Pontedeume - ORDENANZA FISCAL Nº 11 REGULADORA DA TAXA POLA INTERVENCIÓN MUNICIPAL NAS COMUNICACIÓNS PREVIAS, DECLARACIÓNS RESPONSABLES E NO OUTORGAMENTO DE LICENZAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS OU DE ACTIVIDADES
ARTIGO 1. FUNDAMENTO E RÉXIME
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4.i) do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), o Concello de Pontedeume establece a taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de apertura de establecementos ou de actividades, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal segundo o previsto no artigo 57 TRLRFL.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, desenroladas con motivo da apertura de establecementos para verificar que os mesmos reúnen as condicións requiridas polas ordenanzas municipais, pola lexislación urbanística e sectorial que resulte de aplicación, con carácter previo, no caso do outorgamento expreso de licenzas, ou posterior, nos casos de presentación de comunicacións previas e declaracións responsables.
2. Así mesmo, constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, desenroladas con motivo da autorización para o exercicio dunha actividade económica, industrial, mercantil non desenroladas nun establecemento concreto pero para a cal requiran dunha instalación. Neste senso, non se entenden incluídas no feito impoñible desta taxa, as actividades de venda ambulante ou as actividades temporais.
3. Aos efectos do feito impoñible definido no punto primeiro, entenderase por establecemento, que require a presentación dunha comunicación previa, dunha declaración responsable ou, no seu caso, da obtención da licenza municipal para a súa apertura:
a) Os locais adicados ao exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construción, comercial, profesional, artística, gandeira, agrícola, de servizos...
b) Aínda sen desenvolverse aquelas actividades, sirvan de auxilio ou complemento para estas, ou teñan relación con elas de forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Terá a consideración de apertura de establecementos:
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste.
d) Os cambios de titularidade dos establecementos por calqueira causa, incluídos os cambios de denominación social.
4. Con carácter xeral, a apertura de establecementos estará sometida á presentación de comunicación previa ou declaración responsable. En todo caso, estarán suxeitos a previa licenza municipal:
a) As excluídas do ámbito de aplicación da Directiva 2006/123/CE.
b) As que se inclúen no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 160/2005.
c) As actividades relacionadas no Decreto 133/2008 que regula o procedemento de avaliación ambiental.
d) As que precisen inspección sanitaria previa sobre condicións hixiénico-sanitarias antes do exercicio da mesma.
e) As que requiran autorización ou informe previo e preceptivo doutra administración.
f) As actividades e servizos non suxeitos ao trámite de comunicación previa ou declaración responsable na Ordenanza Municipal de Actividades, e polo tanto non incluídos nas relacións contidas nos artigos 4 e 5 da devandita Ordenanza.
ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, se desenvolva en calqueira establecemento industrial, mercantil ou análogo.
ARTIGO 4. RESPONSABLES
1. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003,xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003,xeral tributaria.
ARTIGO 5. BASE IMPOÑIBLE E COTA TRIBUTARIA
1.- A cota tributaria do feito impoñible definido no artigo 2.1 determinarase por unha tarifa fixa, establecida en función de se a actividade administrativa que constituúe o feito impoñible se realiza con carácter previo (caso de outorgamento expreso de licenza municipal ) ou con carácter posterior (casos de presentación de comunicación previsa ou declaración responsables) á apertura do establecemento e een función da superficie do local onde se desenrole a actividade.
A) Taxa pola intervención municipal na apertura dun establecemento apra o exercizo dunha actividade dentro do municipio, que pola súa ntureza estea sometida a licenza municipal:
SUPERFICIE | TAXA |
0-100M2 | 451,40 |
101-200 M2 | 561,20 |
201-500M2 | 1.018,70 |
501-1000M2 | 1.244,40 |
1001-2000M2 | 1.805,60 |
2001-3500M2 | 2.171,60 |
3501-7500M2 | 2.671,80 |
7501-10000M2 | 3.678,30 |
MÁIS DE 10000M2 | 4.047,96 |
b) Taxa pola intervención municipal na apertura de establecementos sometidas a autorización ambiental integrada, e acordó coa Lei 16/2022: 762,50 euros
c) Taxa pola intervención municipal na apertura de establecementos sometidas a comunicación previa ou declaración responsable
SUPERFICIE | TAXA |
0-100M2 | 268,40 |
101-200 M2 | 353,80 |
201-500M2 | 732 |
501-1000M2 | 939,40 |
A partir de 1001m2 | 1.317,60 |
2.- A cota tributaria do feito impoñible definido no artigo 2.2 determinarase por unha tarifa fixa, de 719,80 euros.
ARTIGO 6. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio fiscal ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou os previstos en normas con rango de lei.
ARTIGO 7. DEVENGO
1. Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da comunicación previa ou declaración responsable correspondente ou na data de presentación da oportuna solicitude de licenza.
2. Cando a apertura tivese lugar sen presentar a comunicación previa ou declaración responsable ou sen obter a oportuna licenza municipal, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a requirir a presentación da comunicación previa ou declaración responsable ou, no caso de estar suxeita a previa licenza municipal, cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fose autorizable esta apertura.
ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar esta autoliquidación no impreso habilitado para o efecto polo concello. No momento de solicitude da concesión de licencia, no caso de ser esta necesaria, ou no de presentación do escrito de comunicación previa ou de solicitude de autorización previa, deberá acreditarse o pagamento da autoliquidación.
Cando tivese lugar a apertura sen ter a oportuna licenza, no caso de ser esta esixible, ou cando os suxeitos pasivos non tivesen aboado a correspondente autoliquidación pola taxa, nos prazos anteriormente sinalados ou se tivese presentado e aboado aquela por cantidade inferior, a administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional.
O pago da autoliquidación presentada polo interesado, ou da liquidación notificada pola administración municipal, terá o carácter de provisional e será a conta da liquidación definitiva que, no seu caso, proceda.
Para o exercicio de actividades que requiran licenza municipal de apertura de establecementos, as persoas interesadas presentarán previamente, no rexistro xeral, a oportuna solicitude nos termos regulados nos artigos 14 e seguintes da Ordenanza Municipal de Actividades.
2. Se despois de formulada a solicitude de licenza de apertura, ou presentada a comunicación previa ou declaración responsable, se varía ou se amplía a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alteran as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliara o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñecemento da administración municipal coas mesmas características do número anterior.
3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, ou polo resultado negativo da actividade de verificación do cumprimento dos requisitos establecidos, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez que se concedeu a licenza ou se verificou o cumprimento dos requisitos.
4. Non obstante, no caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión de licenza ou á realización da actividade de verificación do cumprimento dos requisitos establecidos procederá a devolución do 60% da cota.
5. Se no proceso de comprobación que realicen os servizos técnicos se detecta que a actividade que se pretende desenvolver non corresponde coa solicitude de licenza, comunicación previa ou declaración responsable, o interesado, de ser o caso, practicará a liquidación complementaria que proceda.
6. Unha vez concedida a licenza de apertura ou cursada a visita de inspección ao local no que quede comprobado o cumprimento da normativa esixible practicarase a liquidación definitiva da taxa que proceda.
7. Consideraranse caducadas as licenzas se, despois de concedidas transcorren máis de seis meses sen que se producise a apertura dos locais ou, se despois de abertos, cerrasen novamente por un período superior a seis meses consecutivos salvo nos casos de forza maior. Presumirase que existe esta circunstancia en tanto non transcorran os prazos concedidos para a terminación das obras do edificio ou local en que se vaia a situar o establecemento.
ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademáis do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto no Título IV da Lei xeral tributaria.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Coa entrada en vigor da presente ordenanza fiscal queda derrogada expresamente a ¿ordenanza fiscal nº 19: taxa pola licencia de apertura de establecementos", ata agora vixente no Concello de Pontedeume
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente modificación da Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2024, e se manterá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.