Vimianzo - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA DA FEIRA DE VIMIANZO SITUADAS EN TERREO DE USO PUBLICO
Preambulo:
A presente ordenanza redactase facendo exercicio da iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria, e actuando de de acordo cos principios de boa regulacion: necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia, e eficiencia conforme o artigo 129 ( tit.:VI) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Artigo 1,-
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106, da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 57, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora Das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais derivados da ocupación da vía pública ou terrenos de uso público con postos, barracas, casetas de venda da feira de Vimianzo especificando nas tarifas contidas no artigo 3º o que rexerá na presente ordenanza.
Artigo 2, - Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza as persoas ou entidades que se lle outorguen as licencias, ou que se beneficie do aproveitamento se se procedeu se a oportuna autorización.
Artigo,-3 Contía
1.- A contía da taxa reguladora nesta ordenanza será a que figure na seguinte tarifa:
2.- Epígrafe único:
Por ocupación dos terrenos cos postos (a ocupación non sobrepasará os 10 m, de fronte non os 3m de fondo) , indistintamente do uso ou utilización, por cada metro lineal e día: 1 €.
O Concello poderá establecer ou modificar, para determinada temporada os terreos municipais de uso público, nos que permitan a instalación de postos, barracas, casetas de venda da feira de Vimianzo e adxudicar os ditos terreos conforme ás vixentes.
As adxudicacións faranse por temporada concreta, con expresión de data a data e se a ocupación continuase pasado o derradeiro día, liquidaranse os días de prorroga proporcionalmente ó prezo o que se lle adxudicara.
Os dereitos fixados na tarifa anterior, así como o importe de adxudicación mediante poxa entendese pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve ou non a cabo, polo que non se poderá concederse bonificación algunha por causa de choivas, restrición no subministro de enerxía eléctrica ou calquera outra de forza maior.
Artigo 4º Normas de xestión
1,- As cantidades esixibles de acordo coa tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irredutibles polo período autorizado.
2,-Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se efectúa o pagamento obtido polos interesados da licencia correspondente.
3,- As autorizacións terá carácter persoal e non poderán ser subarrendadas a terceiros
Artigo 5.- Obriga de pagamento
1,- A obriga de pagamento da taxa nesta ordenanza fiscal nace:
A) Tratándose de concesións novas de aproveitamentos da vía pública, no momento en que se lle conceda a correspondente licencia.
B) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa
2,-O pagamento desta taxa realizarase, tanto mo caso das prorrogas como das novas autorización por trimestres e a comenzos do mesmo.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o seu texto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña