Toques - Ordenanza Fiscal reguladora da taxa de abastecemento de auga no término municipal de Toques

Publicación provisional: 18/11/1999 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 11/04/2024

Artigo 1º.- Fundamento legal.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación co artigo 20 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1988, de 13 de xullo, de modificación do réxime legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, o Concello de Toques establece a Taxa por Suministro de auga, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa, o suministro de auga potable ás vivendas, locais comerciais, industriais ou análogos a través da rede municipal de abastecemento de auga.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así coma as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servizo que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Asimismo, terán tal condición de sustitutos do contribuínte por razón de servizos ou actividades que beneficien ou afecten aos ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios de ditos inmobles, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cuotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4º.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria , así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da Lei Xeral Tributaria , que responderán en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.-
2.- Serán responsables subsidiarios os Administradores ou Liquidadores de Qurebas, Concursos, Sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Exencións, reduccións e bonificacións.

Non se comtempla ningún tipo de exención, reducción ou bonificación.

Artigo 6º.- Base impoñible.

A base impoñible da presente taxa virá determinada por un importe mínimo mensual, consumo efectivo en m3 e conservación de acometida e contadores.

Artigo 7º.- Cuota Tributaria.-

A cuota tributaria da presente tasa virá determinada por aplicarlle a base impoñible as seguintes cuotas:

A.- DOMÉSTICO:

· Cuota fixa mensual 3,419808 €/ab.mes.-

· Ata 10 m3 ó mes, cada m3 0,246617 €/ m3

· Máis de 10m3 ó mes ata 20 m3 ó mes, cada m3 0,333097 €/ m3

· Máis de 20m3 ata 100m3 ó mes, casda m3 1,283855 €/ m3

· Máis de 100m3 ó mes, cada m3 1,716374 €/ m3

B.- INDUSTRIAL, COMERCIAL E OBRAS:

· Cuota fixa mensual 4,308851 €/ab. Mes

· Ata 10 m3 ó mes, cada m3 0,333097 €/ m3

· Máis de 10m3 ó mes ata 20 m3 ó mes, cada m3 0,506176 €/ m3

· Máis de 20m3 ata 100m3 ó mes, cada m3 1,283855 €/ m3

· Máis de 100m3 ó mes, cada m3 1,716374 €/m3

C.- CONSERVACIÓN:

· De acometidas, ó mes 0,296387 €/ ab. mes

· De contadores, ó mes 0,246617 €/ ab. mes

D.- ACOMETIDAS:

D.1. Ata 5 metros:

· En tubería de ¾” en TERRA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 200,46 euros.-

· En tubería de 1” en TERRA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 220,40 euros.-

· En tubería de 11/4-11/2” en TERRA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 263,25 euros.-

· En tubería de 2” en TERRA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 311,51 euros.-

· En tubería de ¾” en ASFALTO, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 259,01 euros.-

· En tubería de 1” en ASFALTO, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 275,69 euros.-

· En tubería de 11/4-11/2” en ASFALTO, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 319,12 euros.-

· En tubería de 2” en ASFALTO, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 366,20 euros.-

· En tubería de ¾” en BALDOSA- ACERA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 306,67 euros.-

· En tubería de 1” en BALDOSA- ACERA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 322,79 euros.-

· En tubería de 11/4-11/2” en BALDOSA- ACERA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 366,20 euros.-

· En tubería de 2” en BALDOSA- ACERA, todo incluído, excepto empotrado da caixa do contador: 413,89 euros.-

D.2. Acometidas con exceso ou máis de 5 metros:

· Incremento euros/ metro a maiores en TERRA:

1.- Tubería ¾”: 9,64 euros/ metro.

2.- Tubería 1”: 11,32 euros/ metro.

3.- Tubería 1 ¼- 1 ½” : 16,10 euros/ metro.

4.- Tubería 2”: 27,00 euros/ metro.

· Incremento euros/ metro a maiores en ASFALTO:

1.- Tubería ¾”: 21,20 euros/ metro.

2.- Tubería 1”: 22,90 euros/ metro.

3.- Tubería 1 ¼- 1 ½” : 27,71 euros/ metro.

4.- Tubería 2”: 38,62 euros/ metro.

· Incremento euros/ metro a maiores en BALDOSA-ACERA:

1.- Tubería ¾”: 25,51 euros/ metro.

2.- Tubería 1”: 27,12 euros/ metro.

3.- Tubería 1 ¼”- 1 ½” : 31,91 euros/ metro.

4.- Tubería 2”: 42,83 euros/ metro.

E ) INSTALACIÓN DE CONTADORES:

· Contador de 13/15 mm. : 90,33 euros.

· Contador de 20 mm. : 112,63 euros.

F) TARIFA DE CONTADORES SIN COLOCACIÓN:

· Contador de 13/15 mm. : 63,83

· Contador de 20 mm. : 86,15

· Contador de 25 mm. : 136,37

· Contador de 30 mm. : 190,68

· Contador de 40 mm. : 295,53

· Contador de 50 mm. : 645,77

Contador de 60 mm. : 852,15”

Artigo 8.- Devengo e período impositivo.

O devengo da presente taxa terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo no suposto de inicio ou cese do uso do servizo en cuxo caso o período impositivo axustarase a esta circunstancia co conseguinte prorrateo da cuota por trimestres naturais.

Artigo 9.- Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións estarase ao disposto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Artigo 10.- Réxime de ingresos.

O ingreso da presente taxa efectuarase no momento de presentación ao suxeito pasivo da correspondente factura.

Disposición final.

A presente modificación da Ordenanza, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día oito de novembro de 2007, entrará en vigor unha vez sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

BOP nº 66 de 05/04/2023:

Corrección de erros:

Advertido erro na publicación definitiva efectuada no BOP número 16 de data 24 de xaneiro de 2023 da modificación do artigo 7, apartado C. conservación, da Ordenanza fiscal reguladora da taxa de abastecemento de auga no término municipal de Toques, procédese a afectuar a corrección de erros.