Rianxo - ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO POLO USO E DESFRUTE DA PISCINA MUNICIPAL E INSTALACIÓNS ANEXAS

Publicación provisional: 06/11/2023 BOP Nº: 211
Publicación definitiva: 29/12/2023 BOP Nº: 247
Aplicable dende: 22/01/2024

Artigo 1. Fundamentos e natureza.

En exercicio da potestade atribuída no art. 20.6 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece as prestacións patrimoniais de carácter público non tributario do servizo de xestión da piscina municipal e das instalacións anexas, que se presta en réxime de concesión de servizo público.

Artigo 2. Nacemento da obriga.

A obriga do pago da prestación patrimonial de carácter público non tributaria regulada na presente ordenanza está constituída pola prestación dos servizos que se detallen no artigo 5, referidos ao uso e desfrute da piscina municipal e instalacións anexas.

Artigo 3. Suxeito activo.

O suxeito activo desta prestación é a empresa concesionaria do contrato de xestión de servizo público da piscina climatizada e das instalacións anexas do Concello de Rianxo.

Artigo 4. Obrigados ao pago.

Son obrigados ao pago as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación dos diferentes servizos que se detallan no artigo 5.

Artigo 5. Pagamento.

A obriga de pago da prestación patrimonial nace cando se inicie a prestación do servizo.

Artigo 6. Tarifas.

A cota que corresponda abonar pola prestación de cada un dos servizos aos que se refire esta Ordenanza determinarase segundo cantidade fixa que se indica nas seguintes tarifas:

1.- Cotas de Inscrición: (tarifa única)

Inscrición abonado

27,59€

Inscrición curso (non abonado)

22,07€

Observacións:

· Os usuarios que se inscriban como abonados por primeira vez, ou tras unha baixa previa, pagarán unha cota en concepto de matrícula.

· A inscrición en actividades acuáticas das que se oferten, suporá o pago dunha cota en concepto de matrícula.

· As cotas de inscrición non son rateables.

2.- Abonado (tarifa mensual)

Adulto

27,59€

Individual menor de idade

17,65€

Individual horario de mañá

16,53€

Individual xubilado, pensionista, discapacitado

13,24€

Matrimonio de xubilados e/ou pensionistas

19,85€

Familiar (unidade familiar con fillos menores de idade)

Suplemento por fillo estudante entre 18 e 24 anos

33,09€

9,92€

Observacións:

· Os usuarios que accedan a esta modalidade teñen acceso ós servizos que se relacionan tódolos días sen límite de tempo:

1. Piscina climatizada: baño libre nas rúas destinadas para tal uso

2. Zona SPA e zona e relaxación

3. Sala de Fitness

4. Actividades físico- deportivas dirixidas

5. Ademais ten prioridade nas actividades acuáticas, de saúde, etc, cunha redución de tarifa de ata un 50%.

· Abonado FAMILIAR:

1. Os membros que formen o socio familiar teñen as mesmas vantaxes e obrigas que o socio individual.

2. Os fillos poderán formar parte do abono mentres non cumpran os 18 anos.

3. No intre do cumprimento de dita idade, teranse que aboar de forma individual, acolléndose as posibilidades existentes.

4. Para acollerse o abono Familiar, é necesario a presentación da fotocopia do libro de familia. O cambio de situación familiar traerá consigo a perda de dito abono.

· Abonado nas categorías de: ESTUDANTE ENTRE 18 e 24 ANOS; MATRIMONIO DE XUBILADOS ou PENSIONISTAS; XUBILADO, PENSIONISTA; PERSOAS CON DISCAPACIDADE:

1. Para acollerse a estes abonos será obrigatorio aportar os documentos acreditativos.

2. No caso da terceira idade será obrigatorio teren cumpridos máis de 60 anos, ou presentar xustificante de ser pensionista.

3. Para os estudantes será obrigatorio a presentación do carné de estudante, ou no seu defecto, unha copia do pago da matrícula do ano académico correspondente á data de alta.

4. Do mesmo xeito, os discapacitados deberán acreditar os documentos que demostren a súa condición.

3.- Entradas puntuais:

Piscina

5,50€

Piscina colectivos especiais e infantil

3,30€

Sala Fitness adulto

6,60€

Observacións:

Os usuarios que accedan a esta modalidade teñen dereito por sesión, a utilizar por libre a piscina.

4.- Reservas: (tarifas por hora)

Uso dunha rúa da piscina/hora

23,16€

Uso da piscina para competicións/hora

321,06€

Observacións:

A tarifa correspóndense coa reserva- alugamento dunha hora de uso da piscina que sexa solicitada polos distintos clubs e asociacións interesadas, para realización de actividades deportivas. Os clubs e asociacións poderán establecer convenios co Concello de Rianxo ou empresa concesionaria para a redución das tarifas. Correspóndelle o Concello de Rianxo ou empresa concesionaria o establecemento da porcentaxe de redución na tarifa.

5.- Actividades acuáticas: (tarifa mensual)

Infantil e xuvenil

Abonados

Non abonados

1 día/semana

9,92€

19,85€

2 días/semana

18,76€

37,52€

Adultos

Abonados

Non abonados

1 día/semana

9,92€

19,85€

2 días/semana

18,76

37,52€

3 días/semana

26,48€

52,97€

Bebés

Abonados

Non abonados

1 día/semana

13,24€

26,48€

Cursos intensivos verán

Abonados

Non abonados

Quincena (1 sesión diaria)

19,85€

39,73€

Observacións:

Este usuario é aquel que asiste á instalación regularmente porque está inscrito a unha actividade acuática dirixida con monitor, e que unha vez finalizada abandona a instalación. Só ten acceso á súa actividade, nos días e horas contratadas. Aos socios- abonados realizaráselles un desconto de ata 50% en todos as actividades acuáticas.

A estes importes a empresa concesionaria debe aplicar aos usuarios o IVE que corresponda.

Artigo 7. Normas de xestión e ingreso

O pago da tarifa deberá efectuarse cando se solicite o servizo sen cuxo requisito non se efectuará o referido servizo.

Todo usuario que ingresa na instalación e inscríbese por primeira vez como socio- abonado para calquera dos servizos prestados nas instalacións da Piscina Municipal, abonará unha cota en concepto de matrícula.

O pago da tarifa efectuarase no momento de entrar no recinto da Piscina Municipal, cando se trate de entradas puntual-diarias para non abonados.

Os abonos individuais e familiares poderán ser pagados en calquera das contas bancarias que teña aberta o Concello ou ben a empresa Concesionaria.

Cando por causas non imputables o suxeito pasivo e debidamente documentadas, o servizo non se preste ou desenvolva, procederase a devolución do importe correspondente, agás os períodos de peche obrigados.

Artigo 8. Concertos

As persoas naturais ou xurídicas, así como as entidades, organismos, asociacións, federacións ou clubs, que organicen actos ou utilicen as instalacións obxecto desta Ordenanza con carácter periódico e para realización de actividades deportivas nas que estean federadas, poderán solicitar o correspondente concerto económico co coa empresa concesionaria.

As condicións do mesmo serán fixadas, en todo caso, de acordo co procedemento legalmente establecido e a aprobación destes concertos corresponderá o Concello de Rianxo ou empresa concesionaria, previa petición por escrito motivado explicando para qué actividades se aplicaría.

O concerto poderá establecer unha redución das tarifas da presente ordenanza, correspondendo ao establecemento da porcentaxe de redución o concello de Rianxo ou empresa Concesionaria.

Disposición Derrogatoria

A partires da data de aplicación da presente Ordenanza quedará derrogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización de servizos e instalacións da Piscina Municipal.

Disposición Final

A presente ordenanza publicarase de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, entrando en vigor unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da mesma norma; e aplicarase en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresas.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.