Coristanco - Ordenanza Reguladora de Prezos Públicos por Actividades Culturais, Deportivas, Sociais e de Fomento do Concello de Coristanco

Publicación provisional: 31/05/2024 BOP Nº: 105
Publicación definitiva: 31/05/2024 BOP Nº: 105
Aplicable dende: 31/05/2024

Tarifas

Tarifas para as actividades do verán 2024:

- Campamento Xermolar Conciliación Verán: 20 euros/persoa e quenda.

- Campamento Kennebec Xermolar Conciliación Verán: 40 euros/persoa, totalidade da duración do campamento.

- Campamento Pernocta Xermolar Conciliación Verán: 85 euros persoa, totalidade duración campamento.

- Campamento Multiaventura / Deportivo: 15 euros/persoa e quenda.

· As tarifas exisiranse en réxime de autoliquidación, debendo efectuarse o abono do importe con carácter previo á prestación do servizo previamente solicitado.

· Unicamente procederá a devolución das cotas aboadas por adiantado nos casos en que non se preste o servizo por causas imputables ao Concello, rateando no seu caso polo tempo no que non se puido prestar o servizo.

Bonificaciones

Bonificacións a aplicar nas tarifas anteriores:

BAREMO PARA A BONIFICACIÓN DAS TARIFAS


A- SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR

PUNTOS

Mulleres víctimas violencia xénero

2

Familia monoparental

2

Familia numerosa

2

Dous o mais crianzas usuarias do mesmo núcleo familiar

2

Calquera outra situación socio-familiar susceptible de valoración

1

B-SITUACIÓN ECONÓMICA MEMBROS UD. FAMILIAR (RENDA PCAP.)


Menor ou igual ao 75 % do IPREM (12 meses)

5

Menor ou igual ao 125 % do IPREM (12 meses)

4

Menor ou igual ao 175 % do IPREM (12 meses)

3

Superior ao 175 % do IPREM (12 meses)

2

- A bonificación que se aplicará se determinará en función da suma dos puntos do apartado anterior e conforme o seguinte:

PUNTUACIÓN

REDUCCIÓN SOBRE A TARIFA

De 10 puntos en diante

50%

De 8 a 10 puntos

25%

Menos de 8 puntos

sen reducción

As persoas usuarias que pretendan a aplicación das bonificacións recollidas no apartado anterior deberán presentar a documentación xustificativa coa súa solicitude de participación na actividade.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas por matrimonio ou calquera outro tipo de relación estable análoga á conxugal e/ou de parentesco ou as unidades de convidencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por familia monoparental, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non convivan con outra persoa coa que manteña unha situación análoga á conxugal e as fillas ou fillos menores ao seu cargo, sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu substento.