Neda - REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ¿OS PELEGRÍNS¿ DE NEDA

Publicación provisional: 07/02/2024 BOP Nº: 28
Publicación definitiva: 05/04/2024 BOP Nº: 67
Aplicable dende: 26/04/2024

ÍNDICE:

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ¿OS PELEGRÍNS" DE NEDA. (Texto refundido)

PREÁMBULO

CAPITULO 1. DATOS DO CENTRO

ARTIGO 1. DEFINICIÓNS DO CENTRO

ARTIGO 2. DATOS IDENTIFICATIVOS

1. IDENTIFICACIÓN

2. TITULARIDADE

3. PERMISO DE INICIO DE ACTIVIDADES

4. TIPO DE XESTIÓN

CAPITULO 2. FUNCIONAMENTO

ARTIGO 3. OBXECTIVOS DA ESCOLA INFANTIL

ARTIGO 4. CAPACIDADE DO CENTRO

ARTIGO 5. SERVIZOS QUE OFERTA O CENTRO

1. SERVIZOS EDUCATIVOS

2. SERVIZO DE COMEDOR

3. SERVIZO DE HORARIO AMPLO

4. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

ARTIGO 6. CALENDARIO E HORARIO DE FUNCIONAMENTO

1. CALENDARIO ESCOLAR

2. HORARIOS E TIPO DE XORNADA

3. RÉXIME DE SAIDAS

CAPÍTULO 3. PROCEDEMENTO DE INGRESO

ARTIGO 7. PROCEDEMENTOS DE SOLICITUDE DE PRAZAS: ADMISIÓN E BAIXAS

1. REQUISITOS DOS/AS SOLICITANTES

2. CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

2.1 PROCEDEMENTO ORDINARIO

2.2 PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO

2.3 LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE DA PRE- INSCRICIÓN

2.4 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

2.5 SOLICITUDES INCOMPLETAS

2.6 RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

2.7 RECLAMACIÓNS

2.8 RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E LISTAXE DE AGARDA E MATRICULACIÓN

3. BAIXAS

4. COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE BAREMACIÓN

5. REQUISITOS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

CAPÍTULO 4. RÉXIME DE COBRAMENTO

ARTIGO 8. SUBVENCIONALIDADE, RÉXIME DE PREZOS, ACTUALIZACIÓN E RESERVA DE AUSENCIAS/VACACIÓNS

1. CRITERIOS DE SUBVENCIONALIDADE

2. MATRICULACIÓN DO ALUMNADO

3. ACTUALIZACIÓN DE PREZOS

4. RÉXIME DE RESERVA DE PRAZA PARA O CASO DE AUSENCIAS/VACACIÓNS

CAPÍTULO 5. NORMATIVA REFERENTE A TODO O PERSOAL

ARTIGO 9. ESTRUTURA ORGANIZATIVA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CAPÍTULO 6. NORMATIVA REFERENTE AOS NENOS/AS

ARTIGO 10. DEREITOS DOS/DAS NENOS/AS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

ARTIGO 11. NORMAS DE HIXIENE E SAÚDE PERSOAL

ARTIGO 12. NORMAS DE NUTRICIÓN

ARTIGO 13. PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE NENOS E NENAS

ARTIGO 14. A LINGUA

ARTIGO 15. INTEGRACIÓN DO ALUMNADO CON NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo)

ARTIGO 16. USO DAS DEPENDENCIAS E MATERIAIS

ARTIGO 17. PERÍODO DE ADAPTACIÓN

CAPÍTULO 7 NORMATIVA REFERENTE A FAMILIA

ARTIGO 18. DEREITOS DOS/AS PAIS/NAIS, TITORES/AS E REPRESENTANTES LEGAIS

ARTIGO 19. DEBERES DOS/AS PAIS/NAIS, TITORES/AS E REPRESENTANTES LEGAIS

ARTIGO 20. PARTICIPACIÓN DAS/OS NAIS / PAIS / REPRESENTANTES LEGAIS

1. RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA INFANTIL

2. INSTRUMENTOS DE INFORMACIÓN A PAIS E NAIS

3. ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS (ANPAs)

CAPÍTULO 8. NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA OU INSTALACIÓNS

ARTIGO 21. MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE

CAPÍTULO 9. LIBRO DE RECLAMACIÓNS

ARTIGO 22. LIBRO DE RECLAMACIÓNS

DISPOSICIÓN DERRADEIRA. ENTRADA EN VIGOR E REVISIÓN

PREÁMBULO

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, Lei Orgánica de Educación, no Título I, capítulo I art. 12 define a educación infantil como a etapa educativa de atención de nenos e nenas de ata 6 anos de idade, establecendo o seu carácter voluntario e coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos/as nenos/as, sendo de recoñecida importancia a cooperación dos centros de educación infantil cos pais e nais, co obxecto de respectar a súa responsabilidade fundamental. A educación infantil organízase en dous ciclos, o primeiro comprende ata os 3 anos, e o segundo dende os 3 ata os 6 anos de idade.

Entendendo a educación infantil como unha etapa única e con identidade propia, cómpre establecer unha normativa específica que regule as escolas infantís de 0-3 anos, tanto no referente ao seu funcionamento como na súa organización e xestión.

As escolas infantís constitúen un primordial e excelente contexto de socialización e teñen un labor fundamental na detección precoz de dificultades no desenvolvemento dos/as menores, xogando un papel fundamental na compensación de carencias e desigualdades que teñen a súa orixe nas diferencias sociais.

Dentro deste marco, o Concello de Neda, dende a Área de Servizos Sociais, pretende poñer en marcha o Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal ¿Os Pelegríns", enmarcándose nas seguintes referencias lexislativas:

¿ Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

¿ Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

¿ Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais.

¿ Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

¿ Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos de centros que impartan as ensinanzas do primeiro e segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria.

¿ Real Decreto 476/2013, de 21 de xuño polo que se regulan las condiciones de cualificación y formación que deben posuír os mestres dos centros privados de Educación Infantil y de Educación Primaria, Art. 2.2.. (BOE núm. 167, de 13 de xullo).

¿ Real Decreto 95/2022 de 1 de febreiro polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Infantil.

¿ Decreto 150/2022 de 8 de setembro polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

¿ Decreto 245/2003, de 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís.

¿ Lei 17/2011, de 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

¿ Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís e a súa actualización de prezos segundo Resolución de 10 de maio de 2017, pola que se actualizan os prezos das escolas infantís.

¿ Ordes anuais polas que se regulan as axudas as escolas infantís.

¿ Instrucións ditadas polos órganos competentes da consellería en materia de servizos sociais.

¿ Ordenanza fiscal reguladora do prezo público da escola infantil municipal de Neda (BOP núm. 221, do 22.11.2022).

CAPITULO 1. DATOS DO CENTRO

ARTIGO 1. DEFINICIÓNS DO CENTRO

O presente Regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento da Escola Infantil Municipal ¿Os Pelegrins" do Concello de Neda concibida como un espazo privilexiado onde asenta a educación, permitindo a mellora constante das relacións entre a dirección da escola, os pais, nais, titores/as ou representantes legais, os/as educadores/as e a administración titular do centro, así como o procedemento de adxudicación de prazas e as condicións de uso.

Defínese como centro diúrno con carácter socio-educativo dirixido á poboación infantil dende os tres meses de idade ata os tres anos, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento harmónico e integral dos/as nenos/as, con dúas función engadidas importantes: apoiar o labor educativo da familia e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.

Ten como obxectivo que a poboación de nenos/as destas idades poidan ser acollidos, coidados e educados nun contexto de calidade, que responda ás súas necesidades, que se respecten os seus dereitos, medren seguros e integrados na súa comunidade e que sexan axudados a desenvolver todas as súas capacidades.

Así mesmo, a escola infantil debe entenderse baixo os principios e contidos educativos recollidos no currículo de primeiro ciclo de educación infantil da Comunidade Autónoma de Galicia.

ARTIGO 2. DATOS IDENTIFICATIVOS

1. IDENTIFICACIÓN

Nome: Escola Infantil Municipal de Neda ¿Os Pelegrins".

Enderezo: Empedrón s/n. Santa María de Neda.

C.P.: 15510 Neda.

Tlf.: 682 562 616

Departamento Responsable: Departamento de Servizos Sociais.

Dirección: a persoa que en cada caso conste de alta no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. TITULARIDADE

Entidade titular: Concello de Neda

NIF P1505600E.

N.º inscrición no RUEPSS: E-915-C-1

Representante Legal: Alcaldía do Concello de Neda

Enderezo: Avenida de Algeciras 34. 15510 Neda

3. PERMISO DE INICIO DE ACTIVIDADES

O permiso de inicio de actividades data do 26 de agosto de 2019

4. TIPO DE XESTIÓN

A Escola Infantil Municipal Os Pelegríns (en adiante EIMOP) será xestionada de acordo coas formas de xestión indirecta previstas na normativa de aplicación, segundo se determine en cada momento.

A EIMOP depende, administrativamente, da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Neda. En todo caso, unicamente lle corresponde ao Concello a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en que persoa/as delega/s desta cando así o estime oportuno.

CAPITULO 2. FUNCIONAMENTO

ARTIGO 3. OBXECTIVOS DA ESCOLA INFANTIL

Os obxectivos da EIMOP irán encamiñados a:

¿ Promover e fomentar o desenvolvemento integral das/os menores e a aprendizaxe das habilidades cognitivas, creativas, psicomotrices, afectivas e sociais.

¿ Identificar e expresar as necesidades básicas de saúde e benestar, de xogo e de relación, e resolver autonomamente algunhas delas mediante estratexias básicas de coidado, alimentación e hixiene.

¿ Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e de conservación dos recursos, así como pautas de respecto co medio ambiente.

¿ Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

¿ Facilitar o desenvolvemento de valores individuais básicos: cooperación, solidariedade, respecto.

¿ Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.

¿ Respectar a singularidade e a diversidade de cada neno/a contribuíndo a fomentar actitudes tolerantes.

¿ Posibilitar a integración progresiva das/os menores na cultura do seu medio.

¿ Facilitar a integración das/os menores con necesidades educativas especiais.

¿ Traballar desde unha perspectiva de coeducación e de respecto á diversidade e individualidade do alumnado, así como o emprego de linguaxe nos sexista.

Estes obxectivos serán integrados e desenvolvidos no proxecto educativo da EIMOP que elaborará o equipo directivo e docente do centro.

ARTIGO 4. CAPACIDADE DO CENTRO

A EIMOP ten capacidade para 40 prazas, actualmente está distribuída en 3 unidades (aulas) co seguinte número de prazas por unidade:

¿ 1 unidade de 0 - 1 ano ....................................................................... 8 prazas.

¿ 1 unidade de 1 - 2 anos......................................................................13 prazas.

¿ 1 unidade de 2 - 3 anos......................................................................19 prazas.

No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idade, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción adulto/prazas:

¿ Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos de idade: 1/10 prazas.

¿ Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 0-3 anos: 1/15 prazas.

ARTIGO 5. SERVIZOS QUE OFERTA O CENTRO

1. SERVIZOS EDUCATIVOS

a) Atención educativa, conforme aos obxectivos, principios e fins do currículo do primeiro ciclo da educación infantil de Galicia.

A EIMOP conta cun Proxecto Educativo de Centro (PEC) propio que se axusta na súa estrutura ao Decreto 150/2022, de 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 95/2022 e as ensinanzas mínimas da educación infantil. Dito proxecto está a disposición das familias e autoridades competentes para a súa consulta.

Entenderase por atención educativa o conxunto de atencións e coidados profesionais de carácter integral, prestados baixo unha perspectiva educativa, aos nenos e ás nenas durante a súa estancia nunha EIMOP, segundo a modalidade de xornada pola que opten. A opción elixida implica a asistencia regular e continuada á EIMOP durante un máximo de 8 e un mínimo de 3 horas diarias, respectivamente.

A EIMOP atenderá a todas as facetas relativas ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do entorno no que viven os nenos/as.

A EIMOP facilitará o desenvolvemento educativo do alumnado, garantindo a súa formación integral, e contribuíndo ao pleno desenvolvemento da súa personalidade.

A EIMOP oferta o servizo de atención educativa durante o mínimo de 8 horas.

b) Atención social, garantindo un horario e calendario mínimo de apertura do centro, establecendo, en todo caso, flexibilidade nos horarios de asistencia dos nenos e das nenas á escola.

c) Información e asesoramento ás familias e, no seu caso, das escolas de pais e nais que se constitúan, sobre temas do seu interese como a educación dos seus fillos e fillas, elección de xoguetes, menús, control de esfínteres, trastornos do sono, etc.

2. SERVIZO DE COMEDOR

A EIMOP prestará o servizo de comedor diariamente, que será de uso voluntario. Este servizo consiste na preparación e distribución dos alimentos polo persoal do centro, en cumprimento da normativa sanitaria. Este servizo abrangue o xantar, cun menú adaptado ás súas necesidades.

Os menús de cada xornada seguirán a pauta marcada por un/unha especialista en dietética e nutrición en base ás Guías de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia axeitados ás idades dos/as nenos/as, e serán visados e expostos no taboleiro da EIMOP e enviados por e-mail a ANPA da escola. Os menús serán expostos semanalmente segundo esixe a lexislación.

Para garantir o bo estado dos alimentos e permitir a súa análise en caso de intoxicación gardaranse mostras dos mesmos diariamente.

Se o/a menor atendido/a é alérxico/a a algún alimento, os pais/nais ou representantes legais deberán poñelo en coñecemento da dirección do centro detallando por escrito, os produtos que quedan excluídos da súa dieta. Nos casos máis severos poderase acordar que deberán traer a comida das súas casas responsabilizándose os pais, nais, titores/as ou representantes legais dos/as nenos/as tanto do bo estado e a calidade dos alimentos como dos efectos que lles poidan causar; sendo isto tamén de aplicación ás diversas casuísticas que poidan darse por razóns da diversidade cultural ou relixiosa.

Aqueles solicitantes que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo con carácter excepcional, pagando a cota establecida por días soltos. Sempre e cando non exceda de 8 servizos de comedor ao mes, en cuxo caso deberá contratarse a mensualidade completa

Deberán avisar con antelación ou ben o mesmo día antes das 9.00 h da mañá e sempre que xustifiquen a súa necesidade.

Para os/as usuarios/as que opten por esta modalidade de servizo estableceranse quendas segundo o número de alumnado matriculado.

¿ Horario de comedor: 12.00 a 13.00 h.

¿ A familia deberá presentar informes médicos no caso en que o neno/a padeza algunha alerxia ou enfermidade pola inxesta de algún tipo de alimento.

3. SERVIZO DE HORARIO AMPLO

Enténdese por horario amplo a atención os nenos e nenas por parte do centro polo menos durante 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase que o/a neno/a prolongue a súa estancia no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso quedar xustificadas documentalmente no expediente e será avaliado polos servizos sociais municipais.

Se algunha familia utiliza, por causas xustificadas, un horario ampliado, aboará o importe mensual establecido.

4. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

A EIMOP non oferta actividades complementarias, todas elas son curriculares e trabállanse transversais ao currículo educativo. Poderán organizarse actividades e talleres axeitados á idade das persoas usuarias. Ademais poderán organizarse visitas e saídas durante o curso escolar.

ARTIGO 6. CALENDARIO E HORARIO DE FUNCIONAMENTO

1. CALENDARIO ESCOLAR

Cada centro abrirá durante un mínimo de oito horas diarias, en xornada partida ou continuada, cinco días á semana de luns a venres e doce meses ao ano, salvo causa xustificada. Non obstante, respectando estes mínimos, cada centro poderá determinar os seu calendarios e horarios de apertura e peche ao público en función da demanda existente e da necesaria conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

As causas dos peches estarán acreditadas mediante documentos asinados polo/a representante legal ou o técnico/a competente.

1. A EIMOP prestará o seu servizo durante 12 meses ao ano.

2. Serán días festivos da escola os que establece o calendario laboral do Estado, da Comunidade Autónoma e os festivos locais que aproba o goberno local de Neda e que se comunicarán no taboleiro da EIMOP aos usuarios/as do centro.

O día 24 e 31 de decembro a EIMOP poderá pechar, sempre e cando se realice unha consulta escrita previa ás familias dos nenos matriculados e todas as familias presten a súa conformidade escrita.

3. Durante o mes de agosto se levará a cabo actividade, aínda que sexa reducida, e o servizo de comedor.

4. Durante os períodos de vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa, o centro abrirá con horario completo, agás os días sinalados anteriormente como festivos.

2. HORARIOS E TIPO DE XORNADA

A EIMOP permanecerá aberta de luns a venres (ambos os dous incluídos), de 08.00 h da mañá ata as 16.00 h, en horario ininterrompido, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral.

Os tipos de xornada que ofrece a escola serán:

¿ Xornada Completa: 8 h.

¿ Xornada de mañá: 6 h (de 8:00 a 14:00).

¿ Xornada reducida (media xornada) 3 ou 4 h.

¿ Xornada Horario amplo: Con carácter excepcional e xustificado poderase exceder a xornada das 8 h previstas, feito que será avaliado polos servizos sociais municipais.

Coa suficiente xustificación poderán establecerse tipoloxías diferentes ás anteriores baseadas nun prezo hora/día. En todo caso en aras de facilidade operativa e fiscal, recoméndase ampliar a tipoloxía de xornada unicamente ¿por horas" establecendo un prezo hora que se determinará na ordenanza fiscal correspondente.

Enténdese como horas extra aquelas que exceden as horas inicialmente reflectidas na tipoloxía de xornada elixida. As horas complementarias de levarse a cabo deberán efectuarse nos horarios de apertura do centro:

¿ Horas extra da mañá: de 08.00 a 14.00 h.

¿ Horas extra de tarde: de 14.00 a 16.00 h.

Unha vez fixados os horarios, as familias procurarán respectalos, avisar das demoras e consultar os cambios.

No caso dos nenos/as menores dun ano aconséllase que non permanezan na escola máis de seis horas, aínda que este horario pode ser ampliado ata as oito horas.

O horario de entrada e saída dos/as nenos/as débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non supoña alteración das actividades dos/as demais nenos/as e do funcionamento normal do centro.

Unha vez fixados os horarios, as familias procurarán respectalos, avisar das demoras e consultar os cambios.

O remate da xornada os/as menores serán entregados aos pais/nais ou representantes legais. Nos casos de ser outras persoas as que recollen aos nenos/as, os/as pais/nais ou representantes legais deberán avisar con antelación e na primeira reunión coas familias asinarán un documento acreditativo de autorización aos familiares ou persoas designadas para recoller aos seus nenos/as no centro.

Os/as nenos/as de novo ingreso, terán un proceso de adaptación incorporándose paulatinamente ao centro, seguindo o horario e as quendas que lle indiquen os/as titores/as, para facilitar a adaptación ao medio escolar. Na reunión de principio de curso informarase aos pais/nais ou representantes legais tanto do calendario como do proceso de adaptación.

O horario de atención ao público será polas mañás dende as 10.30 ata as 12.30 horas.

3. RÉXIME DE SAIDAS

Realizaranse saídas e visitas se a capacidade organizativa o permite. Neste eido, a comunidade educativa e as familias deberán cumprir as seguintes normas.

¿ Autorización escrita.

¿ Informar e ter en conta calquera eventualidade.

¿ Propiciar a colaboración directa das familias sobre todo nos seguintes aspectos:

- Puntualidade.

- Atender ao grupo que se lle asigne e seguir as pautas marcadas no caso de que participen directamente na saída.

- Reconto do alumnado antes e despois da saída.

No caso de que a familia non consintan a saída, o neno/a quedará na escola co resto do persoal, se as saídas son por grupos e, no caso de que sexa unha saída conxunta, non poderán asistir á escola nesa data, xa que a escola permanecerá pechada.

CAPÍTULO 3. PROCEDEMENTO DE INGRESO

ARTIGO 7. PROCEDEMENTOS DE SOLICITUDE DE PRAZAS: ADMISIÓN E BAIXAS

O sistema de admisión respectará o principio de igualdade e non discriminación.

Os pais/nais, titores/as ou representantes legais das persoas usuarias, deben coñecer antes de formalizar a solicitude de reserva de praza / matrícula, as Normas de Funcionamento da escola infantil. A escola facilitaralle, polos medios acordados, as presentes Normas visadas polo Servizo de Inspección de Familia e Menores.

Atenderase as solicitudes segundo o baremo establecido.

No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal individual no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.

Se o neno/a non se incorporara a escola, perdería a praza agás causa xustificada de atraso na súa incorporación.

1. REQUISITOS DOS/AS SOLICITANTES

Para ser adxudicatario/a de praza para os/as menores se deberán cumprir os seguintes requisitos:

¿ Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na EIMOP.

¿ Non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano que se solicita praza, agás situacións especiais que estimará a comisión de baremación.

¿ Estar nado no momento de presentación da solicitude.

¿ Preferiblemente estar empadroada, durante o tempo de asistencia a escola, toda a unidade familiar ou convivencial no concello de Neda con anterioridade o 1 de xaneiro do ano no que solicita a praza.

¿ Atoparse ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

¿ Se existisen prazas vacantes poderán anotarse persoas doutros municipios.

A opción dos servizos elixidos farase constar na solicitude e manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

2. CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

2.1 PROCEDEMENTO ORDINARIO

a) Reserva de praza

Proporciona continuidade ás prazas adxudicadas no ano anterior sempre que se manteñan os requisitos recollidos no artigo anterior e nas mesmas circunstancias de horario e servizos prestados.

Os/as nenos/as que opten a praza de comedor e non a desfrutaran o curso inmediatamente anterior, terán que ser baremados coas novas solicitudes á praza de comedor.

As familias que desexen renovar a praza deberan cubrir o impreso que lles será facilitado na EIMOP. Asemade, xustificaran documentalmente os ingresos económicos actualizados da unidade familiar, así como outros datos susceptibles de baremación no caso de solicitar subvención o bonificación.

b) Novo ingreso

As prazas que non sexan cubertas no procedemento anterior ofertaranse á poboación xeral que cumpra os requisitos esixidos. Dentro desta modalidade determínase a seguinte orde de preferencia:

¿ Solicitantes con irmán/á cunha praza renovada no centro.

¿ As restantes solicitudes adxudicaranse atendendo á puntuación obtida pola aplicación do baremo previsto no Apartado 2.11.

2.2 PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO

a) Solicitudes fóra de prazo

Con carácter excepcional poderanse presentar solicitudes fóra de prazo nos seguintes casos:

¿ Nacemento, acollemento ou adopción da/o neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

¿ Cambio de concello de residencia da unidade familiar.

¿ Outras circunstancias que motivadamente aprecie a Comisión de Baremación.

As solicitudes presentadas fóra de prazo estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles e sempre e cando cumpran as circunstancias de requisitos dos solicitantes

2.3 LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE DA PRE- INSCRICIÓN

a) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, na súa sede electrónica ou nos restantes lugares citados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Prazo de presentación de solicitudes:

¿ Reserva de praza: do 1 ao 15 de marzo; no caso de que estes días non resulten hábiles adiarase o inicio e/ou o fin do prazo ata o seguinte hábil.

¿ Novo ingreso: do 20 de marzo ao 15 de abril; no caso de que estes días non resulten hábiles adiarase o inicio e/ou o fin do prazo ata o seguinte hábil.

2.4 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Documentación orixinal a presentar, de cuxa veracidade responsabilízase o interesado/a:

a) Reserva de praza:

As familias que desexen renovar praza deberán cubrir a folla de reserva de praza, que lle será facilitada na EIMOP, e a seguinte documentación:

¿ Aceptación das bases do presente Regulamento de réxime interior.

¿ Autorización para a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social.

¿ Documentación xustificativa da situación económica dos/as proxenitores/as ou responsables legais, no caso de non aceptar a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social.

¿ Ademais, naqueles casos nos que se produciran variacións na situación socio-familiar deberán achegarse as xustificacións documentais pertinentes susceptibles de baremación.

b) Novo ingreso:

Documentación acreditativa da situación familiar:

¿ Libro de familia íntegro ou no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. Se hai fillos/as de anteriores matrimonios que convivan no domicilio, por ter asignado o pai/nai a garda e custodia, tamén se entregará estes libros de familia.

¿ DNI do pai/nai/, titores/as ou representantes legais

¿ En caso de ser familia numerosa, libro de familia numerosa.

¿ Sentenza de separación ou divorcio, de ser o caso.

¿ No caso de acollemento do menor, documento que o xustifique.

Documentación acreditativa da situación socioeconómica e laboral da unidade familiar:

¿ Sentenza/auto xudicial na que se fixe a contía de pensións alimenticias ou compensatorias.

¿ Outros documentos nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuadas no baremo ou informe de servizos sociais sempre que sexa necesario por falla de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que vive a unidade familiar.

¿ Se, durante o curso escolar, se produciran circunstancias sobrevidas que afectasen aos recursos da unidade familiar, estas deberán acreditarse mediante a presentación da oportuna documentación xustificativa.

No caso de non aceptación para a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social:

¿ Última nómina ou informe da vida laboral, ou no seu caso, certificación acreditativa do INEM de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestacións de todos os membros da unidade familiar.

¿ Última declaración da renda ou certificado negativo de imputacións. En caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.

¿ Información fiscal de intereses e retencións, indicando saldo a 31 de decembro do ano anterior de tódolos membros da unidade familiar, así como certificado de fondos de inversión, letras do tesouro...

2.5 SOLICITUDES INCOMPLETAS

Se a solicitude non reúne os requisitos esixidos neste Regulamento, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, dende que se lle require, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que, se así non o fixese, quedará desistido da súa petición.

2.6 RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

1. A relación provisional de admitidos e excluídos, coa puntuación obtida, farase pública no taboleiro de anuncios da EIMOP e na páxina web.

2. A data de publicación desta relación en ningún caso será posterior ao 15 de maio

2.7 RECLAMACIÓNS

As persoas solicitantes que o desexen poderán presentar as reclamacións, debidamente documentadas, que estimen oportunas á relación provisional de admitidos e excluídos, no prazo de 10 días hábiles contados dende a data de exposición da relación provisional.

A resolución resolverase nos seguintes dez días hábiles

2.8 RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E LISTAXE DE AGARDA E MATRICULACIÓN

Unha vez resoltas todas as reclamacións presentadas e resoltas pola comisión de baremación, as listaxes de admitidos/as e de agarda serán publicadas no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web e taboleiro de anuncios do Concello, xunto coa puntuación obtida en cada caso.

Os/as solicitantes admitidos/as deberán formalizar a matrícula na EIMOP no período comprendido entre o 16 e o 30 de xuño para confirmar a praza, debendo achegar a seguinte documentación complementaria:

¿ Certificado/informe médico do/a neno/a (non é necesaria póliza oficial).

¿ Fotocopia da tarxeta sanitaria.

¿ Cartilla de vacinación actualizada segundo o calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación ou calquera outra documentación do SERGAS que así o acredite.

¿ Unha foto tipo carné do/a neno/a.

¿ Domiciliación bancaria.

¿ Autorizacións por escrito para:

- Administración de medicamentos.

- Recollida e entrega dos/as nenos/as no centro.

- Impreso responsabilizándose os/as pais/nais e representantes de todos aqueles alimentos que traian das súas casas.

- Saídas didácticas do centro.

- Realización de reportaxes visuais ou fotográficas.

- Traslado a centro sanitario en caso de necesidade.

- Sinatura do coñecemento e aceptación deste Regulamento de Réxime Interior.

A non presentación desta documentación no prazo sinalado, agás por causa de forza maior, entenderase como renuncia á praza, dando opción á matriculación daquelas persoas que quedaran na lista de agarda.

As baixas que se vaian producindo ao longo do curso escolar serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os/as solicitantes na lista de agarda.

Se feita a relación definitiva do alumnado admitido quedasen prazas vacantes nalgún tramo de idade e non habendo listaxe de agarda, as prazas serán cubertas por rigorosa orde de entrada no rexistro do concello de Neda, sempre e cando reúnan os requisitos esixidos.

3. BAIXAS

Son causa de baixa na EIMOP calquera das que se expoñen de seguido:

¿ Cumprimento da idade máxima regulamentaria

¿ Solicitude dos/as pais/nais, titores/as ou representantes legais mediante instancia asinada presentada no concello ou na escola con 15 días antes do comezo do mes seguinte.

¿ Falta de pagamento da cota establecida durante dous meses consecutivos, ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ao que se refira a débeda.

¿ Comprobación de falsidade, ocultación ou manipulación nos documentos ou datos presentados.

¿ Por falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada

4. COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE BAREMACIÓN

A Comisión de baremación terá a seguinte composición:

¿ Presidente: O/a concelleiro/a da Área de Servizos Sociais ou persoa en quen delegue

¿ Secretario/a: O/a coordinador/a do Departamento de Servizos Sociais con voz e voto

¿ Vogais:

- 3 membros da ANPA da EIMOP, de existir

- 3 membros do equipo directivo da EIMOP

- Persoa técnica de Servizos Sociais

As funcións da Comisión de Baremación serán:

¿ Comprobar as solicitudes unha vez sexan baremadas polos/as técnicos/as do Concello.

¿ Supervisar o desenvolvemento do proceso de admisión.

¿ Resolver calquera incidencia que poida xurdir no procedemento

5. REQUISITOS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do ano para o que se solicita a praza.

Acreditar residencia no municipio con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano para que se solicita praza.

 

1. Criterios para adxudicación das prazas:

a) Renda per cápita mensual da unidade familiar, referida ao Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM: Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples):

¿ Inferior ao 100% do IPREM: 3 puntos

¿ Entre 100% e o 150% do IPREM: 2,5 puntos

¿ Entre 151% e o 200% do IPREM: 2 puntos

¿ Entre 201% e o 250% do IPREM: 1,5 puntos

¿ Entre 251% e o 300% do IPREM: 1 punto

¿ Entre 301% e o 350% do IPREM: 0,5 puntos

¿ Superior ao 351% do IPREM: 0 puntos

Datos tributarios: referidos á declaración da renda

b) Irmáns na EIMOP:

¿ Primeiro irmán, matriculado con praza renovada no centro 2 Puntos

¿ Cada un dos irmáns seguintes con praza renovada no centro 0,5 Puntos

¿ Irmáns que soliciten praza simultaneamente 2 Puntos

c) Se a familia ten un/unha menor acollido/a terá a mesma consideración que a dun irmán no baremo.

d) Outros criterios:

¿ Situación laboral de ocupación de ambos os dous pais/nais (mínimo media xornada 4 h diarias). Nas familias monoparentais, está puntuación asimilase a formada por dous membros: 6 puntos

¿ Por cada fillo a cargo da unidade familiar (excluído o/a solicitante/s): 0,5 puntos

¿ Discapacidade do alumno/a: 0,5 puntos

¿ Discapacidade da nai/pai, titores e/ou outros membros da unidade familiar: 0,5 puntos

¿ Familia numerosa: 0,5 puntos

2. Criterios para resolver os casos de empate:

1. Maior Puntuación por irmáns no centro

2. Presentar solicitude de praza para varios irmáns no centro

3. Situación laboral de ocupación dos pais/nais

4. Puntuacións por outros irmáns a cargo da Unidade Familiar

5. Maior puntuación por renda

6. Na unidade familiar existan dependentes que teñan acreditación documental

7. Sorteo público

Ditos criterios aplicaranse sucesivamente

CAPÍTULO 4. RÉXIME DE COBRAMENTO

ARTIGO 8. SUBVENCIONALIDADE, RÉXIME DE PREZOS, ACTUALIZACIÓN E RESERVA DE AUSENCIAS/VACACIÓNS

1. CRITERIOS DE SUBVENCIONALIDADE

A Xunta de Galicia fomenta a gratuidade da atención educativa durante 11 meses ao ano. No suposto excepcional e xustificado, de facer uso da escola por un período superior ao subvencionado deberá ser aboado polas familias.

As familias poden escoller, libremente, o período de desfrute das vacacións, preferentemente os meses de verán.

En cada expediente das persoas usuarias figurará o horario de asistencia real solicitado polos pais/nais, titores/as e representantes legais.

Entenderase por atención educativa o conxunto de atencións e coidados profesionais de carácter integral, prestados baixo unha perspectiva educativa, aos nenos e ás nenas durante a súa estancia nunha escola infantil, segundo a modalidade de xornada pola que opten. A opción elixida implica a asistencia regular e continuada á escola infantil durante un máximo de 8 e un mínimo de 3 horas diarias, respectivamente.

Segundo a Orde de gratuidade, exceptúase da actuación subvencionable o custo do servizo de comedor e as actividades extra á atención educativa e que supoñan un custo adicional cuantificable para a escola infantil. A escola debe xustificar o custo adicional.

Enténdese por actividade extra aquela desenvolvida fóra do horario de atención educativa (subvencionada ao 100% pola Xunta de Galicia. É dicir actividade extraescolar. A EIMOP non oferta estas actividades).

Todas as actividades complementarias forman parte do currículo escolar e se desenvolven transversais ao currículo, son detalladas na proposta pedagóxica do centro, gratuítas para as familias.

2. MATRICULACIÓN DO ALUMNADO

A EIMOP está acollida ás axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa, unha vez realizada a inscrición a Matrícula a atención educativa é subvencionada ao 100% pola Xunta de Galicia. A Escola non cobra matrícula.

A escola esta a aplicar o réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería e as súas actualizacións.

A non asistencia á escola infantil 0-3 durante un período de 15 días sen xustificar dará lugar á baixa do alumno/a no programa da gratuidade.

As cotas de servizos de comedor, horario amplo, horas extras ou actividades extras, etc. serán detalladas no documento Relación de Prezos que se publicará no taboleiro de anuncios do centro e no apartado correspondente do RUEPSS. Ditos importes serán aboados polas familias.

3. ACTUALIZACIÓN DE PREZOS

O método ou fórmula de revisión dos prezos públicos mensuais da EIMOP segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar, realizarase en base ao índice de prezos ao consumo (IPC) acumulado durante o período transcorrido entre o meses de xaneiro do ano anterior e o ano de actualización do prezo público.

4. RÉXIME DE RESERVA DE PRAZA PARA O CASO DE AUSENCIAS/VACACIÓNS

No caso de vacacións ou ausencias, debidamente xustificadas, o centro reservará a praza do/a alumno/a.

A bonificación refírese ó 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada aos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia, excluído o mes de vacacións do neno ou nena.

As familias poden escoller libremente o período de desfrute das vacacións, preferentemente nos meses de verán.

CAPÍTULO 5. NORMATIVA REFERENTE A TODO O PERSOAL

ARTIGO 9. ESTRUTURA ORGANIZATIVA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Esta escola dispón da seguinte estrutura organizativa:

a) Equipo directivo.

b) Equipo docente.

c) Persoal non docente ou de servizos.

O persoal de atención directa a nenos/as, o persoal de apoio á atención e coidado dos/das nenos/as ou outro persoal, realizará as funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo de aplicación, así como na normativa laboral correspondente.

Todo o persoal que realice funcións educativas de coidado e vixilancia dos/as menores deberá acreditar o seu correcto estado de saúde e periodicamente someterse a un recoñecemento médico anual axeitado para acreditar que non padece enfermidade, nin defecto físico ou psíquico que impida ou dificulte as súas funcións. Será igualmente preceptiva a vacinación do persoal contra a rubéola co especial compromiso das mulleres en idade fértil de adoptar as medidas sanitarias e preventivas que corresponda durante os tres meses despois da vacinación.

CAPÍTULO 6. NORMATIVA REFERENTE AOS NENOS/AS

ARTIGO 10. DEREITOS DOS/DAS NENOS/AS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Os nenos e nenas matriculados na EIMOP terán os seguintes dereitos:

1. Acceso á escola e a recibir información sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

2. A consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal da escola como das demais persoas usuarias.

3. A confidencialidade e o sixilo profesional sobre os seus datos da historia social, sanitaria ou escolar dos menores e familias.

4. A que se cumpran todas as normas de hixiene e seguridade no desenvolvemento da actividade educativa (dentro e fóra do centro, nas saídas escolares) cos/coas nenos/as.

5. A recibir unha atención e educación personalizada e individualizada, tendo en conta o ritmo de madurez do/da menor asegurando o pleno desenvolvemento da súa personalidade e atendendo ás súas necesidades específicas.

6. Á intimidade persoal.

7. A que se lles facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa, cultural e, en xeral, a todas as necesidades persoais que sexan precisas para acadar o seu desenvolvemento integral.

ARTIGO 11. NORMAS DE HIXIENE E SAÚDE PERSOAL

Con carácter xeral atenderase o disposto nas Guías de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e estar ao disposto nos boletíns epidemiolóxicos nos que se fan actualización das recomendacións para a exclusión no período de contaxio establecido dos nenos e nenas da EIMOP.

1. Os/as nenos/as deberán acudir á EIMOP en condicións correctas de hixiene e saúde. Por este motivo, é imprescindible que o aseo na casa se faga a diario e de forma minuciosa.

2. No caso de observarse repetidamente síntomas de falta de atención no coidado dos nenos/as (falta de hixiene, nutrición, etc.) poñerase en coñecemento do Departamento de Servizos Sociais, na procura de realizar a intervención social necesaria cos pais/nais/representantes legais.

3. Os/as nenos/as deberán vir á escola con roupa que lles permita moverse con plena comodidade.

4. Os/as nenos/as deberán traer sempre unha muda completa de reposto e panos de man de papel e toallas húmidas que terán que repoñer cando sexa preciso.

5. Os/as nenos e nenas que usen cueiros deberán traer un paquete deles e un bote de toallas. Este material repoñerase cando sexa preciso.

6. Todos os/as nenos/as que anden deberán traer o mandilón.

7. O persoal que manipule alimentos deberá dispoñer e manter en vigor o correspondente carné de manipulador de alimentos.

8. No caso de enfermidade ou accidente sobrevido na EIMOP, despois das primeiras atencións ¿in situ", poñerase esta circunstancia en coñecemento dos pais/nais/representantes legais do/a menor, para que recollan ao menor na maior brevidade posible. No caso de non poderse desprazar á escola, ou de que a circunstancia concreta o requirise, procederase ao traslado inmediato do/a neno/a a un centro clínico co fin de garantir que o menor reciba a atención médica axeitada. Ao formalizar a matrícula os pais, nais e representantes legais dos/as nenos/ as asinarán unha autorización de traslado para estes casos.

9. O/a neno/a deberá permanecer na casa no caso de ter febre, diarrea, vómitos, ou enfermidade contaxiosa (rubéola, papeiras, sarampelo, lombrigas, etc.) e, en todo caso, nos caos previstos nos boletíns epidemiolóxicos que dite a Consellería de Sanidade. De aparecerlle calquera destes síntomas mentres permanece na escola será posto en coñecemento dos pais/nais/representantes legais para que recollan o/a neno/a o antes posible. No caso de padecer enfermidade contaxiosa o seu reingreso no centro só será posible transcorrido o período de contaxio.

10. Cando se produza a falla de asistencia á EIMOP debido a enfermidade ou outras circunstancias, os/as pais/nais/titores ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro.

11. Nos casos nos que se deban administrar medicinas aos nenos ou nenas e a súa asistencia ao centro estea autorizada polo/a médico/a, a familia axustará a dose fóra dos tempos de permanencia na escola.

12. Naqueles casos nos que sexa imprescindible administrárllelas na escola, estas deberán ir acompañadas da receita médica actualizada á data do tratamento, na que constará o nome do/a neno/a, o nome do medicamento, forma, dose e periodicidade na administración. Non se administrará ningunha medicación que non veña acompañada da autorización por escrito dos pais/nais, titores ou representantes legais, indicando as horas de administración da dose correspondente.

13. No caso de que xurda un proceso febril durante o tempo de permanencia na escola, o persoal tentará reducila por medios físicos, de non conseguilo, seguirá as instrucións das autoridades sanitarias previa chamada ao 061, dando aviso ás familias do acontecido.

 

ARTIGO 12. NORMAS DE NUTRICIÓN

1. A EIMOP publicará no taboleiro de anuncios unha relación dos menús previstos quincenalmente, que proporcionarán unha dieta sa, equilibrada e axeitada para os distintos grupos de idade supervisada e visada por técnico especialista en dietética e nutrición ou profesional equivalente.

2. A EIMOP prestará un especial coidado en atender os casos nos que o/a neno/a, por motivo de circunstancias persoais, non deba recibir determinados alimentos, debendo estar debidamente informada a dirección e o persoal do centro desta circunstancia, co seu respectivo informe pediátrico.

3. Os/as pais, nais, titores/as e representantes legais dos/as nenos/as que traian algún tipo de alimento ao centro deberán asinar un impreso responsabilizándose do seu estado e efectos causados.

ARTIGO 13. PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE NENOS E NENAS

1. A escola promoverá a igualdade como valor fundamental de convivencia entre os/as nenos/as. A promoción da igualdade estará no centro das actividades que se desenvolvan na escola e reflectirase non só nas actividades e material de traballo senón tamén nos comportamentos habituais dos/das educadores/as.

2. O centro poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo. Así mesmo, vixiará que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.

3. Asemade, desde a escola prestarase atención especial ao fomento e respecto da interculturalidade, coma instrumento de superación de desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.

ARTIGO 14. A LINGUA

1. A lingua utilizada na escola, en cada grupo de idade, será a lingua materna predominante entre os/as nenos/as que forman parte dela. Coidarase que adquiran o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. Atenderase de xeito individualizado a aqueles nenos/as do grupo que non teñan coñecemento suficiente da lingua materna predominante. Elaborarase para a súa inclusión na proposta pedagóxica un plan de actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega.

2. Os documentos oficiais da escola entregaranse en galego ou castelán, a demanda das persoas solicitantes.

3. Na etapa de educación infantil o persoal educador empregará na aula as dúas linguas cooficiais, fomentando a participación en diferentes situacións de uso das dúas linguas cooficiais recoñecendo a importancia de ambas. As palabras e o vocabulario propio de cada unha das linguas cooficiais actuarán como nexo de unión desde o que enriquecer a bagaxe cultural e desenvolver a sensibilidade e a creatividade, de xeito que se lle ofrece á infancia, simultaneamente, a chave de acceso a unha cidadanía crítica, solidaria, igualitaria e comprometida coa sociedade.

ARTIGO 15. INTEGRACIÓN DO ALUMNADO CON NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo)

1. A escola promove, dentro das súas posibilidades, a integración dos nenos/as con necesidades Específicas de Apoio Educativo ou outras necesidades educativas por dificultades específicas de aprendizaxe (NEAE), sempre e cando conten cos recursos materiais e humanos necesarios.

2. Nestes casos requirirase o informe previo dos equipos de Valoración e Orientación sobre o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración .

3. A efectos da orde de gratuidade, considerase que as nenas e nenos con NEAE ocupan dúas prazas. Neste caso, a axuda que resulte multiplicarase por dous.

ARTIGO 16. USO DAS DEPENDENCIAS E MATERIAIS

1. As dependencias e materiais da EIMOP serán utilizadas para uso das actividades educativas e asistenciais que implican a prestación do servizo polo persoal da mesma e os/as nenos/as que asisten á mesma así como os seus pais/nais/ representantes legais. Tamén poderán ser utilizadas para impartir ou recibir cursos de formación para o persoal do centro ou calquera outra actividade relacionada coa Educación Infantil.

2. Diariamente o acceso á escola farase con normalidade, entregando as/os nais/pais/representantes legais ou persoas designadas para facelo os/as nenos/as na porta da Escola ou na porta designada para a entrega e recollida.

3. Todos os materiais dispoñibles na EIMOP serán utilizadas exclusivamente para uso das actividades educativas, asistenciais e de formación que implican a prestación do servizo polo persoal da mesma e os/as nenos/as que asisten á mesma así como os seus pais/nais/representantes legais.

4. Con ocasión de festas, celebracións ou actos puntuais, pódese acordar a utilización doutros espazos alleos á EIMOP para dar cabida ao número maior de asistentes, o que será notificado aos interesados con antelación.

5. Todo o material será coidado para o posterior desfrute dos demais.

6. As aulas deberán ser respectadas como ambiente educativo, polo que terán a obriga de permanecer ordenadas, limpas e estruturadas.

ARTIGO 17. PERÍODO DE ADAPTACIÓN

1. A asistencia por primeira vez a un centro educativo é un feito moi significativo que permite o desenvolvemento psicolóxico e social dos/das menores, a través das relacións cos seus iguais e das diferentes actividades educativas.

2. Ao mesmo tempo o/a neno/a enfróntase a un ambiente e persoas novas, o que produce que sexa frecuente e moi normal que, sobre todo nos primeiros días, os/as nenos/as rexeiten ir á escola. Por iso, precisan dun período de adaptación.

3. Para facilitar o proceso de adaptación, porase en coñecemento dos/as pais/nais/representantes legais por parte da dirección do centro, as seguintes medidas contidas no Protocolo de adaptación:

a) Incorporación progresiva. Durante a primeira semana, ir aumentando pouco e pouco os tempos de estadía e graduar a incorporación dos nenos/as en distintos días. Esta progresión posibilitará que na EIMOP se lle preste unha especial atención os primeiros días, mellorando a calidade da acollida e da adaptación /relación afectiva cos/as educadores/as.

b) Evitar todo tipo de manifestacións que poidan transmitir ao neno ou nena sensación de angustia ou inseguridade relacionadas coa súa asistencia á escola.

c) Transmitir expectativas positivas e interese especial por todo o relacionado co centro.

d) Asistencia regular ao centro, converténdose nun hábito de vida do/a neno/a.

4. A dirección do centro porá en coñecemento da familia todas estas medidas e convidará a expoñer calquera tipo de dúbida ou aclaración en relación ao tema.

CAPÍTULO 7 NORMATIVA REFERENTE A FAMILIA

ARTIGO 18. DEREITOS DOS/AS PAIS/NAIS, TITORES/AS E REPRESENTANTES LEGAIS

As familias ou representantes legais teñen os seguintes dereitos respecto da EIMOP:

1. A consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal da escola como das demais persoas usuarias, sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

2. A confidencialidade e o sixilo profesional sobre os seus datos da historia social, sanitaria ou económica.

3. A ser informados do desenvolvemento diario da/o nena/o promovendo a súa participación e colaboración dunha maneira activa de cara á mellor consecución dos obxectivos educativos.

4. A ser escoitados e manifestar a súa discrepancia respecto ás decisións educativas que lles afecten, a través das vías oportunas.

5. A realizar visitas das instalacións do centro e promover entrevistas persoais antes de comezar o curso e ao longo do curso, cando así o soliciten, sen entorpecer o transcurso normal das actividades.

6. A deixar de utilizar os servizos ou abandonar a escola por vontade propia.

7. A asociarse co obxecto de favorecer a súa participación nas actividades e proxectos da escola.

ARTIGO 19. DEBERES DOS/AS PAIS/NAIS, TITORES/AS E REPRESENTANTES LEGAIS

1. Cumprir as normas sobre a utilización e funcionamento do centro e os seus servizos establecidos neste regulamento.

2. Aboar o material, as actividades extraescolares se fose oportuno e as mensualidades conforme ao establecido no presente regulamento e no acordo regulador de prezos aplicable á EIMOP.

3. Asinar os documentos requiridos no momento da formalización da matrícula, relacionados no artigo 4.1.8.

4. Manter unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia, colaboración, encamiñada a unha mellor convivencia.

5. Colaborar e participar na vida do centro na procura de acadar os fins e obxectivos educativos propostos.

6. Responsabilizarse daquelas situacións nas que por motivos de saúde ou malestar os/as nenos/as teñan que saír da escola.

 ARTIGO 20. PARTICIPACIÓN DAS/OS NAIS / PAIS / REPRESENTANTES LEGAIS

1. RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA INFANTIL

Dende a EIMOP crearase un bo ambiente de confianza, respecto e seguridade de cara ao trato persoal coas nais e pais das/os nenas/os do centro.

A relación cos/as pais/nais/representantes legais deberá ser fomentada pola dirección da EIMOP e terá como principais obxectivos:

¿ Intercambiar criterios educativos.

¿ Transmitir mutua información sobre actitudes e comportamento dos/as nenos/as.

¿ Compartir opinións sobre incidentes, preocupacións, actividades, etc.

Ao principio do curso celebrarase unha reunión para informar sobre o programa educativo do centro.

As/os nais/pais, titores/as e representantes legais poderán pedir unha reunión coas titoras/es das/os súas/seus fillas/os para tratar temas relativos á súa evolución.

As/os titoras/res de aula poñerán en coñecemento dos pais, nais ou titores de cada neno/a a información relativa a evolución integral que terá carácter trimestral a través dos boletíns de avaliación e de reunións grupais cos pais, nais ou representantes legais dos/as menores.

Dende a EIMOP levaranse a cabo entrevistas coas nais/pais/representantes legais das/os nenas/os que presenten problemas evolutivos, afectivos, etc. co fin de garantir unha atención integral e preventiva.

As visitas dos/as pais/nais, titores/as e representantes legais do/as nenos/as realizaranse de conformidade co horario establecido pola Dirección para tal fin.

As nenas e nenos serán entregadas/os na escola ao/a pai/nai ou representantes legais, ou a persoa autorizada expresamente por escrito e documentada. Teranse en conta as cuestións concretas reguladas por disposición xudicial, que deberán ser postas en coñecemento da Dirección por quen sustenta a garda e custodia da nena ou neno.

Haberá un Libro de Reclamacións a disposición das persoas usuarias.

No mes de setembro haberá unha reunión cos/as pais/nais, titores/as e/ou representantes legais dos nenos/as matriculados/as no centro por grupos para amosarlles as instalacións da Escola e explicarlles todo o que se considere de interese para eles. Lerase, comentarase e entregarase tamén a normativa do centro para ser asinada. Así mesmo, exporase e comentarase o Regulamento de Réxime Interior e o Proxecto Educativo do Centro xunto coa súa correspondente proposta pedagóxica que quedarán expostos durante todo o curso no taboleiro de anuncios para poder ser consultado polos pais, nais, titores/as e representantes legais dos nenos e nenas da escola cando o desexen.

2. INSTRUMENTOS DE INFORMACIÓN A PAIS E NAIS

Os instrumentos de información de cara aos pais/nais, titores/as e representantes legais dos que dispón a EIMOP municipal son os seguintes:

a) Reunións de principio de curso e trimestrais, para dar a coñecer o proxecto educativo, período de adaptación, normativa do centro, programación de aula, saídas, etc.

b) Reunións extraordinarias a petición da Dirección do centro, o departamento de orientación ou titoras ou titores coas nais/pais/representantes legais.

c) Reunión de Escola de nais e pais (ANPAs), na que se tratarán temas relativos á crianza e evolución así como problemas cotiáns das nenas e nenos, e se intercambiarán opinións sobre os mesmos.

d) Intercambio de información cando sexa necesario coas nais/pais/ representantes legais, a través de conversas informais.

3. ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS (ANPAs)

A Asociación de Pais e Nais é o órgano de participación na vida do centro. A súa constitución e funcionamento poderá ser fomentada pola Dirección de Escola.

En caso de constituírse a Asociación de Pais e Nais terá como finalidade defender os dereitos dos/as pais/nais/representantes legais no relativo á prestación de servizos dirixidos aos nenos/as, e participar conxuntamente e activamente coa Dirección e co persoal da EIMOP para favorecer o desenvolvemento integral da poboación infantil atendida.

CAPÍTULO 8. NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA OU INSTALACIÓNS

ARTIGO 21. MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE

A EIMOP conta con:

1. Plan de Autoprotección implantado (formación para a actuación para casos de emerxencia e simulacro de evacuación anual).

2. Póliza de responsabilidade civil

3. Póliza de accidentes das persoas usuarias

4. Póliza de sinistros-danos

5. Plan de prevención de riscos laborais cunha empresa especializada nese cometido. A dita empresa levará a cabo a avaliación de riscos anual, co informe pertinente, e a formación do persoal.

6. Seguindo o APPCC do centro tanto os alimentos preparados no centro como os utensilios de limpeza e as uñas da/o cociñeira/o poderán ser analizadas periodicamente pola empresa contratada para iso.

7. Libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias.

8. Rexistro de persoas usuarias (nenos/nenas).

9. Expedientes individualizados de cada neno/a, poñendo en marcha todos os mecanismos posibles para a protección da información que se obteña na organización e desenvolvemento da EIMOP municipal por parte da dirección do centro.

10. Proxecto educativo do centro xunto coa correspondente proposta pedagóxica a disposición das familias.

11. Todo o persoal da EIMOP posúe o título de manipulador de alimentos, curso de primeiros auxilios e están vacinadas contra a rubéola e Certificado do Rexistro central de delincuentes sexuais do persoal de atención directa.

12. Todo o persoal que realice funcións de atención e coidado dos/das nenos/as deberá acreditar o seu correcto estado de saúde e con periodicidade anual someterase a un recoñecemento médico que acredite que non padece enfermidade infecto-contaxiosa nin defecto físico ou psíquico que impida ou dificulte as súas funcións.

13. A escola conta coas seguintes medidas de seguridade e hixiene en todas as súas instalacións:

¿ Técnico en riscos laborais encargado de implantar as medidas de emerxencia no centro.

¿ Medidas anti-incendios.

¿ Medidas de protección para evitar golpes e outras lesións nos nenos e nenas, tales como cantoneiras, protección de arestas e antipilladedos.

¿ Caixa de primeiros auxilios para a asistencia inmediata, encargándose do seu mantemento o persoal responsable do centro.

CAPÍTULO 9. LIBRO DE RECLAMACIÓNS

ARTIGO 22. LIBRO DE RECLAMACIÓNS

1. A EIMOP dispón dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. O procedemento para a tramitación está recollido na Orde do 12 de xaneiro de 2021 pola que se regula a presentación e a comunicación das reclamacións en materia de servizos sociais (códigos de procedemento BS105A e BS105B).

2. A Subdirección xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais fai un seguimento continuo dos centros e programas a través das oportunas inspeccións co obxecto de comprobar o cumprimento dos requisitos legais esixibles a calidade educativa e asistencial procurando a mellora continua na prestación dos servizos, segundo o establecido nos artigos 75 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 49 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA. ENTRADA EN VIGOR E REVISIÓN

1. O presente regulamento entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985, do 2 de abril, e o Servizo de Inspección de Familia e Menores o incorpore ao RUEPSS.

2. Este regulamento, unha vez inscrito no RUEPSS, será exposto publicamente no taboleiro de anuncios do centro a disposición das persoas usuarias e seralle entregado ás familias co texto íntegro.

3. Calquera instrución ditada pola escola non pode ser contraria ao presente regulamento visado.

4. O presente regulamento derroga o regulamento visado anteriormente.

5. Este regulamento continuará a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

6. Por tratarse dunha disposición administrativa de carácter xeral, non procede recurso en vía administrativa, se ben poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa.

7. O prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación desta disposición no Boletín Oficial da Provincia e presentarase ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, isto de conformidade co previsto no artigo 10.1.b) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.