Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 11.-REGULADORA DA TAXA PARA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVA DAS VÍAS PÚBLICAS PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CA

Publicación provisional: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Publicación definitiva: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 58 en relación cos artigos 15 ó 19 e 20 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Malpica de Bergantiños establece a Taxa por autorizacións administrativas por entradas de vehículos a través das beirarrúas e reserva das vías públicas para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2.º .-Dominio público local

Entenderase como dominio público local pertencente ó Concello de Malpica de Bergantiños a efectos da aplicación da presente Ordenanza Fiscal, os bens destinados a uso público definidos no artigo 74.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e os artigos 3.º do Real Decreto 1372/1986, de 13 xuño polo que se aproba o Regulamento dos Bens das Entidades Locais.

Artigo 3.º .-Feito impoñible

1.-Constitúe o Feito Impoñible desta taxa por prestación patrimonial as autorizacións administrativas para realiza-la utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local consistente nas entradas de vehículos a través de beirarrúas e reserva das vías públicas para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

2.-Terá a consideración de Feito Impoñible o outorgamento das autorizacións para realiza-las utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local regulados na presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 4.º .-Suxeito pasivo

1.-Son Suxeitos Pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da lei 230/1963, de 28 decembro, Xeral Tributaria que resulten autorizadas para realiza-las utilizacións privativas ou os aproveitamentos especiais definidos no artigo 3 .º da presente Ordenanza Fiscal.

2.-Son Suxeitos Pasivos desta Taxa, en concepto de substitutos do contribuínte os propietarios das fincas e locais que dean acceso ás devanditas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

3.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

4.-Serán responsables subsidiariarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable

1.-A determinación da Base Impoñible, que será realizada con carácter xeral pola Administración Municipal de acordo co procedemento establecido no artigo 48 da Lei 230/1963, de 28 de decembro Xeral Tributaria, efectuarase mediante a aplicación do módulo único correspondente ás utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais definidos no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal.

2.-Para a liquidación da presente taxa, os solicitantes de autorizacións que constitúen o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente ordenanza, deberán declara-la modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial que solicitan cuantificando o módulo que rexerá para a determinación da base impoñible, segundo o seguinte cadro:

 

Modalidade de utilizacion privativa ou aproveitamento especial Módulo
Epígrafe Único.-Entrada de vehículos a través da beirarrúas e reserva das vías públicas para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase Metros lineais

 

Artigo 6.º .-Cota

1.-Utilizarase o sitema de cota aplicable á base liquidable, exisíndose a taxa conforme á seguinte escala:

 

Escala da base liquidable Cota base anual Cota anual por cada metro que exceda de 3 metros Cota base trimestral Cota trimestral por cada metro que exceda de 3 metros
Ata 3 metros lineais 4.000 0 1.000 0
4 ou máis metros lineais 4.000 2.000 1.000 500

 

2.-A aplicación da escala de base liquidable efectuarase, sen excepcións e para tódolos casos, en unidades de metros lineais, redondeándose a unidade superior no caso de as solicitudes de autorizacións, que constitúen o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente ordenanza, conteñan fraccións inferiores á unidade de metro lineal.

Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo

1.-O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de autorizacións solicitadas a instancia de parte para realización de novos aproveitamentos do dominio público local, para entradas de vehículos a través da beirarrúas e reserva das vías públicas para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, abarcando neste caso o período impositivo abarcará dende o trimestre comprensivo da data de concesión da correspondente autorización ata o final do ano natural.

2.-A taxa devéngase o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irreductibles, salvo cando, nos casos de autorizacións solicitadas a instancia de parte para novas autorizacións, a data e solicitude da correspondente autorización non coincida co día de inicio do ano natural, neste caso a cota calcularase proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comenzo da utilización privativa ou aproveitamento especial autorizado.

3.-As cotas serán rateadas (prorrateadas) por trimestres naturais, excluído aquel en que se produza o devandito cese, no caso de cese na utilización privativa ou o aproveitamento especial autorizado. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicita-la parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se teña realizada a utilización privativa ou o aproveitamento especial que constitúe o feito impoñible da presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 8.º .-Normas de xestión

1.-A autorización para realiza-las utilizacións privativas ou os aproveitamentos especiais consistentes nas autorizacións para entradas de vehículos a través das beirarrúas e reserva das vías públicas para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños de acordo co artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986.

2.-Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos polas autorizacións administrativas reguladas na presente Ordenanza Fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo, de acordo co artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais. O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito coa cuantificación do módulo de metros lineais para a determinación da base impoñible e cota resultante. Non se tramitará o expediente nin se permitirá a ultilización privativa ou aproveitamento especial sen que se teña efectuado o pagamento correspondente.

3.-Será preceptivo o informe do Arquitecto Técnico Municipal, no que se fixarán as condicións da autorización. Na súa determinación terase en conta unicamente as necesidades xerais que ten que cumpri-la utilización privativa ou aproveitamento especial solicitado e as disposicións legais vixentes que poidan ser de aplicación á autorización solicitada.

4.-Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización para a utilización privativa ou o aproveitamento especial solicitado, elevándose o depósito previo á liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada

5.-Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.

Artigo 9.º .-Exencións e bonificacións

Non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza.

Artigo 10.º .-Administración e cobranza

1.-As cotas esixibles liquidaranse polo aproveitamento solicitado ou realizado, sendo irreductibles polo período impositivo sinalado artigo 7.º da presente Ordenanza Fiscal, sen máis excepcións cós supostos contemplados no citado artigo para os casos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial; neste caso o período impositivo axustarase a esta circunstancia co conseguinte rateo (prorrateo) da cota por trimestres naturais.

2.-Autorizada a utilización privativa ou aproveitamento especial entenderase prorrogada automaticamente, ata que se solicite a baixa polo interesado, ou sexa declarada a súa caducidade. A tal fin a Administración Municipal elaborará un padrón anual das persoas ou entidades obrigadas ó pagamento, que deberá ser aprobado definitivamente antes do último día do primeiro mes do período impositivo.

3.-Os contribuíntes deberán ingresa-lo importe das cotas tributarias liquidadas mediante o referido padrón fiscal anual nas Oficinas deste Concello ou Entidades Financeiras colaboradoras no período comprendido entre o día 15 de febreiro o último día do mes de abril de cada ano.

4.-Nos casos de presentación da baixa por cese nas utilizacións privativas ou aproveitamento especial regulada na presente Ordenanza Fiscal, esta producirá efectos a partir do trimestre seguinte á data de presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de tributar pola presente a taxa.

Aprobación e vixencia

1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no "Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

2. A presente Ordenanza, que consta de dez artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 25 de novembro de mil novecentos noventa e oito.