Cee - REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR (RRI) DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL VILA DE XUNQUEIRA ¿CEE
Capítulo I. Obxecto e ámbito de aplicación
Artigo 1º
Estas Normas de Funcionamento teñen por obxecto establecer a organización e funcionamento da escola infantil municipal do concello de Cee.
Artigo 2º
Constitúe o ámbito de aplicación destas normas a escola infantil de atención a primeira infancia que se configura como equipamento diúrno dirixido a poboación infantil de 0 a 3 anos.
Artigo 3º
Os centros de atención á primeira infancia, escolas infantís 0-3, cumpren unha función eminentemente educativa, proporcionando ás persoas usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e nenas.
A escola infantil cooperará estreitamente cos proxenitores e coas persoas titoras co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias.
Datos do centro:
CENTRO | ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CEE ¿VILA DA XUNQUEIRA" |
ENDEREZO | Raíces de Arriba, 7-8 |
LOCALIDADE | Cee |
PROVINCIA | A Coruña |
CÓDIGO POSTAL | 15.270 |
TELÉFONO | 981 747 506 - 664 347 241 |
ENTIDADE TITULAR
NOME | Concello de Cee |
REPRESENTANTE LEGAL | Margarita Lamela Louzán |
ENDEREZO | Praza Domingo Antonio de Andrade, S/N. 15.270 Cee (A Coruña) |
Nº inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS): | E-616 |
Data do Permiso de inicio de actividades (PIA): | 27.09.2012 |
Tipo de xestión: | Contrato Servizos |
Artigo 4º
A EIM depende, administrativamente, da Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee. En todo caso, unicamente ao Concello corresponde exercer a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en que persoa, persoas ou órganos delega ás mesmas cando así o estime oportuno.
A Escola Infantil Municipal conta con 4 unidades e 57 prazas distribuídas en:
1 unidade 0-1.........................8 prazas
1 unidade 1-2.........................13 prazas
2 unidades 2-3 .......................20+16 = 36 prazas
No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idades, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción:
-Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos de idade: 1/10
-Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 0-3: 1/15
Capítulo I. Obxecto e ámbito de aplicación
Artigo 1º
Estas Normas de Funcionamento teñen por obxecto establecer a organización e funcionamento da escola infantil municipal do concello de Cee.
Artigo 2º
Constitúe o ámbito de aplicación destas normas a escola infantil de atención a primeira infancia que se configura como equipamento diúrno dirixido a poboación infantil de 0 a 3 anos.
Artigo 3º
Os centros de atención á primeira infancia, escolas infantís 0-3, cumpren unha función eminentemente educativa, proporcionando ás persoas usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e nenas.
A escola infantil cooperará estreitamente cos proxenitores e coas persoas titoras co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias.
Datos do centro:
CENTRO | ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CEE ¿VILA DA XUNQUEIRA" |
ENDEREZO | Raíces de Arriba, 7-8 |
LOCALIDADE | Cee |
PROVINCIA | A Coruña |
CÓDIGO POSTAL | 15.270 |
TELÉFONO | 981 747 506 - 664 347 241 |
ENTIDADE TITULAR
NOME | Concello de Cee |
REPRESENTANTE LEGAL | Margarita Lamela Louzán |
ENDEREZO | Praza Domingo Antonio de Andrade, S/N. 15.270 Cee (A Coruña) |
Nº inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS): | E-616 |
Data do Permiso de inicio de actividades (PIA): | 27.09.2012 |
Tipo de xestión: | Contrato Servizos |
Artigo 4º
A EIM depende, administrativamente, da Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee. En todo caso, unicamente ao Concello corresponde exercer a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en que persoa, persoas ou órganos delega ás mesmas cando así o estime oportuno.
A Escola Infantil Municipal conta con 4 unidades e 57 prazas distribuídas en:
1 unidade 0-1.........................8 prazas
1 unidade 1-2.........................13 prazas
2 unidades 2-3 .......................20+16 = 36 prazas
No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idades, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción:
-Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos de idade: 1/10
-Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 0-3: 1/15
Capítulo I. Obxecto e ámbito de aplicación
Artigo 1º
Estas Normas de Funcionamento teñen por obxecto establecer a organización e funcionamento da escola infantil municipal do concello de Cee.
Artigo 2º
Constitúe o ámbito de aplicación destas normas a escola infantil de atención a primeira infancia que se configura como equipamento diúrno dirixido a poboación infantil de 0 a 3 anos.
Artigo 3º
Os centros de atención á primeira infancia, escolas infantís 0-3, cumpren unha función eminentemente educativa, proporcionando ás persoas usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e nenas.
A escola infantil cooperará estreitamente cos proxenitores e coas persoas titoras co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias.
Datos do centro:
CENTRO | ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CEE ¿VILA DA XUNQUEIRA" |
ENDEREZO | Raíces de Arriba, 7-8 |
LOCALIDADE | Cee |
PROVINCIA | A Coruña |
CÓDIGO POSTAL | 15.270 |
TELÉFONO | 981 747 506 - 664 347 241 |
ENTIDADE TITULAR
NOME | Concello de Cee |
REPRESENTANTE LEGAL | Margarita Lamela Louzán |
ENDEREZO | Praza Domingo Antonio de Andrade, S/N. 15.270 Cee (A Coruña) |
Nº inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS): | E-616 |
Data do Permiso de inicio de actividades (PIA): | 27.09.2012 |
Tipo de xestión: | Contrato Servizos |
Artigo 4º
A EIM depende, administrativamente, da Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee. En todo caso, unicamente ao Concello corresponde exercer a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en que persoa, persoas ou órganos delega ás mesmas cando así o estime oportuno.
A Escola Infantil Municipal conta con 4 unidades e 57 prazas distribuídas en:
1 unidade 0-1.........................8 prazas
1 unidade 1-2.........................13 prazas
2 unidades 2-3 .......................20+16 = 36 prazas
No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idades, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción:
-Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos de idade: 1/10
-Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 0-3: 1/15
Capítulo II. Procedemento de ingreso
Artigo 5º
Poderán solicitar praza na escola infantil os nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. O ingreso na escola so se poderá realizar unha vez cumpridos os 3 meses.
No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal individual no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.
Artigo 6º
O procedemento de reserva de praza e ingreso será o seguinte:
6.1 Solicitantes
Poderán solicitar praza na Escola infantil Municipal (EIM) durante os prazos estipulados ao efecto, as nenas e nenos que reúnan os seguintes requisitos:
* Estar empadroada toda a unidade familiar ou de convivencia no Concello de Cee con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes, requisito que haberá que cumprir todo o tempo de permanencia na escola, en caso contrario será baixa.
* Idade máxima: non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano en que se solicita a praza.
No caso de que á apertura do prazo para solicitar a escola o neno ou nena aínda non nacese poden facer igual a solicitude. Respecto da matrícula de nenos non nados, a escola debe garantir, en todo caso, o dereito á educación e o acceso en condicións de igualdade e non discriminación. Terán prioridade no baremo os nenos/as nados e os de mais de 3 meses de idade. As solicitudes de nenas e nenos non nados só se terán en conta finalizado o proceso de matrícula se quedasen prazas vacantes.
6.2 Unidade familiar
Entenderase por unidade familiar, aos efectos de valoración de solicitudes, a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, as fillas e fillos menores , con excepción daqueles que, con consentimento dos pais e nais, vivan independentes destes, e as fillas ou fillos maiores de idade e menores de 26 anos cunha discapacidade superior ó 33% e as fillas e fillos incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou aqueles así declarados pola administración autonómica competente.
Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada pola nai ou pai e todas as fillas e fillos que convivan con unha ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior e , se é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña os fillos e fillas a cargo.
Para a condición de familia monoparental enténdese a formada pola nai solteira ou pai solteiro que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez (acreditada mediante fotocopia compulsada do libro de familia e certificado de convivencia).
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
6.3 Renda per cápita
Enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da unidade familiar (u.f). É dicir, o resultado de aplicar as seguintes fórmulas:
Ingresos totais anuais da u.f /12 = ingresos totais mensuais da u.f.
Ingresos totais mensuais da u.f / nº membros da u.f. = renda per cápita mensual
No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar aos efectos de cálculos da renda per cápita a que se refire o artigo seguinte.
A renda per cápita obterase da base impoñible e do aforro da declaración da renda; no caso de non estar obrigado a presentación o dato obterase do líquido mensual da nómina.
6.4.Criterios de valoración
As solicitudes valoraranse de acordo co baremo establecido ao efecto no que se teñen en conta as seguintes circunstancias:
¿ Situación socio -familiar
¿ Situación laboral familiar
¿ Situación económica
As solicitudes para acceder aos servizos que se prestan na escola municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á Alcaldía -Presidencia da corporación municipal acompañadas do modelo oficial que para tal fin se pode recoller nas oficinas municipais, achegando a documentación sinalada no presente regulamento.
6.5.- Solicitudes de non empadroados
As solicitudes de nenas e nenos non empadroados no termo municipal de Cee só se terán en conta finalizado o proceso de matrícula se quedasen prazas vacantes.
A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido nesta ordenanza reguladora.
En cumprimento da conciliación da vida laboral e familiar, para a concesión de horarios solicitados teranse en conta os horarios laborais acreditados dos pais e nais e titores e tiroras cando coincidan co solicitado. No caso de que non se xustifique a necesidade de horario por necesidades laborais, as adxudicacións realizaranse segundo a dispoñibilidade de prazas e respectando o baremo de puntuación.
No caso de que se produza un empate na puntuación total o criterio preferente para a adxudicación será o da renda per cápita máis baixa.
Se un nivel se completa, a nena ou neno quedará en lista de agarda ata que se produza unha vacante nos grupos nos que poida incluirse e que se definen na lexislación de aplicación.
6.6 Prazos de solicitude e adxudicación.
Os prazos que se establecen para a solicitude e adxudicación de prazas na EIM, son os seguintes:
Renovación de praza | 15 ao 30 abril |
Oferta de prazas nova ocupación | 2 de maio |
Solicitudes novo ingreso | 10 ao 31 de maio |
Publicación de lista provisional | 10 de xuño |
Prazo de reclamacións | Do 11 de xuño ao 21 xuño |
Publicación lista definitiva | 1ª semana de xullo |
Formalización matrícula | 2ª e 3ª semana de xullo |
6.7 Adxudicación de prazas
A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido na ordenanza reguladora (ver Anexo I).
En cumprimento da conciliación da vida laboral e familiar, para a concesión de horarios solicitados teranse en conta os horarios laborais acreditados dos pais e nais e titores e titoras cando coincidan co solicitado. No caso de que non se xustifique a necesidade de horario por necesidades laborais, as adxudicacións realizaranse segundo dispoñibilidade de prazas e respectando o baremo de puntuación.
No caso de que se produza un empate na puntuación total o criterio preferente para a adxudicación será o da renda per cápita máis baixa.
Se un nivel se completa, a nena ou neno quedará en lista de espera ata que se produza unha vacante nos grupos nos que poida incluírse e que se definen na lexislación de aplicación, en caso de que non haxa lista de agarda e habendo prazas vacantes, adxudicaranse por orde de entrada da solicitude no rexistro da Corporación.
6.8.- Lista de agarda
A efectos de axilizar a lista de agarda, o procedemento para a inclusión na mesma é o seguinte: as familias que soliciten praza nas datas regulares establecidas e non obteñen praza pasarán á lista de agarda por orde de puntuación. As prazas irán adxudicándose a medida que queden dispoñibles os grupos que lle correspondan á nena ou neno, respectando rigorosamente a Orde.
6.9.- Reservas de praza
Os nenos ou nenas que ingresen na EIM terán dereito á reserva de praza durante o período que poidan permanecer no centro, no mesmo horario que no momento da concesión inicial da praza, e sempre que non se produzan variacións nas condicións iniciais que deron lugar á primeira matriculación.
Para a renovación aplicaranse os prazos estipulados neste regulamento.
6.10.- Procedemento de baremo
Recibida a instancia coa documentación procederase polo persoal técnico responsable á comprobación dos datos achegados.
Se as solicitudes non estivesen debidamente cumprimentadas ou non se acompañasen da documentación esixida procederase segundo o recollido no punto 6.15.
Se a solicitude presentada cumpre cos requisitos esixidos nesta normativa, e segundo o procedemento que se fixa, a Comisión de Baremo nomeada ao efecto realizará a avaliación das solicitudes segundo baremo.
Contra a denegación dos servizos recollidos na solicitude, o interesado poderá interpoñer os recursos e reclamacións estipulados na lexislación vixente.
6.11 .- Baremo de características especiais
En caso de urxencia motivada, e sempre que exista dispoñibilidade de praza, será a Alcaldía -Presidencia quen decida a concesión ou denegación do servizo.
6.12- Comisión de baremo
A Comisión de Baremo estará constituída polos seguintes membros:
Presidente/a: concelleira ou concelleiro de Benestar Social ou persoa na que delegue.
Secretario : Persoal funcionario da Corporación ou persoa na que delegue.
Vogais:
-Traballador ou traballadora social do equipo de servizos sociais ou persoa na que delegue.
-Directora ou director da EIM
A presidenta ou presidente da Comisión poderá solicitar asesoramento do persoal técnico municipal se así o considera oportuno.
6.13.- Funcións da Comisión de Baremo.
Garantir o bo funcionamento do proceso de admisión en aplicación desta ordenanza.
Valorar as solicitudes e elaborar a relación provisional de crianzas admitidas e lista de agarda.
Determinar o número de vacantes para cada curso
Determinar a asignación de cotas segundo a ordenanza fiscal vixente
Requirir ás familias solicitantes a documentación adicional que se precise para a xustificación das situación e circunstancias derivadas
Informar as reclamacións que no seu caso se presenten.
6.14- Documentación
Ademais da instancia de solicitude, as interesadas e interesados deberán obrigatoriamente achegar a seguinte documentación:
a) modelo oficial de solicitude
b) fotocopia do Dni ou do pasaporte dos pais e nais ou titores e titoras
c) fotocopia do libro de familia
d) certificado empadroamento e convivencia expedido polo concello
e) verificación documental da parella de feito
f) documentación acreditativa de situación de separación, divorcio, abandono do fogar, maltrato ou calquera outra que se alegue.
g) xustificación de ingresos: copia de declaración do IRPF presentada no exercicio anterior de cada membro da unidade familiar computable para efectos económicos. No caso de non ter obriga de presentar declaración:
- certificado do SEPE no que figure se percibe prestación económica, especificando a contía, ou de que non é persoa perceptora, se é o caso.
- as persoas solicitantes de devolución rápida achegarán copia da comunicación que lles remita a Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- as persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida achegarán certificacións dos datos existentes na administración, expedidas pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
- as persoas profesionais autónomas acreditarán os pagamentos fraccionados do ano correspondente
- cando se produzan causas sobrevidas que afecten ós recursos da unidade familiar é preciso un informe social emitido pola traballadora social do concello . Así mesmo, é preciso este informe nos casos en que por distintas razón, non se poidan acreditar as rendas dos pais/nais ou titores/titoras con escasos recursos.
h) Xustificantes de ocupación ou desemprego: contratos, informe de vida laboral, últimas nóminas, certificado de empresa ou certificado de que é demandante de emprego.
i) Informe do equipo de valoración ou orientación dos órganos competentes da Administración do Estado o das respectivas comunidades autónomas, no que se motive a necesidade de integración, de ser o caso.
j) certificado de discapacidade alegada polos membros da unidade de convivencia, se é o caso.
k) no caso de cursar estudos, verificación documental do calendario, horario e xustificante da matrícula.
l) outros documentos , se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuais no baremo:
. cargas familiares
. enfermidades crónicas máis outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar ou de convivencia .
. outras situacións que poderán ser tidas en conta pola comisión de baremo.
De carecer dalgún dos documentos sinalados nas letras c) e g) do punto anterior, será necesario presentar calquera outro documento que acredite oficialmente a situación familiar ou económica segundo proceda.
Así mesmo , e de carecer de verificación documental dalgunha das incidencias alegadas poderase presentar informe dos Servizos Sociais comunitarios do concello de Cee.
A comisión de baremo poderá solicitar calquera documentación complementaria que considere necesaria para a clarificación das circunstancias alegadas.
6.15.- Emendas
No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o concello de Cee , conforme ó artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá á familia interesada para que, nun prazo de 10 días, emende os errores detectados, con indicación de que, se así non o fixese, terase por desistido na súa petición, logo de resolución en tal sentido.
6.16.- Resolución
As listas de nenas e nenos admitidos e listas de agarda, por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello, nos taboleiros da escola infantil e na páxina web do concello (https://cee.gal/es)
As reclamacións presentaranse nas datas especificadas a tal efecto no anterior apartado 5.16 deste regulamento acompañadas da documentación que se considere necesaria.
Unha vez resoltas as reclamacións procederase á publicación da relación definitiva de nenas e nenos admitidos e a da lista de agarda, coa puntuación obtida en cada caso.
As nenas e nenos solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula e achegar a documentación complementaria nas datas especificadas.
As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre as nenas e nenos solicitantes da lista de agarda.
6.17.- Apertura expedientes individuais
No momento de ingreso do neno ou nena na EIM, abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en caso de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.
6.18.- Formalización de matrícula
Para formalizar a matrícula é necesario que o neno ou nena teña a idade mínima de tres meses con anterioridade ao 31 de decembro.
Entenderase formalizada a matrícula cando:
-se efectúe o ingreso correspondente por este concepto
-se presente a seguinte documentación:
a) xustificante de pago inicial
b) documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten seguen o calendario de vacinación infantíl do programa galego de vacinación.
c) fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou documento equivalente
d) dúas fotografías tamaño carné
e) impreso de domiciliación bancaria
f) autorización por escrito das persoas que poden recoller o neno ou nena.
Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaído o dereito de praza obtida, logo de resolución en tal sentido, perdendo, así mesmo, o dereito de permanencia na lista de agarda.
Artigo 7º.
Criterios de subvencionalidade
A Xunta de Galicia fomenta a gratuidade da atención educativa durante 11 meses ao ano. No suposto excepcional e xustificado, de facer uso da escola por un período superior ao subvencionado deberá ser aboado polas familias.
En cada expediente das persoas usuarias figurará o horario de asistencia solicitado polos pais/nais, titores/as e representantes legais.
Entenderase por atención educativa o conxunto de atencións e coidados profesionais de carácter integral, prestados baixo unha perspectiva educativa, aos nenos e ás nenas durante a súa estancia nunha escola infantil, segundo a modalidade de xornada pola que opten. A opción elixida implica a asistencia regular e continuada á escola infantil durante un máximo de 8 e un mínimo de 3 horas diarias, respectivamente.
Quedan excluídas das actuacións subvencionables as actividades extra á atención educativa que supoñan un custo adicional e cuantificable para a escola infantil. A escola debe xustificar o custo adicional .
Artigo 8º
Prazo de comunicación de baixa:
No caso da renuncia voluntaria á praza deberá comunicarse por escrito antes do día 15 do mes anterior.
Artigo 9º
Causas de baixa.
Causarán baixa aquelas nenas e nenos admitidos nos que concorran algunha das seguintes circunstancias:
· Renuncia voluntaria á praza formulada polos pais, nais, titores, titoras ou representantes legais presentada na entidade municipal.
· Falta de asistencia ao centro ou uso dos servizos durante 15 días lectivos continuados ou 30 días alternos sen previo aviso nin causa xustificada. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 2 meses, polo que, transcorrido dito prazo darase baixa definitiva ou xustificarase a permanencia cos informes preceptivos que correspondan.
· Prazas que non se teñan cuberto aos quince días de iniciado o curso correspondente sen comunicación expresa por parte da familia e sen causa xustificada.
· Perda da condición de veciña ou veciño do termo municipal, comprobada mediante padrón municipal.
· Calquera cambio nas condicións que deron lugar a adxudicación de praza e que supoñan unha variación substancial destas. Se esta situación se producise, debe notificarse de inmediato para a valoración da nova situación.
· Por incumprimento reiterado das normas da escola infantil.
· Por incompatibilidade ou inadaptación.
· Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.
· Cando non se entregue documentación para a revisión e/ou clarificación de datos nos prazos legalmente establecidos ao efecto previo requirimento expreso pola entidade municipal.
Cada caso será valorado pola Comisión de baremo que escoitará ás partes e analizará a documentación que se achegue ao respecto. A decisión será elevada á Alcaldía que, en todo caso, resolverá.
Capítulo III. Obxectivos da escola
Artigo 10º
Son obxectivos específicos da escola:
¿ Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos nenos/as e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno/a. Coñecer o seu propio corpo e o das outras persoas, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas.
¿ Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.
¿ Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio desenvolvendo as súas capacidades emocionais e afectivas.
¿ Respectar a singularidade e diversidade de cada neno/a.
¿ Posibilitar a integración progresiva dos nenos/as na cultura do seu medio. Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social.
¿ Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias. Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
¿ Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.
¿ Facilitar a integración dos nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo
¿ Fomentar uso responsable das tecnoloxías dixitais.
¿ Promover hábitos saudables e sustentables a partires das rutinas.
¿ Promover modelos positivos que favorezan a aprendizaxe de actitudes baseadas nos valores de respecto, equidade, inclusión e convivencia e que ofrezan pautas de resolución pacífica e dialogada dos conflitos
¿ Promover, aplicar e desenvolver as normas sociais que promoven a igualdade de xénero. Estes obxectivos serán desenvolvidos no Proxecto Educativo e na correspondente Proposta Pedagóxica da escola.
Capítulo IV. Horario de apertura da escola
Artigo 11º
A Escola Infantil abrirá un mínimo de 8 horas diarias en xornada partida ou continuada, cinco días á semana de luns a venres e doce meses ao ano, salvo causa xustificada. Serán non lectivos os festivos nacionais, autonómicos e locais.
Non obstante, respectando estes mínimos, a escola poderá determinar os seus calendarios e horarios de apertura e peche ao público en función da demanda existente .
O horario de apertura e peche deberán figurar no taboleiro de anuncios de cada centro e no RUEPSS .
Os horarios de apertura e peche estableceranse ó inicio de cada curso.
Horario de apertura do centro: 8.00h
Horario de peche: 20:00h.
Horario diurno de atención as familias: aberto (adaptado á dispoñibilidade das familias).
Os días 24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro e 31 de xullo o horario de apertura será de 8:00h. a 16:00h
As causas dos peches estarán acreditadas mediante documentos asinados polo/a representante legal ou técnico/a competente.
CAPÍTULO V. Horarios de permanencia dos nenos/as
Artigo 12º.
1. O horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro será, con carácter xeral ,de oito horas diarias, agás causas excepcionais xustificadas nas que poderá ampliar o dito horario.
2. Horario amplo: Enténdese por horario amplo a atención os/ as nenos/ as por parte do centro polo menos durante 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase que o/a neno/a prolongue a súa estancia no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso quedar xustificadas documentalmente no expediente, o determinen.
3. Cambio de horario concedido: No caso de querer cambiar o horario inicialmente concedido, deberá acreditarse documentalmente a necesidade. A modificación no horario será solicitada por escrito ao concello. Ata o momento en que a entidade municipal resolva e notifique non se producirá a modificación. En todo caso a concesión dependerá da existencia de prazas vacantes no novo horario solicitado
Artigo 13º
Entradas e Saídas
a) O horario de entrada-saída dos nenos/as nos centros débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro. Non obstante, unha vez acordados co centro os horarios de entrada e saída dos nenos/as, as familias procurarán respectalos. En caso de atrasos inxustificados e reiterados, a dirección do centro está obrigada a adoptar as medidas oportunas poñéndoo en coñecemento das familias.
b) As familias e/ou representantes legais recollerán aos nenos e nenas ao remate da xornada. Nos casos nos que estes autoricen á dirección do centro para entrega-lo neno/a a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada.
c) No caso de que a escola realice algunha saída educativa do centro, será avisada por escrito e con antelación a todos os pais e nais, titores/as e representantes legais que deberán dar o seu consentimento, no caso de que non consintan a saída o neno/a quedará na escola co resto do persoal. Se as saídas son por grupos e no caso de que sexa unha saída conxunta, non poderán asistir á escola nesa data, xa que a escola permanecerá pechada.
Artigo 14º
A programación diaria de actividades terá a natural flexibilidade que esixan as características psicopedagóxicas e sociais dos nenos/as.
A programación destas actividades, concretaranse nos Proxectos educativos de Centro e a súa correspondente Proposta Pedagóxica.
Capítulo VI. Referente ás Familias
Artigo 15º. Dereitos e obrigas dos/das pais/nais, titores/as e representantes legais
Dereitos
· Ser informados/as, regularmente, da situación do neno/a na escola: desenvolvemento evolutivo, actitude, progresos...
· Solicitar ampliación de dita información en titorías e reunións co/a educador/a e director/a.
· Realizar unha visita ás instalacións e entrevistas persoais antes do comezo do curso.
· Coñecer o funcionamento da escola e o modo en que se formula o Proxecto Educativo do centro coa súa correspondente Proposta Pedagóxica antes da formalización da matrícula.
· Ser informados de aqueles sucesos que afecten a marcha ordinaria do funcionamento e das medidas adoptadas.
· Dispoñer das Normas de Funcionamento do centro visadas con carácter previo á realizar a matrícula.
· Interpoñer queixas e reclamacións.
· Ser informado/a polo centro, de forma inmediata, de calquera accidente ou calquera circunstancia relevante.
Deberes/ obrigas
· Informar en todo momento da situación persoal do neno/a no referente ao seu proceso educativo na casa e no seu entorno: gustos, aversión, cambio na situación familiar...etc.
· Ser puntuais na hora da traída e recollida do neno/a.
· Cumprir os horarios de asistencia solicitados.
· Ser puntuais no referente á contribución de material solicitado pola escola, á devolución de notas e enquisas enviadas pola mesma.
· Ser puntuais nos pagos e nas notificacións das baixas e cambios de horario.
· Colaborar na medida do posible nas actividades da escola, que serán o eixo da relación familia-escola.
· Cooperar dende a súa posición de responsables da educación dos/as nenos/as no proceso educativo.
· Avisar á escola do cambio de persoas encargadas de recoller ao neno/a na escola..
· Respectar o Proxecto Educativo do Centro e a súa Proposta Pedagóxica, así como as Normas de Funcionamento visadas polo Servizo de Inspección de Familia e Menores.
· Non levar ás nenas e nenos á escola cando non estean en condicións idóneas (procesos víricos, febre, ou calquera outra circunstancia...)
Artigo 16º
Participación e relación cos pais e nais, titores/as e representantes legais
Para garantir a axeitada participación das familias serán de aplicación xeral as seguintes normas sobre a participación activa:
1. Fomento da relación estreita entre familia e a escola xa que a educación nesta etapa enténdese como un proceso compartido.
2. A coordinación e o coñecemento da vida na escola verase facilitado por:
¿ Entrevista inicial cos pais e nais, titores/as e/ou representantes legais co/a director/a e o/a educador/a correspondente da cal deixarase constancia no expediente individual.
¿ Contactos diarios co/a educador/a..
¿ Participación en actividades : celebracións de festas, saídas da escola...
¿ Colaboración na preparación de festas, celebracións, excursións...
A relación cos pais/nais, titores/as ou representantes legais, que deberá ser en todo caso fomentada pola dirección do centro, ten como principais obxectivos:
¿ O intercambio de Información.
¿ Participación na vida da escola.
¿ Compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades, etc.
A escola poñerá en coñecemento dos pais/nais, titores/as ou representantes legais de cada neno/a unha información sobre a súa evolución integral que terá como mínimo carácter trimestral e que se realizará a través de Informes evolutivos das areas establecidas de acordo a normativa vixente que establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
As visitas dos pais/nais, titores/as ou representantes legais dos nenos/as realizaranse de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, logo de ser oído ao equipo técnico educativo, sempre e cando non dificulte a boa marcha do centro.
A escola infantil debe planificar o período de adaptación, tendo en conta que o neno ou nena racha co lazo afectivo coa figura de apego. O seu desenvolvemento a todos os niveis vai depender de como asimile este proceso. Por tanto debe ser planificado coas familias xa que van entrar nun lugar descoñecido con novas persoas e pasan de ser o centro de atención a un máis entre outros iguais.
Artigo 17º
Instrumentos de información para as familias
A través da comunicación no día a día, nos momentos de entrada ou recollida das nenas ou nenos.
Todas as familias serán informadas do período de adaptación. A escola conta con protocolo de adaptación que será facilitado ás familias.
Recomendase que , con carácter xeral, se celebren as seguintes reunións:
¿ Reunións xerais, coincidindo co inicio e co remate do curso.
¿ Reunións de grupo para realizar unha en cada semestre.
En todo caso, a dirección do centro informará por escrito ao principio do curso dos horarios de atención e información aos pais/nais, titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas.
Artigo 18º
Asociación de Pais e Nais.- ANPAs
A asociación de pais e nais é o órgano de participación na vida do centro. A súa constitución e funcionamento fomentarase por parte da dirección.
Sen prexuízo do que establezan os seus propios estatutos, a asociación promoverá os seguintes fins:
a) Defender os dereitos dos pais/nais, titores/as ou representantes legais no relativo á prestación de servizos aos nenos/as.
b) Colaborar coa dirección e co persoal do centro para favorece-lo desenvolvemento integral da poboación atendida en todo canto supoña unha mellora da calidade na prestación dos servizos.
Capítulo VII. Servizos que oferta
Artigo 19º
Servizos básicos
1. Atención Educativa
A escola infantil conta cun Proxecto educativo de Centro.- PEC propio que se axusta na súa estrutura ao Decreto 150/2022, de 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 95/2022 e as ensinanzas mínimas da educación infantil. Dito proxecto está a disposición das familias e autoridades competentes para a súa consulta.
A escola infantil atenderá a todas as facetas relativas ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do entorno no que viven os nenos/as.
A Escola infantil facilitará o desenvolvemento educativo do alumnado, garantindo a súa formación integral, e contribuíndo ao pleno desenvolvemento da súa personalidade
As actividades extra son as que se desenvolven fora do horario de atención educativa (subvencionado ao 100% pola Xunta de Galicia), é dicir actividades extraescolares que aboarán as familias.
2 . Servizo de cociña
O Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia define no seu artigo 26 b) ¿Como servizo de cociña, entendendo por tal a prestación consistente na achega dos medios persoais e materiais precisos para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as".
As familias ou representantes legais deberán proporcionarlle ao centro a alimentación que veñan recibindo as crianzas, así como os instrumentos para a súa subministración . As familias asinarán autorización para proporcionar os alimentos que se achegan cada día á escola co compromiso de levar os alimentos segundo as medidas hixiénicas establecidas, isto é: envasados en recipientes axeitados e correctamente identificados coa data de consumo, nome e apelidos do neno e transportados en recipientes isotérmicos que manteñan a temperatura axeitada e con indicación de se precisan ou non refrixeración.
3. Servizo de horario ampliado
Enténdese por horario amplo a atención os nenos e nenas por parte do centro polo menos durante 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase que o/a neno/a prolongue a súa estancia no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso quedar xustificadas documentalmente no expediente, o determinen.
Se algunha familia utiliza, por causas xustificadas, un horario ampliado, aboará o importe establecido por horas.
4. Actividades extra
As actividades extra, con carácter xeral, serán voluntarias.
As actividades complementarias desenvolveranse transversais ao currículo educativo.
Celébranse as festas estacionais e tradicionais (Magosto, Samaín, Nadal, Entroido¿) así como actividades de coñecemento da contorna e de relación coa comunidade (asociación e entidades da contorna, Escola de Música Municipal, Policía Local, bombeiros, centros educativos do concello, etc..)
Artigo 20º Normas de saúde, hixiene, vestiario e nutrición .
1. Normas de saúde
1. Os nenos/as deberán acudir ao centro en condicións correctas de saúde e hixiene. Non poderán asistir á escola os nenos/as que padezan enfermidades infecto-contaxiosas
2. No casos da aparición de enfermidades infecto-contaxiosas deberá ser comunicada polos pais/nais, titores/as ou representantes legais á dirección deste. O reingreso no centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio
3. No caso de observarse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nos nenos/as no propio centro, informarase á dirección deste, e avisaranse os seus pais/nais, representantes legais ou titores/as, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais nenos e nenas. O reingreso no centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio
4. No caso de enfermidade ou accidente sobrevido no centro, despois das primeiras atencións in situ e á maior brevidade posible, poñerase a dita circunstancia en coñecemento dos pais/nais, titores/as ou representantes legais do neno/a e, se é o caso, procurarase que o neno ou nena reciba a atención médica axeitada.
5. Cando se produza a falta de asistencia ao centro por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, os pais/nais, titores/as ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro.
6. Evitarase, con carácter xeral, a administración de medicamentos no centro. As familias procurarán axustar a administración dos medicamentos nas horas que os nenos/as permanezan na súa casa, sempre que o tratamento o permita.
7. Na escola infantil non se subministrará medicamento algún a excepción daquelas nenas e nenos de alta no Programa Alerta Escolar da Xunta de Galicia.
Nos casos en que se deban administrar medicinas os nenos e nenas (porque supón un risco para saúde), deberán ir acompañadas da receita médica, actualizada á data do tratamento, na que constará o nome do neno/a, o nome do medicamento, forma, dose e periodicidade na administración. Non se lles administrará ningunha medicación que non veña acompañada da autorización por escrito dos proxenitores, titores/as ou representantes legais indicando as horas de administración da dose correspondente.
8. Con carácter xeral atenderase o disposto nas Guías de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia así como aos boletíns epidemiolóxicos nos que se fan actualización das recomendacións para a exclusión de escolas.
2. Normas de hixiene persoal
Todos os nenos e nenas asistirán en óptimas condicións hixiénicas.
Todos os nenos e nenas que usen cueiros deberán traer un paquete e un bote de toalliñas (todo debidamente marcado co nome), que deberá repoñerse cando sexa preciso.
As nenas e nenos terán sempre unha muda completa de reposto. É imprescindible que todas as crianzas traían debidamente identificadas unha muda de roupa completa (chándal, camiseta, calzóns ou bragas e calcetíns) nunha Caixa que permanecerá no centro, unha bolsa de plástico para a roupa sucia , un chupete (se o utiliza) e unha botella de auga.
3. Normas de vestiario
1. A roupa e o calzado debe ser cómodo evitando no posible botóns, peches ou tirantes. Débense descartar os modelos tipo buzo.
2. Por motivos de seguridade os/as nenos/as non poderán traer obxectos como pulseiras, medallas, cadeas. Evitáranse ademais os lazos, horquillas, pinzas, gomas e outros que poidan ser perigosos.
3. Todos os nenos e nenas que anden deberán traer un mandilón (de 0 a 1 ano non é obrigatorio). Aconséllase a colocación dunha cinta no mandilón para que as crianzas podan colgalo e favorecer a súa autonomía persoal. Tamén traerán unha toalla, cepillo de dentes, crema e un vaso (con nome).
4. Normas de alimentación
As familias asinarán autorización para proporcionar os alimentos que traen cada día da súa casa co compromiso de cumprir as medidas hixiénicas establecidas, isto é:
· Envasados en recipientes axeitados e correctamente identificados coa data de consumo, nome e apelidos da nena ou neno e transportados en recipientes isotérmicos que manteñan a temperatura axeitada e con indicación de se precisan ou non refrixeración.
Terase presente en todo momento que a responsabilidade do estado dos produtos achegados polas familias é das familias. A escola infantil so se fai responsable da administración dos alimentos.
Artigo 21º
Uso das dependencias e do material
¿ Todo o material será coidado para o posterior desfrute dos demais.
¿ As aulas deberán ser respectadas como ambiente educativo, polo que terán a obriga de permanecer ordenadas, limpas e estruturadas.
Capítulo VIII. Promoción da integración e da igualdade entre nenos e nenas
Artigo 22º. Integración do alumnado con NEAE.- Necesidades Específicas de Apoio Educativo
A escola promoverá, dentro das súas posibilidades, a integración dos nenos/as con necesidades educativas especiais ou outras necesidades educativas por dificultades específicas de aprendizaxe.- DEA, sempre e cando conten cos recursos materiais e humanos necesarios. Nestes casos requirirase o informe previo dos equipos de Valoración e Orientación sobre o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.
A efectos da orde de gratuidade, considerase que as nenas e nenos con NEAE ocupan dúas prazas. Neste caso, a axuda que resulte multiplicarase por dous.
Artigo 23º. Fomento da Igualdade entre nenos e nenas
1. A escola é o principal axente educativo da infancia e a xuventude. Nela non só se aprenden coñecementos senón que tamén se adquiren actitudes, valores e normas de comportamento
Capítulo IX . A lingua
Artigo 24º
Os documentos oficiais da escola entregaranse en galego ou castelán, a demanda das persoas solicitantes.
Na etapa de educación infantil o persoal educador empregará na aula as dúas linguas cooficiais fomentando a participación en diferentes situacións de uso das dúas linguas cooficiais recoñecendo a importancia de ambas . As palabras e o vocabulario propio de cada unha das linguas cooficiais actuarán como nexo de unión desde o que enriquecer a bagaxe cultural e desenvolver a sensibilidade e a creatividade, de xeito que se lle ofrece á infancia, simultaneamente, a chave de acceso a unha cidadanía crítica, solidaria, igualitaria e comprometida coa sociedade.
De acordo co previsto no Decreto 150/2022, do 8 de setembro do 2022, as ensinanzas mínimas requirirán o 50 por cento dos horarios escolares para as comunidades autónomas que teñan lingua cooficial, como é o caso da Comunidade Autónoma de Galicia
Capítulo X. Persoal
Artigo 25º
A escola cumprirá en todo momento as rateos de persoal establecidas na normativa de aplicación.
Artigo 26º
Recomendase a constitución dun equipo técnico configurado como un grupo de traballo a través do cal o persoal de atención directa a nenos/as participa do proxecto integral do centro. Este equipo estará integrado polo/a director/a, que actuará como coordinador/a, e polo persoal de atención directa a nenos/as.
Artigo 27º
1. O persoal de atención directa a nenos/as será o que estando en posesión da titulación ou habilitación correspondente realice funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo.
2.- O persoal de apoio á atención e coidado dos/das nenos/as o que estando en posesión da titulación ou habilitación correspondente realice funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo.
Artigo 28º
Outro persoal, cando o centro ofreza servizo de comedor, nas distintas modalidades, deberá dispoñer do persoal necesario para o desenvolvemento das funcións propias deste servizo segundo a súa categoría profesional e se establezan no correspondente convenio colectivo.
Capítulo XI. Réxime de cobramento
Artigo 29º
A non asistencia á escola infantil 0-3 durante un período de 15 días sen xustificar dará lugar á baixa do alumno/a no programa da gratuidade.
A matrícula, horario amplo, horas extras, ou actividades extras, etc. serán detalladas no documento Relación de Prezos que se publicará no taboleiro de anuncios do centro e no apartado correspondente do RUEPSS. Ditos importes serán aboados polas familias.
Artigo 30º
Prezos
Os prezos son os establecidos na correspondente Ordenanza fiscal. Ditos prezos serán actualizados cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) do mes de xuño anterior.
Artigo 31º
Réxime de reserva de praza para o caso de ausencias/vacacións
A non asistencia non exime dos pagos mensuais das cotas correspondentes, xa que estes pagos garanten a reserva de praza durante todo o curso.
No caso de vacacións ou ausencias, debidamente xustificadas, o centro reservará a praza do/a alumno/a.
A bonificación refírese ó 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada aos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia, excluído o mes de vacacións do neno ou nena. As familias poden escoller libremente o período de desfrute das vacacións, preferentemente nos meses de verán, así como o mes excluído do período subvencionable.
Capítulo XII. Medidas de seguridade e hixiene
Artigo 32º
1. Medidas de seguridade e hixiene
A escola conta coas seguintes medidas de seguridade e hixiene en todas as súas instalacións:
¿ Técnico en riscos laborais encargado de implantar as medidas de emerxencia no centro.
¿ Medidas anti-incendios.
¿ Medidas de protección para evitar golpes e outras lesións nos nenos e nenas, tales como as cantoneiras e os antipilladedos.
¿ Caixa de primeiros auxilios para a asistencia inmediata, encargándose do seu mantemento o persoal responsable do centro.
2. Persoal
¿ Os traballadores/as, contan con coñecementos acreditados de prevención de riscos laborais e de primeiros auxilios.
¿ O persoal do centro manterá una actitude activa e vixiante dirixida a prevención de incidentes e ao control e conservación dos espazos, material, ferramentas, e obxectos perigosos e instalacións.
¿ Todo o persoal que realice funcións de atención e coidado dos/das nenos/as deberá acreditar o seu correcto estado de saúde e con periodicidade anual someterase a un recoñecemento médico. Será igualmente preceptiva a vacinación do persoal contra a rubéola, co especial compromiso das mulleres en idade fértil de adoptar as medidas sanitarias preventivas que correspondan durante os 3 meses seguintes á vacinación.
¿ Todo o persoal de atención e coidado ten coñecementos básicos en primeiros auxilios.
¿ O persoal que manipule alimentos está en posesión do carné de manipulador segundo a normativa vixente.
¿ Todo o persoal do centro que teña contacto habitual cos/coas nenos e nenas conta cun Certificado Negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e Trata de Persoas.
Capítulo XIII. Libro de Reclamacións
Artigo 33º
A escola infantil dispón dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. O procedemento para a tramitación está recollido na Orde do 12 de xaneiro de 2021 pola que se regula a presentación e a comunicación das reclamacións en materia de servizos sociais (códigos de procedemento BS105A e BS105B).
A Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais fai un seguimento continuo dos centros e programas a través das oportunas inspeccións co obxecto de comprobar o cumprimento dos requisitos legais esixibles á calidade educativa e asistencial procurando a mellora continua na prestación dos servizos , segundo o establecido nos artigos 75 da Lei 13/2008 , de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 49 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
Capítulo XIV. Sistema de revisión das Normas de Funcionamento
Estas normas serán expostas publicamente no taboleiro de anuncios do centro e estarán dispoñibles no apartado de autorizacións do RUEPSS.
Calquera instrución ditada pola escola non pode ser contraria ás presentes Normas de Funcionamento visadas polo servizo de inspección de Familia e Menores.
As presentes Normas de Funcionamento derrogan as visadas anteriormente.
Capítulo XV. Normativa de Aplicación
¿ Decreto 245/2003, de 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís.
¿ Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
¿ Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
¿ Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais.
¿ Lei 17/2011, de 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
¿ Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
¿ Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos de centros que impartan as ensinanzas do primeiro e segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria.
¿ Real Decreto 476/2013, de 21 de xuño polo que se regulan las condiciones de cualificación y formación que deben posuír os mestres dos centros privados de Educación Infantil y de Educación Primaria, Art. 2.2.. (BOE núm. 167, de 13 de xullo).
¿ Real Decreto 95/ 2022 de 1 de febreiro polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Infantil.
¿ Decreto 150/2022 de 8 de setembro polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
¿ Ordes anuais polas que se regulan as axudas as escolas infantís.
¿ DECRETO 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das EI e a súa actualización de prezos segundo Resolución de 10 de maio de 2017 pola que se actualizan os prezos das escolas infantís.
¿ DECRETO 148/2014, de 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento
¿ Ordenanzas fiscais dos concellos.
¿ Instrucións ditadas polos órganos competentes da consellería competente en materia de servizos sociais.
Disposicións
Disposición adicional primeira.
Correspóndelle ao concelleiro ou concelleira da área competente en materia educativa, establecer a coordinación entre a entidade municipal e a escola infantil municipal. Tamén lle corresponde o nomeamento do persoal técnico que estime competente para tramitar as actuacións precisas para facer efectiva esta coordinación.
Disposición adicional segunda.
Para o non previsto neste Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal de Cee, estarase ao disposto na Lei 5/97, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, Lei 7/85 de 2 de abril e regulamentos que a desenvolven, na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia e demais lexislación reguladora de ámbito autonómico ou estatal.
Disposición adicional terceira.
Facúltase á Alcaldía-Presidencia do Concello de Cee a ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste Regulamento.
Disposición Derrogatoria
Queda derrogado o regulamento aprobado no seu día por esta Administración.
ANEXO I
BAREMO DE APLICACIÓN PARA A VALORACIÓN DE SOLICITUDES DE ACCESO Á ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
O baremo a aplicar será o seguinte:
1. Situación sociofamiliar | |
1.1. Por cada membro da unidade familiar | 2 puntos |
1.2. Por cada persoa que non formando parte da unidade familiar estea a cargo dela | 1 puntos |
1.3. No caso de que o/a neno/a para o que se solicita a praza nacese nun parto múltiple | 1 punto |
1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por minusvalía, enfermidade que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia | 2 puntos |
1.5. Pola condición de familia monoparental | 3 puntos |
1.6. Por ausencia do fogar familiar de ambos membros parentais | 3 puntos |
1.7. Pola condición de familia numerosa | 3 puntos |
1.8. Calquera outra circunstancia familiar debidamente acreditada | ata 3 puntos |
2. Situación laboral familiar | |
Situación laboral de ocupación: | |
Pai | 6 puntos |
Nai | 6 puntos |
2.1. Situación laboral de desemprego (1): |
|
Pai | 2 puntos |
Nai | 2 puntos |
(1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior á entrega da solicitude de reserva de praza | |
No caso de familias monoparentais adxudicaráselles a puntuación do epígrafe correspondente computando por dous. | |
3. Situación económica. | |
R.P.C.. mensual da unidade familiar referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente | |
Inferior ao 25 % do IPREM | + 5puntos |
Entre o 25 % e o 50 % do IPREM | + 4puntos |
Superior ao 50 % e inferior ao 75 % do IPREM | + 3 puntos |
Entre o 75 % e o 100 % do IPREM | + 2puntos |
Superior ao 100 % e inferior ao 125 % do IPREM | 1 puntos |
Entre o 125 % e o 150 % do IPREM | - 1puntos |
Superior ao 150 % e inferior ao 200 % do IPREM | - 2 puntos |
Igual ou superior ao 200% do IPREM | - 3 puntos |
* IPREM: indicador público de renda de efectos múltiples como referencia do nivel de renda para determinar a contía de prestacións, beneficios ou servizos públicos (Real decreto-lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía). A contía deste indicador establécese anualmente na Lei de presupostos xerais do Estado.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.