Aranga - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE ARANGA

Publicación provisional: 14/02/2024 BOP Nº: 32
Publicación definitiva: 04/04/2024 BOP Nº: 66
Aplicable dende: 25/04/2024

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Coa aprobación do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido no citado decreto. En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, do Concello de Aranga, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza

A Lei 7/1985, de 2 abril, Reguladora de Bases de Réxime Local (BOE núm. 80, do 3 de abril de 1985), faculta aos Concellos para exercer competencias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en materia de prestación de servizos sociais e de programación e reinserción social.

A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, regula o dereito de tódalas persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.

A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma Lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.

Coa entrada en vigor da lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoa e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fixo necesario establecer un marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedimentais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, establecéronse pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo e atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.

O Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais de Galicia, establece no seu artigo 7.b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuaria e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise preciso adaptar a normativa municipal existente, en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto.

O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existen en material de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.

O Decreto 148/2014, de 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, entre outros aspectos modifica a regulación co copagamento do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia.

A Orde de 31 de maio de 2016 polo que se modifica o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia, modifica os criterios para o financiamento do servizo de axuda no fogar, recollidos no anexo III do Decreto 99/2012.

En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Aranga, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencia, regula os requisitos e condicións de prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través do presente Regulamento.

CAPÍTULO I. DISPOSICIONS XERAIS

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

É obxecto da presente ordenanza establecer a regulación xeral do funcionamento do servizo de axuda no fogar desenvolto polo Concello de Aranga, como prestación básica do Sistema Público de Servizos Sociais. Este servizo poderá presentarse de forma indirecta polas entidades debidamente autorizadas, ou ben directamente polo propio concello.

Será o ámbito de aplicación o territorio municipal de Aranga e a sede oficial estará emprazada nas dependencias do Concello de Aranga.

Artigo 2. Natureza, definición e obxectivos do servizo

2.1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistentes en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

2.2. Poderá prestarse, a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan do apoio persoal no seu entorno inmediato.

2.3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno convivencial habitual.

c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.

f) Retardar ou evitar a institucionalización.

g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Artigo 3. Contido do servizo

De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais comunitarios do Concello de Aranga, no programa de axuda no fogar poderán prestarse os seguinte tipos de actuacións:

3.1. Servizos de carácter básico

3.1.a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio, tales como:

- Asistencia para levantarse e deitarse.

- Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.

- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicación prescritas polos facultativos.

- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal.

- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

- Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.

3.1.b. Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria, tales como:

- Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.

- Apoio na realización de xestións necesarias e/ou urxentes.

3.1.c. Atencións das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora do contorno das persoas usuarias, tales como:

- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.

- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.

- Preparación de alimentos.

- Lavado e coidado das prendas de vestir.

- Coidados básicos da vivenda.

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou xantar na casa.

3.1.d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estrutura familiar.

3.2. Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atencións, unha vez garantido o nivel básico de atención:

- Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

- Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía sofware, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar a deficiencia ou as limitacións na actividade e restricións na participación social das persoas.

- Prestacións de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.

- Adaptacións funcionais do fogar.

- Servizo de podoloxía.

- Servizo de fisioterapia.

3.3. Outros servizos:

Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.

En todo caso e sen prexuízo da execución de todas as tarefas que se recollan no correspondente Programa Individual de Atención e no acordo de servizo, o conxunto de atencións do programa de axuda no fogar terá un carácter de reforzo e non substituto das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.

3.4. Atención excluídas do servizo

En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

- A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no Programa Individual de Atención e no acordo de servizo.

Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso, ser realizadas por persoas facultativo.

A realización de tarefas hortícolas e/ou gandeiras.

Atender a outras persoas que residan no domicilio, que non estean incluídas no proxecto de intervención.

Artigo 4º. Persoas destinatarias

O servizo de axuda no fogar estará aberto a tódalas persoas ou unidades de convivencia, empadroadas e residentes no Concello de Aranga, para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderán dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, segundo a Lei 39/2006, de 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Artigo 5. Dereitos das persoas usuarias

As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que, con carácter xeral, se lle recoñecen na lexislación aplicable de servizos sociais, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:

1. A seren tratadas con respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.

2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.

4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e compresible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar.

5. A teren asignada un/unha profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención. Así mesmo, a recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación do servizo.

6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na normativa vixente en Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

8. A coñeceren a situación do seu expediente.

9. A seren informadas, de maneira clara e precisa, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestión ante os servizos sociais do Concello de Aranga.

11. A facilitarlle unha copia do seu proxecto de intervención e acordo da prestación do servizo.

12. A respectar os seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

Artigo 6. Deberes das persoas usuarias

As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de Servizos Sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:

1. Residir efectivamente no domicilio habitual e no termo municipal de Aranga.

2. Comunicar, con dez días de antelación, o traslado provisional ou permanente a outro domicilio, agás en situacións de urxencia.

3. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.

4. Facilitar a información precisa e veraz sobres as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao Concello de Aranga, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideren resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

5. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

6. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

7. Tratar co debido respecto a todo o persoal que intervén na prestación do servizo, sen discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra circunstancia social ou persoal.

8. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

9. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.

10. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

11. Manter os animais domésticos libres de parasitos e debidamente vacinados, para evitar todo tipo de contaxio ao persoal auxiliar que atende nos domicilios, e illados, no momento da prestación do servizo.

12. Participar no pagamento dos servizos naqueles supostos concretos que se establecen no Decreto 99/2012, do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e nas normas municipais reguladoras correspondentes que o desenvolvan.

13. Comunicar as enfermidades infectocontaxiosas, cando así a autoridade sanitaria o estableza, para tomar as medidas de protección necesarias polo persoal que presta o servizo, co fin de evitar posibles contaxios tanto no persoal prestador do servizo como en outras persoas usuarias.

14. Comunicar inmediatamente aos servizos sociais ou a entidade prestadora en quen se delegue calquera anomalía que se observe na prestación do servizo.

15. Estar presente no domicilio durante a prestación do servizo e respectar o acordado no proxecto de intervención individual.

16. Comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

17. Asinar os anexos de tarefas dos proxectos de intervención individuais, plan de traballo e acordos, así como os que se produzan derivados das modificacións do servizo.

18. No caso do servizo de axuda no fogar libre concorrencia, a comunicar no prazo máximo de 3 meses, as modificacións das circunstancias persoais, sociofamiliares ou económicas.

CAPITULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

Sección primeira. Disposicións comúns

Artigo 7. Formas de prestación do servizo

1. O servizo público de axuda no fogar será prestado polo concello de Aranga, ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas. O servizo de axuda no fogar estará integrado nos servizos sociais comunitarios do Concello e será coordinado por unha persoa técnica do departamento desta entidade local. No caso de entidades privadas que presten o SAF mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos ou que atendan a persoas usuarias derivadas no sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoas usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello.

Artigo 8. Requisitos específicos

1. Existirá un profesional de referencia, que actuará de coordinación do servizo e que deberá estar en posición dunha cualificación mínima de diplomatura/grao universitario na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo esixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:

Número de persoas usuarias

Persoal técnico mínimo

50 a 99

1 técnico/a titulado/a a xornada completa

100 a 199

2 técnicos/as titulados/as a xornada completa

200 a 399

3 técnicos/as titulados/as a xornada completa

Incrementos sucesivos

Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa

Incrementos sucesivos Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa

1. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión das titulacións que establezan a normativa autonómica vixente en cada momento.

2. O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, da empresa externa, de ser o caso, ou por persoal técnico dos servicios sociais municipais, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase a axustarse, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo do servizo.

Sección 2º. Modalidades, intensidade, temporalidade e prestacións

Artigo 9. Modalidades de acceso ao servizo

O acceso ao servizo de axuda no fogar producirase a través do servizos sociais comunitarios, de acordo co seguinte:

1. Acceso por dependencia

O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lle asigne a axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención (PIA), e consonte á aplicación do programa de asignación de recursos, segundo o recollido no Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención a dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Para estes efectos, o concello de Aranga, cando sexa o caso, procederá a dar de alta ás persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lle asigne o servizo de axuda no fogar como respiro da persoa coidadora.

O concello de Aranga poderá designar unha ou máis auxiliares de axuda no fogar a cada caso en función do proxecto de intervención individual e da organización xeral do servizo.

2. Acceso por libre concorrencia

Para as persoas que non teñan recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos sociais de atención á dependencia o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia, resolverase en réxime de libre concorrencia.

As persoas solicitantes terán un prazo de 3 meses para solicitar a administración competente a valoración da dependencia, se fose o caso, e continuar o procedemento oportuno.

A extensión da prestación, para as persoas usuarias cuxa vía de acceso ó servizo de axuda no fogar fose por libre concorrencia, incluído o acceso por urxencia sobrevida, virá condicionada polas posibilidades orzamentarias do programa consignadas polo Concello de Aranga.

3. Acceso por urxencia sobrevida:

A alta producirase nun prazo inferior a 48 horas, e de 24 horas no caso de extrema urxencia. A duración do servizo de axuda no fogar non será superior a tres meses, dende a alta efectiva, salvo prescrición técnica debidamente motivada. Transcorrida a temporalidade marcada, para manter a alta no servizo, deberá tramitarase novamente, a través das condicións establecidas no servizo de libre concorrencia.

Sección 3ª. Do procedemento

Artigo 10.- Solicitudes e documentación

1. Para o acceso por dependencia:

As persoas que teñan recoñecida unha situación de dependencia, que se lles asignara o servizo de axuda no fogar no Proxecto Individual de Atención e no Programa de Asignación de Recursos, achegarán, se fose o caso, a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria

- Documentación acreditativa do representante legal, de ser o caso,

- Informe médico e pauta farmacolóxica actualizada, asinada polo persoal facultativo, de ser o caso.

- Resolución do Plan Individual de Atención.

- Certificación bancaria do número de IBAN bancario, ao efectos do cargo da taxa correspondente pola prestación do servizo

 

2. Para o acceso por libre concorrencia:

O procedemento iniciarase a instancia da persoa interesada, gardador/a de feito ou representante legal, mediante a presentación da solicitude (anexo I), en modelo normalizado, dirixida ao Alcalde no Rexistro Xeral do Concello de Aranga, sen prexuízo do previsto na Lei de Procedemento Administrativo Común, xunto coa seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI/NIE da persoa interesada.

- No caso de que a persoa solicitante actúe a través de representante ou coidador de feito, deberá presentar:

o Copia de sentenza de incapacitación legal ou de medidas de apoio e nomeamento de titor/a, curator/a, gardador/a, de ser o caso.

o Fotocopia do DNI do titor/a, curator/a, gardador/a.

o Declaración xurada de gardador de feito. Anexo II

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- Fotocopia do libro de familia no caso de que sexan menores de idade ou documento equivalente.

- Volante de empadroamento colectivo de convivencia, no caso de non autorización para a consulta do Padrón Municipal. (Anexo III)

- Informe de saúde da persoas interesada, segundo anexo IV ou autorización para a súa solicitude, de selo caso, segundo Anexo IV Bis

- Certificado de discapacidade, se é o caso, ou autorización para a súa consulta segundo o anexo III

- Resolución do grao de dependencia, se é o caso, ou autorización para a súa consulta segundo o anexo III

- Xustificante de ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan tódalas persoas residentes na mesma unidade de conviviencia, por medio da seguinte documentación:

a. Declaración da renda ou autorización para consulta de datos fiscais (Aneno III), no caso de non autorización expresa para a consulta de datos.

b. Certificación de pensións ou prestacións percibidas do órgano competente, no caso de pensións ou prestacións percibidas do estranxeiro, certificación da contía perciba.

c. Certificado de bens mobles e/ou inmobles, xustificando rendementos, ganancias e perdas ou autorización para consulta de datos fiscais (Anexo III), no caso de non autorización expresa para a consulta de datos.

d. Certificación bancaria do número de IBAN bancario, ao efectos do cargo da taxa correspondente pola prestación do servizo.

e. Información fiscal bancaria bancarias, valores e depósitos a 31 de decembro.

- Calquera outra documentación que se valore oportuna durante a tramitación do expediente en relación coa prestación solicitada.

O Concello resérvase as actividades inspectoras que considere oportunas sobre os datos achegados e relacionados co servizo que se solicita. Se do resultado destas comprobacións se puxera de manifesto datos distintos aos aportados pola persoa solicitante, que houberan dado lugar á concesión do servizo, adoptaranse as medidas precisas para corrixir e, no seu caso, reparar o prexuízo causado, podendo chegar á suspensión do servizo.

O prazo de presentación das solicitudes será todo o ano.

3. Para acceso por urxencia sobrevida

Poderá iniciarse o servizo de axuda no fogar só coa solicitude presentada no Rexistro do Concello, requirindo, en todo caso, informe proposta favorable de alta provisional do/a traballador/a social de referencia. No prazo de 10 días hábiles, dende a alta efectiva, deberá aportar a documentación esixida no artigo 11.2, no caso de non presentala será causa de baixa no servizo e arquivo de expediente.

O persoal de servizos sociais solicitará de oficio, a outros departamentos municipais, información relativa ao cumprimento do requisitos de empadroamento, sen prexuízo da obtención da correspondente autorización por parte da persoa interesada consorte a normativa vixente en materia de protección de datos.

Artigo 11.- Valoración de solicitudes

Os servizos sociais do Concello de Aranga comprobarán que, a persoa solicitante, reúnen os requisitos recollidos no regulamento. De non ser así requiriráselle, para que no prazo de 10 días, emende ou achegue os documentos preceptivos, con indicación que de non ser así, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 38/2015, de 1 de outubro, se entenderá que desiste do seu pedimento.

No acceso a libre concorrencia empregarase un baremo determinado, recollido no anexo V, do presente regulamento, no que ademais dos posibles déficits de autonomía da persoa, se valoren factores de carácter persoal e sociofamiliar, apoio social, situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a súa normalización e a calidade de vida.

As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social de referencia dos servizos sociais comunitarios do concello, unha vez realizada a correspondente visita a domicilio, determinará, mediante o informe social, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta tódalas circunstancias de necesidade.

Artigo 12.- Proposta e resolución

O traballador/a social de referencia elaborará un informe-proposta, segundo o modelo do anexo VI que será elevado ao órganos competente para ditar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses. No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade horaria, a solicitude incluirase na listaxe de agarda, a prioridade virá determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da solicitude.

A resolución de aprobación que se dite notificarase á persoa interesada ou ao seu representante legal.

Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, o órgano competente resolverá o expediente, á vista do informe - proposta (anexo VI) do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación que o desencadeou, sen poder superar os tres meses. A desaparición desta causa levará consigo a extinción do servizo e a tramitación, previa solicitude, pola vía ordinaria, de ser o caso.

Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo a sinatura do acordo de servizo, a modo de compromiso de respecto ás normas do servizo que conterá como mínimo o tipo de atención, a intensidade horaria, a achega económica correspondente ou gratuidade se procede, a aceptación domiciliación bancaria, e a temporalización do mesmo, de ser o caso, segundo o modelo do anexo X.

Artigo 13.- Denegación do servizo

As solicitudes de prestación do servizo de axuda no fogar poderán ser denegadas polo seguinte:

1. Non reunir os requisitos de acceso establecidas na presente ordenanza.

2. Non acadar 6 puntos na aplicación do baremo establecido na presente ordenanza.

3. Que a persoa usuaria poida satisfacer axeitadamente as súas necesidades por si mesmo/a e/ou co apoio dos seus familiares.

4. Que a necesidade alegada non sexa obxecto de cobertura polo servizo de axuda no fogar.

5. Que non se acepten as condicións do servizo municipal en canto á prestación e á obriga de participar no pagamento dos servizos naqueles supostos concretos que se establezan na ordenanza.

6. Que persistan as circunstancias que motivaron a extinción do servizo a través dun expediente sancionador.

7. Que a vivenda non reúna as mínimas condicións de habitabilidade, careza de auga, de luz... sexa unha infravivenda, chabola ou similar, segundo estableza a lexislación vixente.

8. Que a persoa usuaria ou a persoa que a represente se negue a facilitar os medios oportunos e condicións para que sexa levado a cabo o servizo.

9. Que a persoa usuaria ou a persoa que o representa se negue a asinar o acordo de prestación do servizo,

10. Calquera outra causa, debidamente motivada.

Sección 4ª. Da prestación do servizo

Artigo 14. Desenvolvemento da prestación do servizo

1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que á persoa usuaria, que acceda ao servizo na modalidade de dependencia, se lle asigna dende o Programa de Asignación de Recursos ou dende que se dita a resolución pola órgano competente, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días e de 24 horas nos casos de extrema urxencia.

2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico do concello ou da empresa xestora do servizo, de ser o caso, realizará unha avaliación da situación e establecerá en consenso coa persoa usuaria, as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio.

Toda esta información relativa á prestación do servizo, poñerse en coñecemento da coordinadora da empresa, si é o caso, e procederase a designar a persoa profesional de referencia

3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ó perfil requirido para cada caso concreto. Realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria e do persoal coordinador da entidade, no caso de subcontratación do servizo.

Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.

Os cambios no persoal auxiliar, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse por circunstancias de necesidades da organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.

4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar un acordo da prestación do servizo, segundo o modelo establecido no anexo VIII.

5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o modelo recollido no anexo VII , que deberá conter, diagnose e avaliación previa ao inicio do servizo e, cando menos, os días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade de persoal auxiliar responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio e o seguimento efectivo da prestación no domicilio da persoa usuaria, con carácter mínimo bimestral.

6. Así mesmo entregarase á persoa usuaria e ao persoal auxiliar, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio. Así mesmo farase entrega a cada persoa usuaria dunha copia da ordenanza municipal debidamente visada polo órgano competente, asi como unha copia do Anexo XII das obrigas do persoal auxiliar.

7. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará a súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia e a orde do 12 de xaneiro de 2021, pola que se regula a presentación e comunicación das reclamacións en material de Servizos Sociais,

8. O departamento de servizos sociais do Concello, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

a) Un informe social, asinado por un traballador/a social da entidade titular do servizo.

b) Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o anexo VII desta ordenanza.

c) Un acordo do servizo, asinado pola traballadora social e a persoa usuaria, segundo o anexo VIII deste regulamento.

d) Informes de seguimento periódicos, que como mínimo terán carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 15. Intensidade do servizo

1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico, que se detallarán no proxecto de intervención.

2. Como norma xeral o servizo prestarase de 7.00 a 22.00 horas, tendo a consideración de horario nocturno o que se puidese prestar fora das citadas franxas horarias, tendo este carácter excepcional, e requirindo, en todo caso, a previa valoración favorable dos servizos sociais.

3. As franxas horarias de atención, axustaranse na medida do posible, as necesidades das persoas beneficiarias, non podendo superar, salvo excepción debidamente motivadas por prescrición dos servizos sociais, tres franxas diarias de atención, cunha duración mínima de 45 minutos, agás por prescrición dos servizos sociais.

4. A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predeterminada no seu programa de atención, a súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garante a cobertura das necesidades de atención e carácter persoal na realización das actividades básica da vida diaria.

5. O horario de prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, será de 7.00 a 22.00 horas de luns a domingo. Os días festivos e domingos, só se prestarán atencións de carácter persoal.

6. A intensidade do servizo, por libre concorrencia, virá determinadas na prescrición efectuada polos correspondentes servizos sociais comunitarios e terá unha intensidade non superior a 22 horas/mes, con un máximo de 5 horas semanais de luns a venres, quedando excluídas as fins de semana o os días festivos. Para casos debidamente xustificados e de extrema necesidade, tanto a intensidade como o horario poderá variar, sempre que así sexa valorado, previamente, pola traballadora social do concello. No suposto de que varias persoas da unidade de convivencia sexan beneficiarias deste servizo na modalidade de libre concorrencia, a intensidade non será superior a 66 horas mensuais na súa globalidade.

7. No caso de servizos de libre concorrencia de urxencia por causa sobrevida, a intensidade máxima mensual, non poderá superar a intensidade establecida para un grao III de dependencia.

Artigo 16. Temporalidade do servizo

1. O servizo de axuda no fogar dependencia terá a consideración de temporalidade indefinida mentres non se produzan algunha das causas de extinción recollidas no artigo 17 do presente regulamento.

2. O servizo de axuda no fogar libre concorrencia ten unha temporalidade definida e suxeita a revisión, de carácter anual. No caso de acceso ao servizo de libre concorrencia por urxencia por causa sobrevida, o servizo terá unha temporalidade definida namentras subsistan as causas que motivaron a urxencia ou por cumprimento do prazo máximo de prestación de tres meses.

Artigo 17. Causas de extinción e modificación do servizo

1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:

a) Renuncia da persoa usuaria, segundo modelo Anexo X, presentado con dez días antelación a data de extinción.

b) O cambio de programa individual de atención ou de proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.

c) Traslado definitivo da súa residencia a outro concello

d) Falecemento da persoa usuaria.

e) Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.

f) A falta reiterada de pagamento do servizo, durante dous meses consecutivos ou tres alternos.

g) Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

h) A non presentación da documentación para a revisión da capacidade económica segundo o establecido no artigo 6 da ordenanza fiscal do servizo de axuda no fogar do Concello de Aranga.

i) Non comunicar, no prazo de 3 meses, a modificación das circunstancias sociofamiliar ou económica, no caso do servizo de libre concorrencia.

j) No caso do servizo de axuda no fogar pola modalidade de urxencia sobrevida, esgotar o tempo máximo de prestación recollido no artigo 9 da presente ordenanza

1. Con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

As persoas usuarias que accederan ao servizo de axuda no fogar polo sistema de libre concorrencia e fosen valoradas con posterioridade por dependencia correspondéndolles a efectividade do dereito, poderán ver modificadas as condicións de prestación do servizo consorte ao establecido no proxecto individual de atención e a normativa de aplicación.

As modificación tamén poderán producirse por pedimento da persoa interesada, mediante solicitude subscrita por esta coa valoración da/o traballador/a social responsable do expediente, á vista dos posibles cambios de situación que motivou a concesión.

2. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución do Programa Individual de Atención, consonte a incoación, por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo deberá comunicarse en todo caso, ao órgano competente para ditar a resolución do Programa Individual de Atención, segundo o procedemento establecido no Título X e XI da Lei 13/2008, do 13 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.

3. Con respecto aos casos de libre concorrencia, cando por necesidades do servizo sexa necesario ampliar o número de persoas usuarias e se consideren prioritarios outros casos en consideración das súas circunstancias persoais, sociais, sanitarias, económicas... ou en función das dispoñibilidades económicas do exercicio poderase reducir a intensidade da prestación do servizo. Acordárase por Resolución da Alcaldía, ou concellería delegada, se é o caso, previo informe da traballadora social do Concello.

4. Procederase á revisión de horas prestadas ás persoas usuarias de libre concorrencia, cando se detecte por parte da traballadora social do Concello que o número de horas de servizo que se presta xa non proceden debido á modificación das circunstancias que motivaron a alta no servizo. O número de horas de prestación poderá incrementarse ou diminuír ou extinguirse e será xustificado cun informe-proposta do/a traballador/a social municipal responsable do expediente que precederá á Resolución da Alcaldía, ou concellería delegada, se é o caso, que ditará a resolución da nova proposta de servizo.

5. Para revisión das circunstancias que motivaron a concesión do servizo de axuda no fogar na modalidade de libre concorrencia o traballador/a social de referencia dos servizos sociais comunitarios do concello, determinará, mediante o informe social, a suspensión ou a continuidade do servizo, así como a intensidade tendo en conta tódalas circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo o modelo do anexo V. Realizarase como unha revisión de oficio con carácter anual dende o inicio o revisión do servizo.

Artigo 18. Causas de suspensión temporal do servizo

Son causas de suspensións temporais do servizo, logo da solicitude, con 10 días de antelación, agás en causas sobrevidas e xustificadas, da persoa usuaria do servizo e da tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico do coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:

1. Ausencia temporal do domicilio:

a) No caso de persoas beneficiarias que accedan ao servizo polo sistema de dependencia poderán suspender o servizo temporalmente por un período máximo de dous meses, nas seguintes situacións:

- Durante o internamento da persoa beneficiaria nunha institución sanitaria.

- Durante a estadía temporal nun centro de atención residencial

- Ausencia temporal do domicilio, acreditando as causas que motivan a súa ausencia, segundo o anexo IX

b) No caso de persoas beneficiaria que accedan ao servizo polo sistema de libre concorrencia poderá suspenderse por un máximo de 3 meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia e solicitándoo por escrito, segundo o Anexo IX.

2. Modificacións temporais das causas que motivaron a necesidade do servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causantes da suspensión, coa excepción das prazas vinculada a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

3. No caso de suspensión temporal ou puntual do servizo ou ausencia do fogar, a persoa usuaria deberá solicitalo no rexistro xeral do Concello de Aranga, segundo modelo do anexo IX, con 10 días de antelación ao inicio da suspensión, agás causas sobrevidas e xustificadas. Cando as circunstancias imposibiliten este trámite (ingreso urxente en centro hospitalario ou calquera outra causa sobrevida de xeito emerxente), queda eximido de presentar a solicitude por adiantado, se ben deberá ser xustificado co correspondente informe médico ou calquera outra documentación acreditativa que xustifique a ausencia.

4. No obstante poderá reiniciarse o servizo, sen necesidade de esgotar o período de suspensión, previa solicitude por escrito, con cinco días de antelación, ao reinicio do servizo.

Artigo 19.- Infraccións e sancións

O incumprimento das obrigas e requisitos das persoas beneficiarias establecidas nesta Ordenanza quedarán sometidas ao réxime de infracción e sancións regulador no título X e XI da Lei 13/2008, de 3 decembro, de Servizos Sociais de Galicia.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira. Normativa subsidiaria

No non previsto expresamente na presente Ordenanza, estarase ao disposto na Lei 12/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e a Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Aranga, publicada no BOP núm. 3 de 7 de xaneiro de 2014.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente regulamento entrará en vigor entrado en vigor logo de que se publique integramente o seu texto no BOP e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e permanecerá en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXOS


 

17393.png 

 

17433.png 

17440.png 

17447.png 

17591.png 

 

17455.png 

17462.png 

17469.png 

17634.png 

17476.png 

17493.png 

17501.png 

17508.png 

 

17806.png 

17826.png 

17515.png 

17522.png 

 

17540.png 

17547.png 

 

17837.png 

 

17555.png 

 

17562.png 

 

ANEXO XII

DEBERES DO PERSOAL AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

1. Respectar a intimidade da persoa usuaria e a súa familia e garda o debido sixilo.

1. Non permitir que sexa a persoa usuaria quen oriente o servizo, e manter unha relación de equilibrio efectivo. O trato será sempre de respecto, evitando que a confianza coa persoa usuaria e coa súa familia interfira na correcta prestación do servizo.

2. Respectar os horarios e as tarefas establecidas no proxecto de intervención, e non facer cambios sen a previa autorización do/a profesional de referencia.

3. Non custodiar cartos, xoias, nin obxecto algún da persoa usuaria ou da súa familia.

4. Non recibir ningún tipo de gratificación ou bonificación por parte da persoa usuaria ou da súa familia.

5. Non dispoñer de chaves de ningún domicilio, agás cando as condicións da situación concreta así o esixan, sempre con consentimento escrito da persoa usuaria ou da súa familia, así como do profesional de referencia.

6. Non acudir ao lugar de traballo en compañía de persoas alleas ao servizo.

7. En ningún caso, o persoal auxiliar, poderá desprazar ás persoas usuarias no seu vehículo, no horario de prestación do servizo.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.