Pontedeume - Ordenanza reguladora do prezo público pola participación no campamento urbano de verán
ARTIGO 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades conferidas polo artigo 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e artigo 127 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (en adiante TRLFL), e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 47, ambos inclusive, doTRLFL, establécese o prezo público polo uso e participación no campamento de verán Ruer@as do Concello de Pontedeume
ARTIGO 2.-Concepto.
Os prezos públicos regulados nesta Ordenanza constitúen a utilización do servizo de campamento urbano de verán, Rueir@s nos meses de verán nos que se organice, como medida de fomento da conciliación da vida familiar e laboral e desenvolvemento persoal e comunitario dos nenos e nenas participantes, e polo prazo de tempo establecido na autorización correspondente.
ARTIGO 3.-Obrigados ó pago.
Están obrigados ó pago do prezo público establecido nesta Ordenanza os usuarios/beneficiarios do campamento de verán
ARTIGO 4.-Tarifa.
As tarifas estrutúranse do xeito seguinte:
- Por persoa e por cada día de actividade: 3,78 €.
A inscrición será por quendas completas de entre 5 e 15 días, que se fixará anualmente por Resolución da Alcaldía, atendendo, e calculándose a tarifa en función dos días de campamento efectivos na quenda de que se trate, excluíndo os festivos, sábados e domingos, non sendo posible a inscrición por días soltos.
ARTIGO 5.-Bonificacións.
- Familias numerosas: bonificación do 20% de desconto no total da cota de cada un dos membros da familia inscrito nas actividades.
- Perceptores de Renda de inclusión social de Galicia (RISGA): bonificación do 80% do total da cota
- Os beneficiarios de axudas de emerxencia social: bonificación dun 80% no total da cota
- Unidades de convivencia (entendendo por tal todas as persoas empadroadas nunha mesma vivenda) onde todos os membros maiores de idade se atopen en situación de desemprego e/ou sexan perceptores de pensións non contributivas: bonificación dun 56%. Para acreditar esta situación, deberase achegar un certificado emitido polo Servizo Público de emprego que acredite a situación de desemprego de cada un dos membros maiores de idade, e/ou certificado emitido polo INSS ou pola Consellería de Política Social acreditativo da condición de beneficiario dunha pensión non contributiva.
As persoas que se atopan nalgunha destes situación deberán comunicar coa maior brevidade posible os cambios na súa situación económica.
ARTIGO 6.-Normas de xestión.
1.-As persoas interesadas en participar no campamento de verán deberán solicitar, no prazo habilitado por Resolución da Alcaldía de entre 5 e 15 días de preinscrición, as quendas nas que estean interesadas, cubrindo para o efecto o modelo de folla de preinscrición que se facilitará no Concello para tal fin.
A dita preinscrición deberá formalizarse necesariamente por Rexistro de entrada do Concello, cubrindo un impreso por cada participante, con cantas quendas se soliciten.
Durante o prazo de preinscrición terán preferencia os/as veciños/as empadroados/as no concello de Pontedeume, sobre os empadroados/as noutros municipios. A condición de veciño/a comprobarase de oficio por parte do servizo municipal responsable da organización do campamento urbano, segundo datos obrantes no Padrón Municipal de habitantes do concello de Pontedeume, debendo constar o beneficiario/a do servizo de alta no mesmo con anterioridade á finalización do prazo de preinscrición.
Unha vez rematado o prazo inicial de preinscrición no caso de existir prazas vacantes seguirase o estricto orde de solicitude segundo o indicado a continuación.
Unha vez rematado o prazo de preinscrición:
- En caso de que non se teñan cuberto o número total de prazas ofertadas nalgunha quenda, publicarase a listaxe de admitidos no tablón de edictos municipal e na páxina web do Concello, outorgando un prazo de ata 5 días hábiles para formalizar a matrícula, momento no que deberá realizarse o pagamento total do prezo público.
- Unha vez publicada a listaxe de admitidos,calquera interesado que non tivese cuberto a folla de preinscrición ou quixera solicitar outra/s quenda/s, poderá solicitar directamente a formalización da matrícula, realizando nese momento o pagamento do prezo público, resolvéndose a súa admisión no prazo máximo de 3 días dende a solitude, non sendo posible participar nas actividades en tanto non se resolva en tal sentido por Resolución da Alcaldía.
- Neste caso se admitirán solicitudes de formalización de matrícula presentadas ata as 12:00 horas do xoves anterior á quenda que se solicite, e se terá en conta a data de rexistro de entrada da solicitude en caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas.
- Na dita resolución de admisión se acordará de oficio a devolución das contías pagadas non disfrutadas do prezo público, de ser o caso de que se teñan realizado máis solicitudes que prazas ofertadas.
- Para aquelas actividades nas que o número de preinscricións sexa superior ás prazas ofertadas, realizarase, no prazo máximo de tres días hábiles logo de rematado o prazo de preinscrición, un sorteo público para determinar a letra pola que, en orde alfabético do primeiro apelido, se listarán os admitidos, quedando en listaxe de reserva as preinscricións que superasen ao número de prazas ofertadas.
O lugar e hora de realización do sorteo publicarase cun mínimo de 24 de horas de antelación no tablón de edictos do Concello e na web municipal, para que calquera persoa interesada poda acudir.
Unha vez publicada a listaxe de admitidos e de reserva, outorgarase un prazo de ata 3 días hábiles para formalizar a matrícula e realizar o pagamento do prezo público. En caso de non realizar a formalización, decaerán no seu dereito a participar na quenda solicitada, sendo chamados a formalizar matrícula por estricto orde da listaxe de reserva aos integrantes desta, e ata cubrir o total de prazas ofertadas na quenda de que se trate.
En caso de quedar finalmente prazas vacantes, seguirase igual procedemento que o sinalado no apartado anterior.
Unicamente procederá a devolución do prezo público aboado en caso de falta de prestación da actividade por causa imputable ao Concello. En ningún caso procederá a devolución en caso de desestimento do participante.
Admitiranse formalizacións de matrícula para as quendas con prazas vacantes para comezar a semana seguinte á solicitude, sempre que esta se presente antes das 12.00 do xoves anterior.
Calquera cambio na solicitude de quendas deberá presentarse por rexistro de entrada do Concello e poderá autorizarse sempre que o cambio se solicite para quendas con prazas vacantes, debendo aboar a diferenza en caso de aumentar o número de días da quenda. Non procederá devolución do xa aboado en caso de que o número de horas de quendas vaia disminuir ao entendelo como desestimento.
2.-Como se indicou no parágrafo precedente, esíxese o depósito previo da quenda, de forma que no momento de presentar a formalización da matrícula debe xuntarse resgardo acreditativo do pagamento.
ARTIGO 7.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias así coma das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente modificación da Ordenanza entrará en vigor de acordo co sinalado na Ordennaza xeral de prezos públicos e no TRLFL, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2024, e se manterá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.