Curtis - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA VENDA AMBULANTE NO CONCELLO DE CURTIS
Artigo 1º - Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Curtis, establece a taxa pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial do dominio público local con postos de venda ambulante, que se rexerán pola presenta ordenanza fiscal.
Artigo 1º - Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Curtis, establece a taxa pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial do dominio público local con postos de venda ambulante, que se rexerán pola presenta ordenanza fiscal.
Artigo 1º - Fundamento e natureza.
Artigo 2º - Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a instalación, desmontable ou transportable, incluíndo camións tenda, de postos de venda ambulante en todas as súas modalidades, que de forma habitual, ocasional, periódica ou continuada, nos perímetros ou lugares debidamente autorizados, realicen unha actividade comercial, de conformidade co disposto no artigo 20.3.n) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 3º - Suxeito Pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da presente Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que desfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, coa conseguinte licenza ou autorización concedida por este concello.
Artigo 4º - Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, Sociedades e Entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5º. Base impoñible.
A base impoñible sobre a que se determinará a cota tributaria configúrana os metros lineais de ocupación dos terreos de uso público, e respecto dos postos a ubicar no interior das naves do Mercado de Curtis, virá determinada pola súa ubicación dentro do recinto.
Artigo 6º. Cota tributaria.
Establécense as seguintes de tarifas aplicable ás licenzas expedidas para as feiras quincenais de Curtis e Teixeiro:
1). - TAXA ANUAL POR INSTALACIÓN DE POSTOS SITUADOS NO INTERIOR DAS NAVES, NO MERCADO COMARCAL DE CURTIS, CON CARÁCTER FIXO:
1. Postos tipo A), situados no lateral da nave, dunha superficie de 30 m. cadrados 209,00 euros.
2. Postos tipo B), situados no lateral da nave, dunha superficie de 15 m. cadrados 125,40 euros.
3. Postos tipo C), situados nas cabeceiras da góndola central da nave, dunha superficie de 8 m. cadrados 156,75 euros.
4. Postos tipo D), situados na góndola central da nave, de 5 m. a dúas caras 156,75euros.
5. Postos de polbeiras, churrasquerías e establecementos similares:
- con mesas para o servizo dos clientes: 940,50 €
- sen mesas para o servizo dos clientes: 229,90 €
2). - TAXA ANUAL POR INSTALACIÓN DE POSTOS Ó AIRE LIBRE, EN ZONAS DESTINADAS POLO CONCELLO A TAL FIN, NAS FEIRAS DE CURTIS E TEIXEIRO, CON CARÁCTER FIXO:
1. - Postos de 6 metros lineais por 3 de fondo 45,14 euros.
2. - Postos de 8 metros lineais por 3 de fondo 60,19 euros.
3.- Postos de 10 metros lineais por 3 de fondo 75,24 euros.
4.- Postos de 12 metros lineais por 3 de fondo 90,29 euros.
5.- Postos de 6 metros lineais por 6 de fondo 60,19 euros.
6. - Postos de 8 metros lineais por 6 de fondo 80,26 euros.
7. - Postos de 10 metros lineais por 6 de fondo 100,32 euros.
8.- Postos de 12 metros lineais por 6 de fondo 120,38 euros.
3).- TAXA POR INSTALACIÓN DE POSTOS Ó AIRE LIBRE EN ZONAS DESTINADAS POLO CONCELLO A TAL FIN, NAS FEIRAS DE CURTIS E TEIXEIRO, CON CARÁCTER EVENTUAL:
1.- Postos de 6 metros lineais por 3 de fondo 5,02 euros/día.
2.- Postos de 8 metros lineais por 3 de fondo 6,69 euros/día.
3.- Postos de 10 metros lineais por 3 de fondo 8,36 euros/día.
4.- Postos de 12 metros lineais por 3 de fondo 10,03 euros/día.
5.- Postos de 6 metros lineais por 6 de fondo 6,27 euros/día.
6.- Postos de 8 metros lineais por 6 de fondo 8,36 euros/día.
7.- Postos de 10 metros lineais por 6 de fondo 10,45 euros/día.
8.- Postos de 12 metros fneais por 6 de fondo 12,54 euros/día.
Artigo 7º - Exencións e bonificacións.
Non se concederá ningunha exención nin bonificación na exacción da presente taxa.
Artigo 8º - Devengo e período impositivo.
1. O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de supostos de inicio da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, neste caso abarcará dende a data da concesión da autorización municipal ata o remate do ano natural. Para os supostos de devengo puntual, o período impositivo será aquel para o que se solicite a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local
2. Nos supostos de devengo periódico, nace a obriga de contribuír o primeiro día de cada ano natural.
Artigo 9º - Normas de xestión
1. As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza fiscal, deberán solicitar previamente a correspondente licenza, e a liquidación da taxa realizarase conforme á autorización administrativa derivada desa solicitude.
2. Non se consentirá ningunha ocupación de terreos de uso público ata que non se teña obtido polos interesados a licencia correspondente, e se encontren ao corrente no pago da taxa devengada.
3. Nos supostos de extinción da autorización a solicitude do interesado, procederase á devolución da parte proporcional da cota, polo período que reste dende a declaración de baixa e o remate do ano natural, prorrateándose por meses sen incluír o mes da baixa.
A non presentación da solicitude da baixa, determinará a obriga de continuar pagando a taxa, ata que se acorde a baixa de oficio pola administración.
Artigo 10º - Liquidación, recadación e inspección.
1. A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos ditados na vía de xestión tributaria correspondente ao Concello de Curtis, de conformidade co disposto na Lei Xeral Tributaria e demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións ditadas para o seu desenvolvemento, consonte co disposto no artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
2. As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario, faranse efectivas pola vía de prema, consonte coas normas do regulamento Xeral de Recadación.
3. Cando se trate de utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal de forma periódica, a taxa liquidarase e esixirase mediante Padrón, e notificarase colectivamente as liquidacións mediante edictos que así o advirtan.
Artigo11º - Infraccións e Sancións.
No relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan no seu caso, estarase a o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, conforme ordena o artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Disposición final.
A presente ordenanza comezará a aplicarse, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derogación expresa.