Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 17.-REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA.

Publicación provisional: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Publicación definitiva: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 58 en relación cos artigos 15 ó 19 e 20 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Malpica de Bergantiños establece a Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas autorizacións para a ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2.º .- Dominio público local

Entenderase como dominio público local pertencente ó Concello de Malpica de Bergantiños a efectos da aplicación da presente Ordenanza Fiscal, os bens destinados a uso público definidos no artigo 74.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, del 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e os artigos 3.º do Real Decreto 1372/1986, de 13 xuño polo que se aproba o Regulamento dos Bens das Entidades Locais.

Artigo 3.º .-Feito impoñible

1.-Constitúe o Feito Impoñible desta Taxa a ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

2.-Terá a consideración de Feito Impoñible o outorgamento das autorizacións para realiza-las utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais regulados na presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 4.º .-Suxeito pasivo

1.-Son Suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da lei 230/1963, de 28 decembro, Xeral Tributaria tanto as que resulten autorizadas para realiza-la ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, como aquelas que se beneficien do aproveitamento se este se realizou sen a preceptiva autorización.

2.-responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da lei xeral tributaria que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

3.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e alcance que sinala o artigo 40 da lei xeral tributaria.

Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable

1.-A determinación da Base Impoñible, que será realizada con carácter xeral pola Administración Municipal de acordo co procedemento establecido no artigo 48 da Lei 230/1963, de 28 de decembro Xeral Tributaria, efectuarase mediante a aplicación do módulo correspondente á utilización privativa ou aproveitamento especial definido no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal.

2.-Para a liquidación da presente taxa, os solicitantes da autorización que constitúe o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente ordenanza deberán solicita-la modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial por ocupación de terreos de uso público, coa cuantificación do elemento do módulo seguinte:

Modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial Módulo
Epígrafe Único: Ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa m2/trimestre

 

Artigo 6.º .-Cota

1.-Utilizarase o sistema de cota fixa por módulo, exisíndose a taxa con arreglo á cota aplicable a base liquidable correspondente á autorización solicitada de ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa, segundo a seguinte tarifa:

 

Modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial Módulo Cota pesetas trimestral por módulo
Epígrafe Único: Ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa m2/trimestre 3.600

 

2.-A aplicación do módulo para a determinación da base liquidable da presente taxa efectuarase, sen excepción e para tódolos casos, en unidades de metros cadrados, redondeándose á unidade superior no caso de que as solicitudes de autorizacións que constitúen o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal, conteñan fraccións inferiores á unidade.

Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo

1.-O período impositivo coincidirá co trimestre para o cal se solicite a preceptiva autorización. Cando se trate de autorizacións solicitadas a instancia de parte para realización de novos aproveitamentos do dominio público local por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa ó período impositivo abarcará dende primeiro mes comprensivo do trimestre para o que se outorgue a concesión da correspondente autorización ata o final do citado trimestre.

2.-A taxa devéngase o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irreductibles.

Artigo 8.º .-Normas de xestión

1.-A autorización para realiza-las utilizacións privativas ou os aproveitamentos especiais consistentes na ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa delimitadas na presente Ordenanza Fiscal, serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños de acordo co artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986.

2.-Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente, os suxeitos pasivos polas autorizacións administrativas reguladas na presente Ordenanza Fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo, de acordo co artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais. O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito coa cuantificación do módulo de metros cadrados para a determinación da base impoñible e cota resultante, especificando os meses comprensivos do trimestre para o cal se solicita a autorización. Non se tramitará o expediente nin se permitirá a ocupación da vía pública ata que se teña efectuado o pagamento correspondente e sexa expedida a correspondente autorización.

3.-Será preceptivo o informe do Arquitecto Técnico Municipal, no que se fixarán as condicións da autorización. Na súa determinación terase en conta unicamente as necesidades xerais que ten que cumpri-la utilización privativa ou aproveitamento especial solicitado e as disposicións legais vixentes que poidan ser de aplicación á autorización solicitada.

4.-Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización para a utilización privativa ou o aproveitamento especial solicitado, elevándose o depósito previo a liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada.

5.-Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.

Artigo 9.º .-Exencións e bonificacións

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88 de 28 de decembro non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza, salvo os que sexan consecuencia do establecido no Tratrados ou Acordos Internacionais ou os previsto con rango de Lei.

Artigo 10.º .-Administración e cobranza

1.-As cotas esixibles liquidaranse polo aproveitamento solicitado ou realizado, sendo irreductibles polo período impositivo sinalado artigo 7.º da presente Ordenanza Fiscal.

2.-Autorizada a utilización privativa ou aproveitamento especial entenderase prorrogada automaticamente por un novo período impositivo, ata que se solicite a baixa polo interesado, ou sexa declarada a súa caducidade. A tal fin as persoas ou entidades obrigadas ó pagamento deberán ingresa-lo importe da liquidación practicada pola Administración Municipal por trimestres nas Oficinas deste Concello ou Entidades Financeiras Colaboradoras, dende o día 16 do primeiro mes do trimestre ó día 15 do segundo mes.

3.-Nos casos de presentación da baixa por cese nas utilizacións privativas ou aproveitamento especial regulada na presente Ordenanza Fiscal, esta producirá efectos a partir do trimestre seguinte á que se teña efectuada a presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de seguir aboando a taxa.

Aprobación e vixencia

1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no "Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

2. A presente Ordenanza, que consta de dez artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 25 de novembro de mil novecentos noventa e oito.