Bergondo - Ordenanza fiscal nº 2, reguladora do ICIO no Concello de Bergondo
Artigo primeiro
1.-De conformidade co prescrito no artigo 100 a 103 Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), o Imposto sobre construcións, instalacións e obras é un tributo indirecto no que o feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.
2.-As construcións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior, poderán consistir en :
a) Obras de construción de edificacións e instalacións de tódalas clases de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior ou exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e sumidoiros.
f) Obras de cemiterios.
g) Calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza de obra ou urbanística.
Artigo segundo
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación e obra sexan ou non donos do inmoble sobre o que se realiza aquela.
Ós efectos previstos no parágrafo anterior terán a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos e custo que comporte a súa realización.
2.-No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo aqueles que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte a cota tributaria satisfeita.
3.-Nas solicitudes da licenza deberá constar especificamente o nome e apelidos, denominación ou razón social, NIF/CIF, e domicilio fiscal do dono do terreo, do dono da obra e a empresa construtora.
Artigo terceiro
1.-Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou Entidades Locais, que estando suxeitas ó mesmo vaia a ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
2.-En base ó establecido na Disposición Adicional Terceira, do TRLRFL, non poderán alegarse respecto deste imposto os beneficios fiscais que estiveran regulamentados en disposicións distintas da normativa vixente de Réxime Local.
Artigo cuarto
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal a estes efectos o custo de execución materia daquela.
Non formarán parte da base impoñible o IVE e demais impostos análogos propios de réximes especiais nin tampouco as taxas prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas con ditas construcións, instalacións ou obras nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.
2.-A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame do imposto para este Concello será do 2,5 por cento.
4.-O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licenza ou non se houbese presentado por parte do interesado a correspondente de declaración responsable ou comunicación previa.
Artigo quinto
1.-Cando se conceda a licenza preceptiva ou cando, non habéndose solicitado, concedido ou denegado aínda dita licenza preceptiva, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible en función dos índices ou módulos que a presente Ordenanza establece ó efecto, no Anexo da mesma , segundo a superficie indicada en cada proxecto.
2.-Cando non figuren no Anexo da Ordenanza os prezos medios de execución material aplicables ó caso, a liquidación provisional farase atendendo ós custos reais de execución material determinados polos Servizos Técnicos en base ós prezos medios de mercado.
3.-Unha vez finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a contía que corresponda.
Artigo sexto
1.- En virtude do artigo 103.2 a) do TRLRFL aplicarase unha bonificación do 50% a favor das construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou do fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
2.- En virtude do artigo 103.2 b) do TRLRFL, aplicarase Unha bonificación do 95 por ciento a favor das construccións, instalacións u obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor incluan colectores que dispoñn da correspondente homologación da Administración competente. Dita bonificación unicamente terá efectos sobre o custo da construción, instalación e obra que dá lugar á instalación do sistema para o aproveitamento termo ou eléctrico da enerxía solar.
3.- En virtude do artigo 103.2 d) do TRLRFL aplicarase unha bonificación do 50% a favor das construcións, instalacións e obras referentes ás vivendas de protección oficial.
Esta bonificación no caso de concorrer coas anteriores aplicarase á cota resultante de aplicar as bonificacións anteriores
4.- En virtude do artigo 103.2 e) do TRLRFL aplicarase unha bonificación do 90% a favor das construcións, instalacións e obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.
Esta bonificación no caso de concorrer coas anteriores, aplicarase á cota resultante de aplicar a bonificacións anteriores.
5.- As bonificacións ás que fan referencia os apartados anteriores deste artigo terán carácter rogado, e será necesaria a acreditación do suxeito pasivo de estar incurso nalgún ou nos supostos establecidos para cada unha de elas, presentando a documentación demostrativa dos mesmos.
Estas bonificacións poderán aplicarse simultaneamente, pero no caso de concorrer todas elas, a bonificación do apartado 4.º deste artigo aplicarase á cota resultante de aplica-la bonificación regulada no apartado 3.º deste mesmo artigo e a bonificación do apartado 3.º deste artigo aplicarase á cota resultante de aplica-la bonificación regulada no apartado 2º e a bonificación do apartado 2.º deste artigo aplicarase á cota resultante de aplica-la bonificación regulada no apartado 1º
Disposición derrogatoria
A presente ordenanza derroga a aprobada polo Pleno da corporación na sesión celebrada o día 26 de marzo de 2009 e entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
ANEXO Á ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
APARTADO 1-Relación de prezos medios de execución material definida polos Servizos Técnicos Municipais adxunta á presente Ordenanza para as obras de edificación de nova planta ou ampliación das existentes (custos por m2 construído):
1. Vivenda unifamiliar illada:
1.a. Superficies residenciais illadas: 700,15 €/m2.
1.b. Resto de superficies (espazos libres, soportais cubertos, sotos/ semisotos de actividade non residencial adicados a garaxes ou instalacións, garaxes...): 254,60 €/m2.
2. Vivenda unifamiliar acaroada ou en ringleira:
2.a. Superficies vivenciais (actividade residencial): 649,23 €/m2.
2.b. Resto de superficies (espazos libres, soportais cubertos, sotos/ semisotos con actividade non residencial adicados a garaxes ou instalacións, garaxes en planta baixa...): 254,60 €/m2.
3. Vivenda colectiva :
3.a. Superficies vivenciais (actividade residencial): 636,50 € /m2.
3.b. Resto de superficies (espazos libres, soportais cubertos, sotos, instalacións, garaxes..): 254,60 € /m2.
4. Edificación industrial ou talleres ( en naves): 273,69 €/m2.
5. Edificación para uso terciario exclusivo ( comercial, oficinas e recreativo) : 623,77 €/m2.
6 .Centro comercial en edificio exclusivo, hoteleiro, uso turístico 572,85 €/m2
7.Galpóns ou alpendres:
7.a. Galpóns de fábrica de bloque de formigón, prefabricados ou ladrillo: 254,60 €/m2.
7.b. Galpóns de madeira ou elementos ecolóxicos / reciclados: 159,12 €/m2.
APARTADO 2- Relación de prezos medios de execución material definida polos Servizos Técnicos Municipais adxunto á presente Ordenanza para as obras de construción, instalacións e obras non contempladas no apartado anterior.
1.Demolicións:
1.a. Demolicións de muros de carga de todo tipo incluída a retirada de escombro : 45,82 €/m3
1.b. Demolicións de tabiques incluída a retirada de escombros : 5,72 €/m2.
1.c. Demolicións de soleiras de formigón incluída a retirada de escombros: 10,18 €/m2.
1.d. Demolición completa de edificación incluída a retirada de escombro : 12,73 €/m2.
2.Movemento de terras:
2.a. Escavación de gabias en terreos compactos, medios manuais: 30,55 € /m3.
2.b. Escavación de gabias en terreos compactos, medios mecánicos: 15,27 € /m3.
2.c. Baleirados: 2,67 €/m3.
2.d. Recheo de gabias: 19,09 €/m3.
2.e. Aterraplenado compactado con solo seleccionado: 12,09 €/m3.
2.f. Carga e transporte a vertedoiro: 06,36 €/m3.
3.Cerramentos / Peches de fincas:
3.a. Cerramentos de postes e arame sen zócalo: Peches completamente diáfanos, sobre piquetes sen cimentación de obra de fábrica, 19,05 €/ml.
3.b. Cerramentos de postes e tea metálica con zócalo de ata dúas fiadas de bloque: 38,19 €/ml.
3.c. Cerramentos de zócalo mais tea metálica ( 0,60 m de fábrica+1,00 m de tela ): 70,01 €/ml.
3.d. Cerramentos de zócalo de fábrica de bloque peches non diáfanos ou de fábrica, ( h=1,50 m) : 76,38 €/ml.
3.e. Cerramentos de manpostería ( 1m ) mais enreixado metálico: 159,12 €/ml
3.f. Cerramentos de manpostería: 254,60 €/m3.
3.g Instalación de postes, dos apoios das redes e infraestruturas aéreas de servizos públicos, cunha distancia entre postes, de media 40 mts, i/ dado de cimentación e cableado aéreo baixa tensión. 271,00 €/ml.
4. Reparacións de cuberta:
4.a. Cuberta de pranchas prefabricadas onduladas incluído desmontaxe da cuberta existente 28,00 €/m2.
4.b. Cuberta de de pranchas prefabricadas ondulada mais tella incluído desmontaxe da existente: 66,19 €//m2.
4.c. Cuberta de tella sobre estrutura existente: 35,64 €/m2.
4.d. Cuberta de panel sandwich incluso desmontaxe da cubrición existente : 61,10 €/m2
5. Albanelería:
5.a. Tabiqueria de ladrillo : 22,91 €/m2.
5.b. Cerramentos (dobre folla): 52,19 €/m2.
5.c. Recebados: 14,00 €/m2.
5.d. Soleiras pavimentos de formigón: 22,91 €/m2.
5.e. Beirarrúas incluída soleira de formigón: 31,82 €/m2.
5.f. Alicatados: 26,63 €/m2.
5.g. Solados: 35,64 €/m2.
5.h. Picado de fachadas: 17,82 €/m2
5.i. Encintado de fachadas de pedra: 15,27 €/m2
5.j. Aplicación de revocos proxectadas: 22,91 €/m2
6.Carpintería:
6.a. Peche de balcóns, terrazas (galerías): 178,22 €/m2.
6.b. Instalación de porta de entrada: 407,36 €/Ud.
6.c. Instalación de porta interior: 152,76 €/Ud.
6.d. Instalación de fiestra: 165,49 €/m2
6.e. Instalación de fiestra: tipo ¿velux" : 292,79 €/m2.
6.f. Formación / instalación de piso de madeira : 50,92 €/m2
6.g. Apertura de ocos en muros: 101,84 €/m2.
6.h. Portal de acceso á finca : 114,57 €/m2
7. Instalación de aseo completo: 1.400,03 €/ud.
8. Instalación de baño completo: 1.654,90 €/ud.
9. Instalación de cociña: 1.782,20 €/ud.
10. Instalación eléctrica en vivenda: 1.527,60 €/ud.
11 .Instalación de calefacción en vivenda: 3.564,40 €/ud.
12. Pinturas
12.a. Pintura interior en paramentos verticais e horizontais : 5,72 €/m2
12.b. Pintura exterior en paramentos verticais : 8,27 €/m2
13.Pozos de captación e piscinas:
13.a. Pozo de barrena: 1.654,90 €//ud.
13.b. Pozo artesiano: 2.291,40 €/ud.
13.c Piscina prefabricada aceiro ou fibra (m2 lámina de auga) 230,00 €/m2
13.c Piscina de formigón armado, impermeabilizada pvc (m2 lámina de auga) 526,00 €/m2.
14. Instalación e conexión Fosa séptica: 1.782, 20 €/ud.
15. Formación de salvafoxos con tubo de formigón de entre 250 a 400 mm. de diámetro e formigonado superior : 50,92 €/ml
No caso de non estar incluído algunha actuación solicitada (licenza ou comunicación previa) en calquera dos apartados anteriores, se valorará aplicando o o orzamento presentado. O tipo de gravame do imposto para este Concello indicado no artigo 4 apartado terceiro ( 2,5 por cento).