Corcubión - ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
Artigo 2.-Feito imponible
1.-Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a unificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calesquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios da Corporacións Locais.
2.-Para tal efecto, terán a consideración de apertura.
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo as súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento aínda que continúe o mesmo titular.
c) a ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
3.-Enténdense por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
a) Se dedique ó exercicio de algunha actividade empresarial fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó imposto sobre Actividades Económicas.
Aínda sen desenvolverse aquelas actividades serva de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamentos, como , por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios,oficinas , despachos ou estudios.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que ser refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4.-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarias os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5 Constitúe a base imponible da taxa a cota do Imposto sobre Actividades Económicas (Licencia Fiscal).
Artigo 6.-Cota tributaria
1.-Para establecementos ou locais non suxeitos ó Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas a cota tributaria determinarase aplicando o tipo de gravame do 50 por 100 sobre a base definida no artigo anterior e a tarifa xeral por local ou establecemento de:10.000 ptas.
2.-Para establecementos ou locais suxeitos o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas a cota tributaria determinarase aplicando o tipo de gravame do 50 por 100 sobre a base definida no artigo anterior e a tarifa especial por local ou establecemento de: 15.000 ptas.
3.-Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación que non requira informes técnicos:
- Con consulta de arquivo: 10.000 ptas
- Sen consulta de arquivo. 5.000 ptas.
Que requira informes técnicos, estarase o disposto na ordenanza de expedición de documentos.
4.-No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, a cota a liquidar será do 10 por 100 das indicadas nos apartados anteriores, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
Artigo 7.-Exencións e Bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da taxa.
Artigo 8.-Reporte
1.-Repórtase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia de apertura se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2.-Cando a apertura tivese lugar sen obter a oportuna licencia, a taxa reportarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fose autorizable dita apertura.
A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta, condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia .
Artigo 9 .-Declaración
As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, acompañada da alta ou derradeiro recibo do Imposto sobre Actividades Económicas.
Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán de poñerse en coñecemento da Administración municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
Artigo 10.-Liquidación e ingreso
Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola taxa, que será notificada ó suxeito pasivo par o seu ingreso directo na arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 11.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
Esta Ordenanza entrará en vigor o día 1.01.1999, quedando derrogada a anterior e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.