos pasivos están obrigados a presentar a autoliquidación no modelo facilitado pola Administración, xunto co xustificante de ter ingresado nas contas municipais a cota resultante, no momento de presentación da comunicación previa ou declaración responsable.

Cando non se teña presentado comunicación previa ou declaración responsable, a autoliquidación e o xustificante de ingreso, presentarase no prazo de 15 días hábiles dende o inicio da construción, instalación e obra.

O importe a autoliquidar será o resultado de aplicar o tipo de gravame á base impoñible.

O servizo de urbanismo determinará posteriormente a correcta determinación da base impoñible, así poderá ditarse unha liquidación provisional modificando a autoliquidación nos supostos nos que se aprecie un erro na confección da mesma, xa sexa aritmético ou formal, que determine unha errónea estimación da base impoñible ou do tipo de gravame, sen prexuízo da ulterior comprobación da obra efectivamente executada para efectuar a liquidación definitiva do imposto.

O servizo municipal de urbanismo comunicará aos servizos económicos os actos de presentación de comunicación previa ou declaración responsable, aos efectos de coñecer aqueles actos suxeitos a tributación.

Nos supostos de obras menores que desexen acollerse ás bonificacións contidas no art. 9 da presente Ordenanza, non será de aplicación o réxime de autoliquidación, someténdose ao réxime de liquidación administrativa previsto no parágrafo seguinte para as obras maiores.

10.2.- Construcións, instalacións e obras para cuxa realización se esixa a obtención de licenza de obra ou urbanística

Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licenza urbanística terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que acompañan a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude licenza antes do inicio das obras, a conducta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo 11 desta Ordenanza.

Cando se conceda a licenza preceptiva ou cando non se solicitase, concedese ou denegase aínda a devandita licenza preceptiva, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta. Dita liquidación deberá ser notificada ó suxeito pasivo nos termos establecidos na Lei Xeral Tributaria.

A base impoñible para esta liquidación determinarase en función do presuposto presentado polos interesados. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.

10.3 Cando se modifique o proxecto de construción, instalación ou obra, e supoña un incremento do número de unidades do proxecto, unha vez aceptada a modificación pola Administración Municipal, practicarase liquidación complementaria.

10.4 .-Unha vez rematada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa por parte dos servizos de urbanismo, modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado primeiro practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo o suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

10.5.-Ó efecto do precedente apartado, a data de finalización das construcións, instalacións ou obras será a que se determine por calquera medio de proba admitido en dereito e, en particular:

a) Cando sexan de nova planta, a partires da data de expedición do certificado final de obra subscrito polo facultativo ou facultativos competentes, e a falta deste documento, dende a data de notificación da licenza de nova ocupación.

b) Nos demais casos, a partires da data de expedición do certificado final de obra nas condicións do apartado anterior ou, a falta de este, dende que o titular da licenza comunique ó Concello a finalización das obras.

En defecto dos citados documentos, tomarase a tódolos efectos como data de terminación a que resulte de calquera comprobación desta situación por parte da Administración Municipal.

10.6 No suposto de que non se inicien as construcións, instalacións e obras, o interesado terá dereito á devolución das cantidades que no seu caso tivera satisfeitas en concepto de imposto sobre instalacións, construcións e obras, sempre e cando formule renuncia expresa á licenza, ou sexa declarada a caducidade mediante resolución administrativa. Do mesmo xeito terá dereito á devolución do ingresado logo da renuncia expresa á realización da obra nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.

10.7 Naqueles supostos nos que, durante a realización das construcións, instalacións ou obras, se produzan cambios nas persoas ou entidades que puideran ser suxeitos pasivos do imposto, a liquidación definitiva, a que se refire o artigo anterior, practicarse ao que ostente a condición de suxeito pasivo no momento de terminarse aquelas

Artigo 11.º . Infraccións e sanción

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.

Disposición derradeira

A presente Ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo Pleno da corporación na sesión celebrada o día 12 de novembro de dous mil catro. Comezará a rexer a partires da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO

1.-Obra menor:

1.1. Demolición de muros: 14,89 euros/m2.

1.2. Demolición de tabiques: 3,96 euros/m2.

1.3. Levantado de solainas: 4,33 euros/m2.

1.4. Picado de azulexados e revestimentos: 5,19 euros/m2.

1.5. Demolición de forxados: 9,69 euros/m2.

1.6. Demolición completa 9,37 euros/m2.

2.-Movemento de terras:

2.1. Escavación de gabias: 7,76 euros/m3.

2.2. Escavcación de vaciado: 2,14 euros/m3

2.3. Recheo de gabias: 11,12 euros/m3.

2.4. Recheo de ceo aberto: 6,42 euros/m3.

2.5. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 4,36 euros/m3.

2.6. Tubos de canalización: 3,64 euros/m.

3.-Peches:

3.1. Peche de estacas e arame: 3,64 euros/m.

3.2. Peche de tea: 19,33 euros/m.

3.3. Peche de zócalo fábrica e tea: 31,11 euros/m.

3.4. Peche de fábrica h. 1 m: 23,51 euros/m.

3.5. Peche de zócalo fábrica e celosía: 44,99 euros/m.

3.6. Peche de cachotería e celosía: 72,62 euros/m.

3.7. Peche de cachotería e reixa: 34,59 euros/m.

3.8. Colocación de columna para contador da luz: 193,61 euros/ud.

4.-Cuberta:

4.1. Demolición de cuberta de fibrocemento: 2,09 euros/m2.

4.2. Demolición de cuberta de tella: 3,64 euros/m2.

4.3. Cuberta de fibrocemento: 13,17 euros/m2.

4.4. Cuberta de tella: 31,11 euros/m2.

4.5. Cuberta de lousa: 44,99 euros/m2.

4.6. Substitución de tella por fibrocemento: 17,30 euros/m2.

4.7. Substitución de tella por tella: 27,68 euros/m2.

4.8. Substitución de tella por fibrocemento e tella: 38,07 euros/m2.

5.-Albanelería:

5.1. Formigón en masa: 8,10 euros/m3.

5.2. Estructura completa de formigón armado: 57,41 euros/m2.

5.3. Estructura completa de aceiro: 62,93 euros/m2.

5.4. Estructura naves de formigón armado: 35,98 euros/m2.

5.5. Estructura naves metálica: 42,89 euros/m2

5.6. Soleira: 15,20 euros/m2.

5.7. Forxado: 48,42 euros/m2.

5.8. Muro de contención de formigón armado: 51,90 euros/m2.

5.9. Muro de cachotería: 103,74 euros/m2.

5.10. Muro de bloque: 24,20 euros/m2.

5.11. Muro de ladrillo (taboquería): 12,48 euros/m2.

5.12. Cerramento de dobre folla de ladrillo: 35,93 euros/m2.

5.13. Celosía, balaustrada: 26,24 euros/m2.

5.14. Azulexado: 17,30 euros/m2.

5.15. Solaina: 24,90 euros/m2.

5.16. Enfoscado: 9,00 euros/m2.

6.-Pinturas:

6.1. Pintura interior: 4,12 euros/m2.

6.2. Pintura exterior: 6,59 euros/m2.

7.-Galpóns:

7.1. Galpón de bloque ou ladrillo: 141,76 euros/m2.

7.2. Galpón de madeira: 72,62 euros/m2.

8.-Carpintería:

8.1. Porta de entrada: 242,09 euros/m2.

8.2. Porta interior: 107,12 euros/ud.

8.3. Fiestra: 146,85 euros/m2.

8.4. Fiestra en plano de tellado: 152,21 euros/m2.

8.5. Peche de balcóns e terrazas con galería: 138,34 euros/m2.

8.6. Reixa de seguridade e portas e fiestras: 44,99 euros/m2.

8.7. Fronte de portal: 117,61 euros m2.

9.-Instalación de fontanería e saneamento:

9.1. Instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 152,21 euros/ud.

9.2. Instalacións en baños (sen aparatos sanit.): 200,63 euros/ud.

9.3. Instalación de cociña: 172,89 euros/ud.

9.4. Lavado incluso billame: 172,89 euros/ud.

9.5. Inodoro: 186,75 euros/ud.

9.6. Bidé incluso billame: 141,36 euros/ud.

9.7. Bañera incluso billame: 165,98 euros/ud.

 

10.-Instalación de electricidade:

10.1. Instalación de electricidade: 1.245,00 euros/ud.

11.-Instalación de calefacción:

11.1. Instalación. Mínimo ata 100 m2: 3.804,15/ud. 13,87 euros/m2.

12.-Pozos:

12.1. Pozo de barrena: 1.314,14 euros/ud.

12.2. Pozo artesano: 1.729,13 euros/ud.

13.-Depuración:

13.1. Fosa séptica e pozo filtrante: 1.245,00 euros/ud.

14.-Piscinas:

14.1. Piscina completa. Mínimo: 10.374,89 euros/ud.

15.-Pistas:

15.1. Pista deportiva: 69,09 euros/m2.

15.2. Beirarrúa: 17,99 euros/m2.

16.-Guindastre:

16.1. Guindastre: 300 euros/ud.

17.-Colocación de andamios:

17.1. Colocación de andamios: 30,00 euros/ud.

2.-Obra maior.

Relación de prezos medios de execución material (m2 construído).

Uso de vivenda en edificio de vivendas plurifamiliares: 390,08 euros/m2.

Otros usos en edificio de vivendas plurifamiliares:

(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 155,10 euros/m2.

Usos de vivenda unifamiliar: 465,11 euros/m2.

Outros usos en edificio de vivenda unifamiliar:

(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 150,59 euros/m2.

Edificios con uso exclusivo industrial.

Sen proceso productivo: 193,83 euros/m2.

Edificio con uso exclusivo terciario: 348,68 euros/m2.

Acondicionamento ou reforma de locais comerciais: 338,68 euros/m2.

 

Nota: no caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestima-la valoración realizada.