Aranga - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA EXPEDICIÓN DAS TARXETA DE ESTACIONAMENTO DO CONCELLO DE ARANGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE PRESENTAN MOBILIDADE REDUCIDA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Constitución Española, no seu artigo 9.2., establece que os poderes públicos promoverán as condicións para que a liberdade e igualdade das persoas e dos grupos nos que se integran sexan reais e efectivas, removerán os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e a participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultura e social.
Asemade, no artigo 49 encoméndaselle aos poderes públicos e realización dunha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración das persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, ás que prestarán a atención específica que requiran e ás que ampararán especialmente para o goce dos dereitos que a Constitucións lle outorga a toda a cidadanía.
A regulamentación das tarxetas de estacionamento sufriu cambios que viñeron marcados pola aprobación da nova normativa estatal e autonómica, entre os que se atopan, a nivel estatal, o Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social; o Real Decreto 1056/2004, do 12 de decembro, polo que se regulan as condicións básicas de emisión e de uso da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade; e a nivel autonómico o Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.
Esta normativa supuxo un avance importante na mellora da calidade de vida de toda a poboación e, especialmente, das persoas con mobilidade reducidas. Aínda que, segue a ser necesario avanzar de cara a acadar unha sociedade máis inclusiva e accesible, capaz de garantir a autonomía das persoas, evitar a discriminación e favorecer a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, poñendo o foco naquelas persoas que teñen unha discapacidade física, sensorial e/ou intelectual, as persoas maiores ou as que teñen calquera forma de diversidade funcional.
O Concello de Aranga, como poder público e no marco das súas competencias, debe promover a calidade de vida da súa veciñanza, poñendo especial atención ás persoas que se atopen con dificultades.
A finalidade da presente ordenanza é establecer unha regulación municipal acorde coa normativa actual e trazar os requisitos e procedementos para a expedición da tarxeta de estacionamento de vehículos automóbiles para persoas con discapacidade que presente mobilidade reducida.
Polo exposto, dítase esta ordenanza, que se estrutura nun título preliminar, no que se recollen as disposicións xerais, e dous títulos máis nos que se describe o procedemento para a súa concesión e vixencia, así como o procedemento sancionador; unha disposición transitoria, unha disposición derrogatoria e unha disposición final.
TÍTULO PRELIMINAR: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto
Este regulamento ten por obxecto establecer as condicións básicas do réxime xurídico aplicable á expedición das tarxetas de estacionamento de vehículos automóbiles para persoas que presente mobilidade reducida.
Artigo 2. Definición da tarxeta de estacionamento de vehículos automóbiles para persoas con discapacidade que presente mobilidade reducida.
A tarxeta de estacionamento de vehículos automóbiles para persoas con discapacidade que presenten mobilidade reducida, en adiante, tarxeta de estacionamento, é un documento público acreditativo do dereito das persoas que cumpran os requisitos previstos na normativa municipal, para estacionar os vehículos automóbiles nos que se despracen, o máis preto posible do lugar de acceso ou destino.
Artigo 3. Titulares do dereito a obter a tarxeta de estacionamento
1. Poderán obter a tarxeta de estacionamento aquelas persoas físicas empadroadas no Concello de Aranga que teñan recoñecida oficialmente a condición de persoa con discapacidade, conforme ao establecido no artigo 4.2. do texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro e que se atopen en algunha das seguintes situacións:
a. Que presenten mobilidade reducida, conforme ao Anexo IV do Real Decreto 888/2022, de 18 de outubro, polo que se establece o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade , ditaminada polos equipos multiprofesionais de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade.
2. Poderán así mesmo, obter a tarxeta de estacionamento as persoas físicas ou xurídicas, con domicilio fiscal no Concello de Aranga, titulares de vehículos destinados exclusivamente ao transporte colectivo de persoas con discapacidade que presten servizos sociais de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia a que se refire a Lei 39/2006, de 14 decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, así como cos servizos sociais aos que se refire o texto refundido da Lei Xeral de Dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro.
Artigo 4.- Tarxeta de estacionamento provisional
1. Atendendo a razóns humanitarias, excepcionalmente concederase unha tarxeta de estacionamento de carácter provisional de vehículos automóbiles ás persoas que presente unha mobilidade reducida, aínda que non foran ditaminadas oficialmente, por causa dunha enfermidade ou patoloxía de extrema gravidade que supoña fidelignamente unha redución substancial da esperanza de vida que se considera normal para a súa idade e demais condicións persoais, e que razoablemente non lle permita tramitar en tempo a solicitude ordinaria da tarxeta de estacionamento.
Para obter a tarxeta de estacionamento provisional, a acreditación dos extremos enunciados no apartado anterior, efectuarase mediante a emisión do correspondente certificado do persoal médico facultativo do servizos públicos de saúde, que deberá constar coa validación da inspección dos servizos sanitarios correspondentes por razón do domicilio da persoa solicitante.
2. A persoas que presentaran unha solicitude de recoñecemento de discapacidade ante a Xunta de Galicia e que transcorridos tres (3) meses dende o rexistro da súa solicitude non recaese resolución ao respecto, en todo caso deberán acreditarse dificultades de mobilidade mediante informe médico.
3. As persoas titulares da tarxeta de estacionamento provisional seranlles aplicados os dereitos, obrigas e condicións de uso regulados na presente ordenanza, durante o período de duración.
4. O concello de Aranga poderá realizar as actuacións necesarias para a comprobación da concorrencia dos requisitos previsto na presente ordenanza.
Artigo 5.- Ámbito territorial da tarxeta de estacionamento
As tarxetas de estacionamento concedidas pola Concello de Aranga terá validez en todo o territorio español sen prexuízo da súa utilización nos Estados membros da Unión Europea, nos termos que os respectivos órganos competentes teñan establecido en materia de ordenación e circulación de vehículos.
Artigo 6. Condicións de uso
1. A tarxeta de estacionamento expedida a favor e en beneficio dunha persoa, a título particular, para súa utilización nos vehículos que se empreguen para o seu desprazamento será persoal e intransferible, e empregada unicamente cando a persoa titular conduza o vehículo ou sexa transportada nel.
2. A tarxeta de estacionamento expedida a favor de persoa física ou xurídica a que se refire o artigo 3 será persoal e intransferible, estará vinculada a un número de matrícula do vehículo destinado exclusivamente ao transporte colectivo de persoas con mobilidade reducida e será eficaz unicamente cando o vehículo transporte de forma efectiva a persoa que se atope en algunha das situacións recollidas o artigo 3.1.
3. O emprego da tarxeta de estacionamento estará subordinado a que a persoa titular manteña os requisitos esixidos no seu outorgamento.
4. A tarxeta, unha vez asinada pola persoa titular, deberá colocarse na parte dianteira do vehículo, de xeito que unicamente o anverso da tarxeta sexa claramente visible para o seu control.
Artigo 7. Dereitos das persoas titulares
1. As persoas titulares da tarxeta de estacionamento terán os seguintes dereitos en todo o territorio nacional sempre e cando exhiban de xeito visible a tarxeta no interior do vehículo:
a. Estacionamento en lugares habilitados para persoas con discapacidade.
b. Estacionamento en zoas de aparcadoiro de tempo limitado durante o tempo preciso.
c. Parada en calquera lugar da vía, por motivos xustificados e por un tempo indispensable, sempre que non ocasionen prexuízos para os peóns ou para o tráfico, e de acordo cos instrucións dos axentes da autoridade.
d. Acceso a vías, áreas ou espazos urbanos con circulación restrinxida a residentes sempre que se atopen no interior desa zoa.
2. A posesión da tarxeta de estacionamento en ningún caso supoñerá autorización para estacionar en zoas peonís, en pasos peonís, en lugar e supostos nos que estea prohibido parar, lugares que obstrúan os vaos ou saídas de emerxencia, zoas acoutadas por razón de seguridade pública e espazos que reduzan carrís de circulación.
Artigo 8. Obrigas das persoas titulares
1. A persoa titular da tarxeta de estacionamento está obrigado a:
a. Emprego correcto da mesma, conforme as condicións recollidas na presente ordenanza reguladora.
b. Colocar a tarxeta de estacionamento no cadro de mandos o adherila no parabrisas dianteiro polo interior, sempre co documento orixinal, de xeito que resulte claramente visible e lexible dende o exterior.
c. Identificarse cando así o requira un axente da autoridade, acreditando a súa identidade co Documento Nacional de Identidade, Número de Identificación Fiscal, tarxeta de residencia o calquera outro documento oficial identificativo, sen o cal non poderá facer emprego da tarxeta de estacionamento. Os menores de 14 anos poderán acreditar a súa identidade mediante a exhibición do documento de recoñecemento do grao de discapacidade.
d. Colaborar cos axentes da autoridade para evitar, no maior grao posible, os problemas de tráfico que se puideran ocasionar ao exercitar os dereitos que lles confire o emprego da tarxeta de estacionamento.
e. Proceder á renovación da tarxeta de estacionamento previamente á data de finalización da súa validez.
f. Devolver a tarxeta de estacionamento caducada no me momento da renovación, ao remate da súa vixencia ou por resolución do grao de discapacidade sen recoñecemento da dificultade de mobilidade para emprego de transporte público.
2. O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar á cancelación da tarxeta de estacionamento ou a súa retirada temporal, sen prexuízo das sancións previstas polo ordenamento xurídico.
TÍTULO PRIMEIRO: TRAMITACIÓN E VIXENCIA
Artigo 9. Solicitudes e documentación
As solicitudes da tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Aranga.
1. Solicitudes de persoas físicas, deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a. Modelo de instancia segundo o anexo I, no caso de solicitar a tarxeta de estacionamento.
b. Autorización de representación, segundo o modelo do anexo II, de ser o caso.
c. DNI, tarxeta de residencia ou calquera outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.
d. No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade:
i. Libro de familia ou documento análogo
ii. Sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
iii. Resolución xudicial ou administrativa que acredite a condición de ser titor/a, acolledor/a do menor, de ser o caso e documento acreditativo da persoa que ostente a condición de titora ou acolledora.
iv. Sentenza xudicial acreditativa da patria potestade prorrogada ou incapacidade xudicial e documento acreditativo da persoa que ostente a condición de titora.
e. Unha fotografía tamaño carné.
f. Volante de empadroamento da persoa solicitante no caso de no autorizar a consulta.
g. Certificado de discapacidade ou informe do Equipo de Valoración e Orientación (EVO).
2. Solicitude de tarxeta de estacionamento provisional para persoas con discapacidade, as persoas solicitantes deberán aportar a seguinte documentación:
a) Modelo de instancia segundo anexo III
b) Certificado médico facultativo dos servizos públicos de saúde, validado pola inspección dos servizos sanitarios en lugar do certificado de discapacidade, para os casos recollidos no artigo 4.1 das presentes bases.
c) Solicitude de valoración do grao de discapacidade, de ser o caso.
d) Volante de empadroamento da persoa solicitante no caso de no autorizar a consulta.
e) Certificado médico dos facultativos dos servizos públicos de saúde informando sobre as limitacións de mobilidade e imposibilidade de empregar transporte público polos seus propios medios.
3. Solicitude para persoas xurídicas deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1. Modelo de instancias segundo o anexo IV
2. Documentación do vehículo habilitado para transportar as persoas con graves problemas de mobilidade, dado que, a tarxeta deberá incluír a matrícula ou matrículas dos citados vehículos.
3. Escritura de constitución da sociedade ou estatutos.
4. Certificado de residencial fiscal da persoa física ou xurídica solicitante.
5. Documentación acreditativa da identidade da persoa que actúa como representante legal.
Artigo 10.- Competencia
1. O Alcalde-presidente será o órgano competente para ditar a resolución da concesión ou denegación da tarxeta de estacionamento de vehículos e da tarxeta de estacionamento, así como a potestade sancionadora neste ámbito, quen poderá delegar nun/ha concelleiro/a.
2. As tarefas de vixilancia e control da utilización das tarxetas e as reservas de estacionamento serán realizadas polo persoal do Concello de Aranga.
Artigo 11.- Procedemento e trámite
O procedemento de concesión das tarxetas de estacionamento comprenderás os seguintes trámites:
a. O expediente iniciarase a instancia da persoa interesada mediante impreso normalizado que, unha vez cumprimentado, será presentado no rexistro xeral do Concello de Aranga por calquera medio recollido Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
b. O persoal de servizos sociais comprobará que a persoa solicitante reúnen os requisitos establecidos na presente ordenanza e normativa de aplicación, requirido en caso contrario á persoa interesada para que no prazo de 10 días emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, en caso contrario teráselle por desestimado a súa petición.
c. Unha vez comprobado polo persoal de servizos sociais que o expediente reúne os requisitos esixidos, emitirase un informe-proposta conforme ao establecido no anexo V
d. A solicitude formulada pola persoa interesada, xunto co informe emitido polo persoal municipal, elevarase ao órgano competente, quen ditará unha resolución os respecto no prazo máximo de 6 meses dende a recepción da solicitude. Transcorrido dito prazo, sen ter ditado resolución expresa, poderase entender desestimada a solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver polo órgano competente.
e. A resolución adoptada, debidamente motivada, será notificada á persoa solicitante no domicilio que figure no expediente aos efectos de notificación, conforme ao establecido na Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
f. A resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida postestativamente en reposición no prazo dun mes, conforme ao establecido no artigo 116 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolvo expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
g. Unha vez resolta a solicitude de xeito favorable, o concello expedirá a correspondente tarxeta, e fará entrega da mesma á persoa solicitante de xeito gratuíto. A persoa beneficiaria asinará o documento de ter recibido a tarxeta xunto coa información das condicións de uso, segundo o establecido no anexo V
Artigo 12 .- Vixencia
1. O período de vixencia da tarxeta de estacionamento virá condicionado polo carácter definitivo ou provisional da resolución na que se recoñece o grao de discapacidade polos equipos profesionais de cualificación e valoración do grao de discapacidade de conformidade cos criterios establecidos no Real Decreto 888/2022, de 18 de outubro.
a. Serán concedidas por períodos renovable de dez (10) anos para as tarxetas de estacionamento nas que o recoñecemento do grao de discapacidade sexa definitivo.
b. No caso de que a persoa solicitante teña recoñecida unha discapacidade temporal, as tarxetas caducarán cando finalice o prazo que indique o certificado de discapacidade.
2. No caso de tarxetas de estacionamento de carácter provisional terá unha validez de seis (6) meses, prorrogables outros seis (6) meses máis, de persistir as circunstancias que dan lugar á concesión excepcional da tarxeta. No caso do apartado 2 do artigo 4 da presente ordenanza, a resolución da Xunta de Galicia da solicitude do grao de discapacidade dará lugar á extinción da validez da tarxeta extraordinaria de estacionamento.
3. En todo caso, a validez do documento extinguirase polo falecemento da persoa titular ou a perda dos requisitos que deron lugar a concesión da mesma. Neste caso deberá presentarse unha instancia no Rexistro Xeral do Concello de Aranga indicando a causa de devolución da tarxeta e entregar a mesma.
Artigo 13 .- Renovación
1. Para a renovación da tarxeta de estacionamento deberá seguirse o mesmo procedemento que para o outorgamento inicial.
2. O trámite de renovación poderá iniciarse con trinta (30) días naturais previos á data de validez que consta na tarxeta de estacionamento a renovar.
3. A persoa titular ten a obriga de entregar a tarxeta de estacionamento con data de validez vencida no intre de recibir a tarxeta renovada.
Artigo 14.- Duplicado da tarxeta de estacionamento por perda ou extravío
1. No caso de extravío da tarxeta de estacionamento, a persoa beneficiaria, deberá presentar unha solicitude de duplicado no Rexistro Xeral do Concello de Aranga, no que detallará dita situación, achegando unha Declaración responsable da perda da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.
2. No caso de roubo, a persoa beneficiaria, deberá presentar unha solicitude de duplicado de tarxeta no rexistro do Concello de Aranga, achegando a correspondente denuncia.
TÍTULO SEGUNDO: PROCEDEMENTO SANCIONADOR
Artigo 15.- Responsabilidade
1. Son responsables das infracción nesta ordenanza, todas aquelas persoas que participasen na comisión do feito que constitúa a infracción por calquera título, sexa persoa física ou xurídica, agás nos supostos nos que sexan menores de idade, onde responderán os pais, as nais ou as persoas que exerzan a titoría ou aquelas que dispoñan da custodia legal.
2. Son responsables, subsidiariamente, en caso de que non se poida identificar ás persoas autoras, as persoas autoras, as persoas titulares ou propietaria dos vehículos cos que se realice a infracción.
3. Son responsable as persoas titulares das licenzas ou autorizacións (tarxetas), cando por motivo do exercicio dunha actividade concedida nestas, se realice algunha das infraccións tipificadas na presente ordenanza.
4. As responsabilidades administrativas que se deriven do procedemento sancionador serán compatibles co requirimento á persoa infractora da indemnización polos danos e polas perdas que se causaron, que poderán ser determinados polo órgano competente, debendo neste caso comunicarse á persoa infractora para a súa satisfacción no prazo que para o efecto se determine, habilitándose no caso de que non o faga o uso dos medios de execución forzosa dos actos administrativos dos que dispón a administración
Artigo 16. Réxime de infraccións e sancións.
Infraccións
1. Norma xeral.
As infraccións ao previsto nesta ordenanza serán sancionadas pola Alcaldía ou pola Concellería na que este órgano delegue, dentro do ámbito das súas competencias, coa incoación previa do oportuno expediente na que se terán en conta as circunstancias que concorran en cada caso.
Todo iso, sen prexuízo de pasar o tanto de culpa ao Xulgado que corresponda ou remitir as actuacións practicadas ás autoridades competentes, cando así o determine a natureza da infracción.
2. Gradación
a) As infraccións tipificadas na lexislación específica serán sancionadas coas medidas e coas multa nela fixadas.
- Leves
- Graves
- Moi graves
3. Infraccións leves
Cualifícanse como infraccións leves as seguintes:
a) O incumprimento de calquera das condicións de uso da tarxeta de estacionamento que se estipulan na presente ordenanza, que non sexa tipificado como infracción grave ou moi grave.
b) Calquera infracción a esta ordenanza que non estea expresamente cualificada como falta grave ou moi grave.
4. Infraccións graves
Cualificaranse como infraccións graves as seguintes:
a) O estacionamento nos lugares habilitados para persoas con discapacidade contando coa tarxeta por parte dunha persoa que non teña dereito ao seu uso.
b) A falta de identificación así o requira a autoridade pertinente, acreditando a súa identidade co Documento Nacional de Identidade, Número de Identificación Fiscal, Tarxeta de Residencia ou calquera outro documento oficial de identificación, sen o cal non poderá facer uso da tarxeta de estacionamento. As persoas menores de 14 anos poderán acreditar a súa identidade mediante a exhibición do documento de recoñecemento do grao de discapacidade.
c) O uso da tarxeta de estacionamento logo de que persoa titular perdese os requisitos para o seu outorgamento.
d) O uso da tarxeta de estacionamento logo da súa caducidade
e) A falta de entrega da tarxeta de estacionamento cando sexa reclamada pola autoridade municipal no caso da súa retirada.
f) A fotocopia da tarxeta de estacionamento para o seu uso.
g) A reincidencia na comisión de infraccións leves nos últimos tres anos.
5. Infraccións moi graves
Cualificaranse como infraccións moi graves as seguintes:
a) A realización de actividades encamiñadas ou conducen á obtención da tarxeta de estacionamento de xeito fraudulento, por non contar cos requisitos para elo, ou telos perdidos, sen prexuízo de pasar o tanto de culpa que corresponda ante os Xulgados competentes.
b) O uso da tarxeta extraordinaria provisional de estacionamento, tras recibir notificación da Xunta de Galicia da resolución da solicitude de discapacidade sen recoñecemento a imposibilidade para o uso de transporte colectivo.
c) A reincidencia na comisión de falta graves nos últimos tres anos.
Sancións
1. Apercibimento.
a) A autoridade municipal poderá apercibir verbalmente ás persoas que infrinxan calquera das disposicións contidas na presente ordenanza, co fin de que de forma inmediata cesen as actividades prohibidas ou realicen a obriga debida, iso sen prexuízo da incoación do expediente sancionador cando corresponda, ou no seu caso, se remita parte da denuncia á Administración competente.
b) A autoridade municipal será competente para, no caso de identificar un uso indebido da tarxeta, proceder a súa retirada de forma cautelar durante a instrución dun procedemento sancionador. En todo caso, apercibirá da retirada da tarxeta no caso de que se incumpran as condicións de uso ou de perda dos requisitos preceptivos para a súa obtención, sen prexuízo da instrución do expediente que corresponda para a retirada definitiva da mesma ou do expediente sancionador que corresponda.
2. Sancións
a) A comisión dunha infracción administrativa das tipificadas no capítulo anterior determinará, logo da instrución do correspondente procedemento sancionador, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo común, a imposición sancións sinaladas neste artigo. Os límites destas sancións non poderán superar o establecido no artigo 141 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local.
b) Os límites dispostos no apartado anterior utilizaranse sen prexuízo da aplicación das sancións previstas na normativa sectorial que corresponda, e sen prexuízo da esixencia, cando procede, das responsabilidades de carácter penal ou civil correspondentes.
c) As infraccións leves serán sancionadas con multa de contía variable dende 100 ata 200 euros
d) As infraccións graves serán sancionadas con multa de contía variable de 201 a 1.000 euros.
e) As infraccións moi graves serán sancionadas con multa de contía variable dende os 1.001 ata os 3.000 euros.
f) O feito de que se incoe a instrúa un procedemento sancionador por unha das conductas tipificadas como infracción, non exclúe a posibilidade de que se a infracción se reproduce se poidan incoar e instruír novos procedementos sancionadores polas novas infraccións cometidas, aínda que garden identidade na tipificación. A comisión de infraccións de uso da tarxeta no termo municipal diferente ao Concello de Aranga lexitimará a imposición de sancións, sen prexuízo das competencias que poidan exercitar as demais administracións.
g) En ningún caso a sanción será inferior ao beneficio económico que a infracción supoña para o infractor.
3. No suposto de que detecte o uso indebido da tarxeta de estacionamento de maneira reiterada e debidamente probado, con independencia da sanción pecuniaria que puidera recaer no procedemento sancionados incoado ao efecto, a citada tarxeta será retirada durante o prazo de un (1) ano polo órgano que a outorgase.
Artigo 17. Gradacións das sancións.
Na gradación das sancións deberase gardar a axeitada adecuación entre a gravidade da infracción cometida e a sanción aplicada. Valorarase a existencia de intencionalidade, a natureza dos prexuízos causados, a reincidencia na comisión dos feitos e a intensidade dos danos causados a bens públicos ou ás perturbacións ocasionadas ás demais persoas.
Artigo 18. Prescrición das infraccións.
1. As infracción ás que se refire a presente ordenanza cualificadas como leves prescribiran pasado un (1) ano, as cualificadas como graves, aos dous (2) anos; e as cualificadas como moi graves, as tres (3) anos-
2. O prazo de prescrición comezará a computarse dende o día da comisión da infracción. No caso de infracción continuada, comezará a computarse dende o día en que se realizou a última das accións tipificadas.
3. O prazo de prescrición verase interrompido polo inicio do procedemento sancionador con coñecemento da persoa interesada, renovándose o mesmo se o expediente sancionados estivese paralizado durante mais de seis (6) meses por causa non imputable a persoa presuntamente responsable.
Artigo 19. Prescrición das sancións.
1. As sancións as que se refire a presente ordenanza cualificadas como leves prescribirán pasado un (1) ano; as cualificadas como graves, as dous (2) anos; e as cualificadas como moi graves, aos tres (3) anos.
2. O prazo de prescrición comezará a computarse dende o día seguinte a aquel no que sexa firme a resolución pola que se impoña a sanción ou transcorra o prazo para recorrela.
3. Interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemento da persoa interesada, do procedemento de execución, renovándose o prazo se aquel estivera paralizado durante máis de un (1) mes por causa non imputable á presunta persoa infractora.
4. En caso de desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a resolución pola que se impón a sanción, o prazo de prescrición da sanción comezará a contarse dende o día seguinte a aquel no que finalice o prazo legalmente previsto para a resolución de dito recurso.
Disposicións
Disposicións adicional primeira
As tarxetas axustaranse ás características sinaladas na normativa de aplicación vixente no momento de expedición da tarxeta.
Disposición transitoria primeira.
As tarxetas expedidas con anterioridade a aprobación desta ordenanza manterán a súa validez ata a data de vencemento prevista no documento orixinal de expedición
Disposición derrogatoria.
Queda derrogada toda normativa municipal que contradiga ou regule esta materia, e concretamente, a Ordenanza publicada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña Número 28 do 2 de febreiro de 2002
Disposición final
Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e unha vez transcorra o prazo de 15 días os que se refire o artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, e manterá a súa vixencia ata que se aprobe a súa modificación ou derrogación.
ANEXOS
ANEXO I
SOLICITUDE DA TARXETA DE ESTACIONAMENTO DE VEHICULOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE CON MOBILIDADE REDUCIDA.
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
NOME | PRIMEIRO APELIDO | SEGUNDO APELIDO | DNI/NIF | |||||||||
|
|
|
| |||||||||
ENDEREZO | LOCALIDADE | |||||||||||
CÓDIGO POSTAL | TELÉFONO | TELÉFONO MÓBIL | CORREO ELECTRÓNICO | |||||||||
E,NA SUA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido de dereito) | ||||||||||||
NOME | PRIMEIRO APELIDO | SEGUNDO APELIDO | DNI/NIF | |||||||||
|
|
|
| |||||||||
ENDEREZO | LOCALIDAD | |||||||||||
CÓDIGO POSTAL | TELÉFONO | TELÉFONO MÓBIL | CORREO ELECTRÓNICO | |||||||||
ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)
TIPO DE VIA | NOME DA VIA | NUMERO | BLOQUE | ANDAR | PORTA | |||
|
|
|
|
|
| |||
CP | CONCELLO | LOCALIDADE | PROVINCIA | |||||
|
|
|
| |||||
TELÉFONO FIXO | TELEFONO MÓBIL | ENDEREZO ELECTRÓNICO | ||||||
FEITOS RAZOADOS:
Son residente e estou empadroado/a no concello de Aranga. Considero que reúno tódolos requisitos establecidos na normativa vixente aos efectos de ser titular da tarxeta de estacionamento de vehículo de persoas con discapacidade con mobilidade reducida.
AUTORIZO ao Concello de Aranga Si Non a consulta dos datos de empadroamento.
SOLICITO: Que se me conceda a tarxeta de estacionamento de vehículo para persoas con discapacidade con mobilidade reducida de acordo coa normativa vixente, achego a seguinte documentación:
- DNI/NIE ou documento acreditativo da persoa interesada
- No caso de que a persoa solicitante sexa un menor de idade:
o Libro de familia
o Sentencia de nulidade, separación ou divorcio ou do convenio regulador, de ser o caso.
o Resolución administrativa ou xudicial que acredite a condición de ser o titor/a, acolledor/a do menor
o Fotocopia do DNI do titor/a ou representantes legal
o Sentencia xudicial acreditativa da patria potestade prorrogada ou incapacidade xudicial,
- No caso de que a persoa interesada sexa maior de idade incapacitada xudicialmente:
o Sentencia xudicial acreditativa da incapacidade xudicial
o Fotocopia do DNI do titor/a
- Dúas fotografías tamaño carné
- Certificado de discapacidade emitido por Equipo Valoración y Orientación.
Aranga, de de
Asdo.:
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é CONCELLO DE ARANGA, con dirección Praza Maestro Mosquera 1, 15317 Aranga - A CORUÑA. Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada da prestación do servizo. Os datos non se cederán a terceiros, salvo por obriga legal. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para elo, CONCELLO DE ARANGA dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade
ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARANGA ( A Coruña)
ANEXO II AUTORIZACIÓN A REPRESENTANTE
DATOS PERSOAIS DO REPRESENTANTE (maiores de idade) | |||||||
Apelidos | Nome | DNI/NIE/Pasaporte | |||||
Data de nacemento | Sexo | Nacionalidade | Estado civil | ||||
Home Muller | |||||||
Domicilio | Localidade | Código postal | |||||
Teléfono | Teléfono móbil | Correo electrónico | |||||
Aos efectos de representar ante os servizos sociais do Concello de Aranga, no expediente de tarxeta de estacionamento e accesibilidade para persoas con discapacidade que presentan mobilidade reducida:
DATOS PERSOAIS DA PERSOA BENEFICIARIA | ||
Apelidos | Nome | DNI/NIE/Pasaporte |
Data de nacemento | Parentesco | |
Declaro baixo xuramento/promesa:
1. Que no suposto de que prospere a solicitude que ten formulada en nome da citada persoa indicada, asume a obriga de administrar os dereitos que puideran recoñecerse coa debida dilixencia e en interese da mesma. Así mesmo, comprométese a comunicar calquera variación ou circunstancia persoal e/ou familiar que puideran ter incidencia nos dereitos que no seu caso se recoñezan.
2. Que porá en coñecemento dos Servizos Sociais do Concello de Aranga, de xeito inmediato calquera variación das circunstancias persoais persoa gardada, xa que poden ter incidencia nos dereitos que no seu caso lle recoñeza, así como calquera cambio que puidera sobrevir en relación á garda de feito.
Aranga, ______ de ______________ de _______
O/a gardador/a de feito
Sinatura
ANEXO III.SOLICITUDE DA TARXETA DE ESTACIONAMENTO PROVISIONAL DE VEHÍCULOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE CON MOBILIDADE REDUCIDA.
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
NOME | PRIMEIRO APELIDO | SEGUNDO APELIDO | DNI/NIF | |||||||||
|
|
|
| |||||||||
ENDEREZO | LOCALIDADE | |||||||||||
CÓDIGO POSTAL | TELÉFONO | TELÉFONO MÓBIL | CORREO ELECTRÓNICO | |||||||||
E,NA SUA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido de dereito) | ||||||||||||
NOME | PRIMEIRO APELIDO | SEGUNDO APELIDO | DNI/NIF | |||||||||
|
|
|
| |||||||||
ENDEREZO | LOCALIDAD | |||||||||||
CÓDIGO POSTAL | TELÉFONO | TELÉFONO MÓBIL | CORREO ELECTRÓNICO | |||||||||
ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)
TIPO DE VIA | NOME DA VIA | NUMERO | BLOQUE | ANDAR | PORTA | |||
|
|
|
|
|
| |||
CP | CONCELLO | LOCALIDADE | PROVINCIA | |||||
|
|
|
| |||||
TELÉFONO FIXO | TELEFONO MÓBIL | ENDEREZO ELECTRÓNICO | ||||||
FEITOS RAZOADOS:
Son residente e estou empadroado/a no concello de Aranga. Considero que reúno tódolos requisitos establecidos na normativa vixente aos efectos de ser titular da tarxeta de accesibilidade para persoas con discapacidade.
AUTORIZO ao Concello de Aranga Si Non a consulta dos datos de empadroamento.
SOLICITO: Que se me conceda a tarxeta de estacionamento de vehículo para persoas con discapacidade con mobilidade reducida de acordo coa normativa vixente, achego a seguinte documentación segundo o recollido no artigo 8
- DNI/NIE ou documento acreditativo da persoa interesada
- No caso de que a persoa solicitante sexa un menor de idade:
o Libro de familia
o Sentencia de nulidade, separación ou divorcio ou do convenio regulador, de ser o caso.
o Resolución administrativa ou xudicial que acredite a condición de ser o titor/a, acolledor/a do menor
o Fotocopia do DNI do titor/a ou representantes legal
o Sentencia xudicial acreditativa da patria potestade prorrogada ou incapacidade xudicial,
- No caso de que a persoa interesada sexa maior de idade incapacitada xudicialmente:
o Sentencia xudicial acreditativa da incapacidade xudicial
o Fotocopia do DNI do titor/a
- Dúas fotografías tamaño carné
- Certificado médico facultativo dos servizos públicos de saúde, validado pola inspección dos servizos sanitarios
Solicitude do certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
Aranga, de de
Asdo.:
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é CONCELLO DE ARANGA, con dirección Praza Maestro Mosquera 1, 15317 Aranga - A CORUÑA. Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada da prestación do servizo. Os datos non se cederán a terceiros, salvo por obriga legal. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para elo, CONCELLO DE ARANGA dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade
ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARANGA ( A Coruña)
ANEXO IV.-SOLICITUDE DA TARXETA DE ESTACIONAMENTO DE VEHICULOS PARA PERSOAS XURÍDICAS E FÍSICAS PARA O TRANSPORTE DE PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA.
PERSOA XURÍDICA
NOME | PRIMEIRO APELIDO | SEGUNDO APELIDO | NIF | |||||||||
|
|
|
| |||||||||
ENDEREZO | LOCALIDADE | |||||||||||
CÓDIGO POSTAL | TELÉFONO | TELÉFONO MÓBIL | CORREO ELECTRÓNICO | |||||||||
E,NA SUA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido de dereito) | ||||||||||||
NOME | PRIMEIRO APELIDO | SEGUNDO APELIDO | DNI | |||||||||
|
|
|
| |||||||||
ENDEREZO | LOCALIDAD | |||||||||||
CÓDIGO POSTAL | TELÉFONO | TELÉFONO MÓBIL | CORREO ELECTRÓNICO | |||||||||
ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)
TIPO DE VÍA | NOME DA VÍA | NÚMERO | BLOQUE | ANDAR | PORTA | |||
|
|
|
|
|
| |||
CÓDIGO POSTAL | CONCELLO | LOCALIDADE | PROVINCIA | |||||
|
|
|
| |||||
TELÉFONO FIXO | TELEFONO MÓBIL | ENDEREZO ELECTRÓNICO | ||||||
FEITOS RAZOADOS:
Considero que reúno os requisitos establecidos na normativas vixente aos efectos de ser titular da tarxeta de estacionamento de vehículos, habilitado para transportar as persoas con graves problemas de mobilidade.
SOLICITO:
Que se me conceda a tarxeta de estacionamento de vehículo para persoas con discapacidade con mobilidade reducida de acordo coa normativa vixente, achego a seguinte documentación segundo o recollido no artigo 8
- Escritura de constitución da sociedade ou estatutos
- Documentación do vehículo habilitado para transportar as persoas con graves problemas de mobilidade
o Sentencia xudicial acreditativa da incapacidade xudicial
o Fotocopia do DNI do titor/a
- Certificado de residencia fiscal da persoas física ou xurídica solicitantes
- Documentación acreditativa da identidade da persoa que actúa como representante legal.
Aranga, de de
Asdo.:
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é CONCELLO DE ARANGA, con dirección Praza Maestro Mosquera 1, 15317 Aranga - A CORUÑA. Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada da prestación do servizo. Os datos non se cederán a terceiros, salvo por obriga legal. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para elo, CONCELLO DE ARANGA dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade
ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARANGA ( A Coruña)
ANEXO V.-INFORME DE VALORACIÓN
EXPEDIENTE NÚM: |
Vista a solicitude presentada de:
Tarxeta de estacionamento de vehículos para persoas con discapacidade con mobilidade reducida
Tarxeta de estacionamento de vehículos de transporte para persoas con discapacidade con mobilidade reducida
Tarxeta de estacionamento provisional de vehículos para persoas con discapacidade con mobilidade reducida
Solicitada por:
Nome e apelidos | |
DNI/NIF |
Normativa aplicable:
1. Ordenanza municipal reguladora da expedición das tarxetas de estacionamento e accesibilidade do Concello de Aranga para persoas con discapacidade.
2. Decreto 35/2020, de 28 de xaneiro, que aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei 8/1997, de 20 de agosto de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas na Comunidade Autónoma de Galicia, en aplicación da Disposición Transitoria Cuarta da Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade.
3. Real Decreto 156/2014, de 12 de decembro, polo que se regulan as condicións básicas de emisión e uso da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.
4. Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade.
Procede a informar:
Que, atendendo aos datos que obran no expediente de solicitude e á normativa de aplicación, a persoa solicitante reúne tódolos requisitos para ser titular da tarxeta solicitada.
Que, atendendo aos datos que obran no expediente de solicitude e á normativa de aplicación, a persoa solicitante non reúne tódolos requisitos para ser titular da tarxeta solicitada.
Proposta:
CONCECIÓN da tarxeta solicitada, con data de vixencia ata o______________
DENEGACIÓN da tarxeta solicitada.
Motivos da denegación: |
Aranga, de de
Asdo: Nome e apelidos e cargo da persoa que realiza a valoración
ANEXO VI.- XUSTIFICANTE DE ENTREGA
EXPEDIENTE NÚM:
En data_______________________________ recibo a tarxeta que se sinala:
Tarxeta de estacionamento de vehículos para persoas con discapacidade con mobilidade reducida
Tarxeta de estacionamento de vehículos de transporte para persoas con discapacidade con mobilidade reducida
Tarxeta de estacionamento provisional de vehículos para persoas con discapacidade con mobilidade reducida
E declaro que fun informado/a dos dereitos, obrigas condicións de uso contemplados, así como do réxime sancionador recollidos na ordenanza municipal reguladora da expedición das tarxetas de estacionamento e accesibilidade do Concello de Aranga para as persoas con discapacidade que presenta mobilidade reducida.
Asdo.:
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicada no BOP e unha vez transcorra o prazo de 15 días os que se refire o artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local:
¿El requerimiento deberá
ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en
el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del
acuerdo."
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.