Curtis - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, EDUCATIVAS, CULTURAIS, SOCIAIS E ANÁLOGAS DO CONCELLO DE CURTIS

Publicación provisional: 27/10/2023 BOP Nº: 206
Publicación definitiva: 20/12/2023 BOP Nº: 241
Aplicable dende: 01/01/2024

ARTIGO 1 .- FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades contidas no artigo 106 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto no artigo 20 en relación cos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola organización e prestación de actividades de carácter deportivo, educativo, culturais e análogas.

ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúen o feito impoñible dos prezos públicos regulados nesta Ordenanza a prestación dos servizos de actividades deportivas, educativas, culturais, sociais e análogas, xestionadas directamente polo Concello de Curtis, que serán satisfeitas a os usuarios que voluntariamente soliciten a realización e participación nesas actividades de tal carácter que se organicen polo Concello de Curtis.

ARTIGO 3.- SUXEITOS PASIVOS. USUARIOS/AS E RESPONSABLES.

Os prezos públicos regulados nesta Ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que serán satisfeitas polas persoas físicas ou xurídicas que, como usuarios, voluntariamente soliciten ou resulten beneficiadas da realización das actividades que constitúen o feito impoñible, xa sexa individual o en representación dunha colectividade.

Cando a petición para a participación nas actividades reguladas nesta ordenanza sexa formulada por un centro de educación, club ou asociación análoga, éstas terán a consideración de suxeito pasivo substituto.

Serán usuarios/as todas aquelas persoas que participen nas actividades programadas.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

Cando os usuarios/as sexan menores de idade ou maiores que non teñan capacidade de obrar, actuarán no seu nome os pais, nais , titores/as ou calquera outro representante legal.

ARTIGO 4.- PREZO.

4.1. O importe do prezo público fixado cubrirá como mínimo, o custe de actividades prestadas, podendo fixarse un prezo público por debaixo do custe cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen.

.No caso de actividades subvencionadas total ou parcialmente por outras Administracións e/ou entidades , terase en conta dita subvención para o cálculo do custe real para o Concello de Curtis, deste xeito toda actividade subvencionada ao 100% será gratuita para os usuarios/as.

Da mesma maneira, no caso de que a subvención obtida doutros axentes financiadores non sexa do 100% do coste das actividades prestadas, liquidarase de forma proporcional os prezos públicos aos usuarios

4.2. As tarifas que se aplicarán son as seguintes:

- Escola de fútbol: 30 €/mes

- Actividade de pádel: 25 €/mes

- Matrícula para participación en ligas deportivas municipais: 20 € equipo/liga

- Actividades de conciliación durante o período lectivo:

· Madrugadores fixo e con almorzo: 25 €/mes

· Madrugadores fixo sen almorzo: 20 €/mes

· Madrugadores esporádico con almorzo: 5 €/día

· Madrugadores esporádico sen almorzo: 4 €/día

· Servizo ludoteca: 20 €/mes

· Servizo ludoteca esporádico: 4 €/día

- Actividades de conciliación durante período non lectivo:

· Campamento Nadal: 20 €

· Campamento Semana Santa: 10 €

· Campamento verán: 20 €/quincena

- Outras actividades nas que o Concello non aporta o material para o seu desenvolvemento ou non se trate de material funxible:

· Con monitor con titulación específica ou externo: 20 €

· Sin monitor específico: 16 €

- Outras actividades nas que o Concello aporta o material para o seu desenvolvemento (cestería, pintura, arte floral e análogas que supoñen o uso de material funxible):

· Con monitor con titulación específica ou externo: 40 €

· Sin monitor específico: 20 €

4.3. Naquelas actividades que comporten gastos de transporte fóra do municipio, manutención ou hospedaxe, estes serán calculados ata cubrir o 100% do custe.

4.4. As actividades que comporten un gasto adicional como a entrada ao recinto ou polo uso de atraccións, serán aboados directamente polo aboado/a.

ARTIGO 5.- NORMAS DE XESTIÓN.-

5.1. A solicitude de inscrición a todas as actividades, presentarase no Rexistro Xeral do Concello, en instancia normalizada, dirixida ao alcalde/sa, por calquera dos medios permitidos pola Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Así mesmo, poderase facer a solicitude a través da aplicación informática que se habilite ao efecto.

A condición de usuario/a será comunicado ao afectado/a, logo de comprobarse que a solicitude reúne todas as condicións esixidas e que existe cupo suficiente para desenvolver a actividade. As prazas serán concedidas por rigorosa orde de solicitude, tendo en todo caso preferencia os empadroados, así como a orden das solicitudes.

En casos excepcionais poderanse aplicar outros criterios coma nas actividades de fomento da conciliación, onde se terá en conta a situación familiar dos usuarios/as e a maior necesidade de acceso a este tipo de actividade, de haber máis demanda que prazas dispoñibles. Para a aplicación desta excepcionalidade, emitirase informe polo servizos sociais municipal correspondente, e ditarase a resolución oportuna.

Publicarase o listado das persoas inscritas na actividade, as datas e o lugar de desenvolvemento e coa contía a pagar.

Cando o número de solicitudes supere as prazas existentes en cada curso ou actividade, un feito que dependerá das horas en que se imparte e do número de usuarios/as, crearanse listaxes de agarda.

5.2. Formas de pagamento:

Nace a obriga de contribuir desde o momento en que se presente a solicitude do interesado/a da súa inclusión na actividade, e se inicie o correspondente servizo.

O cobro realizarase con carácter xeral, os usuarios admitidos deberán domiciliar os seus pagamentos, que con carácter ordinario se cargarán na conta designada antes do día 10 de cada mes natural. Xunto coa inscrición na actividade, achegarase a autorización da domiciliación bancaria.

Excepcionalmente, cando se trate de actividades esporádicas, ou tratándose de actividades organizadas reiteradas no tempo, se fixera un uso esporádico, abonarase mediante a adquisición de boletos, tickets, entradas e formas análogas.

5.3. Baixas.

A baixa na actividade debese solicitar polo interesado por escrito ante o Rexistro municipal e causará efectos no mes seguinte.

A baixa será de oficio para aqueles participantes que adebeden dúas mensualidades consecutivas, ou tres alternas, sen prexuízo do cobro dos recibos pola vía executiva. Ademais, non poderá matricularse de novo en ningunha actividade ofertada polo Concello de Curtis ata facer efectivo o pagamento das contías adebedadas.

Caso de baixa nas actividades deportivas, educativas, culturais e análogas de duración igual ou superior a un mes, se a persoa quere facer unha nova alta poderá facerse incorporándose de novo ao grupo de haber prazas dispoñibles ou pasará a ocupar o derradeiro posto da listaxe de agarda, se a houbera.

5.4. Falta de asistencia.

A falta de asistencia dos beneficiarios ás actividades nas que se inscribiron, por causas imputables a eles mesmos, sen xustificación de forza maior algunha, non dará dereito á devolución da parte proporcional das cuotas abonadas.

A falta de asistencia do usuario en mais de tres sesións seguidas sen xustificar, suporá a baixa de oficio nesa actividade, sempre que haxa lista de agarda.

5.5. Devolución de recibos.

Os custes por devolución de recibos serán a cargo do titular dos mesmos, sempre e cando a causa non sexa imputable ao Concello.

Os suxeitos pasivos terán dereito á devolución do prezo na parte proporcional que corresponda cando a prestación do servizo non se puidera realizar por motivos organizativos dependentes do Concello, sempre e cando non sexan recuperables as horas cos usuarios/as durante o período de realización da actividade.

ARTIGO 6.- EXENCIÓNS E REDUCIÓNS.-

O Concello de Curtis resérvase o dereito de reducir o prezo público nas seguintes situacións:

¿ Os colectivos que se consideren desfavorecidos poderán solicitar a redución/exención do prezo público, previo informe da área de servizos sociais.

¿ As familias numerosas poderán pedir unha redución de ata un máximo do 50 % mediante a súa acreditación co libro de familia numerosa.

ARTIGO 7.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

ARTIGO 8.- CONSIDERACIÓNS XERAIS.

8.1. O número mínimo e máximo de cada actividade será fixado, segundo o tipo de actividade, a idade dos participantes, os espazos e horarios dispoñibles, as ratios establecidas , etc., polo responsable de Área que organice a actividade antes do comenzo da mesma.

Do mesmo xeito, os números mínimos e máximos poderán variar segundo o tipo de actividade tendo en conta que nalgúns casos é preciso realizalas en grupos máis reducidos para acadar os obxectivos, noutros poderán ampliarse a máis segundo o formato de actividade e lugar de realización, sempre cumprindo a normativa vixente en canto a ratios monitor/alumno.

8.2. Se durante o transcurso da tempada ou da duración prevista da actividade o número de usuarios disminuise por debaixo do mínimo indicado, o Concello poderá suspender a actividade, ainda que deixará aberto o prazo de inscrición por si puidera volver a reiniciar a actividade con número mínimo de usuarios.

8.3. Todos os usuarios están obrigados a facer un bo uso dos materiais e instalacións onde se realicen as actividades e a cuidar da observancia das normas que nelas se establezan, así como o respecto aos monitores e aos demais usuarios. Caso contrario poderá ser dado de baixa da actividade con perda das cantidades xa devengadas mensuais, sen prexuízo das responsabilidades que poidan esixirse polos posibles danos causados por uso indebido ou neglixente das instalacións e/ou do seu mobiliario.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA.-

A presente Ordenanza deroga integramente á da Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación de servizos culturais, educativos, sociais, deportivos e análogos do Concello de Curtis, que fora publicada definitivamente no BOP n.º 243 de 23/12/2010.

DISPOSICIÓN FINAL.-

A presente Ordenanza entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2024, e en todo caso unha vez se cumpra o esixido no artigo 49 da Lei de bases de réxime local e se publique o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei de bases do réxime local e aplicarase mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación.